"Az" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 2426.
-
GALICIA
Concello da comarca de Ordes situado no centro-O de Galicia e no centro da provincia da Coruña (43° 01’ 12’’ N - 8° 30’ 42’’ O). Limita ao N co concello de Tordoia (comarca de Ordes); ao S co de Santiago de Compostela (Santiago); ao L co de Oroso (Ordes) e ao O co de Val do Dubra (Santiago). Abrangue unha superficie de 101,4 km 2 cunha poboación 3.548h (2007), distribuída nas parroquias de Benza, Berreo, Campo, Castelo, Chaián, Monzo, Morlán, Restande, Trazo, Vilouchada e Xavestre. A capital é o lugar de Viaño Pequeno, na parroquia de Campo, situada a 50 km da Coruña e 35 km de Santiago de Compostela. Está adscrito á arquidiocese de Santiago e ao partido xudicial de Ordes.
VER O DETALLE DO TERMO
Xeografía física
O concello de Trazo forma parte da superficie fundamental esóxena, aplanamento formado tras sucesivos movementos oroxénicos e posteriores arrasamentos no Terciario do zócolo hercinian cristalino sobre o que se asenta. O substrato litolóxico está formado por rochas metamórficas... -
GALICIA
Sacerdote e escritor. Formouse no Seminario Conciliar de Tui e ordenouse presbítero en 1954. Foi ecónomo de San Mateo de Oliveira (Ponteareas) e encargado de San Simón de Lira (Salvaterra de Miño). Colaborou nas revistas Pregón e Soberossum e no xornal A Peneira, todos de Ponteareas, así como na Revista de Estudios Provinciais da Deputación de Pontevedra. Publicou Os signos lapidarios nas terras de Galicia (1993), O verbo dos arginas de Avedra (1993) e Zanqueando cos cabaqueiros (2001).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Construción situada sobre o río Covas en Entrimo. Trátase dunha ponte do s XVII ao s XVIII realizada en cantaría e cachotaría cun só van rebaixado e lixeiramente alombada. Atópase no camiño entre Ferreiros e Bouzadrago.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Golpe ou choque moi forte.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Construción situada en Vilamaior (Sarria). Ten planta rectangular e dúas alturas. O acceso realízase por un arco de medio punto sobre o que se atopa un escudo flanqueado por outros dous. Conserva unha capela dedicada a santo Ildefonso.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Construción situada no Souto (A Peroxa). Ten planta rectangular cun patio interior, planta baixa e piso alto. Na fachada ten un arco moi rebaixado e, nun lado, unha torre de planta octogonal cuberta cunha cúpula rematada nun pináculo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Construción situada en Baión (Vilanova de Arousa). A edificación componse de dúas torres de tres plantas e distintos tamaños, rematadas en ameas e cubertas a dúas e a catro augas, respectivamente, unidas por un corpo rectangular de dúas plantas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aplícase aos asteroides cuxa órbita non está comprendida completamente no zodíaco.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Construción situada en Quintela de Umoso (Viana do Bolo). Datada no s XVIII, ten planta rectangular e conta cun patio interior, cunha galería e un corredor que dá acceso á planta superior. Nun dos extremos conserva unha capela e no exterior, un forno, unha fonte de cantaría, unha bodega e un pombal circular.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Termo do barallete que corresponde á voz ‘corda’.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Lámina de unto enrolada.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Grupo de linguas do phylum amerindio de América do Norte, que pertence á familia azteca-tanoano e que se estende desde os estados de Montana e Oregón ata México. Divídese nos subgrupos shoshone, ute, hopi, pima, tarahumara e astecoide, á súa vez divididos en diversas linguas, das que destaca a nahua.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Construción situada no Corgo. A súa orixe relaciónase coa familia López do Corgo (s XVI), aínda que o edificio que se conserva, de estilo barroco, débese ás intervencións dos Valcárcel, sucesores na liñaxe do pazo. O conxunto está formado por un edificio residencial de planta rectangular que tiña unido unha pequena capela empregada como vivenda e que dá acceso a un patio interior ao que se abren o resto das dependencias anexas. Destaca a presenza señorial da fachada moi ornamentada con arcadas, pilastras pegadas e un corpo central cun frontón co escudo de armas dos Neira, Balboa, Miranda e Saavedra e os Valcárcel.
-
PERSOEIRO
Biólogo. Foi director do Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia e asesor técnico en incendios e conservación da natureza da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes. Escribiu Forgoselo: espazo natural (1992), As Fragas do Eume (1993) e O Lobo, a extinción de especies e outros ensaios sobre conservación (1993).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Heraldista. Foi cronista oficial de Villafranca del Bierzo e secretario do Instituto Histórico de la Marina, escribiu La Condesa de Pardo-Bazán y sus linajes: Nobiliario (1952) e Los Saavedra y los Fajardo en Murcia: nobiliario (1956). Recibiu a Gran Cruz del Mérito Naval e as ordes de Alfonso X e Isabel la Católica. Foi secretario da Real Academia de la Historia e membro correspondente da Real Academia Galega.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Organización política arredista liderada por Álvaro de Las Casas. Deuse a coñecer oficialmente o 25 de xullo de 1933 coa publicación do seu voceiro Mais! A súa ideoloxía coincidía case totalmente coa do Partido Galeguista, agás na súa defensa da separación de España. Non tiña un programa concreto nin unha estrutura organizativa.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Construción situada en Reza, Ourense. Foi construída en 1818 por Xosé María Deza e Losada e Antonia Ibáñez, filla do marqués de Sargadelos. Consta de planta rectangular e dous pisos, con bufarda en forma de T e varias construcións adxectivas. Realizouse en cantaría e destaca especialmente a cheminea da cuberta, coroada con pináculos. Pegada á muralla que rodea a propiedade está a capela (1826), que remata cunha espadana labrada. O conxunto rodeouse cun muro.
-
PERSOEIRO
Biólogo. Catedrático de Ciencias Naturais e presidente de ADEGA, da que fundou a delegación de Santiago de Compostela. Promoveu numerosas campañas de sensibilización e reinvidicación da conservación do medio natural galego e contra os residuos radiactivos. Escribiu A Contaminación das centrais nucleares (1981) e Celulosas e progreso (1988).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Poeta. Coñecido como Lorenzo Varela, os seus primeiros anos transcorreron entre Cuba e Arxentina. Regresou á Península e na súa xuventude participou, xunto con Ramón Piñeiro, na fundación da Federación de Mocedades Galeguistas, en Lugo. En 1935 trasladouse a Madrid para estudar filosofía e letras, foi membro das Misións Pedagóxicas e colaborou no diario El Sol e, con outros intelectuais galegos, no grupo de Poetas Andantes e Navegantes (PAN). Afiliado ao Partido Comunista, durante a Guerra Civil Española comandou unha brigada, ademais de participar na redacción das revistas Hora de España e El Mono Azul, ata que se exiliou forzosamente en Francia e, posteriormente, en México (1940). Alí fundou e codirixiu a revista Romance e colaborou en Taller, dirixida por Octavio Paz. En 1941 estableceuse en Bos Aires e fundou, con A. Cuadrado e L. Seoane, Correo Literario; ademais colaborou con outros medios, como De Mar a Mar, La Nación...
VER O DETALLE DO TERMO -
LIÑAXES
Liñaxe de orixe galega que trae por armas, en campo de goles, unha cruz de ouro, cargada en abismo dunha estrela de azul de oito raios; bordo de ouro, cargado de oito aspas de sinople. Outro trae, en campo de goles, unha estrela de azul, con perfil de prata; bordo de prata, cargado de oito aspas de sinople.
VER O DETALLE DO TERMO