"edito" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 74.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Serie documental publicada entre 1842 e 1895, que consta de 113 volumes, máis dous índices aparecidos en 1930-1931. Foi dirixida por Martín Fernández de Navarrete, Miguel Salvá e Pedro Sáinz de Baranda e, posteriormente, por José Sancho Rayón, Francisco de Zabálburu e o marqués de Fuensanta del Valle. En xeral, ofrece numerosos documentos dos ss XVI e XVII.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Empresa editorial constituída en Santiago de Compostela en 1938 por Juan Sáenz-Díez García. Amais da publicación, impresión, edición e venda de xornais, libros, revistas e publicacións en xeral, participa na creación e na explotación de empresas de comunicación (radio, televisión, axencias informativas, centros de proceso de datos, informática, telemática, etc) e na produción e realización de programas audiovisuais para empresas de televisión e radio. No que respecta á área informativa, edita, imprime e distribúe diariamente os xornais El Correo Gallego e O Correo Galego. No apartado das artes gráficas, edita, imprime e distribúe xornais non diarios e boletíns oficiais, como é o caso do Diario Oficial de Galicia (DOG). Na área editorial, encárgase da edición do Anuario, da Agenda de la Comunicación de Galicia, da Guía Municipal de Galicia, do Ranking de empresas de Galicia y Norte de Portugal, e do Atlas comercial de Galicia,...
-
-
creto.
-
Situación económica que lle permite a alguén comprar sen ter que pagar ao contado ou conseguir diñeiro prestado.
-
Intercambio non simultáneo entre a prestación e a contraprestación de bens, diñeiro ou servicios. No cumprimento de calquera acto crediticio interveñen o tempo como elemento constitutivo e a confianza como condición. Establécese tamén outro elemento importante: o xuro, que é o prezo do tempo e o prezo do risco. A principal función do crédito é a de financiamento da produción antes da demanda. O mecanismo do crédito permite unha planificación máis flexible dos gastos e canaliza os pequenos aforros da sociedade. Unha superexpansión do crédito pode producir inflación e para evitala tómanse medidas de carácter económico, como o aumento dos custos e a redución da demanda ou da oferta, das dúas ou do crédito, segundo os casos. As promesas de pagamento poden ser formais e escritas, como billetes de banco, letras de cambio e cheques, ou en forma de libro de débedas e préstamos, como créditos de vendas ou anticipacións bancarias. O crédito pode ser público ou privado,...
-
Unidade didáctica que concreta unha aprendizaxe e que se imparte durante un número de horas determinado. As áreas de aprendizaxe organízanse en tres tipos fundamentais de créditos: os créditos comúns referidos a áreas comúns obrigatorias; os créditos variables que lle permiten ao alumno a opcionalidade; e os créditos de síntese, que son créditos de comprobación.
-
Relación de persoas, entidades, empresas, etc, que interveñen na elaboración dunha publicación, unha película, un programa de televisión, un disco, etc.
-
Parte activa dunha relación de obrigación pola que o creditor pode esixir do debedor que observe unha conduta determinada ou que realice unha prestación singular.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Falta, diminución ou perda da boa reputación ou do creto de persoas ou cousas, normalmente pola mingua das súas calidades.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Empresa editora creada en Barcelona en 1888. Xurdiu a partir de Ediciones Don Bosco. Especializada na publicación de libros infantís e xuvenís en castelán e catalán, convoca anualmente un premio orientado a este sector. Edita tamén libros de texto e organiza cursos de formación para educadores en España e América Latina, onde se ensinan novos métodos de aprendizaxe. Ao grupo editorial pertencen as empresas Rodeira, especializada na publicación de libros en galego, Guadiel, que edita textos para Andalucía; Marjal, que tira do prelo libros para a Comunitat Valenciana; e Giltza, para edicións en éuscaro.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Empresa editorial aparecida en Barcelona a finais do s XIX. As súas edicións enmárcanse dentro da liña do fundador do Instituto dos Irmáns Maristas, Marcelino Champagnat. Especializada na publicación de libros infantís, xuvenís e de texto, orienta os seus contidos cara a un humanismo cristián. Edita tamén a revista El Patio Escolar. Dentro do grupo editorial Edelvives inclúense as empresas Tambre, para edición de libros en galego, Baula (catalán), Alhucema (Andalucía), Ibaizabal (éuscaro) e Terra Nostra (València).
-
-
Advertencia, orde ou decreto publicado pola autoridade coa finalidade de promulgar unha disposición, facer pública algunha resolución, dar noticia da celebración dun acto ou notificar calquera decisión.
-
Escrito que se fai público e no que se comunica un aviso oficial.
-
Fonte da ius honorarium consistente nas comunicacións que publicaban os maxistrados romanos ao comezar a exercer os seus cargos. Nelas daban a coñecer as directrices que seguirían na administración de xustiza e no goberno. Esta facultade lexislativa, que evolucionou no marco das constitucións imperiais, obedecía ao exercicio do imperium e do dereito dos cidadáns romanos de coñecer as normas que lles serían aplicadas. Os editos constaban de tres partes: o editum translatitium, que recollía as disposicións dos maxistrados precedentes; a pars nova, que contiña as novidades que establecía o novo maxistrado; e os edita repentina, que eran as disposicións que se engadían para atender os posibles imprevistos.
-
Documento da Inquisición que se lía cada ano nun domingo da Coresma, nas igrexas onde existise un tribunal do Santo Oficio. Recollía de xeito detallado aqueles feitos ou ditos que os inquisidores consideraban delitos.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Norma promulgada polo emperador romano Caracalla no ano 212 na que se concedía a cidadanía romana a todos os habitantes do Imperio Romano e se abolía a discriminación entre os itálicos e os habitantes das provincias; tamén se coñecía como Constitutio Antoniana. Supuxo a vixencia xeral do dereito romano para todo o Imperio e derrogaba os sistemas xurídicos dos distintos pobos da Hispania. O seu obxectivo principal foi incrementar a recadación de impostos mediante un incremento do número de persoas sometidas ao rexime fiscal.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Norma outorgada por Vespasiano ás cidades da Península Ibérica (73-74 d C), na que lles concedía o ius latii. A concesión supuxo que os hispanos recibisen a condición de latini coloniarii, o que permitiu a integración de numerosas cidades como municipios romanos e a conversión dos membros das familias dirixentes das cidades hispánicas en cidadáns plenos. O motivo da concesión foi o agradecemento pola fidelidade dos seus habitantes en momentos políticos difíciles e os beneficios económicos que supuñan a súa integración.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Norma outorgada polos emperadores Constantino e Licinio no ano 313 d C que confirmaba o edicto de tolerancia de Sárdica e precisaba os seus termos. Supuxo a fin das persecucións contra o cristianismo, que acadou a categoría de relixión legal, polo que os seus seguidores puideron operar con liberdade e facer proselitismo. Ademais, a súa xerarquía puido acadar os mesmos privilexios xurídicos ca os membros dos cultos pagáns.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Tratado de paz asinado entre España e os Estados Xerais dos Países Baixos o 12 de febreiro de 1577 no marco das Guerras de Flandres. Negociado por don Xoán de Austria, garantía a retirada das tropas españolas e o respecto ás liberdades e privilexios das provincias. Os Estados Xerais resistíronse a aceptar a don Xoán como gobernador e, pasado un ano, reiniciáronse as hostilidades.
-
-
Que edita.
-
Persoa que se encarga da edición de libros, xornais, discos ou dunha obra similar. A figura do editor como tal naceu paralela á produción de libros, co aproveitamento da tecnoloxía proporcionada pola imprenta a partir do s XV. Malia que na Antigüidade Clásica e na Idade Media se poden atopar precedentes de persoas e institucións públicas ou privadas que exercían o labor de mecenas, sufragando a produción de libros, o certo é que non foi ata o Renacemento cando xurdiu a figura do editor. Na súa orixe era un home de letras ou erudito que se encargaba de dar a coñecer unha obra inédita doutro autor ou ben proporcionaba estudios e comentarios a outra xa difundida ou publicada. Mentres en Exipto cómpre salientar a dinastía dos Ptolomeos, fundadores da biblioteca de Alexandría, en Roma destacou a figura de Tácito Marco Claudio, difusor da obra do seu antepasado, o historiador Tácito. Historicamente, a evolución do labor dos editores foi sempre proporcional aos avances que se produciron na publicación...
-
Persoa que se encarga de revisar con criterios críticos e filolóxicos un texto para publicalo.
-
Persoa responsable da realización e emisión dun programa televisivo ou de radio.
-
Aplicación que permite ver na pantalla dun ordenador os contidos de determinados arquivos e modificalos ou crear outros novos se se desexa.
-
Persoa encargada da publicación das estampas, dos gastos da súa tiraxe e da súa administración comercial. Xurdiu no Renacemento, aínda que non se consolidou ata o s XIX como un empresario capitalista que contrataba un artesán para que fixese os gravados que el lle solicitaba, sobre todo reproducións de obras de arte, por ser estas as máis rendibles economicamente. Nas estampas antigas mencionábase co termo excudit.
-
En determinadas lexislacións, en España entre os anos 1834 e 1868, responsable do contido dos xornais políticos.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
ES-TRAD;mso-fareast-language: editorial.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Editora Técnica Alvarellos.
-
-
Relativo ou pertencente á edición.
-
Empresa que ten como finalidade a selección, reprodución e venda de textos, xeralmente a través da súa impresión. Xa no Exipto dos Ptolomeos e na Grecia e Roma clásicas se realizaba unha actividade editorial importante. Posiblemente, en Grecia foi onde comezou a venda ou aluguer de obras literarias, co labor realizado polos discípulos de Platón; amais, Atenas exerceu como capital literaria e centro produtor de papiros e pergameos, á que acompañou Alexandría, un dos maiores mercados de libros do mundo e posuidora da biblioteca máis importante en canto a número de libros da Antigüidade. Como mostra do avance editorial en Roma, cómpre salientar edicións de máis de 5.000 exemplares de manuscritos coloreados, un traballo pagado por patricios amantes da literatura e que realizaban escravos cunha determinada cualificación, coñecedores das letras e cunha escrita fiable e comprensible. En Oriente, concretamente en China, a consolidación do Imperio coa dinastía Ch’in, no ano 221 a C, favoreceu a...
-
Artigo de fondo dun xornal no que se comenta un tema de actualidade. Publícase nun lugar destacado sen sinatura, porque representa o posicionamento ideolóxico e político do equipo redactor.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Empresa editora establecida en Vilagarcía de Arousa o 9 de xaneiro de 1992. Fundada e dirixida por Alberto Agra Paz, céntrase fundamentalmente en publicacións relacionadas co mundo da economía e das finanzas. Edita tamén a revista Mercadocontinuo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Empresa editora fundada en 1921 pola Irmandade da Fala de Ferrol. Publicaba unicamente en lingua galega. O seu equipo directivo estaba integrado por Xaime Quintanilla, o director, Fiz Álvarez do Castelo, secretario, Manoel Morgado, administrador, e Ramón Villar Ponte, xerente. Publicaba principalmente obras en prosa, pois seguindo as directrices das Irmandades vía a necesidade de fomentar o cultivo literario en galego, nun eido que estaba un pouco abandonado malia o Rexurdimento literario que se producira no século anterior. A editorial comezou a súa andaina publicando Alén de Xaime Quintanilla, Mal de moitos e Trato a cegas de Charlón e Hermida, e Trebón de Armando Cotarelo Valledor, todas elas pezas dramáticas representadas anteriormente e con certo éxito. Despois delas, iniciaron a colección Céltiga no mes de marzo de 1922, co subtítulo de “Novela mensual ilustrada”, con publicacións dos colaboradores da editorial. De periodicidade mensual, custaba 30 céntimos a entrega. Chegou a acadar...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Empresa editorial establecida en Bos Aires no ano 1957. Rematou o seu traballo de edición en 1959. Fundada por Luís Seoane e Diego Díaz Dorado, aos que posteriormente se uniron Antonio Baltar, Perfecto López e Manuel Martínez Lamela, pretendeu difundir a cultura e a lingua de Galicia, apoiando o labor realizado por diversos escritores e artistas establecidos fóra do país. As obras incluídas no seu catálogo xeral dividíronse en catro coleccións. A denominada “Mestre Mateo”, iniciouse co libro de teatro Midas. O ángulo da pedra, de Isaac Díaz Pardo; na colección “Martín Sarmiento” editáronse diversos ensaios técnicos e económicos e na titulada “Herba de namorar” tiráronse do prelo obras de poesía. A cuarta das coleccións denominouse “Idacio”.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Empresa editorial fundada por un grupo de anarcosindicalistas galegos exiliados en Francia nos anos corenta do s XX, vencellados á Confederación Regional Galaica da CNT no exilio. Co seu selo publicouse o folleto do vigués Campio Carpio “Curros Enríquez: poeta épico de la España Heróica” (1949), cun prólogo de Miguel Vázquez Valiño, membro destacado do grupo editorial e da Confederación Regional Galaica no exilio.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Empresa editorial fundada na Coruña en novembro de 1924 e dirixida por Leandro Carré Alvarellos e Ánxel Casal. Como continuadora do labor iniciado pola Editorial Céltiga, dedicouse á publicación de narrativa, poesía e teatro. Nela participaron numerosos autores vencellados ás Irmandades da Fala, á xeración Nós e ao Seminario de Estudos Galegos. Publicaba quincenalmente co seu selo unha obra de narrativa curta e xunto coa Colección Céltiga formou parte do proxecto que pretendía crear publicacións accesibles que fomentasen a lectura en galego. Das portadas e das ilustracións responsabilizouse Camilo Díaz.