"Aïr" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 288.

    1. de airear.

    2. Dise do lugar onde o aire circula libremente.

    3. Vento que dura pouco tempo.

    4. Golpe forte de aire.

    5. Enfermidade ou influxo maligno que afecta sobre todo aos nenos polo contacto con certos animais, especialmente os réptiles, persoas e lugares como cemiterios.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aditivo que mesturado co cemento ou formigón provoca a formación de pequenas burbullas na masa, aproximadamente de 1 mm de diámetro, circunstancia que os fai máis resistente ás xeadas, tanto antes como despois de secar.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Someter á acción do aire.

    2. Saír dun lugar pechado para tomar o aire.

    3. Renovar o aire.

    4. Comentar algo para poñelo en coñecemento da xente.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Libro de poemas escrito por Manuel Curros Enríquez, no que os temas fundamentais son o civismo, o costumismo e o intimismo. Saíu á luz no 1880, no mesmo ano en que aparecen Follas novas de Rosalía de Castro, e Saudades gallegas de Lamas Carvajal. Destaca esta obra pola actitude do poeta ante a realidade social de finais do s XIX. É a obra máis emblemática de Curros, que ademais supuxo un fito na literatura galega, na que non se limita a expor unhas ideas ou uns sentimentos, senón que vai moito máis alá. Curros engádelle o concepto romántico de que o poeta debe desempeñar un papel didáctico, debe servir de guía. Esta obra é un alegato a favor dos máis desfavorecidos. Cre no poder da palabra posta a prol da xustiza (o poema “O maio” é un claro exemplo disto; a curia e o clero son os males sociais, as dúas pragas contra as que deben loitar os mozos). O deber do poeta, segundo Curros, é crebar a ira, combater as inxustizas polas que está a pasar o pobo galego. Por outra banda,...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Boletín mensual e bilingüe aparecido na Habana en xullo de 1892 e subtitulado“Boletín oficial de la sociedad de este nombre”. Dirixido por Xosé Novo García, colaboraron nel: Curros Enríquez, Sofía Casanova, Manuel Lugrís Freire, Concepción Arenal e Emilia Pardo Bazán, entre outros. Inclúe informacións sobre a entrada e a saída de vapores, novas de Galicia, artigos de carácter económico e industrial, e comunicados da Cámara de Comercio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Revista semanal que se publicou en Bos Aires entre o 10 de maio de 1908 e o 25 de xullo de 1909. Fundada e dirixida por Manuel Nóvoa Costoya, nela reproducíronse textos de Pondal, Lamas Carvajal, Curros Enríquez, xunto con escritos de Lugrís Freire, Álvaro Dios Villar, Antonio de la Iglesia e Alberto Camino, entre outros. Contiña información sobre Galicia e notas locais, amais da literatura que tiña unha notable presencia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Revista publicada pola Irmandade Galega de Venezuela en Caracas no ano 1961. Reproducía informacións sobre a devandita sociedade, a máis representativa da colectividade galega nesa cidade.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Grupo fundado no Ferrol ao redor de 1953 por gaiteiros e percusionistas que formaban parte do Real Coro “Toxos e Froles” A súa formación inicial compoñíana Manuel Prieto (gaita), Xosé Martínez (gaita), Mario Montero (tamboril) e Rufino Cuétara (bombo). A súa área de actuación comprendeu a comarca ferrolá estendéndose ata terras de Ortigueira. Trocou varias veces os seus instrumentistas, salvo o gaiteiro Manuel Prieto, director do grupo, e chegou ata comezos da década de 1980 en que desapareceu.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Compañía galega de teatro creada en 1938 en Bos Aires por Manuel Daniel Varela Buxán. Despois do primeiro espectáculo (Se o sei..., non volvo á casa) disolveuse para dar lugar á Compañía Galega Maruxa Villanueva.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Libro escrito por Xosé Luís Calle e editado en 1993, contén a historia do coro pontevedrés Aires d’a Terra que dirixiu D. Perfecto Feijoo. Inclúe o arquivo das pezas populares e galegas, que D. Perfecto posuía, exceptuando as recollidas por D. Casto Sampedro ou aquelas recompiladas no cancioneiro de Inzenga.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Coro fundado en 1985 por iniciativa e baixo a dirección de Carlos Díaz O’ Xestal. Formado por 40 voces mixtas acompañadas de tambor, tamboril, pandeireta e gaitas. O seu obxectivo fundamental é recoller, ampliar e divulgar o folclore tradicional galego, sobre todo da bisbarra de Bergantiños. Nos fondos do seu arquivo posúe a obra do seu fundador, o contador de contos O’ Xestal. Actuacións en festas populares por Galicia (Padrón, Coristanco, Laxe, Laracha, etc); no Teatro Colón da Coruña e no Teatro García Barbón de Vigo. Todos os anos participa nos circuítos culturais da Deputación da Coruña, no concello de Carballo. Sucedéronse na súa dirección Miguel Gordillo e Arantxa Concheiro Guerrico; o seu presidente foi Antonio Iglesias e posteriormente Pedro Fernández Pombo. Gravou dúas casetes: Filmoteca 92, El Correo Gallego (1992) e Dial-Disco (1993).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación de periodicidade semanal editada en Arbo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Coro fundado por D. Perfecto Feijoo, foi todo un fenómeno musical da época. Difundiu e cultivou melodías populares nun momento no que a nova burguesía das cidades rexeitaba todo o que proviña do rural. Crearon un espectáculo novidoso, reproducindo en cada unha das súas actuacións a imaxe do pobo. A súa forma de traballo, esmerada, de calidade e rigorosa, propiciou que as elites sociais se achegasen as raíces antes despreciadas como un lastre para o progreso, todo iso debido en parte, a que os seus compoñentes formaban parte da chamada “boa sociedade” pontevedresa. A vontade dignificadora e de respecto que mostra o coro, que non orfeón, ante as tradicións, non está exenta de adaptación que uns consideran de inmobilista e outros, contrariamente, de prosaica e pouco rigorosa, tal foi o caso de Casto Sampedro ou do Club Karepas, este último por motivos fundamentalmente reformistas, en contraposición ao ambiente burgués dos membros de Aires d’a Terra. Os éxitos acadados polo magnífico...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ento lene e suave.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Grupo de teatro afeccionado creado en Asados (Rianxo) en 1933. Dende a súa posta en funcionamento mantivo unha liña permanente de traballo, que nos últimos anos se diversificou coa creación de obradoiros de teatro para nenos. No seu repertorio poden atoparse espectáculos creados a partir dos títulos máis significativos do Movemento Dramático Rexional, con pezas de Xabier Prado Lameiro, Manuel Sánchez Hermida, Euxenio Charlón Arias, e do Movemento Dramático Nacional, con textos de Leandro Carré, Rafael Dieste e Daniel Castelao. O grupo de teatro Airiños, promovido nos seus inicios por mestres como Xosé Losada Castelao e Manuel Insua Castelao, constitúe unha mostra da importancia do teatro como práctica cultural comunitaria e da crecente significación da animación teatral.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Grupo de teatro fundado en Arousa en 1971 por Xaime Vaamonde. Dedicados á música popular, o espectáculo realizou xiras por toda España e por diversos países de Europa como Francia, Italia, Inglaterra, Alemaña e Portugal. Entre a súa discografía cómpre citar títulos como Por si quieres hacer algo, Aún es posible la esperanza, Unha cidade nova e Nosa nova oración.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación nada en xullo de 1944 como “Órgano da Asociación Casa de Galicia de Bos Aires”. Dirixida por Eliseo Alonso a partir de 1954, reprodúcense poemas de Curros, Lamas Carvajal, Bouza-Brey e outros. Tamén se incluíron textos de Otero Pedrayo, Cunqueiro, Fernández del Riego, Antón Fraguas e Blanco Amor, por sinalar algúns. Contiña informacións sobre a vida das sociedades galegas, a sección poética “Ondas do mar louvadas” e outra sección literaria titulada “Estante de libros”.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Programa semanal de Radio Gramanet (Santa Coloma de Gramanet, Barcelona) que se emite todos os domingos de nove a once da mañá. Comezou a súa emisión en maio de 1985 e recibiu o nome de Galicia Hoxe e Galicia máis cerca. Presentado por Eva Molíns e Rosa Rodríguez, chega ás localidades de Badalona, Sant Adriá del Besós, Moncada i Reixach, parte da comarca do Maresme e de Barcelona.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Revista publicada en Madrid no ano 1964, subtitulada “Galicia al día”. Dirixida polo poeta e xornalista Cipriano Torre Enciso, contén un poema de Xosé Rubiños, un conto de Cristóbal Santamaría, un artigo de Ben-Cho-Shey e unha sección de humor de Castelao e Cebreiro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Revista bilingüe xurdida o 10 maio de 1909 na Habana e subtitulada “Revista decenal ilustrada. Consagrada a la propagación de la cultura gallega y órgano de los gallegos emigrados de América Latina” Cesou ao chegar ao numero once. O redactor Xoán Vicente Martínez e o debuxante Luís Covisa forman parte da mesma. Ten contos e poesías en galego de Francisco Añón, Eduardo Pondal, Xenaro Mariñas e Manuel Nóvoa Costoya, xunto con narracións de Labarta Pose, Lugrís Freire, Ricardo Carballal, Álvaro Dios Villar e outros autores. Contén amais novas de Galicia, biografías de galegos ilustres e inclúe fotografías da paisaxe galega. O escudo de Galicia aparece na portada.

    VER O DETALLE DO TERMO