"An" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 28709.

  • Instrumento de planificación, de carácter indicativo, vixente en España entre 1964 e 1976.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Modelo global de desenvolvemento local, que se puxo en marcha en 1991, destinado a fixar as liñas básicas de desenvolvemento económico e a determinar as áreas produtivas prioritarias das comarcas, considerando tanto a capacidade do potencial endóxeno como a competitividade nos mercados dos produtos obtidos. Está considerado un instrumento estrátexico que adopta como metodoloxía principal tanto a coordinación, referida á organización territorial dos servizos administrativos, como á coordinación das actuacións das diversas administracións implicadas no territorio, ademais da busca de fórmulas que favorezan a cooperación pública-privada. Establécese mediante a aplicación dun modelo voluntario e participativo de planificación integrada e desenvolvemento sostido. Os obxectivos son a fixación das liñas básicas de desenvolvemento económico, a creación de emprego nos sectores secundario e terciario e o desenvolvemento social da comarca.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Programa para o fomento da produción e a explotación racional do marisco e para outorgar unha protección especial ás zonas de produción.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Instrumento de planificación que ten como finalidade a adecuación da xestión dos recursos naturais e, en especial, a dos espazos naturais e das especies que se queren protexer, aos principios de mantemento dos procesos ecolóxicos esenciais e dos sistemas vitais básicos, de preservación da diversidade xénetica, da utilización ordenada dos recursos e da preservación da variedade, singularidade e beleza dos ecosistemas naturais e da paisaxe. As directrices fixan limitacións de usos nos espazos e establecen normas de uso racional para a conservación, restauración e mellora dos recursos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Plan educativo que se levou a cabo despois da aprobación da Lei Xeral de Educación de 1970. En 1971 a Secretaría Xeral Técnica do ministerio de Educación e Ciencia deu a coñecer o informe de planificación educativa en Galicia. Nese documento, facíase un diagnóstico do sistema educativo galego en que se asumían as carencias na política oficial e se marcaban obxectivos e accións de desenvolvemento para todos os sectores educativos sobre a base dun mapa de cabeceiras comarcais de concentración dos servizos educativos. Con este Plan pretendeuse, ademais, asegurarse a participación do Banco Mundial. Os obxectivos básicos de actuación en Galicia foron: a) lograr a escolarización total de alumnos en período de ensino obrigatorio (6-13) e b) realizar concentracións escolares co fin de mellorar a calidade do ensino e reducir os custos de funcionamento dos centros, reconvertendo as escolas unitarias e mixtas en grupos escolares. Polo que respecta ao ensino universitario primouse o crecemento da oferta...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Plan pedagóxigo redactado por Vicente Risco a petición da III Asemblea Nazonalista Galega, celebrada en Vigo. O Plan, na óptica da escola nova no tocante ás súas propostas, establecía sete apartados: a) o edificio escolar, que bebe cumprir unhas condicións hixiénicas, pedagóxicas, estéticas e educativas adecuadas;   b) a ordenación do interior dos centros, en que defende unha aula ampla, luminosa e funcional; c) a vida escolar, que debe respectar a personalidade e o carácter de seu do neno; d) os profesores, que deben estar comprometidos co país e usar o galego na escola; e) os métodos de ensino, baseados na escola nova; f) o galego na escola, en que se prioriza a presenza ou ensino en galego para facilitar e optimizar a aprendizaxe; e f) o ensino da cultura galega nas escolas, en que se debe incluír no programa de estudos disciplinas referentes a Galicia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Plan de reforma educativa elaborado polo ministro de Gobernación P. J. Pidal en 1845. Ordenaba os estudos de bacharelato e universitarios segundo criterios moderados e liberais trazados polo duque de Rivas, afirmando ademais a uniformidade, a centralización, a secularización e o monopolio estatal no ensino universitario (os reitores pasaban a ser nomeados pola coroa). No segundo ensino distinguíase entre o ciclo elemental e o de ampliación e entre institutos de primeira, segunda e terceira clase. Os institutos de primeira clase creados nas cidades universitarias, como Santiago de Compsotela, estaban agregados á universidade ou facultades de filosofía. No terceiro ensino distinguíanse entre estudos nas facultades maiores (teoloxía, xurisprudencia, medicina, todas con sete anos, e farmacia con cinco, ademais dos estudos propedéuticos de filosofía), estudos superiores (só na Universidad Central) para ser doutor (en letras e en ciencias), e estudos especiais, orientacións que posteriormente...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Plan de normalización lingüística aprobado, por unanimidade, polo Parlamento de Galicia o 22 de setembro de 2004. Este Plan, no seu conxunto, está orientado a informar e a poñer en práctica unha serie de medidas -presenta catrocentas corenta e cinco propostas- que permitan a recuperación de falantes, unha maior dignificación da lingua e a súa asunción con naturalidade. A dirección técnica e redacción do proxecto, así como a supervisión e coordinación dos traballos das diferentes comisións sectoriais, foi asumida por unha comisión técnica formada por catro especialistas e presidida polo académico Manuel González; ademais formáronse oito grupos de traballo (comisións e subcomisións sectoriais) con máis de sesenta especialistas que se responsabilizaron da selección, definición e proposta do inventario de obxectivos específicos e de medidas ponderadas para cada un dos sectores en que se estruturou o Plan. Igualmente hai outras contribucións de persoas ás que se lles pediron achegas a través...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Instrumento de ordenamento integral do territorio que ten como obxectivo, no solo urbano, a regulación detallada do uso dos terreos e da edificación. Establece un modelo de ordenamento da estrutura xeral e orgánica do territorio, que consiste na fixación dos distintos usos do solo mediante a zonificación e os sistemas xerais. As determinacións básicas son: a clasificación e a cualificación do solo; a definición detallada dos sistemas xerais; a ordenación do solo urbano; a determinación precisa das operacións de renovación que deben realizarse, ademais dos programas e medidas concretas que se pretenden levar a cabo; a ordenación do solo urbanizable, fixando os programas de desenvolvemento a curto e medio prazo por medio de actuacións públicas e privadas; e o ordenamento do solo non urbanizable, establecendo medidas para a conservación dos espazos naturais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Forma prefixada de orixe latina que se emprega na formación de palabras co significado de ‘plano’.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Cara dunha folla de papel.

      2. Páxina, especialmente a dunha revista ou xornal.

      3. Conxunto de liñas compostas en tipografía que, despois de ser impresas, han de formar unha páxina.

    1. paraza.

      1. Conxunto de xefes, oficiais, suboficiais, e tropa que, dentro dunha pequena unidade (rexemento ou batallón), auxilian directamente o xefe que ten o mando da unidade, e da que dependen directamente. Pode constituír unha unidade específica que se denomina compañía ou batería de plana maior.

      2. Conxunto de dirixentes e cargos principais dun partido político ou dunha corporación ou organización.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Rella do arado romano

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que se sustenta no aire.

    2. Aeronave moi lixeira, sen motor e con superficies sustentadoras fixas durante o voo, que se eleva aproveitando as correntes atmosféricas. Non adoitan dispoñer de tren de aterraxe (que se substitúe por patíns), nin de instrumentos de voo e adoitan ter unha envergadura de ala moi grande.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Lancha rápida e lixeira, polo xeral con motor foraborda.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Sustentarse unha ave no aire sen bater as ás, manténdoas estendidas.

      2. oar un planador ou un avión cos motores parados, sen a intervención doutra forza que a da gravidade e a aerodinámica da atmosfera.

    1. Navegar unha embarcación sobre a superficie da auga, elevándose parcialmente fóra dela.

    2. Pisar ou poñer lisa unha cousa ou unha superficie.

    3. 1 parar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de platihelmintos turbelarios, da orde dos tricládidos, que inclúe especies pequenas (de 1 a 2 cm), de corpo aplanado, con lixeiros relevos na rexión da farinxe e do órgano copulador, e coa extremidade caudal obtusa e a cefálica redondeada ou triangular. Teñen dous ollos na rexión anterior dorsal e a boca sitúase na parte do ventre, na metade inferior. Reprodúcense asexualmente por escisión e teñen unha gran capacidade de rexeneración. Son moi frecuentes en auga doce, onde habitan entre a vexetación e os lugares máis escuros.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Alga parda, de ata 15 cm de lonxitude, que presenta un talo laminar de aspecto ríxido en forma de abano, formado ás veces por varias láminas superpostas. A superficie da lámina caracterízase pola presenza de pequenos pelos escuros formando liñas horizontais e concéntricas, que destacan sobre a cor abrancazada da fronde que se debe á acumulación de carbonato cálcico. Habita sobre substratos rochosos no nivel mesolitoral e infralitoral das costas protexidas e ben iluminadas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Botánico francés. Profesor do Institute of Horticulture de Gand, da Escola de Farmacia de Montpellier (1851-1881), da que foi director, e da Facultade de Medicina de Montpellier, dirixiu o Xardín Botánico de Montpellier (1881-1888). Foi o primeiro en determinar e describir a filoxera e en preconizar a introdución das variedades americanas de vide resistentes a este insecto (1875), sobre as que publicou unha monografía. Tamén estudou a mera da vide.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Director, actor e autor dramático francés. En 1952 fundou en Lyon o Théâtre de la Comédie, que dirixiu ata 1957. En 1972, con R. Gilbert e P. Chéreau, tomou a dirección do Théâtre Nacional Populaire. Conseguiu un estilo persoal a partir das propostas de B. Brecht sobre o teatro épico, que amosou en Tartuffe, de Molière; e Bleu, blanc et rouge sobre texto propio. No apartado cinematográfico destaca a súa interpretación en Molière (1978); e como actor, guionista e director en Louis, enfant-roi (1993) e Toulouse-Lautrec (1998).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Constante fundamental que caracteriza os fenómenos de dominio cuántico e que vale 6,626176×10-34 Js. A miúdo emprégase a constante de Planck normalizada Ao = h/2ð.

    VER O DETALLE DO TERMO