"qu" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 4475.

  • Figura literaria que consiste na repetición dunha palabra ou palabras iniciais, dunha frase ou verso na metade do verso.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Tecido conxuntivo embrionario formado por células que teñen forma irregular, estreladas e con numerosas prolongacións, separadas entre si por unha matriz xelatinosa. Durante o desenvolvemento dá lugar a diferentes tipos de tecidos (óseo, conxuntivo adulto e cartilaxinoso).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente ao mesénquima.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Calidade de mesquiño.

    2. Cousa ou acción mesquiña.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que ou quen non ten nobreza nin xenerosidade.

    2. Que ou quen escatima no que gasta ou no que dá.

    3. Que é pobre ou ten falta do necesario.

    4. Que é insuficiente ou pouco abundante.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Edificio destinado á oración dos fieis no Islam, aínda que naceu como lugar de reunión. A súa estrutura arquitectónica deriva da casa de Mahoma en Medina. Ten plano rectangular e consta dun patio porticado e a ceo aberto, sahn, en que se atopa a fonte das ablucións, mī Palatino;Palatino;mso-bidi- "Times New Roman" >ḋ a’, e dunha zona cuberta estruturada en naves transversais separada por columnas ou piares, o haram. Esta sala está pechada polo costado oposto á porta pola alquibla, parede en que se abre unha capela ou fornela, o mi Palatino;Palatino;mso-bidi- "Times New Roman" >ḥ rāb, diante do que se sitúa un palco elevado, a maq Palatino;Palatino;mso-bidi- "Times New Roman" >ṣ ūra, xunto ao que se atopa o púlpito ou minbar. Na época omeia engadiuse unha torre no patio, o alminar ou minarete. En Magreb e en Al-Andalus o haram pode presentar planta basilical. A mesquita...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Dramaturgo portugués. A súa obra sitúase nunha época intermedia entre o naturalismo e o neorromanticismo, aínda que cultivou desde o drama histórico, como en Os Castros (1898) e O sonho da India (1898), ata a crítica social baixo a influencia de Ibsen, como en O Regente (1898) e Almas doentes (1905).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Rama da psicoloxía que estuda, entre outros, os fenómenos de percepción extrasensorial, que consisten en procesos psíquicos que non se poden comprender a partir de procesos sensoriais ordinarios. Forman parte do seu obxecto de estudo fenómenos subxectivos, como a telepatía e a clarividencia, e obxectivos, como a telecinesia e o ectoplasma.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente á metapsíquica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Quentin Massys.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que ou quen se queixa continuamente por todo.

    2. Que ou quen emprega unha excesiva delicadeza nas palabras ou accións.

    3. Que ou quen fai demostracións de cariño demasiado afectadas.

    4. Que ou quen ten moito meco.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Edificio destinado á oración dos fieis no Islam, aínda que naceu como lugar de reunión. A súa estrutura arquitectónica deriva da casa de Mahoma en Medina. Ten plano rectangular e consta dun patio porticado e a ceo aberto, sahn, en que se atopa a fonte das ablucións, mī Palatino;Palatino;mso-bidi- "Times New Roman" >ḋ a’, e dunha zona cuberta estruturada en naves transversais separada por columnas ou piares, o haram. Esta sala está pechada polo costado oposto á porta pola alquibla, parede en que se abre unha capela ou fornela, o mi Palatino;Palatino;mso-bidi- "Times New Roman" >ḥ rāb, diante do que se sitúa un palco elevado, a maq Palatino;Palatino;mso-bidi- "Times New Roman" >ṣ ūra, xunto ao que se atopa o púlpito ou minbar. Na época omeia engadiuse unha torre no patio, o alminar ou minarete. En Magreb e en Al-Andalus o haram pode presentar planta basilical. A mesquita...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Liñaxe que trae por armas un escudo cuartelado: primeiro e cuarto cuarteis, de ouro, cheo; segundo e terceiro cuarteis, de azul, cheo; brochante sobre o todo un grifón de prata, ranversado. Outra variante leva, en campo de goles, cinco torres de prata, colocadas en aspa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello da Merca baixo a advocación de san Pedro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia baixo a advocación de san Martiño que dá nome ao concello da Mezquita, onde se atopa a capital municipal, no lugar homónimo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Concello da comarca de Viana, situano na provincia de Ourense no SL da Comunidade Autónoma de Galicia, situado a 42° 00’ 30’’ de latitude N e 7° 02’ 30’’ de lonxitude O. Limita ao N con Viana do Bolo (comarca de Viana) e coa provincia de Zamora, ao L coa provincia de Zamora, ao S con Portugal, e ao O coa Gudiña (comarca de Viana). Abrangue unha superficie de 104,3 km 2 , cunha poboación de 1.406 h (2007) distribuída nas parroquias de Cádavos, Castromil, Chaguazoso, A Esculqueira, Manzalvos, A Mezquita, O Pereiro, Santigoso e A Vilavella. A súa capital é a vila da Mezquita, na parroquia do mesmo nome, que dista 236 km de Santiago de Compostela e 124 km de Ourense. Está adscrito á diocese de Ourense, ao arciprestado da Gudiña, e ao partido xudicial de Verín.
    Xeografía física
    As terras da Mezquita están en plenas serras orientais, nos contrafortes da serra Segundeira, dominadas por materiais graníticos. O segundo elemento que caracteriza este territorio...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Parroquia do concello de Taboadela. baixo a advocación de San pedro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada na Mezquita. Ten planta rectangular alongada nun lateral e dous andares. Destaca a fachada datada en 1480, con baixo e dúas alturas. Consérvanse escudos que aluden os ; Sarmiento, ; Cadórniga, Losada e Ulloa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa situada na Mezquita. Este templo pode corresponderse coa antiga capela do pazo de San Martiño, pola existencia de dous escudos de armas que loce na fachada. Ten unha soa nave e no interior destaca o retablo neoclásico de X. A. Ferreiro. A fachada, tamén neoclásica, acolle a porta flanqueada por columnas acaroadas baixo tímpano. O campanario, austero nas formas, compón o terceiro corpo da fachada construído en cantaría.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa parroquial situada na Merca. Construíuse en 1210, pero hai noticia doutro templo anterior, baixo a mesma advocación, vinculado ao mosteiro de Celanova. O estilo é románico de transición ao gótico. Ten unha nave e planta lonxitudinal con contrafortes que sobresaen en planta, a ábsida é semicircular con arco triunfal apuntado sobre semicolumnas, e na fachada destaca a porta rematada polas arquivoltas lixeiramente apuntadas e o gran tímpano centrado por unha cruz latina. No segundo corpo ábrense dúas ventás superpostas e remátase nun piñón cun Agnus Dei. Ao lado dereito está acaroada unha torre. Destacan os canzorros nos beirados, os capiteis da portada principal e a decoración das portas laterais. Foi declarada Ben de Interese Cultural (1931).

    VER O DETALLE DO TERMO