andar

andar

(

  1. Río de Andalucía, na vertente mediterránea (62 km), tamén chamado río de Almería. Nace en Sierra Nevada e desauga preto de Almería formando un delta.

  2. v i
    1. Mover dun lado para outro a pé.

      Ex: Non podo andar máis, teño os pés rotos de tanto camiñar.

      Sinónimos: camiñar.
    2. Ir dun lugar a outro empregando un medio de transporte.

      Ex: Andou no bus dun lado para outro e viu toda a cidade.

  3. v i

    Mover ou trasladar un medio de transporte.

    Ex: O aeroescorregador anda por riba da auga empregando un colchón de aire.

  4. v i

    Facer a función que ten encomendada.

    Ex: Anda tan ben este coche que lle vou mercar outro á miña muller.

    Sinónimos: funcionar.
  5. v i

    Habitar por espazo dun tempo determinado ou estando de paso. (Adoita empregarse xunto á preposición por).

    Ex: É imposible que o localizes hoxe, nestes momentos anda por Santiago traballando.

  6. v i

    Situar nun lugar ou espazo determinados.

    Ex: Anda a sachar na horta que temos na parte de atrás da casa.

  7. v i

    Realizar unha tarefa nun lugar ou oficio determinados.

    Ex: Anda na construción dende que o chamaron para traballar de albanel.

    Sinónimos: ir, ir.
  8. v i

    Ter ou padecer unha serie de circunstancias determinadas.

    Ex: Antes da publicación dos libros, andaba con moitas preocupacións enriba.

    Confrontacións: estar, estar.
  9. v i

    Achegarse a unha cantidade ou cifra aproximada.

    Ex: Todos os meus tíos maiores andan polos noventa anos.

  10. v i

    Establecer un contacto case diario cunha persoa, acompañándoa ou establecendo, incluso, unha relación de tipo amoroso con ela.

    Ex: Dende hai moito tempo, anda cunha muller que non che me gusta nada.

    Sinónimos: saír.
  11. v i

    Estar nun lugar determinado.

    Ex: Nestes momentos ando pola praia pero non atopo o que me dis.

  12. v i

    Tocar coas mans nalgún obxecto ou lugar.

    Ex: Se andas no armario collendo algo, non me toques os libros.

    Sinónimos: remexer.
  13. v t
    1. Percorrer unha distancia determinada a pé.

      Ex: O corredor anda vinte quilómetros diariamente para preparar a carreira.

    2. Percorrer unha distancia marcada nalgún vehículo de transporte.

      Ex: Anda toda Galicia buscando lembranzas da súa familia.

  14. s m

    Forma de camiñar ou de moverse.

    Ex: Os nenos pequenos teñen un andar ben simpático. Fixábase moito no andar gracioso desa moza.

  15. s m

    Altura na que se subdivide horizontalmente unha construción ou edificio calquera.

    Ex: Instalaron un servizo de publicacións no sétimo andar.

    Sinónimos: piso, planta.
  16. interx

    Expresión identificada como ‘sorpresa, asombro, abraio, desprezo, rogo, etc’

    Ex: Anda, se deixei a cámara de vídeo esquecida na casa! Veña, anda, que imos moi atrasados!

Frases feitas

  • Andar a catro patas. Circular polo chan coas mans e xeonllos apoiados nel.

  • Andar a mal. Non levarse ben dúas persoas.

  • Andar ao boi/carneiro/ castizo/castrón, etc. Estar en celo a vaca, a ovella, porca, cabra, etc.

  • Andar ás cegas. Estar despistado e non saber moi ben como actuar.

  • Andar + a + infinitivo/andar + xerundio. Acción que se estende no tempo. Ex: Anda a recoller amoras polo camiño adiante.

  • Andar a gachas/a gachiñas. Andar coma os nenos polo chan ou tratar de esconderse de algo.

  • Andar a paso de boi. Andar a modo.

  • Andar a paso de can/cadela. Andar rápido.

  • Andar a reboladas/a rebolos. Caer dando brincos ou rolando.

  • Andar á xaneira. Estar a gata en celo.

  • Andar ao ceacú. Ir cara atrás.

  • Andar ao rabo de. Ir detrás de alguén ou facerlle as beiras.

  • Andar ao uso. Adaptarse aos costumes dun país.

  • Andar ás apalpadas/apalpadelas. Andar apalpando.

  • Andar ás baroutas. Andar sen un rumbo fixo.

  • Andar ás carreiras/ás presas. Ir rápido a todas partes. Ex: Como sempre anda ás carreiras nunca podo estar con el e falar de vagar.

  • Andar ás toas. Andar ao que saia.

  • Andar con dixomesdíxomes. Andar con contos dun lado para outro.

  • Andar con pés de la. Andar con tino.

  • Andar con rodeos. Escaparlle ao traballo ou evitar algo directamente.

  • Andar cos ollos revirados. Andar espiando algo.

  • Andar cun ollo no gato e outro no prato. Ser precavido e actuar con precaución.

  • Andar de brinqueta. Non facer nada útil ou andar a xogar.

  • Andar de cacho para cribo/de cacho para cabazo. Non parar quieto.

  • Andar de deca para meca/de ceca para a meca. Andar dun lugar para outro.

  • Andar de mala lúa. Estar enfadado.

  • Andar de mes/de tempo. Menstruar.

  • Andar detrás de. Perseguir algo ou alguén, ter moito interese por algo. Ex: Anda detrás dun xersei que viu nas rebaixas. Anda detrás desa moza hai moito tempo.

  • Andar en crequenas. Dobrarse sobre os xeonllos.

  • Andar feito un adán/un baldrogas/un cerello. Andar sucio e con roupa descoidada.

  • Andar na boca da xente. Ser criticado pola xente.

  • Andar na fala/na boca. Ser criticado por outras persoas. Ex: Como gañou un premio na lotería, anda na fala de todos os veciños.

  • Andar na verza/ós biosbardos. Estar despistado.

  • Andar no lombo. Pegar.

  • Andar nos bicos dos pés. Andar nas puntas dos pés ou andar con moito coidado.

  • Andar pisando ovos. Andar con moito coidado.

  • Andar sen alma. Estar sen ánimo.

  • Andar solto. Estar de diarrea.

  • Botar a andar. Facer que funcione algo, conseguir un éxito ou marchar. Ex: Botou a andar o negocio que quería e agora vaille moi ben. Non fixo caso do que lle estaba a falar e botou a andar.

Refráns

  • Anda polo teu pe, que tempo é.
  • Andando tórnase o frío.
  • Andar, andar e ao fin morrer.
  • Andar, andar e caer no mar.
  • Ande quen poida e, se non, déixese estar.
  • Home trenca e muller trenca fan parella mostrenca.
  • Ninguén anda á deshora, que outro non ande á mesma hora.
  • Non comas ata fartar, cando teñas que andar.
  • Non hai mellar andar que non parar.
  • O andar para dentro é andar de trenca.
  • O andar para fóra é andar que namora.
  • O andar trae andar.
  • O moito andar, en parar vén a parar.
  • O que ten besta e anda a pe, máis besta é / ben burro é.
  • Paso a paso vaise lonxe.
  • Quen anda á presa, ese entropeza.
  • Torcer para dentro, andar de trenca; torcer para fóra, andar que namora.

Palabras veciñas

andante | andantino* | andanza | andar | andar | Andarax ou Almería | andarego -ga
Conxugar
VERBO andar
Forma verbal: Infinitivo

Indicativo

Presente Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
ando
andas
anda
andamos
andades
andan
Pretérito imperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
andaba
andabas
andaba
andabamos
andabades
andaban
Pretérito perfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
andei
andaches
andou
andamos
andastes
andaron
Pretérito pluscuamperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
andara
andaras
andara
andaramos
andarades
andaran
Futuro Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
andarei
andarás
andará
andaremos
andaredes
andarán
Condicional Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
andaría
andarías
andaría
andariamos
andariades
andarían

Subxuntivo

Presente Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
ande
andes
ande
andemos
andedes
anden
Imperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
andase
andases
andase
andasemos
andasedes
andasen
Futuro Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
andar
andares
andar
andarmos
andardes
andaren

Imperativo

Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
-
anda
-
-
andade
-

Formas nominais

Infinitivo conxugado Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
andar
andares
andar
andarmos
andardes
andaren
Xerundio andando
Participio andado
andada
andados
andadas