"Bié" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 200.
-
PERSOEIRO
Artista e teórico da arte norteamericano. Durante a súa estancia en París (1936-1937) o Cubismo e o Neoplasticismo orientárono cara á busca de estruturas plásticas. Fronte ao expresionismo abstracto propugnou nos EE UU o Struturism, que defendeu en libros como Art as the evolution of visual knowledge (A arte como a evolución do coñecemento visual, 1948) ou The new Cézanne (O novo Cézanne, 1958). Os seus struturists works, relevos rectilíneos policromados, son a manifestación plástica das súas teorías. Influíu sobre o construtivismo inglés.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Corrente artística e literaria desenvolvida nos países xermánicos entre o Congreso de Viena (1814-1815) e a Revolución de marzo de 1848, aproximadamente. Tomou o nome do personaxe literario Gottlieb Biedermeier creado en 1855 polo escritor Ludwig Eichrodt para o xornal Fliegende Blätter, personificación do pequeno burgués acomodado. Significou a transición entre o Romanticismo máis exaltado e o inicio do Realismo como reacción contra o anterior idealismo trascendental. Corresponde ao estilo vitoriano inglés e ao estilo Luís Filipe francés. Caracterízase polo eclecticismo, a simplificación da ornamentación e do mobiliario, e o gusto pola anécdota na pintura, con retratos nos que se preocupa máis do detalle que da psicoloxía do personaxe. Son representantes desta pintura Ferdinand Georg Waldmüller, Ludwig Richter, Moritz von Schwind e o humorístico Karl Spitzweg. Na literatura foi desenvolvida por Ludwig Uhland, Eduardo Mörike, Franz Grillparzer e Adalbert Stiffer, entre outros.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Liñaxe procedente do lugar toledano de Biedma que se estableceu en terras da Limia e Monterrei. Nos descendentes da rama galega recaeu o condado de Monterrei. As armas primitivas desta caste levan: en campo de ouro, oito caldeiras de sable, postas en dous paos. Algúns traen: en campo de ouro, un pau de goles arrimado de oito caldeiras de sable, catro en cada flanco. Outra variante recolle: en campo de ouro, un pau de goles, bordo de prata, con oito caldeiros de sable.
-
PERSOEIRO
Militar. Capitán xeneral de Galicia dende o 11 ata o 29 de maio de 1808. favorable á entrada dos franceses en terras galegas en 1808. Publicou un bando no que denunciaba os acontecementos sucedidos o 2 de maio en Madrid e quixo evitar que se reproducisen en Galicia, para o que redactou un informe que enviou aos principais concellos galegos o 11 de maio. Cando a Xunta Suprema do Reino de Galicia someteu á súa xurisdición ao capitán xeneral, este foi enviado fóra de Galicia.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Tumor de pequeno tamaño formado na superficie da pel, que produce inflamación e dor, aínda que non forma bostela.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
sabugueiro.
-
VER O DETALLE DO TERMO
ariante do apelido Biéitez.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Apelido de tipo patronímico. A súa orixe está no nome persoal Bieito, antropónimo derivado do latín beneditu, participio pasivo do verbo benedicere ‘bendicir’. As formas maioritarias actualmente presentan v- non etimolóxico.
-
-
Pequena xema que xorde no talo ou nas pólas dalgún vexetal e que dá lugar a novas ramas, follas ou flores.
-
sabugueiro.
-
-
-
Que recibiu a bendición de Deus a través dun dos seus ministros.
-
Relativo ou pertencente á orde beneditina ou de san Bieito.
-
Que se caracteriza pola súa bondade ou que é incapaz de facer mal.
-
Frade ou relixiosa da orde beneditina.
-
Que ou quen goza de boa fortuna ou felicidade.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
(Magalona, Languedoc 750? - Cornelimünster, Renania 11.2.821) Monxe bieito, de orixe goda. Sendo novo serviu na corte de Pipino o Breve e na de Carlomagno. Monxe cara ao 774 en Dijon, non aceptou o cargo de abade e retirouse ao seu país onde fundou a abadía de Aniana (780?), centro da reforma monástica en Francia, co obxectivo de uniformar a orde beneditina. Luís o Piadoso nomeouno superior xeral de todos os mosteiros e encargoulle a súa reforma por todo o Imperio. É autor da Concordia regularum. A súa festividade celébrase o 11 de febreiro.
-
PERSOEIRO
Fundador da orde dos Benedictinos ou Bieitos e patriarca do monaquismo occidental. A única biografía antiga que se coñece deste santo é a que lle dedica o Papa Gregorio I no seu segundo libro dos Diálogos, escrito cara ao 593-594. De familia nobre, arredor do 480 foi enviado a estudar a Roma pero, desacougado coa vida disipada da cidade, escapou a Afide e, máis tarde, con 20 anos, retirouse a Subiaco para facer vida eremítica nunha cova durante tres anos. Elixido abade de Vicovaro, a súa sona atraeulle numerosos discípulos, entre eles dous nobres romanos, Mauro e Plácido. Posteriormente emigrou con varios discípulos a Montecassino, nos Apeninos, onde fundou arredor do 528 un mosteiro na cima dun outeiro, que se convertería no seu principal estandarte. De feito, aínda que seguiu coa súa peregrinación e fundación de mosteiros (Terracina, Roma, etc), foi en Montecassino onde pasaría o resto da súa vida, redactando a súa famosa regula monachorum (‘regra monástica’), código...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Fillo de escravos africanos, era coñecido co alcume de o Mouro. Pastor e labrego, ingresou na orde dos franciscanos e permaneceu no convento de Santa María de Palermo, primeiro como irmán leigo e logo como superior do cenobio. Recibe culto especial en Sicilia, o seu lugar de nacemento. En Galicia venérase na parroquia de Santa Cristina de Covas, en Meaño, onde se introduciu o culto a comezos do s XIX. Na iconografía represéntase coa faciana de cor negra, co pelo curto e crecho, cunha ampla tonsura monacal e vestindo o hábito castaño dos franciscanos, atado cun cordón. A súa festa celébrase o 4 de abril, agás en Covas, onde se conmemora o martes de Pascua.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Orde beneditina.
-
-
Antropónimo procedente do latín Benedic22tus ‘bendito’, base da que tamén deriva Benedic22to como forma culta de Bieito. Este nome presenta as variantes Bento/Benta e Benito/Benita; a través do español penetrou en portugués e en italiano. Coñécense como hipocorísticos Tocho, Nito e Beni. As formas masculinas tamén se atestan como apelidos, xa que proceden do uso do nome persoal como patronímico insufixado; así, Biéitez e Bieites, que adoito aparecen grafados como Vieitez e Vieites. San Bieito é un santo moi popular en Galicia; moitos devotos demandan a súa axuda na procura dunha curación para os seus vultos, espullas ou tumores. Á ermida de San Bieito da Cova do Lobo, preto de Ourense, acoden moitas nais para curar os seus meniños do tangaraño, misterioso meigallo da infancia que enfraquece e deforma os nenos. Preto do santuario está a Pedra do Tangaraño ou Penedo Vigón, unha das...
-
Liñaxe natural de Betanzos. As súas armas levan, en campo de azul, unha planta con bieitos.
-
-
CIDADES
Cidade de Suíza, no cantón de Berna, á beira do lago de Biel (49.802 h [1998]). Situada na fronteira lingüística do francés e do alemán, dous tercios da poboación son de fala xermánica, mentres que o outro terzo é francófono. Importante centro da industria reloxeira, tamén se desenvolveron as industrias automobilística e eléctrica. É, ademais, unha relevante encrucillada de comunicacións. No seu Schwab Museum consérvanse restos de habitacións lacustres da Idade do Ferro e dos períodos celta e romano.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Teólogo alemán. Fundou a facultade de Teoloxía da Universidade de Tübingen. Partidario do nominalismo occamiano e da vía moderna, influíu sobre moitos teólogos dos ss XVI e XVII, mesmo sobre Lutero.
VER O DETALLE DO TERMO -
LAGOS
Lago de Suíza, nos contrafortes do Xura. Ten unha profundidade máxima de 75 m. Recibe as augas do Aar (desviadas desde Aaberg por unha canle construída entre 1868 e 1878) e as do Suze, e está unido ao lago de Neuchâtel pola canle de Zihl.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Peza ríxida, xeralmente metálica e de gran resistencia, que serve para transmitir o movemento dun órgano a outro en moitos mecanismos e dispositivos. Nun sistema biela-manivela, transforma o movemento rectilíneo alternativo en circular continuo (motores de combustión interna, máquinas de vapor, etc) ou viceversa (compresores, bombas de émbolo, serras alternativas, etc). As bielas deben ser lixeiras e resistentes, e por isto están feitas de aceiros especiais ou de duraluminio, mesmo con materiais plásticos que se están a probar. Constan dunha parte central longa e estreita en forma de barra, chamada cana, que une os dous extremos, máis amplos, articulados, chamados cabeza e pé. Na biela do motor de combustión interna o pé apreixa o parafuso, que recibe o impulso do pistón; e a cabeza, que ten xeralmente a súa metade exterior, chamada tapa, desmontable, abraza o cóbado do cegoñal. Nalgúns motores, nos que actúa máis dunha biela sobre o mesmo cóbado,...
-
Nas armaduras de ferro, cada unha das barras aproximadamente perpendiculares ás trabes grandes e que unen estas cos tirantes.
-
Biela articulada que, nalgúns teares amplos de seda e la, acciona os taboleiros e dá máis tempo para o paso da lanzadeira.
-