"xia" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 855.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Ciencia que estudia as etnias, pobos e culturas baseándose nos datos proporcionados pola etnografía, para establecer as leis que determinan a conduta, as realizacións e a evolución dun grupo humano ou dunha área cultural. A terminoloxía anglosaxona emprega o termo de antropoloxía cultural. Desenvolveuse como ciencia no s XIX ao separarse da antropoloxía biolóxica, da xeografía humana, da prehistoria e da socioloxía. Non obstante , ten precedentes na obra dalgúns dos xeógrafos gregos da Antigüidade e sobre todo dos mariños e viaxeiros do s XVI. Entre os viaxeiros españois ás Indias, o primeiro que estableceu un método para a recollida dos datos étnicos, culturais, tecnolóxicos e relixiosos foi Bernardino de Sahagún. No s XX desenvolvéronse varias escolas, entre as que hai que destacar, a sociolóxica, baseada no estudo dos grupos humanos e as súas relacións internas; a funcionalista, que estudia as relacións entre cultura e home; a histórico-culturalista,...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Rama da socioloxía que estudia cómo a xente organiza e entende as actividades da vida diaria. Estudia as relacións entre as persoas e cómo ten lugar a interacción social. Esta disciplina tense ocupado de aspectos como as relacións entre nenos e adultos, as conversas telefónicas ou as quendas de fala na conversación. Aínda que a linguaxe e as linguas non foron os seus principais focos de interese, as súas observacións sobre cómo se usa a linguaxe nas actividades cotiás foi obxecto de estudo de lingüistas e de sociolingüistas. A corrente orixinouse entre finais da década de 1960 e comezos dos anos 70 na socioloxía norteamericana e contribuíu ao desenvolvemento da análise da conversación na lingüística. Propúxose substituír as técnicas cuantitativas e dedutivas da investigación sociolóxica previa, que destacaba cuestións xerais da estrutura social, por medio de métodos que usaban as persoas mentres estas participaban en interaccións lingüísticas e sociais. A etnometodoloxía destaca de qué...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Rama da musicoloxía que estudia a música primitiva e tradicional de todo o mundo e a música culta das civilizacións non europeas. Apareceu a mediados do s XIX e ao seu xurdimento contribuíron, por unha banda, os contactos coas culturas exóticas a consecuencia da expansión europea e, por outra, o interese polo folclore das nacións e pobos europeos característicos do romanticismo. Nun principio, os seus cultivadores proviñan de campos moi diversos e, de feito, conservaba un carácter multidisciplinario. Entre os seus pioneiros destaca a escola alemana, centrada na recollida de pezas exóticas e a súa transcrición na notación europea. No s XX sobresaíron especialmente as investigacións de B. Bartók e Z. Kodály sobre a música popular húngara e, nos anos cincuenta, a escola americana, moi influída pola antropoloxía, que tivo un especial interese no proceso de recollida de datos. A aplicación e o perfeccionamento dos medios de gravación foi tamén un factor básico no seu progreso.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Rama da psicoloxía social que estudia a interacción psicolóxica que se produce polo contacto entre as distintas culturas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Rama da bioloxía que estudia o comportamento dos animais, baixo as condicións do hábitat natural, e os mecanismos que o determinan. A etoloxía, desenvolvida sobre todo no s XX, fundaméntase sobre outras ramas da bioloxía, como a bioquímica, a xenética, a ecoloxía ou a zooloxía. Dende os gregos había diversas observacións e descricións de tipo anecdótico da vida dos animais e dos seus costumes, pero foron as consecuencias das teorías evolucionistas de Ch. R. Darwin as que posibilitaron o nacemento dunha etioloxía con rigor científico, que tivo como máximos representantes a K. Lorenz, K. von Frisch e N. Tinbergen. A etioloxía moderna explica o comportamento como a serie de accións que modifican en cada momento preciso a relación existente entre un organismo e o medio que o envolve. É, xa que logo, un concepto dinámico que inclúe a facultade de adaptación ao medio externo. A modificación adaptativa do animal como un todo ten lugar a través dunha pauta de conduta. Ao clasificar o comportamento...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Ciencia que estudia a civilización etrusca. O interese polas antigüidades etruscas, que xa existía na época romana, reapareceu no Renacemento e o traballo de Thomas Dempster De Etruria Regali Libri Septem, escrito entre 1616 e 1619, marcou o comezo dos estudios modernos. No 1726 creouse a Accademia Etrusca de Cortona e na segunda metade do s XIX realizáronse os primeiros estudios científicos e comezaron as escavacións en Chiusi, Certona, Villanova e Tarquinia. No 1927 creouse en Florencia o Instituto di Studi Etruschi.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Antropónimo de orixe grega Eulogios, que inicialmente tiña o significado de ‘que fala ben’ ou ‘de quen se fala ben’. Entre os cristiáns, sen embargo, o grego ε ὐ λογέω ‘falar ben, gabar’ traduciu o hebreo barak ‘bendicir’ e Eulogios colleu o significado de ‘bendito’. Presenta o hipocorístico Locho. Destaca con este nome santo Euloxio de Córdoba (800-859?); Euloxio e Augurio, diáconos de san Froitoso, son dos santos máis antigos no culto hispánico (s VI). A súa festividade celébrase o 9 de xaneiro, pero antes da reforma litúrxica establecida polo Concilio Vaticano II (1969) celebrábase o 11 de marzo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aplícase aos fentos que teñen os esporanxios coa parede constituída por máis dun estrato de células.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Fenómeno que aparece nos cambios de fase dalgúns sistemas binarios nos que, para unha ou máis proporcións determinadas dos compoñentes, o sistema se comporta como un elemento puro na solidificación, é dicir, produce un único composto sólido. OBS: A grafía <x> representa o son [ks].
-
VER O DETALLE DO TERMO
Ciencia que estudia o Antigo Exipto. Ten como obxectivo o descubrimento dos materiais desta civilización e o seu estudo e publicación (arqueoloxía); a análise, edición e tradución dos textos (filoloxía); a síntese histórica dos coñecementos obtidos (historia) e a conservación dos materiais, in situ ou en establecementos adecuados (museoloxía). Naceu a finais do s XVIII e contou dende os seus inicios coa dificultade de penetrar no val do Nilo, protexido polos musulmáns, e co descoñecemento da escritura exipcia. A expedición de Napoleón de 1798 abriu o camiño ás investigacións e permitiu a creación de coleccións nos museos europeos. Os estudiosos que acompañaron a Napoleón recolleron as súas investigacións en La description de l’Égypte. Pódense establecer distintas etapas no estudo do mundo exipcio; a primeira estendeuse entre 1822 e 1858. Un dos primeiros estudiosos do mundo exipcio foi John Gardner Wilkinson (1797-1875), quen comezou en 1821 as escavacións de Tebas e escribiu...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Ciencia que investiga a posible existencia de vida extraterrestre. Presenta diversos aspectos principais. Primeiramente, investiga as condicións físicas e químicas que foron esenciais para o nacemento da vida sobre a Terra e aquelas que despois non presidiron a evolución e a complexificación ulteriores. Desta maneira, inténtase establecer cáles son as condicións ambientais mínimas para que a vida poida establecerse e desenvolverse. Estes coñecementos permiten determinar os posibles enclaves exteriores á Terra capaces de dar soporte á evolución da vida, para dirixir cara a eles ulteriores investigacións de tipo observacional (a fórmula de Drake, que determina o número de civilizacións tecnolóxicas e comunicativas plausiblemente presentes na Galaxia). Esta última é un segundo aspecto da exobioloxía, que tivo coas sondas planetarias un gran desenvolvemento. Un terceiro aspecto da exobioloxía, que ata o momento só tivo unha realización concreta, é experimental. Esta única experimentación realizouse...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Grupo formado en Catoira en 1970, integrado por Xosé V. Ferreirós e Nando Casal (gaitas), Moncho García (tambor) e Serafín V. Lorenzo (bombo). Comezou a desenvolver o seu labor tocando en festas e romarías da bisbarra. Participaron en numerosos concursos de gaitas, e foron galardoados nos máis deles, como Lugo, Ponteareas, Pontevedra, Sarria, etc. No ano 1974 principiaron un importante labor de divulgación da música tradicional de gaitas e realizaron concertos comentados por asociacións culturais de toda Galicia. Dende a súa fundación, seguiu moi de preto o traballo dos vellos gaiteiros cos que compartiron escenario e dos músicos tradicionais, como os Areeiras, os Campaneiros, os Rosales, os Irmáns Garceiras ou Ricardo Portela. No ano 1978 gravaron In Memoriam, disco dedicado aos Gaiteiros de Soutelo. Nese mesmo ano, tres dos seus membros formaron xunto con músicos doutras procedencias ao grupo Milladoiro.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Cardiopatía conxénita que se caracteriza por unha estenose da arteria pulmonar, unha hipertrofia do ventrículo dereito, como consecuencia desta estenose, unha comunicación interventricular, que se debe a un defecto da parte alta do tabique, e unha dilatación e unha desviación da aorta cara á dereita.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Cardiopatía conxénita moi rara, constituída por unha estenose da arteria pulmonar, unha hipertrofia do ventrículo dereito e unha comunicación interauricular.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Ciencia que estudia as propiedades das drogas e os seus efectos sobre os organismos vivos. Estudia todas aquelas substancias que modifican as estruturas e as funcións da materia viva a todos os niveis de organización. A farmacoloxía pódese dividir en dúas ramas, a cualitativa e a cuantitativa. A farmacoloxía cualitativa ten como obxecto descubrir a acción e as propiedades das drogas sobre as estruturas, células, órganos, organismos, aparatos, etc. A busca destas actividades, mediante tests específicos, denomínase screening. A farmacoloxía cuantitativa establece a relación efecto-dose. As substancias farmacolóxicas teñen que experimentarse antes de chegar aos medicamentos que se empregan na curación das enfermidades humanas, dos animais ou dos vexetais, e este é o campo da farmacoloxía clínica, que se refire aos efectos das drogas que se empregan como tratamento de enfermidades, de cómo actúan, cáles son os mecanismos de acción, o metabolismo, a toxicidade, as indicacións terapéuticas...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aplícase á árbore que ten as pólas en forma de fastixio.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Parte da ecoloxía que estudia as relacións entre os factores climáticos e as manifestacións estacionais ou periódicas dos organismos (xemación, floración, frutificación, caída de follas, migracións de aves, hibernación de mamíferos, etc).
-
VER O DETALLE DO TERMO
Corrente filosófica que estudia os fenómenos e que mantén que o obxecto da filosofía é a captación intelectual das esencias das cousas. Considera a realidade como algo esencialmente relativo ou subxectivo, a diferenza dos positivistas ou da filosofía científica. Xurdiu como unha teoría do coñecemento pero derivou co paso do tempo cara a unha forma de idealismo. O primeiro en falar da fenomenoloxía do espírito, como a metamorfose da propia conciencia en itinerario cara ao saber absoluto, foi G. W. F. Hegel. Mais, foi coa obra de E. Husserl cando se desenvolveu como a ciencia que leva a cabo unha volta ou retorno ás cousas mesmas. M. Merleau-Ponty describiu a filosofía fenomenolóxica ou existencial como unha tarefa, non para explicar o mundo, senón para formular unha experiencia do mundo que preceda a todo pensamento sobre el. Trala Segunda Guerra Mundial converteuse nunha corrente filosófica de grande importancia e foi cultivada, entre outros filósofos existencialistas, por M. Heidegger...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Éter sólido que se obtén por reacción do fenol co ácido monocloroacético, que se emprega en síntese orgánica e como funxicida.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Parte da botánica que estudia as algas. O estudo das algas divídese en tres especialidades diferentes, o das algas continentais, tanto de auga doce como salobre, o das algas mariñas macroscópicas e o do fitoplancto mariño. O estudo das algas mariñas macroscópicas arranca da obra do francés J. Lamoroux e, sobre todo, da do sueco K. A. Agardh. O estudo do plancto mariño parte da obra de Ch. G. Ehrenberg. O das algas de auga doce comeza coa obra de J. P. E. Vaucher e de J. B. Bory de Saint-Vicent, e chegou á madurez coa obra de F. T. Kützing. As bases da taxonomía moderna expuxéronas G. L. Rabenhorst e, sobre todo, A. Pascher.