"ABI" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 731.
-
-
Que estabiliza.
-
-
Cada un dos conxuntos de superficies fixas ou móbiles, situadas xeralmente na parte posterior da fuselaxe dunha aeronave, que serve para o control da estabilidade e para dirixir a aeronave.
-
Elemento horizontal da cola dunha aeronave.
-
-
Dispositivo ou conxunto de dispositivos que se colocan nos automóbiles para aumentar a súa estabilidade. Os estabilizadores poden ter unha acción mecánica, como os amortecedores ou as barras de torsión, ou aerodinámica, como os aleróns.
-
Aditivo que se engade a unha solución que a fai quimicamente estable.
-
Aditivo alimentario que mantén a textura e o aspecto do produto, xa que teñen unha acción espesante, antiendurecedora, escumante, antiescumante, emulxente, humectante, etc. Nun sentido máis restrinxido, denomínase así a substancia capaz de estabilizar suspensións e emulsións. Con esta finalidade empréganse gomas, alxinatos, carraxenatos, pectinas, fosfatos e polifosfatos, celulosas, mono e diglicéridos de ácidos graxos, manitol, sorbitol e outros.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que ou o que estabiliza.
-
-
Facer estable unha cousa.
-
Dar estabilidade a algo.
-
Facerse estable algo.
-
-
-
Relativo ou pertencente ao estrabismo.
-
Que ou quen padece estrabismo.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Afección da vista en que os eixes visuais non son paralelos na posición primaria da mirada ou en que un ollo non pode seguir ao outro nos seus movementos. Pode ser paralítica, a causa da parálise dun ou máis músculos oculares, e concomitante ou funcional, pola falta de coordinación dos movementos dos dous ollos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Calidade de excitable.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Antiga familia aristocrática romana que afirmaba descender de Hércules e que ocupou as principais maxistraturas dende o comezo da República. Segundo unha tradición, dirixiron a guerra contra Veies (479 a C-477 a C) e na Batalla de Cremena morreron todos os seus membros agás Quinto Fabio Vibulano (?-450 a C), demasiado novo para participar na guerra e continuador da familia.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Asociación socialista británica constituída en Londres en 1883, inspirada nos métodos de conciliación do cónsul romano Quinto Fabio Máximo Verrugoso. Dirixida por Edward Pease, o núcleo inicial compoñíase de escritores (Bernard Shaw, H.G. Wells) e economistas (Sidney e Beatrice Webb). Os fabianos contribuíron á creación do comité para a representación do traballo, integrado no Labour Party desde 1906. Ocupouse da difusión do socialismo, defendeu a nacionalización da industria e tivo influencia sobre os políticos laboristas e os dirixentes das trade unions.
-
PERSOEIRO
Papa (236-250). Organizou Roma e dividiuna en sete rexións ou diaconías administradas por diáconos. Morreu martirizado en Roma durante a persecución de Decio. Na iconografía viste capa e tiara pontificais, e leva como atributos un bordón con cruz de dous traveseiros e a palma do martirio, amais dun angazo con dentes de ferro (símbolo do seu martirio). A súa festividade celébrase o 20 de xaneiro.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Antropónimo que procede do xentilicio latino Fabianus ‘da familia de Fabio’. A forma feminina correspondente é Fabiana. San Fabián (?-250), papa e mártir, celébrase o 20 de xaneiro.
-
PERSOEIRO
Arquitecto e urbanista esloveno. Estudiou en Ljubljana e en Viena na Spezialschule de O. Wagner, do que foi asistente (1894-1896) e co que colaborou no libro Moderne Architektur (Arquitectura moderna, 1895). Das súas obras sobresaen as casas Ries (1898), Portos & Fix (1899) e Artaria (1900) en Viena. Reconstruíu Ljubljana tralo terremoto de 1895 e participou no plano regulador de Venecia (1952).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Movemento socialista creado ao redor da Fabian Society.
-
-
Relativo ou pertencente ao fabianismo.
-
Membro ou partidario do fabianismo.
-
-
PERSOEIRO
Escritor e político. Foi redactor do diario conservador El Contemporáneo (1861), membro con cargos do partido moderado e correspondente do Diario de Barcelona (1865-1890). Escribiu obras filosófico-históricas e Mi gestión ministerial respecto a Cuba (1898).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Xeneral e político romano. Cónsul no 360 a C e no 356 a C, foi derrotado na Primeira Guerra Etrusca (359 a C-351 a C). Elixido de novo cónsul no 354 a C, conseguiu o triunfo sobre os hérnicos, os faliscos, os tarquinios e os tiburcios. Ditador no 351 a C, opúxose á elección dos plebeos para o consulado.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Xeneral e político romano. Elixido cónsul no 245 a C, foi nomeado ditador no 216 a C coa misión de cubrir as vacantes que se produciran entre os senadores despois da derrota de Cannas. Introduciu no Senado os maxistrados curuis, os edís e os tribunos da plebe.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Xeneral e político romano, fillo de Fabio Máximo Verrugoso. Participou na Batalla de Cannas como tribuno. Elixido cónsul no 213 a C, recuperou Arpi das mans de Aníbal. No 203 a C foi nomeado augur.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político e xeneral romano. Foi cónsul no 322 a C durante a Guerra Samnita, na que conseguiu unha importante vitoria. Ditador no 315 a C, durante o seu segundo consulado (310 a C) derrotou os tarquinios e os etruscos co apoio dos umbros. Exerceu de novo o consulado (308 a C) e preocupouse pola restauración das tradicións sociais da antiga Roma (304 a C). No seu derradeiro consulado (295 a C) derrotou en Sentinum os samnitas, os etruscos e os galos.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Xeneral e político romano. Cónsul no 142 a C, enfrontouse con Viriato durante o seu proconsulado e foi derrotado na Lusitania (140 a C). Tivo que aceptar as condicións de paz impostas por Viriato e recoñeceu a súa independencia e os límites do seu territorio.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Xeneral e político romano. Coñecido como Cunctator, durante o seu primeiro consulado (233 a C) venceu os ligures. Volveu ao consulado no 226 a C. Durante a Segunda Guerra Púnica, foi nomeado ditador despois da derrota en Trasimeno (217 a C) e comezou unha campaña de desgaste contra os cartaxineses. Cónsul de novo no 215 a C e no 214 a C, enfrontouse cos cartaxineses, reconquistou Tarento e castigou o apoio dos seus habitantes aos cartaxineses. Despois do seu quinto consulado (209 a C) opúxose ao proxecto de Escipión Africano de atacar as bases de Aníbal en África.
VER O DETALLE DO TERMO