"EAT" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 257.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Compañía de teatro independente creada en 1974 en Compostela por Roberto Vidal Bolaño e Laura Ponte. O seu propio nome dá proba do que son os seus espectáculos: en todos eles déixase sentir o peso da farsa, da festa comunitaria e da tradición dramatúrxica popular. Despois de presentarse cun espectáculo baseado no texto Amor e crimes de Juan el Pantera (1975) de Eduardo Blanco Amor e cunha segunda proposta, a partir da peza de Euloxio R. Ruibal As falcatrúas do Marqués Patacón (1976), a compañía centrou a súa actividade na posta en escena de espectáculos baseados nas propostas textuais do seu director, Roberto Vidal Bolaño. Así, cómpre mencionar Laudamuco señor de ningures (1978), con dirección de Eduardo Alonso e Xarará, Peituda, Paniogas, Tarelo, o Rapaz e o Cachamón ou como trocar en rato pequecho o meirande xigantón (1979), Ruada das papas e o unto (1981), Touporroutou da lúa e do sol (1982) e Romance dos figos de ouro...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Creouse en Compostela en 1977 co obxectivo de analizar as problemáticas do mundo teatral e superar as diferencias derivadas da escolla e da filiación ideolóxica. Constitúe unha das primeiras iniciativas de asociacionismo de grupos e compañías, e a súa actividade serviu para normalizar e promover a comunicación e o encontro entre os colectivos teatrais do país que, naquela altura, iniciaban a aventura da profesionalización.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Plataforma creada en 1980 polas compañías profesionais, despois da celebración dunhas xornadas de traballo en Sada (24-26 de outubro), que tiveron o seu precedente nas mesas de traballo celebradas en Ribadavia co gallo da Mostra de Teatro. Presidida por Eduardo Alonso, á fronte dunha dirección colexiada, a asociación situou entre os seus obxectivos prioritarios os relacionados coa defensa dos intereses profesionais dos traballadores do teatro galego e coa promoción da actividade teatral en moi diversos ámbitos, tempos e espacios. Logo de presentar un interesante programa de traballo recollido na revista Don Saturio nº 2 (1981), a asociación foi esmorecendo debido ao escaso eco institucional das súas propostas e ás diferencias entre os seus asociados.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Nome dado a diversas agrupacións escénicas de Galicia que teñen na universidade o seu ámbito privilexiado de desenvolvemento. As primeiras experiencias foron promovidas polo profesor Armando Cotarelo Valledor, promotor do Cadro Dramático da Universidade de Compostela, co que estreou diversas pezas da súa autoría entre 1922 e 1924. Na década de 1950 Rodolfo López-Veiga Ponte dirixiu diversos espectáculos a partir de textos de Arthur Miller, Samuel Beckett e Eugène Ionesco. En Galicia o movemento teatral universitario practicamente non existiu fronte ao resto do Estado, onde tivo especial relevo no nacemento do teatro independente e na loita contra a ditadura. O período de maior actividade teatral na universidade galega comezou en 1976 cando se creou unha estrutura específica de apoio e desenvolvemento da actividade teatral, baixo a coordinación do profesor Miguel Angel Gómez Segade. Esta estrutura desenvolveu actividades moi diversas ata 1981, desde a programación de ciclos de teatro á organización...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Colectivo creado en Ourense en 1974 por un grupo de mozos procedentes da compañía Histrión 70, ao abeiro da Agrupación Cultural Auriense. O seu primeiro espectáculo naceu a partir dun texto homónimo de Jenaro Marinhas del Valle, O triángulo ateo (1974). Seguidamente, e cunha forte compoñente nacionalista e reivindicativa, estrearon Historia do home que se volveu can (1974), sobre a obra de Oswaldo Dragún; Manuel, vento indomable (1975), segundo un texto de Manuel Guede; Unha vez foi o trebón, sobre a recreación que da revolta irmandiña fixera Manuel María; O Caixón (1977) e A gran candonga (1978), a partir de textos de Millán Picouto. Nesa mesma liña, en 1975 presentaron o Recital Cabanillas e en 1976 o Recital Ferrín, Manuel María, Novoneyra.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Grupo de teatro afeccionado creado en Moaña por Pedro Pablo Riobó Sanluís. En 1983 estreou Dos arquivos do trasno, espectáculo creado a partir de textos de Rafael Dieste. Dende aquela, leva realizado máis dunha ducia de espectáculos, representados por toda a provincia de Pontevedra; entre eles, destacan A gata sobre o tellado de zinc quente (1994), a partir do texto homónimo de Tennessee Williams e Nai coraxe e os seus fillos (1996), sobre a peza de Bertold Brecht. Amais do labor de dinamización sociocultural que a súa actividade leva aparellada, este colectivo ten contribuído á creación de públicos, á formación de espectadores e á promoción de novos actores como Marcos Vieitez ou Salvador del Río.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Compañía de teatro afeccionado que iniciou a súa andaina en 1985. Na súa primeira etapa presentou un conxunto de espectáculos dirixidos por Armando González Freiría, entre os que destaca O menciñeiro á forza (1985), a partir do texto homónimo de Molière; Sueños de espuma (1986), segundo un texto do propio A. G. Freiría; Historia dun cabalo (1997), con textos de Tolstoi, e Imos botar, imos K Gar (1988), sobre textos do colectivo. En 1990 Ánxeles Alfaya dirixiu Para ti, Shakespeare, tomando como fonte un libreto para cine de Ronald Harwood. Desde 1991, ano en que Xoán Abreu asumiu a dirección escénica, a compañía produciu tres novos espectáculos: Rin, Rin (1992), gañador do I Certame de Teatro Xoven Lugo 93, Quen matou a Mari Lauri? (1996), primeiro premio no II Certame de Teatro “Ciudad de Reinosa 97”, Cantabria, sobre textos do propio Abreu, e Papá e mamá están ben, a partir dun texto de Carmine Amoroso. En 1999 representaron...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Compañía profesional de teatro creada en Verín en 1993 por Xosé Luís Martínez Carnero. Entre os espectáculos realizados por esta agrupación cómpre sinalar: O auténtico oeste, sobre un texto de Sam Shepard, estreado en 1994 con dirección de Manuel Lourenzo; Dany e Roberta (1995), con dirección de Rodrigo Roel; Parella Aberta, a partir da peza homónima de Darío Fo, presentado en 1996 con dirección de Rodrigo Roel e O contrabaixo (1999), segundo un texto de Patrick Süskind e con dirección de Damián Contreras.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Cría de balea.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Apelido que ten a súa orixe nun alcume, derivado á súa vez da voz común balea (< lat balaena ou ballaena < gr ϕ άλαινα ‘balea’). O sentido deste alcume sería irónico e equivalería a ‘bo peixe’.
-
-
Termo inglés que antigamente se empregaba para referirse a un adorno musical. Co tempo foi aplicado ao tipo de música basicamente rítmica xurdida en Inglaterra a comezos dos anos sesenta, con grandes influencias do rythm and blues. Foron os seus máximos expoñentes The Beatles e The Rolling Stones. Na terminoloxía de jazz, derivou como sinónimo do swing.
-
Etiqueta que identifica a un grupo de escritores norteamericanos composto fundamentalmente por novelistas e poetas, nacido en 1950 e que persistiu ata os anos sesenta. Encabezados polo poeta Allen Ginsberg, voceiro do movemento, toman o termo beat do argot dos músicos negros. A xeración beat naceu nos anos corenta da amizade dalgúns mozos da Universidade de Columbia e do seu trío principal: Allen Ginsberg, Jack Kerouac e William S. Burroughs, que escribiron as obras máis representativas do movemento, respectivamente: Howl and other poems (Ouveos e outros poemas, 1956), On the road (No camiño, 1957), e The naked lunch (O almorzo nu, 1959). Identificáronse polo rexeitamento do conformismo e por unha dispoñibilidade total para lanzarse ás máis desaforadas aventuras e ás experiencias máis radicais. Coñeceron a prisión e o hospital psiquiátrico, probaron multitude de drogas, e leron a Nietzsche, Freud, Lautréamont, Spengler e Blake, e textos gnósticos...
-
-
-
Trazo que posúe unha persoa que se considera moi piadosa.
-
Calidade da persoa que simula unha falsa devoción.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Lugar onde viven as beatas en comunidade.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Declaración solemne coa que o Papa afirma que unha determinada persoa, morta con fama de santidade, é digna de ser venerada publicamente. Constitúe a penúltima fase do proceso de canonización e a persoa beatificada recibe o nome de beato.
-
VER O DETALLE DO TERMO
de beatificar.
-
-
Declarar o Sumo Pontífice beato a alguén.
-
Proclamar venerable ou respectable algo, exaltar unha condición ou unha virtude.
-
Facer feliz ou benaventurado a alguén.
-
-
-
Relativo á beatitude.
-
Que produce benaventuranza ou placidez a alguén.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Superlativo de beato, que adoita aplicarse á Virxe María como Nai de Deus e ao Papa como o seu representante na Terra.
-
-
Benaventuranza ou consumación definitiva do home na visión de Deus, na resurrección da carne e na comuñón dos santos.
-
Título honorífico dado ao Santo Padre e aos bispos; está reservado para os patriarcas das igrexas orientais.
-
Felicidade ou goze perfecto e eterno.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Grupo instrumental e vogal inglés formado en Liverpool (1956), integrado por John Lennon (1940 - Nova York 1980), guitarra rítmica; Paul McCartney (1942), baixo eléctrico; George Harrison (1943), guitarra solista; e Ringo Star (1940), batería. O seu primeiro disco como The Beatles data de 1962. Considerado o grupo máis importante de toda a pop music, foi o iniciador do fenómeno beat. Partindo da base rítmica do rock, as súas melodías seguen unha evolución constante, con influxos do rythm and blues, do rock e do blues progresivo. Posteriormente adoptaron melodías orientais, ata inclinarse cara a un eclecticismo que favoreceu o influxo internacional da súa música. Interviñeron en diversas películas. En 1970 o grupo disolveuse. Na súa discografía destacan: Love me do (1962), Please please me (1963) e Sergeant Pepper’s lonely hearts club band (1967).