"Nau" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 146.

  • PERSOEIRO

    Trobador. Viviu na corte de Roger II Talhafer, onde cortexou á súa muller, polo que tivo que refuxiarse na corte de Guillerme de Montpellier. Axústase aos tópicos trobadorescos empregando os temas do soño, a loanza á dama e a humildade do poeta. Cultivou tamén os salutz, epístolas amorosas en verso.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Persoa que tripula unha astronave. É necesario que os astronautas sexan adestrados para aumentar a súa resistencia nun medio fisioloxicamente hostil (falta de gravidade e aceleracións, principalmente). Deben ir revestidos do chamado escafandro espacial, unha especie de habitáculo illado e impermeable construído ao redor do seu corpo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Conxunto de ciencias e tecnoloxías aplicadas ao estudo e ao desenvolvemento da locomoción de máquinas polo espazo extraatmosférico, como tamén á súa explotación científica, militar ou comercial. O único sistema para propulsar un vehículo polo espacio, á parte da hipotética vela solar, é o do motor foguete. Unha astronave obedece ás leis da mecánica celeste: se o camiño seguido é pechado e repetitivo chámaselle órbita e ao vehículo satélite artificial, mentres que se ten un punto inicial e un final, chámase astronave ou sonda cósmica, segundo estea tripulado ou non e o camiño é unha traxectoria. A técnica de voo utilizada consiste en situar o vehículo fóra da atmosfera, proporcionándolle unha compoñente de velocidade tanxencial á Terra. As velocidades (primeira velocidade, 7,73 km/s; segunda velocidade, 11,2 km/s; terceira velocidade 16,1 km/s) non deben ser demasiado elevadas mentres se atravesa a atmosfera, co fin de evitar un quentamento aerodinámico excesivo, nin deben ser obtidas mediante...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente á Astronáutica.

    2. Persoa versada en Astronáutica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome dunha nave espacial (Apolo XIII, Soyuz I), cápsula espacial (Voyager), lanzadeira espacial (Challenger, Columbia, Discovery) e aparatos semellantes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Obradoiros Nacionais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Forma poética cultivada nos ss XV e XVI caracterizada pola presenza de elementos incoherentes e absurdos e por un complexo sistema de alusións. Dende o punto de vista formal domina tamén a incerteza: xunto cun metro determinado, normalmente de oito sílabas, aparece un verso de enlace, ben por asonancias ou contrasonancias, a miúdo aproximadas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta e filólogo lituano. É autor de estudios de filoloxía e dialectoloxía lituanas e de numerosos poemas, cos que iniciou a temática romántica no seu país. Entre outras obras publicou: Anykščiu Šilelis (O bosque de Anykščiai, 1858), Artoju giesmés (Cantos do labrego, 1860) e Kelioné Petersburgan (Viaxe a Petersburgo, 1859).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital do territorio do Altai, Rusia (591.640 h [1995]). Situada nas beiras do encoro de Kamensk, sobre o río Obi. Fundada no 1738 como centro de afinación de ouro e prata, a partir do 1900 converteuse no centro comercial dunha nova área, primeiro agrícola e logo industrial. Posúe un importante observatorio meteorolóxico.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que ten dúas orellas.

    2. Que require do uso das dúas orellas.

    3. Audición dos sons mediante as dúas orellas e referido tanto á excitación como á sensación. Este tipo concreto de audición é imprescindible para que a sensación sexa estereofónica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade do estado de Santa Catalina, Brasil, á beira esquerda do río Itajai, ao NO de Florianápolis (144.819 h [1980]). A cidade -un dos centros de colonización alemá no Brasil- foi fundada no 1852 polo mestre alemán Hermann Blumenau.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • LOCALIDADES

    Localidade de Galilea, na beira occidental do lago de Tiberíades. É a primeira localidade que se cita expresamente nos Evanxeos como centro da actividade apostólica de Xesús de Nazaret (Mt 4, 13; Mc 1, 21).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Mariño francés. Almirante da escuadra de guerra francesa que acompañaba a flota española de Indias. Durante unha destas viaxes e ante a ameaza das escuadras de guerra anglo-holandesas, propuxo que a flota española se dirixise aos portos franceses de Brest ou La Rochelle; sen embargo, atopouse coa negativa do xeneral Velasco quen preferiu atracar en Vigo. Para algúns historiadores, sobre todo ingleses, a desaparición da prata dos galeóns afundidos trala Batalla de Rande debeuse aos roubos realizados por este conde.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital da República de Moldavia (676.700 h [1991]), situada á beira do río Byk, afluente pola dereita do Dniéster. Importante núcleo industrial, especialmente do metal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Persoa que se conecta a unha rede telemática para consultar información ou utilizar os distintos servicios que se ofrecen a través dela.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Asociación de estados creada pola Constitución francesa o 4 de outubro de 1958 que comprendía, ademais do Estado francés, as doce antigas colonias de África que optaran polo estatuto de estado membro e que aceptaran entrar na Communauté, é dicir, no Estado francés, con autonomía interna, pero sen soberanía nin independencia internacional. De feito, podían saír da Communauté cando o desexasen reivindicando a súa independencia. A súa existencia foi moi efémera, porque os estados africanos da Communauté accederon á independencia entre 1959 e 1960. Oficialmente non foi nunca disolta.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Entidade fundada en 1928 no castelo de La Sarraz en Vaud (Suíza), onde tivo lugar o primeiro dos dez congresos celebrados. A declaración fundacional analizou a modernidade e o progreso e, sobre todo, a racionalización e estandarización do proceso creador arquitectónico, coa afirmación de que a súa historia correspondía á da arquitectura racionalista. O segundo congreso celebrado en Frankfurt do Main en 1929, tivo como tema central o habitáculo mínimo. Nesta reunión establecéronse os tres niveis de funcionamento da entidade: a asemblea xeral ou congreso, o Comité Internacional para a Resolución dos Problemas da Arquitectura Contemporánea (CIRPAC) e os grupos de traballo para proxectos específicos. O terceiro congreso reuniuse en 1930 en Bruxelas, e o cuarto, que debía celebrarse en Moscova en 1932, tivo lugar no barco Patris por razóns políticas, onde se redactou e aprobou a carta de Atenas. Nesa reunión estableceuse que o feito urbano se asentaba en catro funcións: habitabilidade, traballo,...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arqueólogo francés. Conservador xefe das antigüidades orientais do Musée du Louvre (1928), participou en campañas arqueolóxicas en Sūsah e Ṣ aydā (Sidón). Director da Encyclopédie d’archéologie orientale (Enciclopedia de arqueoloxía oriental, 1914-1957), foi autor, entre outras obras, de La civilisation assyro-babylonienne (A civilización asirio-babilónica, 1922), La civilisation phénicienne (A civilización fenicia, 1926) e Manuel d’archéologie orientale (Manual de arqueoloxía oriental, 1914-1957).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Agrupación creada a finais do ano 1988 no seo do Real Club Náutico de Vigo como complemento ás actividades deportivas e para abandeirar os actos culturais do Club. Composta por 50 voces mixtas, interpreta todo tipo de obras corais, dende coros de ópera e zarzuela ata música sacra ou clásica, así como un amplo repertorio do folclore galego, portugués e hispanoamericano. A súa estruturación e dirección, dende a súa fundación, foi obra de Francisco Rey Rivero, musicólogo e compositor. Ademais das súas actuacións periódicas no Club, realizou máis de cen concertos en diversas cidades de España e do estranxeiro, entre os que destaca a actuación ante a colonia galega de París e o concerto que ofreceu ao Parlamento de Estrasburgo.

    VER O DETALLE DO TERMO