"Galicia" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 405.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Centro creado polo decreto 268/2000 de 2 de novembro a proposta da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia. Con esta iniciativa retomouse a idea do Museo Pedagógico Regional creado en 1926. A súa finalidade é promover e desenvolver a recuperación, salvagarda, estudo, mostra e difusión do legado pedagóxico de Galicia, con especial atención ás realizacións educativas en lingua galega e ás referentes ao ensino da lingua e da cultura galegas. Entre as súas funcións están a de programar e realizar exposicións relacionadas cos distintos ámbitos educativos e a de colaborar na formación e actualización dos profesionais da educación.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xornal publicado en Lugo a partir de 1901. Dirixido por Xoán Manuel Pardo, tratouse dun xornal político e de información que incluíu notas locais. Editouse nos obradoiros tipográficos do propio xornal, dirixidos polo irmán do director, Antonio Pardo. En 1915 estaba na súa segunda época.
-
PUBLICACIÓNS
Publicación editada en Bos Aires a partir de 1915. Subtitulado “Quincenario gráfico y de novedades de la Región”, estivo dirixido por Fortunato Cruces. De carácter informativo, recolleu noticias de Galicia e artigos tomados da prensa galega. Saíu ao mesmo tempo que Nova Galicia. Incluíu colaboracións literarias de Vitoriano Taibo e F. Cano Rivas.
VER O DETALLE DO TERMO -
SEMANARIOS
Semanario publicado en Bos Aires a partir do 6 de outubro de 1901. Editouse baixo os subtítulos “Decano de la prensa gallega y el más popular de América” e “Periódico Semanal de los Gallegos”, entre outros. Fundado e dirixido por Fortunato Cruces, realzou a cultura galega a través de artigos sobre a lingua, literatura, costumes, historia e música galegas e tamén tratou novas da actualidade de Galicia.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Revista que se publicou en Bagnolet, preto de París, a partir de outubro de 1966. Subtitulada “Revista de cultura y política” e “Revista cultural e política”, funcionou como órgano de expresión do Partido Comunista de Galicia. Como directores da publicación figuraron Isaac François e M. Albert Coninck, nomes fiticios de Santiago Álvarez. Recolleu numerosas colaboracións de escritores galegos aínda que todos eles baixo pseudónimo, como Alonso Montero, Francisco Añón, Neira Vilas ou Celso E. Ferreiro. A súa distribución efectuouse en España, en Francia, en Bélxica, en Suíza, na República Federal Alemana, en Inglaterra, na URSS e en diversos países americanos. Legalizado o partido, a editorial Akal editou a revista como publicación da organización política, cun primeiro volume que saíu en 1977.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Editorial que se creou en Vigo en 1984 co obxectivo de espallar a cultura galega. Dirixida por Carlos del Pulgar, dedícase á publicación de libros de arte en todas as súas manifestacións, así como á recuperación de documentos históricos sobre Galicia para a súa edición facsimilar. En 1997 iniciou o proxecto Artistas Galegos, unha colección de 27 volumes onde se recollen as obras e os artistas máis importantes do ámbito galego. Desde 2000 realiza as edicións en galego e portugués da colección Nova Galicia Arte, compilación de monografías dos pintores máis importantes da historia universal, dirixida por Antón Pulido. Destacan as súas coleccións A Nosa Terra 1916-1936, A Nosa Terra Exilio 1942-1972, O Tio Marcos d’a Portela e Nós.
-
SEMANARIOS
Semanario publicado en Pontevedra a partir de 1888 que non cesou antes de febreiro de 1889. Subtitulado “Defensor d’os intereses gallegos”, estivo dirixido por Juan Manuel Rodríguez de Cea, quen tamén exerceu de colaborador, xunto a Ricardo Barros Pintos. De carácter rexionalista, conviviu algúns anos coa revista O Galiciano. A literatura galega tivo unha importante presenza nesta publicación, en que abundaron a prosa e a poesía de López Pinal, Lourido Sánchez, Marcial Valladares, Barcia Caballero, Pérez Placer ou Leyes Pose.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Nome que Martín Ruiz de Gamboa lle deu ao arquipélago de Chiloé en 1567, en recordo da orixe de Rodrigo de Quiroga, gobernador de Chile. Ese mesmo ano fundou a cidade de Santiago de Castro.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Provincia do vicerreinado de Nueva España que comprendía os actuais estados de Jalisco e Nayarit e parte de Zacatecas, Aguascalientes, San Luis Potosí e Durango. Conquistado por Nuño Beltrán de Guzmán, a capital estableceuse en Compostela (actual Nayarit). Na práctica funcionou como un reino independente. Coa nova organización de Carlos III foi intendencia de Guadalajara.
-
PUBLICACIÓNS
Publicación editada en Vigo a partir do 16 de maio de 1927, da que posiblemente só saíu un número. Subtitulada “Revista ilustrada, gráfica e informativa”, estivo dirixida por Víctor Fraiz Villanueva, mestre fusilado en 1937. Incluíu fotografías, contos, notas de sociedade, artigos e literatura. Firme defensora dos valores democráticos e de Galicia, tamén deu conta das actividades do Ateneo de Vigo.
VER O DETALLE DO TERMO -
SEMANARIOS
Semanario publicado en Madrid a partir do 17 de maio de 1937. Cesou en novembro de 1938, despois de trasladar a súa redacción a Barcelona por mor da guerra en xaneiro dese ano. Subtitulado “Portavoz de los antifascistas gallegos”, estivo dirixido por Xosé Gómez Gayoso e Manuel Moure. De tendencia comunista e antifascista, apoiou a Segunda República e fixo chamamentos para que os galegos se unisen e traballasen pola liberación de Galicia e pola creación do Frente Popular Antifascista Gallego. Nel colaboraron Ramón Cabanillas, Arturo Cuadrado ou Basilio Álvarez, promotor de El miliciano gallego, co que o semanario acabaría converxendo tras un período de convivencia de dous meses. En setembro de 1937 Castelao incorporouse á revista cos seus debuxos de guerra e textos de denuncia das atrocidades cometidas polos falanxistas en Galicia.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Xornal publicado en Ourense a partir do primeiro de xaneiro de 1862. Cesou antes dos seis meses. Subtitulado “Periódico destinado a la defensa de los intereses morales del país”, creouse co obxectivo de promover a construción do ferrocarril entre Vigo e Ourense, sen esquecer os intereses locais da provincia. Saíu dúas veces por semana (mércores e domingo) dos obradoiros de Cesáreo Paz y Hermano. Incluíu artigos de fondo, variedades e soltos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Asociación creada en Lugo en maio de 1987, que se constituíu en fundación en xuño de 1995. Presidida por Jesús Busto Peteiro, entre os seus obxectivos están o de axudar os galegos da emigración, promover a cultura e defender e potenciar a gastronomía de Galicia. Desde a súa creación vén outorgando insignias de ouro e convocando premios, como O Grelo de Ouro, que se concede anualmente, desde 1987, a persoas que destacan polo seu labor en favor de Galicia. Tamén convoca o Premio Literario O Grelo-Amigos de Galicia, o Premio de Poesía Suso Vaamonde, o Premio de Relatos Curtos Daniel Hortas, o Premio de Gastronomía Cociña Tradicional ou o Premio de Repostería Rei das Tartas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Certame organizado pola Fundación O Grelo-Amigos de Galicia desde 1993 co obxectivo de promocionar a publicación de obras en lingua galega. Resultaron premiados autores como Bibiana Amoedo ou Paulo Martínez Lema (1997).
-
VER O DETALLE DO TERMO
Ofrenda anual que realizan ao Santísimo Sacramento na catedral de Lugo as cidades que formaron o Antigo Reino de Galicia: Tui, Mondoñedo, Betanzos, A Coruña, Lugo, Ourense e Santiago de Compostela. Esta tradición xurdiu por acordo da Xunta do Reino de Galicia en 1669, co fin de doar unha cantidade de diñeiro para dotar o altar da catedral lucense da cera ou velas que necesitara durante o ano para iluminar as reliquias de Xesús Cristo. Realízase desde 1672, efectúase o domingo seguinte á festividade do Corpus Christi e preséntaa o alcalde dunha das sete capitais históricas, que só entregan unha cantidade simbólica.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Primeiro libro impreso na Coruña, que editou Antonio Frayz en 1679. Trátase dunha publicación de 320 páxinas de texto, oito delas sen numerar. A portada está orlada e, entre o título e o pé de imprenta, aparece un escudo español da época xunto co copón e a sagrada forma propias da heráldica do antigo Reino de Galicia. Divídese en tres partes, relativas a ordenanzas, cédulas e disposicións, e visitas. Aínda que o libro foi rematado en 1668, non se mandou imprimir ata o 12 de decembro de 1678.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Orquestra creada en 1992 con sede no Palacio da Ópera da cidade da Coruña. Dirixida por Víctor Pablo Pérez, centra a súa actividade no repertorio do s XX, interesándose tanto polos compositores consagrados, como Brahms, Mozart, A. Gaos ou Enrique X. Macías, como polos novos valores. Participou na gravación de numerosos discos xunto con directores e intérpretes da relevancia de Manuel Barrueco, María Bayo, Plácido Domingo, Antonio Meneses ou o Orfeón Donostiarra, na banda sonora de diversos filmes e na elaboración dun disco compacto de compositores galegos. A OSG ten en marcha proxectos artísticos como o Coro Sinfónico, a Orquestra de Cámara, a Orquestra Nova, a Escola de Práctica Orquestral e os Nenos Cantores da OSG. Organiza cada ano a súa tempada de concertos, en que se acompaña dos máis destacados solistas do mundo, ademais dun Ciclo de Música de Cámara, o Festival Mozart da Coruña e programas didácticos. Participou en diversas xiras que a levaron a Alemaña e a Austria, ao Festival...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Denominación específica, regulada pola Orde de 15 de febreiro de 1999 da Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria, modificada pola Orde do 4 de maio de 2001, que aproba o seu regulamento e o do seu consello regulador, e baixo a que se recolle o licor obtido pola destilación do bagazo fermentado, procedente da vinificación de uvas producidas en Galicia. A denominación protexe dous tipos de augardente: a augardente de bagazo, que se comercializa o ano de produción, e a augardente de bagazo envellecida, que ten que permanecer un mínimo de dous anos en barricas de carballo. O seu Consello Regulador establece dez zonas de produción: Ribeiro, Valdeorras, Rías Baixas, Ribeira Sacra, Monterrei, Betanzos, Ulla, Val do Miño, Portomarín e un conxunto de concellos en que hai unha ampla tradición de elaboración da augardente.
-
ENTRADA LARGA
Asemblea lexislativa configurada pola Constitución española de 1978 en que se delimitaron os sistemas de goberno que deben ter as comunidades autónomas e a súa organización institucional (artigo 152.1) conforme ao modelo estatal no aspecto concreto que se refire ás relacións entre parlamentos (unicamerais) e gobernos autonómicos.
VER O DETALLE DO TERMO
Antecedentes históricos
O Parlamento de Galicia ten a súa orixe máis inmediata no texto de 1981. Un antecedente remoto podería estar no Proxecto de Constitución para o Estado Galaico de 1887 aprobado polo Partido Republicano Federal, onde se fala, no título V da Asemblea Rexional. Lois Peña Novo referiuse tamén á Asemblea da Mancomunidade Galega, pero foi no democrático contexto de recuperación de liberdades dos pobos da Segunda República Española onde naceron os precedentes inmediatos das presentes institucións autonómicas, sobre todo, no que se aprobou na Asemblea de Concellos de Galicia en 1932 e se plebiscitou de modo afirmativo polo... -
VER O DETALLE DO TERMO
Revista publicada en Barcelona a partir do 1 de outubro de 1995. Editada pola Peña Cultural Deportivista de Barcelona, tivo como director a Ramón Rey Nóvoa. Incluíu diferente información deportiva e artigos sobre a vida e cultura galegas (gastronomía, turismo, arte, festas ou historia), así como traballos sobre galegos residentes en Catalunya.