"OMI" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 1140.

    1. Asemblea popular romana, basicamente da época da República, que xunto co Senado e cos maxistrados eran os elementos fundamentais do poder republicano. Os máis antigos eran os comicios curiais (comitia curiata), unha asemblea que apareceu durante a monarquía etrusca constituída por nobres que elixían os reis. Despois da reforma do 509 a C, durante a época republicana, tiñan a función de conferirlles o imperium (o poder civil, militar e xudicial) aos maxistrados. Os comicios centuriados (comitia centuriata) apareceron con posterioridade ao ano 509 a C, cando a sociedade romana se reorganizou en cinco clases segundo a riqueza territorial dos seus membros e se subdividiu en centurias. O número de centurias que corresponden a cada unha das clases non é proporcional ao número de individuos que pertencen a cada unha delas. A primeira clase contaba con 80 centurias e cada unha das seguintes con 20, ata chegar á quinta, que tiña 30. Como o voto se facía por centurias e...

    2. Acto electoral constituído polas reunións e actas electorais. A súa orixe pode datarse nas reunións celebradas polo pobo romano nunha parte do foro chamada comitium, para a elección dos seus maxistrados e a discusión dos asuntos públicos. OBS: Esta palabra emprégase normalmente en plural.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente á comedia.

    2. Que causa risa.

    3. Actor que representa comedias e outras pezas de teatro.

    4. Persoa que ten por profesión facer rir ao público.

    5. Persoa que escribe comedias, especialmente cando se fai referencia aos clásicos da Antigüidade.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Produción cinematográfica española realizada en 1953. Foi dirixida por J. A. Bardem e interpretada por Christian Galvé, Fernando Rey, Emma Penella, Carlos Casaravilla e Rafael Alonso, entre outros. Este filme conta a historia dunha actriz nova que procura abrirse camiño no teatro español de posguerra. Bardem soubo recrear acertadamente o mundo teatral da época con todos os seus matices.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción de comer.

    2. Calquera cousa susceptible de ser consumida para alimentarse, particularmente cando está preparada con esta intención. Na tradición recóllense ditos como: “A comida, comida, desfai a compañía. A comida do fidalgo, pouco compango, caldo moito e mantel longo. A comida fría, estómago quente. A comida, quente, e a bebida fría. A comida que se perde por comida non é perdida. A comida, repousada; e a cea, paseada. A pouca comida, pouca bebida. Comida feita, compaña desfeita. Comida fina en corpos gordos, fai mal aos ósos. Comida fría e bebida quente, nunca fixeron bo ventre. Non hai mala comida pra quen se convida. Quente a comida, fría a bebida”.

    3. Calquera dos momentos do día reservados para comer e, especialmente, a comida do mediodía ou xantar. En Galicia facíase tradicionalmente ás doce e os pratos máis habituais eran a carne de porco con patacas cocidas e máis o caldo. Nas zonas costeiras e naquelas ata as que chegaban os peixeiros tamén era usual o peixe. No tempo de vixilia, o bacallau era o manxar ao que máis se recorría. A carne de tenreira só se acostumaba consumir nas celebracións. As outras comidas do día son o almorzo, que se toma na primeira hora da mañá e que adoitaba consistir nunha cunca de leite (frecuentemente augado) con sopas de pan ou papas e, se non había leite, caldo. Nalgunhas zonas era frecuente o consumo antes do almorzo dunha copa de augardente (ás veces con pan), coñecida como a parva. A derradeira comida do día é a cea, na que se acostumaba tomar caldo e pratos sinxelos, como peixe, filloas ou castañas. Entre estas comidas principais adoitábanse facer pequenos refrixerios chamados tacos,...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. de comer.

    2. Aplícase ao alimento que se inxeriu. Na tradición oral recóllense ditos como: “Bocado comido xa non fai amigo. O comido é o seguro, que o que comido non está, sabe Deus quén o comerá”.

    3. Aplícase á persoa que vén de comer.

    4. Que está roído ou gastado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Forma tónica ligada de primeira persoa de singular, que funciona como complemento.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade da provincia de Chittagong, Bangladesh, situada 90 km ao L de Dacca, na fronteira oriental coa India (143.282 h [1991]). Entre os ss VII-XII acolleu unha florecente civilización budista.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da Comunidad Autónoma de Cantabria, situado ao O de Santillana del Mar (2.364 h [1996]). A agricultura (hortalizas e millo) e a gandería son a base da súa economía. É un importante centro turístico, no que destacan os seus balnearios. No ano 1892 creouse o Seminario Pontificio de Comillas, rexido pola Compañía de Xesús, que tivo a súa orixe no colexio que os xesuítas posuían na beira do Miño, na parroquia de Camposancos (A Guarda). En 1904 converteuse en universidade e centro superior de estudios eclesiásticos, trasladada na década de 1960 a Madrid. A Compañía de Xesús dedicou as súas instalacións a diversas actividades, como casa de exercicios ou sede de colonias de verán, entre outras. No s XIX o concello sufriu unha renovación arquitectónica coas achegas dos mestres modernistas e novecentistas. Das construcións desta época destacan o palacio e a capela-panteón de Sobrellano, a Universidad Pontificia, a Villa Quijano ou Capricho de Gaudí e a fonte dos Tres Caños.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción e efecto de cominar.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Ameazar a alguén cunha pena.

    2. Ordenar a autoridade a alguén o cumprimento dun mandamento baixo a ameaza dunha pena determinada ou da execución forzosa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Signo de puntuación, formado xeralmente por dúas comas elevadas sobre o nivel das letras, que abre e fecha unha citación, unha frase ou palabra, para distinguila e delimitala doutra unidade maior na que se atopa. Hai diferentes tipos de comiñas: as dobres, nas que se distinguen, á súa vez, as angulares, latinas ou españolas («...»), e as inglesas (“...”); e as simples (‘...’).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que contén a ameaza dunha pena, especialmente legal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Arquitecto, fillo de Antonio de Cominges Tapias. Estudiou na Escuela Técnica Superior de Arquitectura de Madrid (1970) e desenvolveu o seu labor en Vigo. Colaborou co seu pai (1970-1974) e traballou en obras nas que este intervira anteriormente, como a Escola Naval de Marín, onde realizou a mediados dos anos setenta o cuartel Almirante Moreno, e as aulas e os laboratorios Isaac Peral. Proxectou o polideportivo, as residencias para oficiais e o cuartel José Luis Díez da Escuela de Transmisiones y Electrónica de la Armada (ETEA). Realizou o Centro Comercial Praza E xunto con Cameselle e Pedro la Puente (2000), o novo colexio Cluny (2000), a Cooperativa de Armadores de Vigo (2000) e o Asilo das Hermanitas de los Ancianos Desamparados en Alcabre (2001). No eido da rehabilitación arquitectónica destacan a Casa Rectoral (2001) e o Centro Cultural e Social de Caixanova iniciado no 2001.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Arquitecto. Formouse na Escuela de Arquitectura de Madrid, onde se licenciou en 1924. Foi profesor de xeometría, debuxo arquitectónico, estereotomía e construción na Escola de Artes e Oficios de Vigo (1927-1967), e arquitecto municipal de Santiago de Compostela (1930-1931) e de Lavadores. Traballou en Vigo ata que se xubilou en 1974. Durante a súa estadía en Santiago de Compostela proxectou o Hotel Compostela (1930). Influenciado polas ideas arquitectónicas de Gómez Román e Palacios, a súa arquitectura anterior á Guerra Civil caracterízase por unha concepción rexionalista sen a proliferación ornamental que existía noutros arquitectos contemporáneos. Construíu vivendas particulares para a burguesía viguesa da época, edificios para institucións docentes, como o colexio Cluny (1929) e o Fogar e a Clínica San Rafael (1935). Trala guerra a súa actividade incrementouse e realizou un gran número de proxectos, tanto de carácter privado como público. Estilisticamente evolucionou cara a un eclecticismo...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Planta herbácea anual, de ata 50 cm de altura, de follas laciniadas e de flores brancas ou rosadas agrupadas en umbelas de poucos raios. É oriúnda da rexión mediterránea, onde se cultiva polos seus froitos desde a Antigüidade.

    2. Froito aromático da planta homónima. Del extráese unha especia aromática de sabor agre que se utiliza para condimentar sopas, repostería, embutidos, pan de comiño, queixos, etc. Das sementes obtense un aceite e unha oleorresina que se empregan como saborizantes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Incautar un ben aplicando a pena de comiso.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Cargo de comisario.

    2. Oficina permanente de policía dirixida por un comisario.

    3. Circunscrición administrativa de primeira orde de Colombia, equivalente a un departamento nas rexións pouco poboadas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Cargo de comisario.

    2. Organismo institucional dedicado a temas humanitarios, científicos ou políticos, de dimensión nacional ou internacional.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Persoa que recibe a autorización para exercer funcións de mando ou negociación por delegación dunha autoridade superior.

    2. Funcionario de policía que exerce como xefe dunha comisaría, encargado de manter a lei e a orde nunha zona determinada.

    3. Membro da Comisión Europea encargado dunha determinada parcela da política comunitaria e designado polo goberno de cada país membro da UE, nun número proporcional ao conxunto dos seus habitantes. Nomeado por cinco anos, pode ser renovado no seu cargo.

      1. Auxiliar do árbitro que en certas competicións deportivas se encarga de vixiar a aplicación do regulamento.

      2. Persoa con amplos poderes de decisión que se encarga de aplicar o regulamento en certos deportes, como o automobilismo, o atletismo ou a hípica.

      1. Delegado xeral do goberno durante o protectorado español en Marrocos.

      2. Representante diplomático dun Estado membro da Commonwealth noutro, co rango de embaixador.

    4. Persoa designada por un xuíz, nun procedemento de execución colectiva de creba, para vixiar e inspeccionar as operacións dos síndicos sobre a masa da creba, examinar as contas, presidir as xuntas de acredores e asesorar o xuíz sobre o desenvolvemento do procedemento.

    5. ...

    VER O DETALLE DO TERMO