"Sion" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 507.

    1. Acción e efecto de inverter ou inverterse.

    2. Cambio de sentido da corrente eléctrica.

    3. Transformación xeométrica do plano ou do espacio que, dado un punto O, denominado centro de inversión, e un número k, denominado potencia, fai corresponder a cada punto P outro punto P’, de maneira que O, P e P’ son aliñados, e os segmentos O--P  e  O--P’ completen a relación  O--P· O--P’= k. A inversión é unha transformación isogonal.

    4. Inferencia dunha proposición chamada inversa doutra chamada invertida, de maneira que o suxeito da primeira é o contrario da segunda. Só A e E dan inversos.

      1. Operación que afecta á disposición dun intervalo, elevando o son grave unha oitava ou baixando tamén unha oitava o son máis agudo.

      2. Disposición dun acorde en que non coincide a nota máis grave coa nota fundamental.

      1. Anomalía consistente no feito de que un ou máis órganos están no lado contrario ao que ocupan normalmente.

      2. inversión uterina

        Invaxinación do útero de maneira que a parte interna é convertida en externa polo descenso máis ou menos acusado do fondo do útero á cavidade uterina ou vaxinal.

    5. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción de rirse dunha persoa ou cousa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Área depresionaria da faixa de baixas presións subpolares do hemisferio boreal, centrada habitualmente entre os 50° e os 75° de latitude N sobre o Atlántico noroccidental, entre Groenlandia e Islandia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome co que se coñecen as reunións de carácter informal de músicos de jazz nas que estes interpretan e improvisan sobre temas diversos sen suxeitarse a unha programación previa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de plantas herbáceas anuais, bienais ou perennes, da familia das campanuláceas, de follas alternas, flores pequenas hermafroditas de cor azul, sésiles ou cun curto pedicelo, agrupadas en capítulos e froito en cápsula. En Galicia están presentes as especies J. montana, J. crispa e J. laevis.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Colectivo teatral creado en 1989 por Antón Lamapereira, Manuel F. Vieites e varios alumnos da Aula de Teatro da Escola de Maxisterio de Pontevedra. Entre os seus espectáculos destacan Tripi, Trapa e o pirata Malapata (1990), con dirección de Manuel F. Vieites, Lisquemos, Marqués, lisquemos (1991), con dirección de Antón Lamapereira, O ponche (1992), con dirección de Emilio Goyanes, O hobbit (1993), con dirección de João Luíz ou Narnia (1994), con dirección de Manuela Rodríguez Lorenzo. Posteriormente, a compañía centrou as súas actividades na realización de traballos de animación á lectura, de intervención escénica en diversas celebracións ou de promoción da tradición oral para, finalmente, potenciar a creación da editorial homónima.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Tendencia a caer ou desviarse cara a un lado durante a marcha, xeralmente a causa de lesións no cerebelo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Posición anómala do útero na que o corpo é desviado cara a unha das súas marxes laterais e o pescozo cara á outra.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Alteración dos caracteres anatómicos e histolóxicos dun órgano que se debe á influencia dunha causa morbosa. Non é unha causa da enfermidade, senón un efecto, e o seu estudo pertence á anatomía patolóxica.

    2. Prexuízo que experimenta unha das partes cando hai unha desigualdade nos seus obxectos ou prestacións.

    3. Delito ou falta que se comete por danos corporais producidos sen a intención de matar. O consentimento libremente que expresa o paciente exime de responsabilidade nos supostos de transplante de órganos, feitos de acordo co que dispón a lei, e de esterilizacións e cirurxía transexual.

    4. Alteración patolóxica dun tecido ou dun órgano vexetal.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Causar unha lesión a algo ou a alguén.

    2. Causar a alguén algún dano ou prexuízo.

    3. Sufrir alguén unha lesión.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Peche defectuoso das arcadas dentarias.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Construción de época romana colocada a intervalos máis ou menos regulares nas calzadas ou vías para servir de repouso e facilitar os relevos dos cabalos, correos, etc. Habitualmente marcaban a fin dunha etapa e poden ser a orixe dunha vila ou cidade.

    2. Casa moi grande e luxosa.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Aplícase ao eclesiástico que vivía en comunidade dentro do claustro.

    2. Funcionario militar romano encargado de preparar o aloxamento da tropa durante as campañas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Liberación dun escravo ou dun servo. Segundo o dereito clásico consistía, xuridicamante, na renuncia por parte do patrón (dominus) á potestade (manus) que tiña sobre o seu escravo. En Grecia rexistráronse formas de manumisións relixiosas, como a consagración dos escravos a unha divindade, e civís. En Roma, o dereito civil distinguía tres tipos de manumisión: a manumissio vindita, que constituía unha reivindicación da liberdade fronte a un maxistrado, a manumissio censu, que se acompañaba coa inscrición do escravo como cidadán nas listas censuais, e a manumissio testamento, que proclamaba a súa liberdade nun testamento.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Conxunto de depresións, instaladas sobre fosas tectónicas de dirección N-S, que se estende aproximadamente desde o concello de Carballo ata o de Tui ao longo de máis de 200 km. Ten a súa orixe na intensa fracturación que sufriu o relevo galego no Herciniano. Na parte máis setentrional, as redes fluviais seguen a dirección da fractura, mentres que os ríos Tambre e Umia a cortan perpendicularmente atravesando os seus diferentes chanzos. A importancia para o home radica na canalización natural das vías de comunicacións.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Obra que se encarga a unha persoa ou a un conxunto de persoas para que a cumpran.

      2. Función ou obra que realiza unha persoa ou cousa.

    1. Conxunto das persoas que son enviadas a algún lugar para realizar unha tarefa cunha finalidade concreta.

      1. Envío de sacerdotes e misioneiros, xeralmente a novas terras, para propagar unha doutrina relixiosa. É un fenómeno propio de todas as relixións universalistas, apréciase no budismo, no islamismo, no mazdeísmo, e nalgunhas escolas do hinduísmo nos tempos modernos, e dáse sobre todo do cristianismo. Evanxelizada entre os anos 43 e 49, Roma converteuse pola súa condición de capital do Imperio nun centro importante de organización xerárquica das misións. Durante o s IV, co establecemento constantiniano da fe cristiá como relixión imperial, fíxose posible a manifestación do afán universalista desta fe. A primeira comunidade cristiá exterior ao Imperio foi a dos sirios orientais da Mesopotamia sasánida. India recibiu o Evanxeo antes do s VII, no ámbito da mesma Igrexa Sirio-oriental. Ao N de Mesopotamia formáronse tamén, no s III ou IV, as igrexas de Armenia e Xeorxia, e ao tempo foron evanxelizados Etiopia e os godos, que, xunto con aquelas igrexas, se separaron de Roma e tiveron unha...

      2. Acción creadora e histórico-salvífica da segunda e da terceira persoa da Trindade chamada así na doutrina trinitaria, no sentido de que o Pai envía ao Fillo e ao Espírito Santo coa palabra de Deus e como principio de vida nova para os homes.

      3. Edificio ou residencia que serve de sede ou centro das actividades propias dos misioneiros e sacerdotes.

      4. santa misión

        Serie continuada de prédicas, leccións doutrinais e exercicios piadosos que fan durante algúns días nunha parroquia ou localidade un ou varios sacerdotes chamados misioneiros. A pesar de que o nome e a práctica son moi antigos, as misións non se institucionalizaron ata a primeira metade do s XIX. Un dos seus principais predicadores foi santo Antón María Claret, que fundou a Congregación de Misioneiros Fillos do Inmaculado Corazón de María, ou misionistas.

      1. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Revista publicada en Ourense a partir do 16 de febreiro de 1937. Cesou en 1938, para editarse en Pamplona e logo en Madrid (1942-1947), xa como semanario. Fundada por Ricardo Outeiriño e dirixida por Manuel González Cerezales, subtitulouse “Revista quincenal de la parroquia y la escuela” e, na súa etapa en Madrid, “Semanario del Hogar”. De carácter cultural e relixioso, incluíu artigos de apoio ao réxime franquista, poemas líricos e relixiosos, e información sobre o ensino. Dos seus colaboradores destacan Vicente Risco, R. Otero Pedrayo e F. López Cuevillas. Incluíu numerosos suplementos, moitos deles reedicións de obras do Século de Ouro español, encíclicas papais e críticas literarias e artísticas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Centro de investigación fundado en 1921 pola Junta para Ampliación de Estudos para realizar investigacións relacionadas cos problemas da agricultura galega. Inicialmente estaba situado en Santiago de Compostela, nun local cedido pola Escola de Veterinaria, o seu primer director foi Cruz Gallástegui, pero posteriormente, en 1927, instalouse en Pontevedra. En 1939 integrouse no CSIC. Foi creado para realizar investigacións sobre a agricultura galega, posteriormente centrou as súas investigacións na mellora xenética de cultivos de zonas húmidas (millo, fabáceas e brasicáceas, fundamentalmente). Os seus obxectivos principais son atopar novas variedades que sexan menos agresivas co ambiente, para o que se estuda a diversidade xenética de especies cultivadas (prospección de recursos, conservación e propagación, entre outras), e selecciónase e mellórase as especies cultivadas (resistencia a pragas, enfermidades, e outras condicións de estrés ou novos usos de variedades).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente ás misións ou aos misioneiros.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Relativo ou pertencente á misión ou ás misións.

      2. Persoa dedicada á evanxelización dun país de maioría non cristiá, onde non está establecida a xerarquía indíxena.

    1. Predicador dunha misión popular.

    2. Persoa que propaga unha relixión ou unha ideoloxía.

    VER O DETALLE DO TERMO