"Rei" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 1485.

  • REINOS

    Antigo estado do Magreb que se estendía entre o macizo montañoso de Arxel e Buxía nos ss XVI e XVII.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Revista gratuíta en galego editada en Bos Aires o 1 de setembro de 1970 e dirixida por Luís Seoane. Subtitulada “Cantos anos vivirei?”, colaboraron nela Lorenzo Varela e Isaac Díaz Pardo, quen asinaba co pseudónimo de S. Fernández Ollarnovo. Inseriu información de carácter cultural dedicada a libros, teatro, exposicións e discursos. No seu suplemento, á parte das ilustracións de Seoane e dun debuxo de Maside, incluíu o poema “Cantiga nova que se chama cadea”, de Lorenzo Varela, e unha recensión do libro La marginación de Galicia, de Paz Andrade.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Xornalista e poeta. Colaborador de diversas publicacións, como Álbum literario, Galicia ilustrada e El Faro de Vigo, xornal no que publicou os poemas ”Minucias”, co pseudónimo de Ambrosio, e prosas humorísticas, co sobrenome de El huérfano de Bembrive. Destacan as súas composicións “A cae-la tarde”, premiado en Vigo en 1881 e publicado en O Tío Marcos da Portela; “Meu tesouro”, recollido na Coleución de poesías gallegas dalgúns autores (1882), de Francisco Portela; e poemas que foron musicados, como “Himno a Vigo”, “Beira do mar”, “Primavera” (con partitura de R. Soutullo) ou “Tristuras” (con partitura de Mónico G. de la Parra).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Utensilio para colgar as culleres.

    2. Persoa que fai ou vende culleres.

    3. Persoa que se ocupa dos labores da cociña.

      1. Ave acuática da familia dos tresquiornítidos, coas patas e o pescozo longos, e co peteiro grande de extremo ancho e aplanado. Aliméntanse de pequenos peixes, larvas de anfibios e invertebrados, que localizan ao remexer na lama co peteiro lixeiramente aberto. Voan de xeito lento coas patas e co pescozo estirado, e crían en plataformas pouco densas sobre árbores.

      2. cullereiro común [cast: espátula; ingl: spoonbill] [Platalea leucorodia, Fam dos tresquiornítidos]

        Ave de 90 cm de lonxitude, de plumaxe de cor branca, e peteiro de cor negra co extremo amarelo. Distribúese por Eurasia e o N de África, e inverna na India e no sueste de Asia e África. En Europa aniña en Holanda, na Península Balcánica e na Península Ibérica, onde só cría nas marismas do Guadalquivir. En Galicia inverna, en pequeno número, na enseada do Grove.

      3. cullereiro rosado [Ajaia ajaia, Fam dos tresquiornítidos]

        Ave de 80 cm de lonxitude, de cabeza de cor verdosa sen plumas, e plumaxe de cor rosada no resto do corpo. Está presente dende o S de Norteamérica ata o centro de Arxentina.

    4. esturión cullereiro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Filólogo brasileiro. Licenciouse en Dereito e en Filosofía e Letras pola Universidade de Rio de Janeiro. Doutorouse en 1945 coa tese O cancioneiro de Paay Gómez Charinho, trovador do século XIII. Aspectos literários. Texto crítico. Foi profesor na facultade de Letras da Universidade Federal de Rio de Janeiro desde 1956, no Colégio Pedro II de Rio de Janeiro e noutras universidades europeas como a Sorbonne de París, a de Colonia ou a de Lisboa. Ocupou tamén importantes cargos na vida política e cultural de Brasil: secretario xeral de Educación e Cultura do Governo Provisório do Estado de Guanabara, membro do Conselho Federal de Educação e do Conselho Federal de Cultura, director da Biblioteca Nacional e membro da Academia Brasileira de Letras. Os inicios da súa actividade investigadora están relacionados coa lírica galego-portuguesa, especialmente coa crítica textual: O Cancioneiro de Joan Zorro. Aspectos lingüísticos. Texto crítico. Glossário (1949) e O Cancioneiro de Martin Codax (1956)....

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político portugués. En 1931, afiliouse ao Partido Comunista Português (PCP) cando era estudante de dereito en Lisboa e, en 1935, foi elixido secretario xeral das xuventudes do partido. Debido ás súas actividades políticas na clandestinidade durante a ditadura de Salazar (en 1936 entrou a formar parte do Comité Central do partido), foi apresado en numerosas ocasións: a primeira entre 1937 e 1938, a segunda en 1940 e a derradeira entre 1949 e 1960, data en que logrou fuxir da prisión para partir cara ao exilio. En 1961 foi elixido secretario xeral do PCP, cargo que permanecía baleiro dende 1942, e o seu mandato renovouse ata 1992. En 1974, tras a Revolução dos Cravos, regresou a Portugal. Entre 1974 e 1975 foi ministro sen carteira e en maio de 1977 abandonou o seu escano no Parlamento. Foi membro do Conselho de Estado dende 1982. As súas intervencións públicas...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Montañas do S de Camboxa que se estenden, de N a S, desde a serra de Krâvanh ata a costa do golfo de Tailandia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Estreito de América do N que separa a península de Cumberland e a illa de Baffin (Canadá) de Grenlandia e que une a baía de Baffin co N do Océano Atlántico. Está afectada pola corrente fría do Labrador, feito que provoca que se forme unha capa de xeo na súa superficie.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Texto votado pola Asemblea Constituínte francesa do 17 ao 26 de agosto de 1789, que se compoñía de 17 artigos e un preámbulo. A súa redacción recollía a influencia da Declaración de Independencia dos EE UU (1776) e do pensamento dos enciclopedistas do s XVIII. Proclamaba a igualdade de todos os homes e os seus dereitos naturais e inalienables: a liberdade individual, de pensamento, de prensa e de credo, limitada no seu exercicio pola liberdade do resto da sociedade; recoñecíase a propiedade privada como dereito inviolable, o dereito á resistencia, a igualdade ante a lei, ante a xustiza e a facenda. Instaurou a liberdade de opinión e estableceu a transferencia da soberanía do rei á nación e a separación de poderes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Texto composto de 35 artigos que precedeu á Constitución francesa de 1793, votada pola Convención o 24 de xuño dese mesmo ano. Era máis progresista e democrática ca a de 1789. Prohibiu a escravitude, proclamou a liberdade económica e recoñeceu os dereitos á educación, ao traballo e á asistencia pública.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Texto que precedía á Constitución francesa do ano III (1795). Dun ton moito máis moderado ca as declaracións de 1789 e de 1793, eliminou os dereitos suficientes para poder instaurar unha república censataria e protexer con garantías os intereses da clase dominante. A igualdade de todos os homes quedaba reducida á igualdade ante a lei, confirmaba a liberdade económica e condenaba a escravitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Documento elaborado pola Sociedade das Nacións en 1924 e aprobado polas Nacións Unidas en 1959 co obxectivo de garantir e defender os dereitos da infancia en todo o mundo. Do seu contido destaca o sostemento da necesidade dunha protección especial da infancia, a garantía do seu completo desenvolvemento físico, mental, moral e social, a defensa do neno sen ningún tipo de discriminación, a esixencia da prestación universal dun ensino gratuíto e obrigatorio, e a prohibición de calquera tipo de explotación infantil.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Texto adoptado pola Liga Internacional dos Dereitos do Animal e as Ligas Nacionais afiliadas, trala terceira reunión sobre os dereitos do animal celebrada en Londres do 21 ao 23 de septembro de 1977. A declaración proclamada o 15 de octubro de 1978 pola Liga Internacional, as Ligas Nacionais e as persoas físicas asociadas a elas, foi aprobada pola Organización das Nacións Unidas para a Educación a Ciencia e a Cultura (UNESCO), e posteriormente pola Organización das Nacións Unidas (ONU).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Declaración aprobada pola Asemblea Xeral das Nacións Unidas o 10 de decembro de 1948. Os seus principais antecedentes históricos foron a Declaración francesa dos Dereitos do Home e do Cidadán (1789) e a declaración americana de Dereitos do Bo Pobo de Virxinia (1776). O documento consta dun preámbulo e trinta artigos que enumeran unha serie de dereitos de carácter civil e político, entre os que sobresaen os dereitos á liberdade, á igualdade, á dignidade, á vida e á seguridade, á xustiza e aos dereitos con ela relacionados (presunción de inocencia, habeas corpus, etc), á nacionalidade, á liberdade de pensamento, ideoloxía e relixión, á liberdade de opinión e expresión, á liberdade de reunión e asociación, á liberdade de participación, ao non sometemento á tortura ou á escravitude etc; e unha serie de dereitos sociais, económicos e culturais, como son o dereito ao traballo, á folga, á sindicación, á seguridade social, á saúde, á educación, á cultura, á arte e á ciencia, etc. O contido...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación de carácter obreirista que apareceu en Lugo, probablemente en decembro de 1973. Subtitulado “Órgao das Comisións Obreiras de Lugo”, contiña artigos de carácter político e analizaba a situación económica e laboral de diferentes empresas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Lado dereito.

    2. Man ou perna dereita.

    3. Sector ou conxunto de partidos políticos conservadores. O termo empregouse orixinariamente na convocatoria dos Estados Xerais (1789) para designar os defensores do privilexio real de veto, situados á dereita do presidente. Desde entón, a dereita identificouse coa defensa dos valores tradicionais, contrarios ás reformas e defensores da orde establecida, en contraposición aos da esquerda.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Formación política xurdida da escisión do Partido Galeguista (PG), composta por X. García Vidal, X. L. Sánchez, D. Caramés, X. Filgueira Valverde, X. Sesto López e X. Martínez Tiscar, asinantes do manifesto que foi presentado no marco da IV Asamblea do PG, o 20 e 21 de abril de 1935, e que foi publicado en A Nosa Terra o 25 de maio de 1935. Os detonantes da escisión foron a entrada dos galeguistas na estrutura da esquerda democrática para conseguir máis votos, tralo fracaso electoral de 1933, e a loita polo liderado hexemónico do galeguismo. A escisión pontevedresa soamente foi seguida por un sector do grupo ourensán (V. Risco, X. Fernández Borrajo, X. A. Varela) e un pequeno grupo na Coruña, liderado por M. Banet Fontenla. O seu programa definiuse pola defensa acérrima do idioma galego, a defensa dos valores espirituais de Galicia, vinculada á defensa do espírito cristián, a idea da democracia política fronte a marxismo e fascismo, a defensa do cooperativismo fronte ao socialismo...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Actitude política propia da dereita e da ideoloxía conservadora.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Propio da dereita ou dos conservadores.

    2. Que ou quen é partidario da ideoloxía característica da dereita política ou da ideoloxía conservadora.

    VER O DETALLE DO TERMO