"Alle" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 636.

  • PUBLICACIÓNS

    Publicación do sector turístico que saíu por primeira vez na Coruña en agosto de 1991, subtitulado “Boletín Social”.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xornal que apareceu en Bos Aires en maio de 1914 co subtitulo “Periódico de la tarde: Órgano de la Colectividad y Sociedades de su nombre en la República Argentina”. Nova Galicia foi a sociedade editora desta publicación fundada e dirixida por Fortunato Cruces. O grupo de colaboradores estaba integrado por escritores como Basilio Álvarez, P. Ruiz, Adolfo León Gómez, J. J. Lloret, A. Fernández Tafall, Manoel o Coxo, e Chuco de Canedo. Cunha redacción bilingüe, o contido mesturaba a información de actualidade coas novas do colectivo de emigrantes. Insería diversas seccións, como “Notas de Interés”, na que daban direccións para os novos emigrantes, ou “No Turreiro”, totalmente en galego. A publicidade era abundante e de produtos variados. A ilustración constaba de fotografías que evocaban Galicia, e de retratos dos personaxes sobre os que falaban nos artigos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Periódico que saíu por primeira vez na Coruña no ano 1875 e que deixou de editarse arrededor do 1882. R. Faginas Armaz imprimiu este semanario de tendencia liberal e demócrata que fundara Juan Cuenca e que dirixiron J. Castro Arias e J. Mª Montes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xornal que se publicou en novembro de 1811 na Coruña. A imprenta de Cándido Pérez Prieto editou os únicos catro números que saíron. Organizado nas seccións “Artículos”, “Noticias de la Guerra”, “Noticias del Extranjero” ou “Poemas”, era antifrancés, informaba sobre a guerra, e insería palabras ou frases en galego entre a redacción en castelán. Pretendía imitar unha publicación editada en Cádiz, un dos primeiros periódicos liberais de España.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cooperativa interterritorial de consumo constituída en Vigo o 24 de xullo de 1971 e encadrada na Unión Nacional de Cooperativas de Consumo. O seu ámbito de actuación estendeuse ás catro provincias galegas. O seu obxectivo foi a adquisición e distribución de artigos de uso e consumo para a subministración dos seus asociados e das súas familias en interese común e sen ánimo de lucro; como función subordinada a esta, asesorou os seus socios en cuestións relacionadas co seu carácter de consumidores. Ademais COGALCO, en igualdade de condicións, preferiu os produtos proporcionados por outras cooperativas, como podía ser a vasca EROSKI, e, dentro destas, as de Galicia. O seu capital social estaba constituído polas contribucións dos seus socios.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cuarta competición europea de balonmán, antiga Copa City, que naceu na tempada 2000-2001. A federación europea, organizadora do campionato, excluíu deste torneo os equipos españois.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente a Cornualla.

    2. Natural ou habitante de Cornualla.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Poetisa. Publicou poemas en distintas revistas, como os titulados “O ben na terra”, “Lonxe vai miña alegría” e “O día de San Antón”, e o libro A Herminia (1891). Foi membro correspondente da Real Academia Galega.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Médico. Cursou os estudios universitarios en Santiago de Compostela e Madrid. En 1870 ingresou no corpo de sanidade militar e, en 1872, foi destinado a Filipinas onde obtivo a cátedra de Anatomía Cirúrxica e Operacións da Universidad de Manila (1878). En 1899 foi nomeado director do Hospital Militar da Coruña e, en 1890, membro numerario da Real Academia de Medicina e Cirurxía de Galicia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xornal que apareceu en 1938 en Ferrol e Santiago de Compostela. Tivo varios subtítulos, entre eles, “Diario de Información General”, “Decano de la prensa provincial”, “Diario de la mañana-Decano de la prensa provincial” e “El Correo Gallego. Diario de La Noche. Decano de la prensa regional”. Foron os seus directores Fernando Pérez Barreiro, José Vidal Ibarra, Miguel Ramón Pola, Fernando Leal Insua, Ramón Luís Acuña Sánchez, Gerardo González Martín, Rodrigo Varela Rodríguez e Xoán María Gallego Tato. Esta publicación diaria tivo unha saída regular agás no período da Guerra Civil. Cando saíu á luz como continuación de El Eco de Santiago seguía unha liña política achegada ao réxime franquista; nos anos 50 definiuse como católico-conservador, ata que a partir de 1969 se produciu unha apertura ao galego coa inclusión de poemas de Salvador García Bodaño, Xohana Torres, Antón Tovar, X. L. Franco Grande e prosas de Otero Pedrayo e R. Carballo Calero. Dende o número 23.346, no ano 1967,...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xornal fundado o 1 de agosto de 1878 en Ferrol, e, xunto con O Correo Galego, ambos pertencentes á empresa Editorial Compostela SA, son os únicos diarios que se editan en Santiago de Compostela. Fundado por José María Abizanda y San Martín, o seu primeiro director foi Victorino Novo García. Dende 1912 e durante vinte e seis anos, a familia Barcón xestionou o xornal. O 18 de xuño de 1938 constituíuse en Santiago de Compostela a sociedade anónima Editorial Compostela, impulsada por Juan Sáenz-Díez García e Juan de la Riva Barba. En outubro dese ano, Rafael Barcón Orta traspasoulle o xornal á editorial e pasou a imprimirse en Santiago de Compostela co título de El Correo Gallego y El Eco de Santiago, cunha cabeceira que correspondía a outro xornal fundado nesa cidade en 1896. O 15 de outubro de 1945, a editorial Compostela adquiriu tamén o diario El Compostelano, que se editaba na capital galega dende 1920. Continuaron saíndo conxuntamente, El Correo Gallego...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación en galego, castelán e portugués editada en Rio de Janeiro a partir de 1903 e subtitulada “Semanario independiente de intereses generales”. Dirixida por Antonio de la Cuesta e coordinada por E. Rodríguez Hervella, participaban como redactores Carmelo Seoane e Julio Mirelis. Entre os seus colaboradores literarios figuraban Fortunato Cruces, Pérez del Jugerto, N. Díaz de Escobar, Mario Seoane de Drunmond e Antonio Fernández Arreo. Na súa primeira páxina reprodúcense retratos de distintas personalidades da colonia galega, á parte dun gravado da baía de Rio de Janeiro e da estatua ecuestre de D. Pedro I. Incluíron tamén diversas traducións en castelán de artigos da prensa brasileira.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación que apareceu en Pontevedra en 1874 e cesou en 1913. Tivo unha segunda etapa que se iniciou en 1889 baixo o subtítulo de “Diario de Pontevedra”. Os seus contidos, de tendencia conservadora, foron evolucionando cara a posturas máis liberais. Imprimiuse nos obradoiros tipográficos de Xosé Millán.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Profesor, polígrafo, conferenciante, articulista, dramaturgo e director teatral, fillo do académico e secretario da Real Academia Española Emilio Cotarelo Mori. Cursou estudios en Madrid e Oviedo (1889-1899), e foi catedrático de Lingua e Literatura españolas desde 1904 na Universidade de Santiago de Compostela, da que foi vicerrector e decano da súa facultade de Filosofía e Letras. Presidiu o Ateneo León XIII. En 1909 participou na Exposición Rexional de Santiago, e dous anos despois o seu Teatro de Cervantes foi galardoado co Berwick e Alba da Academia Española. En 1919 deuse a coñecer como narrador con Palladys tyrones e a seguir editou La enseña raída (1922) e El pazo (1923). Desde 1920 foi académico da Academia Galega. A partir de 1923 converteuse no primeiro presidente do Seminario de Estudos Galegos. Foi membro da Academia de Historia e do Instituto de España. A súa actividade teatral centrouse en especial no período 1922-1931, logo de promover o Cadro...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Museo británico dirixido pola Universidade de Londres. Nel amósase a colección pertencente ao Courtauld Institute of Art, institución dedicada ao estudo da arte que se formou en 1931 para acoller a colección de pintura impresionista e postimpresionista de Samuel Courtauld (1876-1947). A galería abriuse ao público en 1958 en Woburn Square, Bloomsbury, e en 1990 trasladouse á Somerset House. O Instituto enriqueceuse con outras coleccións como a Princess Gate Collection e as pertencentes ao viceconde Lee of Fareham, a Mark Gambier-Perry, a Robert Witt e a Roger Eliot Fry. Os seus fondos mostran pintura inglesa, italiana, francesa e flamenga, ademais de cerámica, mobles e outros obxectos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Mecanismo de peche dunha peza de vestir, dunha carteira, dunha maleta ou doutro obxecto que consta de dúas tiras con dentes, xeralmente metálicos ou de material plástico, polos que se desplaza un pasador que os pode unir ou separar.

    2. Barra con dentes en sentido transversal, destinada a engrenar nun piñón, que serve para converter o movemento circular do piñón no rectilíneo da barra. Úsase para o sistema de guía de vehículos e para a apertura de comportas, entre outras aplicacións.

    3. Ferrocarril que utiliza un terceiro carril dentado no que engrenan as correspondentes rodas dentadas da locomotora para obter esforzos de tracción superiores aos que lles permitirían os dous carrís de simple adherencia. Este sistema é o adecuado para ferrocarrís de montaña con pendentes do 15%, e ata máis dun 40%. O carril dentado ou cremalleira sitúase no eixe da vía e pode consistir nunhas barras paralelas unidas por pequenos traveseiros, nunha soa barra con dentes aos lados ou en dúas ou tres barras dentadas paralelas desprazadas por medio paso ou un tercio. O freo actúa sobre rodas dentadas dispostas para este fin na locomotora e nos vagóns.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo do verbo dos daordes ou xerga dos telleiros que corresponde á voz ‘tixola’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación de tendencia carlista que se editou en Pontevedra en abril de 1893 e que cesou probablemente en xullo do mesmo ano. Dirixido por Codesido Sánchez, quen coordinara a edición de Galicia Recreativa, trataba temas políticos. O 18 de xullo de 1893 incluíu unha sección titulada “Hoja Literaria”, dedicada a Rosalía de Castro no seu oitavo cabodano, na que apareceron diversos traballos en castelán, un poema de Filomena Dato Muruais e algúns versos da propia poetisa. Posiblemente viviu unha segunda época de edición a partir de 1896.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Revista de periodicidade irregular aparecida en Santiago de Compostela en 1944 e subtitulada “Consejo Superior de Investigaciones Científicas. Instituto Padre Sarmiento”. Dirixírona Sánchez Cantón e Filgueira Valverde ata que en 1981 se escolleu a Francisco Río Barja como director e a Carlos Baliñas como vicedirector. Contou coa colaboración de Otero Pedrayo, Vicente Risco, Florentino Cuevillas, Ramón Cabanillas, Bouza-Brey, Taboada Chivite, Menéndez Pidal, Dámaso Alonso, Rodrigues Lapa e outros intelectuais. Contén artigos en galego, castelán, portugués, inglés, francés, italiano e catalán. Dividiuse inicialmente nas seccións “Artículos”, “Textos y Documentos”, “Miscelánea” e “Bibliografía de Galicia”, nas que inclúe información sobre prehistoria, arte, crítica literaria, lingüística, historia e etnografía. Os apartados especializáronse co tempo: “Arqueoloxía, prehistoria e antropoloxía física”, “Historia da arte”, “Etnografía” e “Lingua e Literatura”. Inseriu diversos traballos relacionados...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Revista publicada en La Habana a partir do ano 1910. Dirixida polo freire franciscano Delfín Bóveda Villanueva, rematou a súa edición ao pouco tempo.

    VER O DETALLE DO TERMO