"INE" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 1570.

    1. Que actúa mediante a acetilcolina ou como a acetilcolina.

    2. Fibra nerviosa que ten como mediador sináptico a acetilcolina. Son colinérxicas as fibras preganglionares e posganglionares do sistema nervioso autónomo, as posganglionares parasimpáticas, algunhas das posganglionares simpáticas e as que establecen sinapse coas placas motoras dos músculos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Enzima de rápida actuación, unido á superficie da membrana possináptica, que hidroliza a acetilcolina en colina e ácido acético. Certos gases nerviosos, como o tabún ou o sarín, inactivan este enzima de xeito que provocan parálise.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Carmen Burgos Seguí.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Intervención cirúrxica plástica practicada sobre a vaxina e o perineo posterior para reparar laceracións producidas no parto.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Designación que recibiron as obras creadas por Rauschenberg na década de 1950, nas que nunha superficie pintada pegou fotografías, animais disecados e outros obxectos atopados nas rúas. Entre as obras realizadas destacan Odalisca (1955) e Monograma (1959). Supuxo o punto de partida para a arte da chatarra.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Título xeral baixo o que Honoré de Balzac publicou o esencial da súa produción novelesca, entre 1842 e 1848. A visión de conxunto e a técnica empregada parten da publicación de La peau de chagrin (1831) e perfílanse definitivamente con Père Goriot (1834), ao concibir a idea da aparición intermitente dos mesmos personaxes. A obra perfílase como unha gran síntese cósmica e social cunha rigorosa unidade de composición. A primeira parte compóñena os Estudios de costumes e divídese en: Escenas da vida privada, Escenas da vida de provincia, Escenas da vida parisiense, Escenas da vida política, Escenas da vida militar e Escenas da vida rural; a segunda confórmana Estudios filosóficos; e a terceira Estudios analíticos. Traza un amplo abano de tipos sociais, desde o aristócrata ao pequeno comerciante e ao campesiño, e prescinde da clase obreira. A orde cronolóxica dos argumentos vai desde 1308 a 1846, pero a maioría das novelas sitúanse entre a Revolución de 1789 e os últimos anos da monarquía de...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sindicato galego xurdido na década dos setenta para diminuír o peso que as confrarías de pescadores, con vocación vertical, tiñan no sector dos traballadores do mar. Agrupa o conxunto de traballadores de baixura, altura, marisqueo e acuicultura, ademais de pequenos armadores. A súa primeira asemblea, que se celebrou na Illa de Arousa en xaneiro de 1975 como culminación de anteriores asembleas de portos, aprobou a Plataforma reivindicativa dos traballadores do mar de pesca de altura e litoral. Neste documento, que serviu de programa provisional, propúñase a explotación racional dos recursos do mar, solicitábanse medidas de seguridade no posto de traballo, un salario mínimo (que naquel momento se establecía en 25.000 pesetas con independencia da participación na pesca capturada), unha xornada de oito horas e outras medidas sociais, e esixíase a supresión da lexislación militar na pesca. Nos primeiros anos foron os seus responsables Manuel Pillado, Begoña Palacio, Tito Ucha e Romualdo...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político, matemático, filósofo e pedagogo francés, marqués de Condorcet. Xunto co seu mestre D’Alambert e con Voltaire, relacionouse con Turgot, quen lle facilitou o cargo de inspector xeral da moeda (1774-1776). Como economista, foi partidario do imposto progresivo. A súa hipótese sobre as decisións colectivas, coñecida como efecto Condorcet, e sobre a súa inconsistencia, aplicada ás votacións, recolleuna a moderna politicoloxía. En 1791 foi nomeado deputado pola asemblea lexislativa de París e asumiu a súa presidencia en 1792. Ese mesmo ano presentou o informe sobre Organisation générale de l’instrution publique (Organización xeral da instrución pública), que se converteu en horizonte da política educativa republicana e que acadou unha considerable resonancia en España, tanto no momento da aprobación da Constitución de 1812 como nas medidas subseguintes ditadas en 1813. Propugnou o control da natalidade, a elevación cultural da muller e a coeducación. Defendía que a...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Órgano de goberno, formado polos delegados das colonias británicas de América do Norte, que dirixiu a Guerra da Independencia. Ao primeiro congreso, celebrado en Philadelphia no 1774, asistiron todas as colonias agás Georgia; aprobou unha declaración de dereitos e decidiu suspender o comercio con Inglaterra. O segundo congreso celebrouse tamén en Philadelphia no 1775; encargouse de dirixir a guerra, nomeu xefe do exército a George Washington, aprobou a Declaración de Independencia do 4 de xullo de 1776 e, finalizada a contenda, redactou a Constitución de 1787.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Aplícase á persoa que é parente doutra por teren ascendentes comúns.

    2. Aplícase a cada un dos irmáns fillos dun mesmo pai, pero de nai diferente.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Actor cinematográfico. Especializouse nos personaxes de “duro sentimental”. Realizou destacadas interpretacións en Alphaville (1965), de Godard, e Malatesta (1970), de Lilienthal. Posteriormente actuou no cine alemán.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor romanés. Coñecido como Paul Everac, escribiu Explozie întîrziat ǎ (Explosión retardada, 1959), Costache si viata lui interiorr ǎ (Costache e a súa vida interior, 1962) e Iluminari (Iluminacións, 1975).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ou quen é amigo de andar con murmuracións.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Acción e efecto de conterse ou manter dentro duns límites prudentes a satisfacción dos praceres.

      2. Abstinencia sexual.

      1. Capacidade de retención.

      2. Estado dun esfínter que funciona con normalidade.

    1. Principio de unidade que debe rexer en todo procedemento entre os seus elementos persoais, materiais e causais para que poida resolverse nunha mesma sentencia e que, no caso de seguirse de xeito separado, poidan procesarse de acordo cos principios de celeridade e economía procesal.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente a un continente, especialmente en oposición a insular.

    2. clima continental.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Película dirixida por Xavier Villaverde no ano 1989 para a produtora Xavier Villaverde Asociados e interpretada por Héctor Alterio, Fernando Guillén, Cristina Marcos, Marisa Paredes e Eusebio Poncela, entre outros. É a primeira experiencia cinematográfica en formato profesional do realizador que, en anos anteriores, destacara no cine subestándar e no vídeo de creación, campos nos que acadou numerosos premios. Cun guión do tamén realizador Raúl Veiga, o filme, que sufriu unha longa xénese de dous anos ata o seu resultado definitivo, conta unha historia de enfrontamentos entre dúas bandas, a de Otálora e a de Ventura, dedicadas ao contrabando e á prostitución nunha inconcreta cidade portuaria da costa galega. Trátase dun filme de estudo onde destaca o labor do director artístico Wolfgang Burmann na recreación das rúas estreitas, das salas e das habitacións do prostíbulo, do peirao do porto coas súas mercadorías e outros escenarios cos que consegue simular a atmosfera dos anos cincuenta. Tras...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Empresa creada en Madrid en 1990. Os seus antecentes remóntanse ao ano 1982, á empresa VideoTrama S A, pioneira en Galicia no seu sector, fundada por Francisco Casal e outros socios na Coruña. No ano 1986 Francisco Casal e Xavier Villaverde constituíron a empresa Xavier Villaverde Asociados, que en 1990 se transformou en Continental Produciones, da que Casal é o seu director xerente, e que conta con sedes na Coruña e Madrid. As actividades da empresa abranguen os campos cinematográfico, publicitario e videográfico. Entre 1989 e 2000 participou na produción de sete longametraxes, entre as que destacan Fisterra, de X. Villaverde, 1998 e Frontera sur, de G. Herrero, 1998. Por outra parte, dúas das súas últimas producións, Cuando vuelvas a mi lado, de G. Querejeta, 1999 e Sei quén es, de P. Ferreira, 2000, conseguiron varias nominacións e acadaron, respectivamente, o premio á mellor fotografía no Festival de Donostia-San Sebastián para Alfredo Mayo, e o premio...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Calidade de continental.

    2. Efecto que sobre o clima exercen as masas continentais, especialmente na zona temperada. Caracterízase por unha gran sequidade da atmosfera e, como consecuencia, por unha enorme oscilación térmica, tanto diaria como anual. Dáse, sobre todo, no interior dos continentes debido á ausencia de masas oceánicas que acheguen humidade á atmosfera.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que practica a continencia.

    2. Aplícase á cousa que contén outra dentro de si.

      1. Cada unha das grandes extensións de terra emerxida. Desde un punto de vista estrutural, os continentes engloban tamén as plataformas continentais somerxidas, que descenden suavemente desde o litoral ata profundidades de 200 m. A separación entre as terras somerxidas e emerxidas denomínase noiro continental. Estruturalmente, os continentes son Eurasia, América do Norte, América do Sur, Oceanía e A Antártida; sen embargo, desde un punto de vista histórico ou xeográfico tradicional, en Eurasia distínguese entre Europa e Asia, mentres que América se considera un único continente. As terras emerxidas supoñen aproximadamente o 29% da superficie total da codia terrestre e agrúpanse principalmente no Hemisferio Norte. Se se consideran as plataformas continentais como parte dos continentes, a superficie continental total aumenta ata o 35%. As illas que se atopan na plataforma continental dun determinado continente considéranse parte do mesmo; este é o caso de Groenlandia, Tasmania ou as...

      2. Cada un dos bloques continentais en relación ás illas próximas.

      3. novo continente /

        Denominación aplicada a América dende unha perspectiva eurocéntrica, a partir dos descubrimentos colombinos de finais do s XV, en contraposición ao vello continente que constituía Europa.

      4. vello continente /

        Denominación aplicada a Europa a partir da chegada dos españois a América, como contrapunto dese novo continente, ignoto polos europeos.

    VER O DETALLE DO TERMO