"Bo" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 4083.

  • Que padece claustrofobia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ou quen padece cleptofobia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Composto formado por cloro, flúor e carbono. Hainos de diversos tipos, empregados en aerosois, neveiras, aparatos de aire acondicionado, etc. Estes gases son totalmente inertes na atmosfera, pero, por mor da súa menor densidade, ascenden ata a estratosfera e entran en contacto coa capa de ozono. Baixo a acción da luz ultravioleta, os CFC descompóñense liberando un átomo de cloro que se oxida formando un radical clorado (ClO), capaz de romper a molécula de ozono. Debido á súa acción degradante da capa de ozono, os países industrializados chegaron a un acordo o 1 de xaneiro de 1996 para eliminar totalmente o seu uso.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Club de baloncesto feminino fundado en Vigo no verán de 1997 por José Manuel Gómez Carballo. Accedeu directamente á Liga de División de Honra e antes de principiar a tempada 1997-1998 fusionouse co Club Baloncesto Vigo, que viñera participando na máxima categoría nos anos anteriores, e renunciou dese xeito á súa praza. Na tempada 1998-1999 acordou co Real Club Celta de Vigo levar o seu nome, pero mantendo a personalidade do club. Con esta denominación proclamouse campión da Liga nas edicións de 1998-1999 e 1999-2000 e da Copa da Raíña na 2000-2001. Participou na Liga Europea da campaña 1999-2000.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Club fundado en Monforte de Lemos en abril de 1923 a partir da fusión do Club Atlético e do Monforte Club de Fútbol. Viste uniforme completamente branco e foi no campo da estrada de Ourense onde disputou os seus partidos como local nos primeiros anos. Despois pasou ao campo de San Lázaro, que recibiu o nome de Luís Bodegas en homenaxe a un malogrado xogador monfortino. Dende a tempada 1999-2000 o Lemos xoga no estadio da Pinguela. Logo dunha brillante traxectoria, ao remate da tempada 1935-1936 acadou o ascenso á Segunda División da liga española, na que non puido participar ao seren suspendidas as competicións por mor da Guerra Civil (1936-1939). Rematada a guerra, o Lemos viuse na obriga de renunciar á súa praza na categoría por mor das precarias condicións económicas e deportivas nas que quedara, carente de xogadores e de instalacións axeitadas para afrontar o campionato. En 1943 reincorporouse ás competicións oficiais. En 1964 proclamouse Campión da Copa Galicia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Club de voleibol fundado en Vigo en 1969 no seo do Colegio El Pilar. En 1971 acadou o seu primeiro ascenso á División de Honor, categoría que disputou a tempada 1971-1972. Malia rematar clasificado novamente, tivo que renunciar a ela por carecer de cartos para afrontar a participación. En 1973 ascendeu de novo á División de Honor; sen embargo, aconteceu o mesmo que na anterior ocasión e, tras competir na tempada 1973-1974, viuse obrigado a renunciar. Pasado un ano acadou o terceiro ascenso e disputou a liga de División de Honor. Esta vez superou mellor as dificultades económicas e mantívose na categoría durante cinco tempadas consecutivas, ata a 1979-1980. Nesta época conseguiu un terceiro posto na Copa do Rei (1976) e varios dos seus xogadores foron convocados pola selección española (Emilio Vallina, José Miguel Fuentes, Camilo Rodríguez, Eduardo Fernández e Ricardo Collazo). Ademais o equipo feminino, creado en 1975, proclamouse campión da Copa da Raíña en 1977. Pasadas esas cinco campañas,...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Club de voleibol masculino vigués, xurdido no seo da Unión Recreativa de Empregados da Caixa de Aforros (URECA), que acadou o ascenso á Liga ACEVOL (División de Honra) en 1993. Logo de tres tempadas na máxima categoría española, fusionouse co Club Vigo Voleibol.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Antílope do xénero Kobus que se caracteriza por ser de constitución pesada e ter o macho uns cornos ben desenvolvidos, curvados cara a atrás, logo cara a arriba e no extremo cara a adiante, e fortemente anelados. Habita nas zonas de bosque centroafricanas, preto da auga ou en zonas palustres.

    2. Antílope de ata 109 cm de altura na cruz e 90 kg de peso, de pelame curto e lustroso, de cor, en xeral, que vai dende dourada brillante a parda escura, cunha mancha branca arredor dos ollos e con outra na gorxa e na parte superior do pescozo. Ten a parte inferior branca, cunhas manchas negras na parte dianteira das patas. Ao final do rabo ten unha borla negra. Vive en chairas inundadas de zonas de sabana dende as costas de Senegal ata a rexión de Sudán.

    3. Antílope de ata 135 cm de altura na cruz e 275 kg de peso, de pelame áspero, de cor, en xeral, que vai dende rubia a parda agrisada, cunha longa raia superciliar branca e, ás veces, cunha mancha branca na gorxa. Vive en zonas boscosas, en chairas inundadas e, incluso, en outeiros pedregosos de toda África tropical.

    4. Antílope de ata 95 cm de altura na cruz e 87 kg de peso, de pelame longo e mesto, de cor, en xeral, marrón moi escura, cunha gran mancha branca na cruz e con manchas tamén brancas diante e detrás dos ollos. Vive en pantanos e áreas asolagadas que atravesan o Nilo Branco, o Baḥr al-Gazāl e os seus afluentes.

    5. Antílope de ata 99 cm de altura na cruz e 128 kg de peso, de pelame longo e mesto, de cor, en xeral, que oscila dende acastañada dourada a negra, coa parte inferior branca e cunha leve raia branca enriba do ollo. Vive en pantanos e en terras asolagadas da área dos Grandes Lagos da África austral.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. ariante gráfica do apelido galego Covo.

    2. Liñaxe castelá, procedente das montañas de Burgos, que emprega tamén a forma Cobos. En Galicia asentouse no pazo de Oca. As súas armas levan, en campo de azul, cinco leóns rampantes de ouro, coroados dos mesmos e postos en aspa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Profesora de Socioloxía na Universidade da Coruña. Publicou Situación social de los viejos en España (1990), Las mujeres españolas: lo privado y lo público (1991), Democracia y patriarcado en Jean Jacques Rousseau (1993) e Fundamentos del patriarcado moderno. Jean Jacques Rousseau (1995).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Cronista das Indias. En Lima ingresou na Compañía de Xesús. Como misioneiro percorreu Potosí, Cochabamba, Ozcuro e México. Escribiu unha Historia del Nuevo Mundo (1653), na que incluía diversas observacións de interese científico sobre países de Centroamérica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor. Coñecido como Chema Cobo, foi un dos integrantes do grupo Nueva Figuración Madrileña e do Salón de los 16 do Museo de Arte Contemporáneo de Madrid (1981). Con obras como Chocolate caliente (1975) ou Las tres parcas (1981), consolidou a súa presenza nos circuítos internacionais. As súas creacións caracterizáronse por unha temática onírica, surrealista, que nos anos noventa tratou de recuperar a pintura narrativa na que introduciu a iconografía de personaxes históricos como Napoleón, Hitler ou Stalin, pero descontextualizados e cargados dunha mirada crítica. Publicou o libro Amnesia (1994), no que mesturou a concepción da escritura conceptual e a imaxe, achegándose ás ideas do surrealismo. Participou na Bienal de Pontevedra de 1983.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PRAIAS

    Praia do litoral oriental da Illa de Arousa, na parroquia e concello homónimos, situada ao S da punta do Furado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Linguaxe Común para os Negocios empregada para procesar datos empresariais, e que desenvolveron a principios da década dos sesenta do s XX varios fabricantes de ordenadores e o departamento de Defensa dos EE UU. As instrucións COBOL parécense a frases en inglés e a estrutura do programa require que se inclúa algo de documentación. Os programas son longos e conteñen moitas palabras, pero son fáciles de ler, escribir e comprobar; por isto xeneralizouse o seu uso, de maneira que programadores distintos aos autores podían realizar con certa facilidade correccións ou cambios.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ariante gráfica do apelido galego Cobo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Secretario de Carlos I. Membro da administración real desde os Reis Católicos, en 1517 foi nomeado secretario real por Chièvres e no 1518 encargouse da secretaría de Indias. Converteuse no principal administrador da Coroa de Castela en tempos de Carlos I. O rei concedeulle un dereito sobre a prata e o ouro extraídos das minas americanas, coñecido como o dereito de Cobos. En 1543 Carlos I nomeouno conselleiro do futuro Filipe II.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Coenzima das descarboxilases dos ácidos α-cetónicos, que cataliza a escisión dun 2-oxoácido a aldehido e dióxido de carbono. É a forma activa da vitamina B1, que normalmente se sintetiza no fígado a partir da cocarboxilase. Adminístrase por vía parenteral cando están alteradas as funcións hepáticas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Atleta. Especializado en carreiras de medio fondo, estableceu, ao longo da súa traxectoria deportiva, doce plusmarcas mundiais en catro distancias (800 m, 1.500 m, 1.000 m e a milla). Proclamouse campión olímpico dos 1.500 m nos Xogos de Moscova (1980) e Los Angeles (1984), feito que o converteu no primeiro atleta que conseguiu revalidar o título olímpico nesa distancia; ademais obtivo senllas medallas de prata nos 800 m neses mesmos campionatos. Foi tamén campión de Europa de 1.500 m e 800 m (Stuttgart, 1986), campión de Europa de 800 m en pista cuberta (Donostia, 1979), vencedor da Copa do Mundo en 1979 e 1981, e medalla de bronce e prata nos campionatos europeos de Praga (1978) e Atenas (1982), na proba dos 800 m. No verán de 1979 superou de xeito consecutivo as plusmarcas mundiais de 800 m (5 de xullo), da milla (17 de xullo) e dos 1.500 m (15 de agosto). Os técnicos da federación británica de atletismo non o convocaron para os Xogos Olímpicos de Seúl (1988), argumentando problemas...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de colaborar. Ex: A policía contou coa colaboración de moitos cidadáns.

    2. Traballo ou parte del realizado por un colaborador. Ex: As festas contaron coa colaboración do grupo musical.

    3. Escrito realizado por un colaborador nun xornal ou revista. Ex: Mandou unha colaboración para que lla publicasen en A Trabe de Ouro.

    4. Pequenas figuras humanas e de animais presentes nun cadro, que completan a composición. No s XVII os pintores flamengos empregaron axudantes para pintalas.

    VER O DETALLE DO TERMO