"An" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 28709.

  • PERSOEIRO

    Dramaturgo. Innovador da temática e da composición, formouse baixo a influencia de Belinskij, e converteuse no autor realista máis importante do seu país. As súas obras son unha crítica da sociedade, do despotismo e unha protesta social. Da súa produción destacan Groza (A tempestade, 1859), Vojevoda (O caudillo) e Bespridannica (A moza sen dote), que describe o empobrecemento da nobreza e a rapina dos burgueses.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Northumbia. Favoreceu a expansión do cristianismo en Inglaterra. Morreu na Batalla de Maserfield ante o rei de Mercia. Na iconografía represéntase vestido con roupas de rei, con armadura e cunha coroa na cabeza, e na man leva unha xerra de prata ou un globo real sobre o que pousa un corvo que sostén un anel no peteiro. A súa festividade celébrase o 5 de agosto.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organización do Tratado do Atlántico Norte.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de plantas perennes, herbáceas ou subarbustivas, da familia das asteráceas, que presentan as follas alternas, sésiles e oblongas e as flores hermafroditas e cos flósculos con dous esporóns, dispostas en capítulos que forman corimbos terminais. O froito é un aquenio comprimido con lanuxe. En Galicia é habitual nos areais marítimos a especie O. maritimus, que ten propiedades medicinais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor. En plena época do realismo socialista publicou a novela Obcan Brych (O cidadán Brych, 1955), pola que foi duramente atacado polos críticos conservadores. Destacan as súas obras Romeu, Julie e tma (Romeo, Xulieta e a escuridade, 1958), Kulhavý Orfeus (Orfeo coxo, 1964), Mladik z povolání (Mozo de profesión, 1968) e Kdyz v ráji prselo (Cando chovía no paraíso, 1974).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • María de los Ángeles Nieto Iglesias.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Médico e xornalista arxentino. Doutorouse na Universidad de Madrid coa tese Etiología y tratamiento del Lupus tuberculoso (1891), e especializouse na cirurxía do sistema nervioso. Foi o primeiro neurocirurxián que realizou con éxito a operación cirúrxica do sistema nervioso simpático cervical en España. Dirixiu o Hospital Provincial de Pontevedra (1910) e foi redactor e fundador do xornal compostelán Pero-Grullo (1888). Escribiu La cirugía del sistema nervioso en España antes de la época actual (1900) e Resección total y bilateral del simpático del cuello (1898).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Filólogo e escritor. En 1926 ingresou na facultade de Filosofía e Letras da Universidad Central e tivo como mestres a Menéndez Pidal e Navarro Tomás. En 1931 entrou a traballar no Centro de Estudios Históricos e percorreu, na compaña de Julio Atalaya, moitos lugares de Castela, León, e, sobre todo, Galicia e o occidente de Asturias, recollendo materiais para o Romancero general de España (Romancero tradicional de las lenguas hispánicas). Cando se iniciaron os traballos do Atlas Lingüístico de la Península Ibérica (ALPI) pasou a formar parte do equipo encargado de facer o labor de campo. Xeograficamente percorreu Galicia e Portugal, as provincias de Valladolid, Segovia e Zamora e parte das de Palencia e Ávila. Estaba traballando no N de Portugal para o ALPI cando estalou a Guerra Civil Española; o 5 de agosto foi entregado polas autoridades lusitanas aos sublevados españois, que o encarceraron sucesivamente en Tui, na illa de San Simón, en Burgos e en Figueirido....

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escultor, debuxante e deseñador. Formouse na Escuela Superior de Bellas Artes de San Fernando en Madrid, onde se instalou definitivamente. As súas obras presentan formas con trazos surrealistas e conseguen conxeniar o naturalismo e a expresión abstracta. Traballou a madeira, o ferro e, sobre todo, os metais preciosos e o bronce, onde desenvolveu formas naturalistas e fantásticas ou fantasiosas, e deu vida ao seu particular bestiario, poboado de curuxas e outras aves nocturnas, simios, corvos e cabras. Deseñou xoias, tecidos e diversos obxectos. A súa obra está presente, entre outros, no Museo de Arte Contemporánea Carlos Maside.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Mestra e guerrilleira antifranquista. Coñecida como María Dolores, ou a Pasionaria lucense, ampliou os seus estudos de maxisterio en Madrid, onde exerceu como mestra e onde a sorprendeu o inicio da Guerra Civil Española. Incorporouse como miliciana de cultura na Brigada Móbil de Choque da 46 División. Dirixiu o hospital de Carabanchel e a Escuela Central de Milicias de la Cultura. Ao remate da Guerra Civil Española foi detida pero conseguiu fuxir e chegar ata Lugo. En Galicia coordinou a resistencia antifranquista ata que foi apresada en 1946. Condenada a morte, conmutáronlle a pena por 30 anos de reclusión e en 1965 acadou a liberdade. Recuperou o seu traballo de mestra en 1974. Fundou a Asociación de Veciños de Castroverde e a Asociación O Carriño.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Profesor e escritor. Estudou maxisterio na Escola Normal de Santiago de Compostela e, ao rematar, en 1921, recibiu a orde de incorporarse ao Batallón Expedicionario do Rexemento Zaragoza, unidade que foi enviada a Marrocos. Alí coñeceu a Rafael Dieste, Brea Segade e Amado Villar. De regreso a Galicia, en 1923, colaborou nos xornais Faro de Vigo, Galicia e El Pueblo Gallego, e alternou a creación coa docencia, primeiro no Pósito de Pescadores de Santa Uxía de Ribeira e máis tarde nun colexio privado. Pertenceu á Xeración de 1925, aínda que non deixou publicado ningún poemario -anunciara o libro Alfabeto, pero non se chegou a publicar-. A súa obra poética e ensaística está espallada en revistas e xornais, como A Nosa Terra, Grial e Nós. En 1929 continuou estudos na Escola Superior de Maxisterio de Madrid e tamén asistiu a clases de matemáticas e filosofía na Universidad Central. En Madrid traballou no Museo de Ciencias e participou...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Médico e político. Estudou medicina na Universidade de Santiago de Compostela e doutorouse na Universidad de Madrid en 1911. Ante a carencia de hospitais en Granada, decidiu construír, xunto con Víctor Escribano, o Sanatorio de la Salud (1923). Participou, así mesmo, en numerosos proxectos: impulsou a construción do Hospital Clínico e da Facultade de Medicina e colaborou na construción do Sanatorio da Alfaguara. Á súa volta a Granada decidiu participar activamente en política. Afiliouse ao PSOE e á UGT. Foi deputado nas Cortes en 1931 (escollido por Granada e Pontevedra optou pola acta galega). Participou como orador en todos os mitins da Frente Popular, a pesar de non figurar nas súas listas. Durante o levantamento militar do 18 de xullo de 1936 atopábase no estranxeiro pero regresou a Madrid para colaborar co goberno republicano. Posto a disposición do seu partido e do goberno, ocupou o cargo de vicepresidente do PSOE (1938) e foi nomeado subsecretario de Armanento, colaborando directamente...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escritor. Especializado en material relacionado co ensino e cos movementos de renovación pedagóxica, foi membro fundador da Fundación Castelao, fundador e secretario adxunto da Fundación do Pedrón de Ouro, e presidente e membro fundador de Galix (Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil). Escribiu os libros de versos dedicados aos nenos Cousas para facer, dicir e pensar (1987) e O albendar dos animais (1987); o relato Por se che pasa (1988); as novelas xuvenís A verdade na bufarda (1991) e Chano (1991); a colección de relatos breves Contos de ir e volver (1994); diversos traballos sobre a figura de destacados autores galegos, especialmente Castelao, como Castelao corenta anos despois (1950-1990) (1991), A vida de Rafael Dieste (1995), A vida de Xesús Ferro Couselo (1996) e A vida de Eladio Rodríguez (2001); e os libros Que facer coas palabras? (1998) e Para iso está o futuro...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escultor e pintor. Coñecido como Eiravella, cultivou unha nova figuración primitivista, pero levando as obras ata a contemporaneidade. Deste xeito, postulou o encontro entre o moderno e o autóctono a partir da esencia formal das esculturas totémicas castrexas, a abstracción dos volumes do arcaísmo ibérico e a frontalidade e a técnica de orixe medieval. Traballou principalmente empregando a talla directa sobre materiais diversos como a madeira, a pedra, o bronce, o óso de balea e o marfil. A súa obra caracterizouse polo emprego das liñas curvas, a ausencia de canons tradicionais e a predilección pola masa. Da súa extensa produción artística destacan unha serie de esculturas sobre o Camiño de Santiago, as esculturas Xogo de nenos (1987), Perdón, Nena de Velay (1970) e Peso da vida (1975-1980), e os óleos Esculpindo co arado, Predicación e Festa no camiño San Xoán de Portas (1994).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Xurista. Foi presidente da Asociación da Prensa de Vigo, director do gabinete de prensa da Universidade de Vigo e fundador e director do Seminario de Estudios Sociales. Traballou como xornalista en La Voz de Galicia, El Correo Gallego, El Pueblo Gallego e La Hoja del Lunes de Vigo. Escribiu Justificación del estudo de lo jurídico en Galicia (1957), Perspectivas del Derecho Gallego (1958) e El pensamiento jurídico de Juan Francisco de Castro (1961). Recibiu o Premio Nacional de Alfabetización (1969), o Premio Extraordinario de Periodismo Manuel Peleteiro (1977) e o Premio Reconquista de Vigo (1977).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Xurista. Avogado do estado ante o Tribunal Supremo, durante o Franquismo foi un dos fundadores do grupo Tácito. Foi director xeral de Política Interior (1975-1976), subsecretario técnico do presidente Adolfo Suárez (1976-1977), ministro da Presidencia (1977-1979) e ministro de Educación (1979-1980). Promoveu o decreto de incorporación da lingua galega ao sistema educativo. Deputado pola UCD e polo PP (1979-1993), en 1982 fundou o Partido Demócrata Popular. Colaborador en diversas publicacións, escribiu Reformas de la Asesoría Jurídica de las Administraciones tributarias (1974), La administración financiera del Estado como sujeto de relaciones jurídico-obligacionales (1978), Nuestra democracia puede morir (1987), Educación: una incógnita en el cambio actual (1998) e Fundamentalismos enmascarados (2001). Recibiu a Gran Cruz das ordes de Carlos III, Isabel La Católica e Alfonso X el Sabio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Médico. Foi xefe de sección da oficina de coordinación de transplantes de Galicia. É membro honorífico da Asociación Galega de Investigadores en Ciencias da Saúde. Colaborador en distintas revistas especializadas en ciclismo, publicou Introdución ao ciclismo (1996).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Profesor e escritor. Doutor en Filosofía e Letras pola Universidade de Santiago de Compostela, colaborou en diversas publicacións como Cuadernos Hispanoamericanos, Faro de España, La Nación, Nueva Estafeta e El Pueblo Gallego. Foi membro do Instituto Español Sanmartiniano-Madrid, da Academia Sanmartiniana de Bos Aires e da Academia Porteña del Lunfardo en Arxentina. Autor dunha extensa obra, a maior parte dela editada polo propio autor, dos seus títulos destacan Presencia de Rosalía (1975), O sorriso de Gardel (1988, Premio de Novela Longa Eduardo Blanco Amor 1987), Vuelo sonoro (1990), os libros de relatos Marisma pacífica (1991) e Reloxo de sol (1992); o libro de poemas Oración do náufrago (1991); o drama El elegido (1992); ; A luz do tempo (1994), El cóndor de los Andes (1996) e A la memoria de un ángel (2000). Recibiu o Premio Quiñones de León (1967) e o Premio Nacional...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Futbolista. Xogou no Pontevedra Athetic, Vigo Sporting, R. C. Celta de Vigo e R. C. Deportivo de La Coruña. Foi catro veces internacional e formou parte da selección española que gañou a medalla de prata nos Xogos Olímpicos de Anveres (1920). Retirouse en 1931. Recibiu a Medalla al Mérito Deportivo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Profesora e escritora. Colaboradora da revista Grial, en que publicou artigos sobre Rosalía de Castro e Castelao, é autora do traballo Estruturas narrativas y elaboración lingüística en cuatro novelas de Alejo Carpentier (1998) e coordinadora do volume Lugo, una radiografía (1996). Ademais, escribiu os libros de relatos Relatos (1990), traducido ao castelán en 1991, e A illa (1991), ambos os dous con ilustracións de Ánxel Huete. Neles reflicte algúns dos temas que máis afectan ao ser humano, como a soidade, a ausencia ou a incomunicación.

    VER O DETALLE DO TERMO