"CIO" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 4772.

  • ariante gráfica do antropónimo Orente.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de organizar ou organizarse.

      1. Maneira de estar constituído un conxunto ou xeito como funciona.

      2. Maneira de estar constituído un ser vivo.

    2. Conxunto de persoas que pertencen a un grupo ou a unha asociación organizada.

    3. Conxunto de órganos e dependencias en que se estrutura a Administracion Pública. As normas de organización determinan as competencias e os principios de relación entre os diferentes órganos.

    4. Conxunto de técnicas para potenciar a produtividade do traballo industrial, sistematizadas por F. W. Taylor no derradeiro decenio do s XIX. As súas características fundamentais son, en primeiro lugar, a análise sistemática, realizada por técnicos especializados, das diferentes operacións que han de realizar os traballadores, o que comporta unha gran separación entre o pensamento e a execución do traballo. En segundo lugar, a avaliación dos lugares de traballo e a súa asignación aos traballadores mellor dotados para cada un, a simplificación das tarefas que corresponden a cada lugar de traballo, que achegou, sobre todo nun primeiro momento, a creación dun gran número de especialistas en detrimento dos oficios clásicos e dos obreiros polivalentes. En terceiro lugar, a busca dunha cooperación entre a dirección e os traballadores na marcha da empresa, sen pór en cuestión a estrutura xerárquica. E, en cuarto e último lugar, o establecemento da remuneración dos traballadores en relación a uns...

    5. Determinación da función ou da utilización das diferentes partes dun territorio concreto, espazo urbano, espazo rural, infraestruturas ou parques.

    6. Estruturación social en que a racionalidade predomina sobre a espontaneidade. As relacións que se establecen nunha sociedade organizada formalmente son de tipo impersoal e indirectas, e o papel de cada individuo é escollido segundo a súa eficiencia e a súa efectividade.

    7. Utilización racional e coordinada das distintas partes dunha empresa co fin de conseguir a máxima eficacia dos medios utilizados.

    8. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Club de baloncesto fundado en Ferrol en 1951. O seu primeiro presidente foi Jaime López Pérez, e competiu como equipo xuvenil ata 1957. Ascendeu a Primeira División na tempada 1979-1980. Despois de sete anos na máxima categoría, descendeu a Primeira División B. Logrou de novo o ascenso á liga ACB na tempada 1987-1988, onde permaneceu ata 1993-1994. Participou en tres edicións da Copa Korac (1981-1982, 1982-1983 e 1984-1985) e en 1995 cedeu os seus dereitos deportivos ao C.B.Galicia de Ferrol.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Partido político creado en 1973 a partir dun grupo escindido do Partit Socialista Unificat de Catalunya (PSUC). Defendía para o Estado español unha república democrática e federal. Despois de numerosos cambios, incorporouse ao PCE-PSUC (1989). Das súas publicacións destaca Política Comunista.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organismo de solidariedade islámica creado en 1969 con sede en Ǧ idda (Arabia Saudí). Agrupa estados de África, Oriente Medio, Asia e Europa. Promove a cooperación entre os seus estados membros e busca a eliminación de todo tipo de colonialismo, o triunfo da causa palestina, a propagación da cultura musulmá en todo o mundo e a paz internacional.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organismo fundado en 1963 para promover a loita contra o colonialismo e a cooperación, e para garantir a defensa da independencia dos estados africanos sobre a base dunha posición de non-aliñamento. O 8 de xullo de 2002 foi substituída pola Unión Africana.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organización internacional, con sede en Nova York, creada para manter a paz, promover a cooperación económica, cultural, social e humanitaria e garantir a seguridade dos estados ante a base dos principios de igualdade e de autodeterminación, e velar polo respecto dos dereitos humanos. Os seus membros comprometéronse a resolver os problemas internacionais a través de medios pacíficos e a non utilizar a ameaza nin o uso da forza. Sucesora da Sociedade de Nacións, os primeiros pasos cara á súa creación foron a Conferencia de Dumbarton Oaks (1944) e a Conferencia de Yalta (1945). O 25 de abril de 1945 cincuenta e un estados reuníronse en San Francisco onde elaboraron e asinaron, o 26 de xuño, a Carta de Nacións Unidas, tratado fundacional onde se establecen os principios básicos das relacións internacionais nos que se basea a organización; en 2004 contaba con 191 estados membros. En 1956, polo conflito do canal de Suez, creouse un exército propio con funcións de interposición e protección dos...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Institución especializada da Organización das Nacións Unidas, creada en 1966 e con sede en Viena, que vela polo fomento do desenvolvemento industrial nos estados subdesenvolvidos. Actúa tecnicamente e procura conseguir financiamentos de tipo internacional ou privado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organismo da ONU que se creou en 1947 para promover a seguridade e a eficiencia dos transportes aéreos. Ten a súa sede en Montréal. As súas actividades inclúen a elaboración de regulamentos e códigos de circulación e seguridade, o mantemento de rutas polas que favorecer a axuda internacional e a asistencia técnica aos estados menos desenvolvidos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Asociación fundada en 1975 de carácter privado, independente e sen ánimo de lucro. O seu principal obxectivo é a información e atención dos consumidores así como a defensa dos seus intereses. Está integrada no grupo EUROCONSUMERS (Consumidores de Europa) e nos principais organismos de representación internacional de consumidores. Conta con publicacións periódicas de información xeral, como OCU-Compra Maestra, Dinero y Derechos e OCU-Salud, e boletíns financeiros, Dinero Quince e Dinero y Fondos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organismo económico internacional formado polos 30 países máis desenvolvidos do mundo capitalista (todos os de Europa occidental, EE UU, Canadá, Australia, Nova Zelanda e Xapón). Creada pola Convención Xeral de París en 1960, é sucesora da antiga Organización Europea de Cooperación Económica (OECE). Trata de estimular os intercambios económicos internacionais sobre bases multilaterais, de realizar e impulsar estudos e propoñer políticas económicas aos estados membros.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organización de América Central, fundada en 1951 por Costa Rica, El Salvador, Guatemala, Honduras e Nicaragua para promover a unidade e a cooperación dos estados membros.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organización creada en 1968 por Arabia Saudí, Kuwait e Libia para conseguir a cooperación petroleira entre os estados membros e as melloras técnicas e económicas na explotación e comercialización do seu petróleo. Despois do golpe de estado de Moammar al-Gaddafi en Libia, e a entrada de Alxeria e Iraq, a organización mostrouse como un instrumento de presión, tanto económica como política, cara aos países consumidores de petróleo e as empresas multinacionais do sector.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organismo internacional creado en 1961 para unificar as políticas petroleiras dos países membros e determinar as accións máis axeitadas para protexer os seus intereses individual e colectivamente. Despois da Conferencia de Teherán de 1971 e a Guerra Árabe-israelí de 1973, os países da OPEP aproveitaron a forte dependencia e vulnerabilidade enerxética mundial respecto do seu petróleo para formar un cártel de presión económica e política, elevando fortemente os prezos do petróleo e aumentando a súa capacidade de negociación con outros países e coas empresas multinacionais petroleiras. A partir da década de 1980, como consecuencia da crise económica que fixo diminuír a demanda de petróleo dos países industrializados e a descuberta de novos xacementos de petróleo, minguou notablemente o seu control sobre o mercado de hidrocarburos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organización defensiva multilateral creada en 1959 por Turquía, Irán, Paquistán e Reino Unido, despois de que Iraq abandonase o Pacto de Bagdad en 1955. Os seus obxectivos eran a defensa conxunta ante posibles agresores e a cooperación para o desenvolvemento económico e científico. A súa denominación alude a unha zona central entre as rexións incluídas na Organización do Tratado do Atlántico Norte (OTAN) e na Organización do Tratado do Sueste Asiático (OTASE). EE UU relacionouse coa organización a través de acordos bilaterais cos países membros. A sede inicial de Bagdad trasladouse a Ancara (Turquía) en 1958. A organización disolveuse en 1979, tras a retirada de Irán e Paquistán.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organismo creado en 1949 para oporse ao Pacto de Varsovia (1949). Os países que se comprometeron foron Bélxica, Canadá, Dinamarca, EE UU, Francia, Islandia, Italia, Luxemburgo, Noruega, Países Baixos, Portugal e Reino Unido. Posteriormente foron admitidos Grecia e Turquía (ambos os dous en 1950), Alemaña (1955) e España (1982). En 1999 incluíronse Hungría, Polonia e República Checa. A última ampliación foi con Bulgaria, Eslovaquia, Eslovenia, Estonia, Lituania, Letonia e Romanía (2004). A súa estrutura está formada polo Consello do Atlántico Norte, composto por un representante de cada país membro, e as decisións tómanse por unanimidade. O seu órgano executivo é o Estado Maior Militar Internacional. Coa mingua das tensións entre Oriente e o Occidente, a OTAN decidiu (marzo de 1990) reducir o seu arsenal nuclear en Europa. En novembro de 1990 a OTAN e o Pacto de Varsovia asinaron a paz. Entre 1995 e 1999 o español F. J. Solana Madariaga foi o seu secretario xeral.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organismo creado polo tratado militar de defensa en 1954 por Australia, EE UU, Filipinas, Francia, Reino Unido, Nova Zelanda, Paquistán e Tailandia para se opoñer ás actividades militares promovidas pola República Popular China. Foi disolto en 1977, debido á mellora das relacións de EE UU e doutros países da OTASE con China.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organismo fundado en 1948 con sede en Washington para promover a cooperación económica, política e cultural e para garantir a defensa dos seus membros. Agrupa todos os estados americanos agás Cuba, expulsada en 1962.

    VER O DETALLE DO TERMO