"An" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 28709.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que repta.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente aos réptiles.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Réxime proclamado desde o palacio da Generalitat de Barcelona por F. Macià i Llussà o 14 de abril de 1931, horas antes de que en Madrid se producise a proclamación da Segunda República Española. Tres días despois substituíuse por unha Generalitat de Catalunya e fixouse o proceso de elaboración dun estatuto de autonomía.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Período da historia de España comprendido entre o 11 de febreiro de 1873, data da proclamación da República polas Cortes tras a abdicación de Amadeo I, ata o 29 de decembro de 1874, data da proclamación de Afonso XII en Sagunto polo xeneral Martínez Campos e coa que comezou a Restauración. Distínguense dous períodos: o parlamentario, que se estendeu ata o golpe do xeneral M. Pavía o 3 de xaneiro de 1874, e o presidencialista, cando se fixo cargo do executivo o xeneral F. Serrano que pechou o Sexenio Revolucionario (1868-1874). Durante o primeiro período sucedéronse catro presidentes: Estanislau Figueras i de Moragas, Francesc Pi i Margall, Nicolás Salmerón Alonso e Emilio Castelar Ripoll. A dialéctica política da República explícase pola pugna entre os republicanos unitarios, centralistas e de tendencia conservadora, e os republicanos federais. Pi i Margall non puido estruturar a república federal porque os federais intransixentes, impacientes, quixeron implantala desde abaixo, apoiándose...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Período da historia de España que comezou o 14 de abril de 1931, coa proclamación da República, e rematou o 1 de abril de 1939, cando finalizou a Guerra Civil Española coa vitoria de Francisco Franco. Distínguense dous períodos: o primeiro, iniciado o 14 de abril de 1931, e o segundo, que corresponde á Guerra Civil Española, entre o 18 de xullo de 1936 e o 1 de abril de 1939. A Constitución, aprobada o 9 de decembro de 1931, configurou unha república cun goberno nomeado polo presidente pero que podía ser rexeitado pola cámara de deputados. Separaba Igrexa e Estado e aceptaba as autonomías rexionais. De feito outorgáronse os estatutos de autonomía a Catalunya (1932) e Euskadi (1936). O goberno provisional e o de Manuel Azaña realizaron numerosas e importantes reformas: melloras laborais, reforma técnica do exército, lei do divorcio, construción e dotación de escolas, inicios da reforma agraria e outras, pero foi combatido pola dereita e non recibiu o soporte necesario por parte das forzas...
-
VER O DETALLE DO TERMO
República Federal da Alemaña.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Período da historia de Francia que vai desde o 21 de outubro de 1945 ata o 4 de outubro de 1958. Liberada Francia da ocupación alemá tras a Segunda Guerra Mundial (1939-1945), Charles de Gaulle creou un goberno provisional e o socialista Vincent Auriol foi elixido presidente. A exclusión dos comunistas do goberno en 1947 e a organización dos partidarios do xeneral De Gaulle imposibilitaron a consolidación do novo réxime, que sufriu unha forte inestabilidade ministerial. O proceso de descolonización culminou coa crise de Alxeria, que puxo fin á Cuarta República Francesa. O presidente René Jules Gustave Coty nomeou primeiro ministro a De Gaulle, que iniciou a Quinta República Francesa.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Período da historia de Francia que vai desde o 21 de setembro de 1792 ata o 18 de maio de 1804. Dividiuse nos períodos da Convención Nacional (1792-1795), do Directorio (1795-1799) e do Consulado (1799-1804), que deu paso ao imperio hereditario de Napoleón I Bonaparte.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Período da historia de Francia que comezou o 5 de outubro de 1958. Xurdiu a consecuencia do referendo que aprobou a nova constitución presidencialista presentada polo xeneral Charles de Gaulle, que foi elixido presidente. Os seguidores de De Gaulle dominaron a asemblea, e o réxime evolucionou cara a un sistema de poder persoal en mans de De Gaulle. Á súa morte, o conservador Valéry Giscard d’Estaing foi elixido presidente (1974-1981) fronte ao candidato das esquerdas François Mitterrand, que acadou o cargo entre 1981 e 1995. En 1995 converteuse en presidente da república Jacques Chirac, reelixido en 2002.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Período da historia de Francia que vai desde o 25 de febreiro de 1848 ata o 21 de novembro de 1852. Proclamada tras a abdicación de Luís Filipe I de Francia, a República naceu dividida entre liberais e socialistas. A insurrección popular de París de xuño de 1848, provocada entre outros motivos pola disolución dos Talleres Nacionais, foi rigorosamente reprimida e provocou unha reacción conservadora. Napoleón III, elixido presidente, deu un golpe de estado o 2 de decembro de 1851 que practicamente rematou coa República, aínda que tardou un ano en proclamarse emperador.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Período da historia de Francia que vai desde o 4 de setembro de 1870 ao 10 de xullo de 1940. A consecuencia da derrota francesa na Guerra Franco-prusiana (1870-1871) e da axitación popular que culminou na Comuna de París (1871), caeu o Imperio, e foi promulgada a Constitución de 1875, que precedeu o triunfo electoral dos republicanos. Superada a crise do programa de Georges-Ernest Boulanger e do caso Dreyfus, os radicais accederon ao goberno. Durante este período a expansión colonial recibiu un forte pulo, e Francia participou na Primeira Guerra Mundial (1914-1918). Rematada esta, gobernou a dereita nacionalista e conservadora, pero a crise de 1929 provocou unha radicalización do país, que permitiu o triunfo da Fronte Popular de Léon Blum en 1936. Fracasado este ao non poder superar a crise, foi substituído por unha coalición de radicais e moderados. A política de claudicación adoptada ante o expansionismo de Adolft Hitler (1938) non puido evitar a Segunda Guerra Mundial (1939-1945), que...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Réxime fascista establecido por Benito Mussolini no N de Italia entre o 9 de setembro de 1943 e o 25 de abril de 1945, con sede en Salò (Lombardia). Pouco despois de ser liberado polos alemáns, B. Mussolini formou un goberno republicano na zona de Italia dominada por aqueles no que tentou recuperar as pretensións sociais do primeiro fascismo. Organizou un xuízo, o Proceso de Verona, contra os supostos culpables da caída do réxime fascista en Roma, pero sucumbiu ante o avance aliado e a acción dos partisanos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Partido político estadounidense constituído en 1856. No seu programa inicial incluía a abolición da escravitude e unha política isolacionista e proteccionista. Accedeu á presidencia con A. Lincoln (1861) e mantívose no poder case ininterrompidamente ata 1912. Impulsor decidido do desenvolvemento industrial, a crise de 1929 fíxolle perder influencia e permaneceu apartado da presidencia desde 1932 ata a elección de Dwight D. Eisenhower (1953-1961). Gañou novamente as eleccións presidenciais con Richard M. Nixon (1968 e 1972), pero o escándalo do caso Watergate causou a derrota de Gerald R. Ford en 1976 e deulle o poder aos demócratas ata 1981. As dificultades económicas e a febleza amosada por EE UU durante a crise iraniana provocaron, con todo, unha reacción nacionalista e conservadora que se concretou na vitoria de Ronald W. Reagan nas eleccións presidenciais de 1980 e 1984. O seu sucesor, George H. W. Bush, volveu ocupar a presidencia do estado (1988-1992). Despois dun novo goberno demócrata,...
-
RIOS
Río de EE UU que nace no estado de Colorado, pasa polo S de Nebraska e, tras un percorrido de 678 km, desemboca pola esquerda do Kansas.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Calidade de republicano.
-
Doutrina dos partidarios da república como forma de goberno. A partir das achegas ideolóxicas de John Locke, Montesquieu e Jean-Jacques Rousseau, apareceu moi relacionado inicialmente co liberalismo. Tivo as súas primeiras realizacións prácticas nos estados da Unión nortemericana e na Primeira República Francesa e estendeuse ao longo do s XIX nos novos estados latinoamericanos. O establecemento en EE UU dunha república federal significou un forte impulso para a expansión do republicanismo, que se baseou no consenso popular e nos dereitos do home. En Francia, os republicanos comezaron a organizarse a partir da revolución de 1830 e conseguiron a instauración da Segunda República (1848-1852). Durante o Segundo Imperio foron reprimidos, pero fixeron avances importantes ata obteren o triunfo definitivo coa instauración da Terceira República (1870-1940). En Italia, o republicanismo comezou con G. Mazzini, que fundou a Nova Italia (1831-1848) e despois da ditadura fascista, proclamouse a república...
-
Pensamento favorable á forma de goberno republicana.
-
-
-
-
Relativo ou pertencente á república ou ao republicanismo.
-
Partidario do republicanismo.
-
-
-
Relativo ou pertencente ao Republican Party.
-
Partidario do Republican Party.
-
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aversión física ou moral insuperable contra algo ou alguén.
-
-
Que causa repugnancia.
-
Que é molesto.
-
-
GALICIA
Escritor. Licenciado en Filoloxía Galego-Portuguesa pola Universidade de Santiago de Compostela, nos seus artigos investiga a obra de Á. Cunqueiro, Xosé Mª Díaz Castro, A. Noriega Varela e Claudio R. Fer. Participou na edición da novela Esmoriz (1994), de Aníbal Otero, e no estudo introdutorio da peza teatral A soldadeira (1996), de L. Seoane. Publicou Ánxel Fole. Aproximación temática á súa obra narrativa en galego (1996); Ánxel Fole a Á lus do candil (1997), en colaboración con L. Alonso Girgado; e Escritores mindonienses (1998).
VER O DETALLE DO TERMO -
IGREXAS
Igrexa parroquial situada en Chantada. Datada no s XII, sufriu reformas no s XVIII, época en que a planta adquiriu a forma de cruz latina ao engadirse á nave capelas laterais. A ábsida semicircular é do s XII e consta dun tramo recto e dun testeiro redondo, cubertos con bóveda de canón e cuarto de esfera. O arco triunfal está formado por dúas arquivoltas apoiadas en columnas con capiteis vexetais e antropomorfos. No exterior destaca a torre-campanario da fachada que consta de varios corpos e que remata cunha pequena cúpula.
VER O DETALLE DO TERMO