"Bra" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 1231.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Familia nobre siciliana, fundada no ano 1325 por Stefano Branciforte , primeiro barón de Mazzarino. Foi dividida en moitas ramas que se foron extinguindo unhas dentro doutras por mor dos matrimonios. Da man dos duques de San Giovanni, pasou aos Montcada no ano 1686. O derradeiro membro da familia foi Stefania Branciforte , morta en 1843.
-
-
Que ten unha cor igual ou moi aproximada á do leite, da neve recente, do sal común, etc.
-
De cor clara, por contraste con outras cousas do mesmo tipo, de cor máis escura.
-
Que carece de cor.
-
Que deixa ver con claridade o que hai detrás.
-
Dise da raza europea e caucásica en relación ás demais, caracterizada pola cor clara da súa pel.
-
Cor branca.
-
Parte branca dalgúns obxectos.
-
Espacio libre dun libro ou plana de papel na que non hai escrito nada.
-
Punto ao que se intenta dirixir un proxectil.
-
Punto central dunha diana.
-
...
-
-
PUNTA
Punta da costa de Tunisia, no Mar Mediterráneo. Situado ao O do golfo de Bizerta, a 37° 20’ de latitude N, constitúe o punto máis setentrional do continente africano.
VER O DETALLE DO TERMO -
PUNTA
Punta da costa atlántica de Mauritania, situado ao N da baía de Lévrier.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
[ruso: Beloje
-
MONTES
Monte que serve de límite entre as parroquias (e os seus respectivos concellos) de Cereixido (Quiroga), Cernego (Vilamartín de Valdeorras) e San Xulián (A Rúa). O seu cumio acada os 1.128 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
RIOS
Río da Amazônia, afluente pola esquerda do Río Negro, no estado de Roraima, no N de Brasil. É de réxime pluvial; na estación das chuvias desbórdase e únese coa conca do río Rupumuni. Está formado por dous ríos: o Uraricuera e o Tacutu, que conflúen antes de Boa Vista, desde onde seguen en dirección N-S. Augas abaixo, antes de chegar a Caracaraí, desde onde é navegable, recibe pola dereita o Macajaí. Desemboca no Río Negro pouco antes de Moura, logo dun percorrido de 750 km.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Notario de Betanzos. Foi un dos líderes máis importantes nas guerras irmandiñas. No ano 1465, como procurador de Betanzos, viaxou a Salamanca para solicitar o permiso real para constituír a Irmandade. En 1468 asinou o documento da xunta irmandiña de Lugo en favor de vasalos e monxes de San Salvador de Pedroso.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
beluga.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Calidade do que é branco.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Personaxe da mitoloxía grega, fillo do heroe Esmicre. Foi amante de Apolo, quen lle concedeu o don da adiviñación. Ambos fundaron un famoso oráculo en Didim, preto de Mileto.
-
-
Calidade de branco.
-
Roupa interior e roupa branca como sabas, manteis e camisas.
-
-
PERSOEIRO
Escultor de orixe romanesa. Pertenceu á escola de París. Logo dun período de iniciación en Bucarest (1887) e París (1906), liberouse de todo tipo de academicismo grazas á influencia de Auguste Rodin quen o invitou a traballar con el en 1906. Decidiu seguir traballando sobre unha liña estética relacionada co Cubismo e coa obra de Amadeo Modigliani, influída polas concepcións relixiosas budistas. Consistía nunha vontade de concisión e redución dos volumes a tipos esenciais e arquetípicos que eran expresados en series modulares dunha gran forza expresiva. A súa obra relaciónase pola súa elementalidade e primitivismo coa arte africana e as culturas primitivas. A partir de 1906 comezou a participar en exposicións. Entre as súas obras destacan Prometeo (1911), O bico (1908), Columna sen fin (1933) e O espírito de Buda (1933). En 1956 realizáronse exposicións retrospectivas da súa obra no Guggenheim Museum de Nova York e no Museum of Art de Philadelphia.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Forma clásica na cociña francesa de preparar o bacallau que consiste en ligar o peixe, posto previamente en remollo con allos, con aceite de oliva para conseguir unha pasta á que se lle engade leite.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Liñaxe orixinaria de Ribadeo. As súas armas levan, en campo de azul, sobre ondas de azul e prata, un barco de vela cun cabo groso.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Prenome masculino procedente do celta Brenainn, nome dun santo irlandés do s VI, latinizado baixo as formas Brendanus e Brandanus. Como antropónimo presenta a variante Barandán. San Brandán é un heroe fabuloso de aventuras marítimas, compiladas no s X baixo o título de Navigatio Sancti Brendani. Na mitoloxía popular galega Brandán vén a ser un descendente dos fillos de Breogán que poboaran Eirín. Precursor de Cristovo Colón, embarcou dende Irlanda con catorce monxes para ir predicar ás terras do oeste. No medio da travesía, levantouse unha violenta tempestade que non amainou ata o día de Pascua e que deixou o navío desfeito, sen mastros nin velame. De súpeto, os navegantes arribaron nunha curiosa illa sen árbores e sen pedras. Brandán púxose a celebrar unha misa e a illa tremou; foi daquela cando se decataron de que o que pisaban, era realmente unha xigantesca balea durmida. O santo bispo pregou a Deus para que mantivese a flote aquel monstro...
-
GALICIA
Escritor. Precursor da literatura do absurdo, que promoveu fundamentalmente coas novelas A farsa (1903), Os pobres (1906), Humus (1917) e O pobre de pedir (1931). Tamén escribiu teatro de vangarda.
VER O DETALLE DO TERMO -
PARROQUIA
Parroquia do concello da Vila de Cruces baixo a advocación de san Miguel.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Apelido que ten a súa orixe no topónimo galego do mesmo nome. Este é un antropotopónimo que remite ao xenitivo do nome persoal latinizado de orixe xermánica brandericus, composto pola raíz *brand(a) ‘espada’ e a terminación -ricus, formada a partir do xermánico *rikaz ‘poderoso’.
-
Antiga liñaxe de orixe xermánica, que fundou casa en Ortigueira. As súas armas levan, en campo de azul, un monte de sinople con dúas fogueiras.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Mosteiro que estivo situado en Vila de Cruces. As primeiras fontes documentais datan do 1087 cando a infanta dona Elvira, filla de Fernando I, doou á igrexa de Santiago a metade deste cenobio. Afonso VI, o seu irmán, completou a doazón no ano 1100. A Historia Compostellana cítao como unha das adquisicións feitas pola Igrexa de Santiago. O Papa Pascual II contou con este mosteiro entre as súas posesións na sé compostelá.