"Az" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 2426.

  • MUNICIPIOS

    Municipio situado na provincia de Cáceres, Extremadura (1.609 h [2001]). A súa economía baséase na gandaría lanar e no cultivo de cereais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ou torre da Touza Construción situada en Camos (Nigrán). Está formada por dúas coxías unidas en escuadra cunha torre no ángulo cara ao exterior e cunha escaleira e patín cara ao interior. Ante o patio da fachada ábrense diversas construcións como a capela, que se atopa nunha prolongación das ás da vivenda. Na fachada posterior conserva unha solaina. A torre posúe ameas e conserva diversos escudos. Na porta de entrada destacan dúas pequenas torres que conservan as armas dos Castro, Troncoso de Lira e Araúxo, nunha delas, e dos Pereira de Castro, Falcón, Ozores e Soutomaior na outra.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Luís Vázquez Trabazo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Castro Caldelas baixo a advocación de santa Olaia.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Golpe que se dá ou recibe cunha tranca.

    2. Golpe forte que se dá ou recibe, mesmo por efecto dunha caída.

    3. Catarro ou gripe moi forte.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada en Santiago de Compostela. Edificada no s XVI, atribúeselle a Rodrigo Gil de Hontañón ou a algún membro da súa escola. Consérvase o primeiro corpo, formado por catro arcos sobre columnas con medallóns nos sobrazos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Pazo Museo Otero Pedrayo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada en Vimianzo. Ten planta rectangular cun soportal na parte central realizado como unha columnata dórica sobre a que se sitúan os arcos que sosteñen a solaina, artellada con columnas toscanas. Edificouno Antonio de Caamaño e Quintáns no s XVII. A capela, de planta rectagular, ten acceso desde o exterior e desde a vivenda e conserva un brasón na fachada que alude aos Caamaño e Villar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada en Silleda. Está formado por dous corpos en forma de U que teñen o corpo central común. Os corpos laterais teñen dimensións iguais na parte dianteira pero diferentes na traseira. Na parte sobresaínte dun dos lados atópase a capela. Os escudos aluden aos Varela e Montenegro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada en Mondego (Sada). Ten planta rectangular cunha torre-pombal cadrada nunha esquina. Na parte posterior ten unha cheminea do s XVIII. Conserva un hórreo de granito decorado cun reloxo de sol con figura humana.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada en Brión. Data do s XIV aínda que sufriu importantes reformas no s XVII. Ten planta rectangular alongada e está realizado en cantaría e cachotaría. Destaca a escaleira con patín e a terraza sobre un corpo abovedado. O recinto está amurallado e o acceso a el realízase a través dun portal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada en Vimianzo. Ten dous corpos en forma de ángulo, o máis estreito acolle as cortes e no máis ancho e alto ten unha escaleira perpendicular á fachada que dá acceso a un piso alto. Conserva unha pedra de armas que alude aos Ramos, Aguiar e Paredes. Conserva a capela.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Deseño ou proxecto dunha construción.

      2. Liñas xerais dunha estrutura ou edificio. OBS: Nesta acepción adoita empregarse en plural.

    1. Modo ou aparencia como se presenta á vista unha persoa ou unha cousa.

    2. Habilidade para facer un traballo.

    3. Traxectoria que describe un punto luminoso na pantalla dun tubo catódico.

      1. Compoñente dunha mestura que aparece en moi pequena proporción.

      2. análise de trazas

        Conxunto de técnicas analíticas que se empregan para identificar e determinar as trazas de elementos ou compostos mesturados. Na análise de trazas de elementos, as técnicas máis apropiadas son as colorimétricas e espectroscópicas, cando se traballa en solución, e as análises de activación neutrónica e de fluorescencia de raios X para mostras sólidas. Das técnicas máis habituais na análise de trazas de compostos destacan as espectroscópicas ou o uso combinado da cromatografía de gases e a espectrometría de masas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. de trazar.

    2. Acción e efecto de trazar.

    3. Descrición xeométrica dunha obra de carácter lineal con respecto ao terreo.

    4. Percorrido dun camiño, río ou estrada sobre o terreo.

    5. Representación gráfica, en debuxo técnico, das distintas posicións que poden adoptar dúas ou máis pezas que teñen un movemento relativo entre elas para verificar se cumpre cuns certos requisitos técnicos ou para definir as súas formas e dimensións.

    6. Conxunto de liñas mediante as que se indican os esmaltes.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que ou quen traza.

    2. Aplícase á substancia que contén un ou diversos núclidos radioactivos e permite seguir a evolución doutra coa que está mesturada, grazas a que a radioactividade do trazador é detectable ao longo do camiño da mestura. O proceso de introdución do trazador nunha molécula é coñecido como marcaxe, e dise que o composto en que se introduciu o trazador está marcado. Cando o trazador está formado unicamente por un isótopo dun dos núclidos da substancia denomínase indicador radioactivo e trazador isotópico.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Facer unha liña ou un debuxo sobre unha superficie.

      2. Realizar o plano, o deseño ou o proxecto dunha obra ou edificio.

    1. Debuxar algo que se move nunha liña imaxinaria.

    2. Describir algo brevemente centrándose nos seus puntos principais.

    3. Idear e dar forma a un proxecto.

    4. Cortar ou roer algo en anacos pequenos, especialmente cos dentes.

    5. Cortar algo ao quedar entrillado entre dúas superficies que se apertan.

    6. Tomar unha decisión.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Ornamentación arquitectónica formada pola combinación de liñas e figuras xeométricas de pedra que se utilizou na arte gótica como recheo de espazos ou remate, ás veces calado, na parte superior das fiestras, en arcos cegos e en bóvedas. Distínguense diversos tipos: trazaría plana, con trazos simples; xeométrica, que emprega e mestura formas xeométricas; curvilínea, que inclúe, ademais de formas xeométricas, dobles curvas; de panel ou rectilínea, formada por paneis verticais, de lados rectos na parte superior das luces da fiestra; reticular, que simula unha rede ou malla; e colgante, que pende sobre o sofito dun arco.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Liña que se traza ao escribir ou ao debuxar.

      2. Parte ou elemento dunha letra que se escribe sen levantar a pluma do papel.

    1. Aspecto característico da maneira de ser ou da calidade dunha persoa ou dunha cousa.

    2. Feito que mostra unha característica da persoa que o realiza.

    3. Forma característica de cada parte do rostro dunha persoa pola que se identifica ou se diferenza das demais.

    4. guión.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia baixo a advocación de santa María que dá nome ao concello de Trazo.

    VER O DETALLE DO TERMO