"bat" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 561.
-
PERSOEIRO
Poeta ruso. A súa poesía, liberal e renovadora, seguiu a tradición anacreóntica: Moi penaty (As miñas mágoas, 1814). Cultivou tamén a elexía histórica e evoluíu cara a unha poesía profundamente melancólica.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Enfrontamento militar da Guerra Civil española (1936-1939) que se enmarca dentro dos contraataques republicanos organizados para evitar o avance das tropas nacionais na fronte do Norte. O 24 de agosto de 1937, o exército republicano lanzou unha ofensiva en Aragón, que foi no aspecto estratéxico unha continuación da batalla de Brunete. A fronte de Aragón estabilizárase desde había un ano conformada por unha serie de puntos de resistencia, polo que o mando republicano considerou que era o lugar indicado para a ofensiva que tiña por obxectivo Zaragoza. O mando supremo estaba en mans do xeneral Pozas, xefe do exército do Leste, xunto co tenente coronel Antonio Cordón como xefe do Estado Maior e Virgilio Campos como comisario. As tropas mobilizadas foron o V Corpo do Exército, mandado por Modesto coas tres divisións de Líster, Campesino e Walter, a 27 División de Trueba, a 35 de Kleber e o XII Corpo do Exército de Sánchez Plaza. O exército republicano entrou en Zuera, abríndose a fronte entre...
-
PERSOEIRO
Arqueólogo. Estivo ao servizo do vicerrei de Exipto Mu ḥ ammad Alī. De acordo co cónsul inglés no Cairo dedicouse a recoller antigüidades exipcias que enviou a Europa, sobre todo a Gran Bretaña. Penetrou no interior da pirámide de Kefren, descubriu o templo de Abu Simbel e explorou o Val dos Reis.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Físico e matemático. Estableceu unha filosofía matemática da natureza fundamentada nas ideas de Arquímedes e atacou duramente a Física e a Cosmoloxía de Aristóteles. Estudiou a caída dos corpos. Foi seguidor de Copérnico e tivo influencia nos estudios de Galileo. O seu libro máis coñecido é Diversarum speculationum liber (Libro das especulacións diversas, 1585).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Pacto asinado no campamento de Biac-na-Bató, na illa de Luzón (Filipinas) no 1897, entre o capitán xeneral Fernando Primo de Rivera e o xefe dos independentistas filipinos Emilio Aguinaldo. En virtude deste acordo os insurrectos acataban a soberanía española, eran liberados algúns prisioneiros españois e concedíase unha amnistía xeral.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acción militar que tivo lugar en La Bicocca, localidade italiana da Lombardía, preto de Milán, onde os franceses e os suízos foron vencidos polas forzas imperiais de Carlos V, comandadas por Próspero Colonna e polo marqués de Pescara no 1522.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acción militar da Guerra de Sucesión á coroa de España que tivo lugar o 13 de agosto de 1704 entre as poboacións de Blindheim e Höchstädt (Baviera). As tropas francesas e bávaras foron derrotadas polas tropas inglesas e austríacas comandadas polo príncipe Uxio de Savoia e John Churchill, duque de Marlborough, quen foi recompensado co castelo de Woodstock (Oxford) que recibe o nome de Blenheim, forma inglesa da alemá Blindheim. A batalla coñécese tamén como a Segunda Batalla de Höchstädt.
-
PERSOEIRO
Impresor italiano. Foi director da Stamperia Reale de Parma (1768) e impresor real de Carlos III (1782). Escribiu o Manuale tipografico (Manual tipográfico, 1818), cunha colección de 291 caracteres tipográficos romanos e itálicos. Déuselle o seu nome a un tipo de letra.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Compositor e violoncelista. Traballou en Boloña ata 1691, trasladándose en 1692 a Roma onde compuxo obras escénicas como Il trionfo di Camila (O triunfo de Camila, 1696). Despois dunha estancia na corte de Viena, marchou a Londres como compositor na Royal Academy of Music, onde as súas óperas acadaron máis sona ca as de Haendel. Compuxo obras escénicas, pezas sacras e un gran número de cantatas.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Infante de España, conde de Barcelona e xefe da casa real española (1941-1977). Terceiro fillo varón de Afonso XIII e de Victoria Uxía de Battemberg, herdou os dereitos dinásticos da coroa española trala renuncia dos seus irmáns, Afonso e Xaime (1933). Ingresou na Escola naval de San Fernando en 1930 e trala proclamación da Segunda República marchou ao exilio e continuou os seus estudios na escola naval de Dartmouth (Inglaterra). Casou con María das Mercedes de Borbón Orleans (1935). Baixo o nome de Xoán López tratou de combater na Guerra Civil, pero as tropas franquistas impedírono. Converteuse en aspirante ao trono de España trala morte de Afonso XIII (1941). Estableceuse en Estoril en 1947. Oposto á lei de sucesión de Franco, accedeu a que o seu fillo, o príncipe Xoán Carlos estudiase en España. Trala proclamación do Rei Xoán Carlos I, mantivo o título de conde de Barcelona e renunciou aos seus dereitos sobre a coroa española o 14.5.1977. Á súa morte recibiu honores de Rei.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Feito de armas que tivo lugar en 1812 na localidade de Borodino, preto de Moscova, que acabou coa vitoria de Napoleón na súa campaña de Rusia (5-7 de setembro de 1812).
-
VER O DETALLE DO TERMO
Conflito que tivo lugar no ano 1485 en Bosworth Field (Condado de Leicester, Inglaterra), e que enfrontou a Ricardo III Plantagenet e Enrique Tudor, co que finalizou a guerra das Dúas Rosas. Enrique foi proclamado Rei co nome de Enrique VII, fundando así a dinastía Tudor.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acción militar acontecida preto de Bouvines (Flandres valón) o 27.7.1214 entre o exército de Filipe II Augusto de Francia e as tropas da coalición formada polo Rei de Inglaterra Xoán sen Terra, o Emperador Otón IV, os condes de Flandres e Boulogne e o duque de Brabante. Gracias á vitoria de Filipe II Augusto, Flandres recibiu unha forte influencia francesa, así mesmo Francia asegurouse a conquista de Normandía, Maine e Anjou, e obrigou a Otón IV a aceptar o triunfo do seu rival Federico II.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acción militar da Guerra da Independencia do vicerreinado de Nueva Granada acontecida o 8 de agosto de 1819. As tropas de Simón Bolívar derrotaron o exército real do xeneral Barreiro que se dirixía a Bogotá. Con esta vitoria, Bolívar asegurouse a independencia do vicerreinado.
-
PERSOEIRO
Pintor e gravador italiano. Coñecido polos seus gravados á augaforte Bizzarrie di varie figure (Extravagancias de varias figuras, 1624). Foi revalorizado polos surrealistas, xa que para compoñer as formas humanas utilizaba elementos xeométricos, mecánicos ou naturais.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Nome de dúas accións militares da Guerra dos Trinta Anos, tamén coñecidas como as Batallas de Leipzig. Tiveron lugar preto da localidade de Breitenfeld, en Saxonia (Leipzig), onde as forzas imperiais foron derrotadas. O 17 de septembro de 1631 as tropas de Tilly foron batidas polas de Gustavo Adolfo de Suecia, e o 2 de novembro de 1642 as forzas do xeneral Piccolomini foron vencidas polas do mariscal sueco Torstensson.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acción militar da Guerra de Sucesión á coroa española (1701-1714), celebrada en Brihuega o 9 de decembro de 1710, que supuxo un importante triunfo para a causa de Filipe V.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acción militar que tivo lugar entre o 5 e o 25 de xullo de 1937 durante a Guerra Civil levada a cabo ao redor da poboación de Brunete (Madrid). Os obxectivos das forzas republicanas eran a sublevación de Madrid e a distracción da ofensiva do norte. Estas forzas, dirixidas polo xeneral Miaja, contaron coa axuda das Brigadas Internacionais. Unha vez rota a fronte o 6 de xullo, Brunete foi ocupada pola división Líster. Refeitas as tropas do goberno de Burgos, coa axuda da lexión Cóndor recuperaron Brunete o 25 de xullo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acción militar da Segunda Guerra Mundial na que se enfrontaron alemáns e soviéticos entre o 1 e o 20 de outubro de 1941. As forzas alemanas fixeron prisioneiros a máis de 200.000 soldados soviéticos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Contenda que tivo lugar en Cacheiras (Teo) o 23 de abril de 1846 na que se enfrontaron as tropas sublevadas de Miguel de Solís co exército de José de la Concha. A batalla, iniciada nas abas de Montouto ás dez da mañá, non fora planificara, pois o día anterior Solís mudara de estratexia en tres ocasións (defenderse en Santiago de Compostela, dirixirse cara a Padrón ou marchar a Cacheiras) e Concha tiña previsto dirixirse a Vigo. Logo de percatarse da superioridade do exército de Concha, Solís, indeciso entre dirixirse a Padrón ou retirarse a Santiago de Compostela, decidiuse por esta última opción. A retirada foi unha masacre, a cidade foi tomada polas tropas de Concha; pola súa banda, Solís, cunha tropa partidaria de asinar un armisticio, resistiu no mosteiro de San Martiño Pinario mentres esperaba a chegada dos reforzos ao mando de Rubín. A tardanza destes e os continuos ataques do exército de Concha, provocaron unha rendición precipitada pasadas as sete do serán. De inmediato Solís foi...