andar
(< lat *ambitāre
-
v i
-
Mover dun lado para outro a pé.
Ex: Non podo andar máis, teño os pés rotos de tanto camiñar.
Sinónimos: camiñar. -
Ir dun lugar a outro empregando un medio de transporte.
Ex: Andou no bus dun lado para outro e viu toda a cidade.
-
-
v i
Mover ou trasladar un medio de transporte.
Ex: O aeroescorregador anda por riba da auga empregando un colchón de aire.
-
v i
Facer a función que ten encomendada.
Ex: Anda tan ben este coche que lle vou mercar outro á miña muller.
Sinónimos: funcionar. -
v i
Habitar por espazo dun tempo determinado ou estando de paso. (Adoita empregarse xunto á preposición por).
Ex: É imposible que o localizes hoxe, nestes momentos anda por Santiago traballando.
-
v i
Situar nun lugar ou espazo determinados.
Ex: Anda a sachar na horta que temos na parte de atrás da casa.
-
v i
Realizar unha tarefa nun lugar ou oficio determinados.
Ex: Anda na construción dende que o chamaron para traballar de albanel.
Sinónimos: ir, ir. -
v i
Ter ou padecer unha serie de circunstancias determinadas.
Ex: Antes da publicación dos libros, andaba con moitas preocupacións enriba.
Confrontacións: estar, estar. -
v i
Achegarse a unha cantidade ou cifra aproximada.
Ex: Todos os meus tíos maiores andan polos noventa anos.
-
v i
Establecer un contacto case diario cunha persoa, acompañándoa ou establecendo, incluso, unha relación de tipo amoroso con ela.
Ex: Dende hai moito tempo, anda cunha muller que non che me gusta nada.
Sinónimos: saír. -
v i
Estar nun lugar determinado.
Ex: Nestes momentos ando pola praia pero non atopo o que me dis.
-
v i
Tocar coas mans nalgún obxecto ou lugar.
Ex: Se andas no armario collendo algo, non me toques os libros.
Sinónimos: remexer. -
v t
-
Percorrer unha distancia determinada a pé.
Ex: O corredor anda vinte quilómetros diariamente para preparar a carreira.
-
Percorrer unha distancia marcada nalgún vehículo de transporte.
Ex: Anda toda Galicia buscando lembranzas da súa familia.
-
-
s
m
Forma de camiñar ou de moverse.
Ex: Os nenos pequenos teñen un andar ben simpático. Fixábase moito no andar gracioso desa moza.
-
s
m
Altura na que se subdivide horizontalmente unha construción ou edificio calquera.
Ex: Instalaron un servizo de publicacións no sétimo andar.
Sinónimos: piso, planta. -
interx
Expresión identificada como ‘sorpresa, asombro, abraio, desprezo, rogo, etc’
Ex: Anda, se deixei a cámara de vídeo esquecida na casa! Veña, anda, que imos moi atrasados!
Frases feitas
-
Andar a catro patas. Circular polo chan coas mans e xeonllos apoiados nel.
-
Andar a mal. Non levarse ben dúas persoas.
-
Andar ao boi/carneiro/ castizo/castrón, etc. Estar en celo a vaca, a ovella, porca, cabra, etc.
-
Andar ás cegas. Estar despistado e non saber moi ben como actuar.
-
Andar + a + infinitivo/andar + xerundio. Acción que se estende no tempo. Ex: Anda a recoller amoras polo camiño adiante.
-
Andar a gachas/a gachiñas. Andar coma os nenos polo chan ou tratar de esconderse de algo.
-
Andar a paso de boi. Andar a modo.
-
Andar a paso de can/cadela. Andar rápido.
-
Andar a reboladas/a rebolos. Caer dando brincos ou rolando.
-
Andar á xaneira. Estar a gata en celo.
-
Andar ao ceacú. Ir cara atrás.
-
Andar ao rabo de. Ir detrás de alguén ou facerlle as beiras.
-
Andar ao uso. Adaptarse aos costumes dun país.
-
Andar ás apalpadas/apalpadelas. Andar apalpando.
-
Andar ás baroutas. Andar sen un rumbo fixo.
-
Andar ás carreiras/ás presas. Ir rápido a todas partes. Ex: Como sempre anda ás carreiras nunca podo estar con el e falar de vagar.
-
Andar ás toas. Andar ao que saia.
-
Andar con dixomesdíxomes. Andar con contos dun lado para outro.
-
Andar con pés de la. Andar con tino.
-
Andar con rodeos. Escaparlle ao traballo ou evitar algo directamente.
-
Andar cos ollos revirados. Andar espiando algo.
-
Andar cun ollo no gato e outro no prato. Ser precavido e actuar con precaución.
-
Andar de brinqueta. Non facer nada útil ou andar a xogar.
-
Andar de cacho para cribo/de cacho para cabazo. Non parar quieto.
-
Andar de deca para meca/de ceca para a meca. Andar dun lugar para outro.
-
Andar de mala lúa. Estar enfadado.
-
Andar de mes/de tempo. Menstruar.
-
Andar detrás de. Perseguir algo ou alguén, ter moito interese por algo. Ex: Anda detrás dun xersei que viu nas rebaixas. Anda detrás desa moza hai moito tempo.
-
Andar en crequenas. Dobrarse sobre os xeonllos.
-
Andar feito un adán/un baldrogas/un cerello. Andar sucio e con roupa descoidada.
-
Andar na boca da xente. Ser criticado pola xente.
-
Andar na fala/na boca. Ser criticado por outras persoas. Ex: Como gañou un premio na lotería, anda na fala de todos os veciños.
-
Andar na verza/ós biosbardos. Estar despistado.
-
Andar no lombo. Pegar.
-
Andar nos bicos dos pés. Andar nas puntas dos pés ou andar con moito coidado.
-
Andar pisando ovos. Andar con moito coidado.
-
Andar sen alma. Estar sen ánimo.
-
Andar solto. Estar de diarrea.
-
Botar a andar. Facer que funcione algo, conseguir un éxito ou marchar. Ex: Botou a andar o negocio que quería e agora vaille moi ben. Non fixo caso do que lle estaba a falar e botou a andar.
Palabras veciñas
andantino* | andanza | andar | andar | Andarax ou Almería | andarego -ga | andarelaIndicativo
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles ando
andas
anda
andamos
andades
andan
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles andaba
andabas
andaba
andabamos
andabades
andaban
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles andei
andaches
andou
andamos
andastes
andaron
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles andara
andaras
andara
andaramos
andarades
andaran
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles andarei
andarás
andará
andaremos
andaredes
andarán
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles andaría
andarías
andaría
andariamos
andariades
andarían
Subxuntivo
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles ande
andes
ande
andemos
andedes
anden
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles andase
andases
andase
andasemos
andasedes
andasen
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles andar
andares
andar
andarmos
andardes
andaren
Imperativo
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles -
anda
-
-
andade
-
Formas nominais
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles andar
andares
andar
andarmos
andardes
andaren
andada
andados
andadas