"EUR" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 354.

  • Jules Fleury-Husson.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Animal que presenta unha disposición radiada do sistema nervioso, como os equinodermos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Primeiro texto legal visigodo localizado na Península Ibérica, elaborado polo xurisconsulto León e promulgado polo Rei Eurico entre o 466 e o 481 na cidade de Tolosa; por este motivo, tamén se denomina Código de Tolosa. Estruturábase en títulos e capítulos, dos que se conservan do 276 ao 336, con lagoas polo medio. A obra lexislaba para toda a poboación visigoda, seguindo o principio de nacionalidade do dereito, polo que unha persoa integrada nun grupo se rexe xuridicamente polas normas propias da súa comunidade de orixe. Nos casos que afectaban a varios pobos ou a individuos de distintas nacionalidades, debería producirse unha professio iuris, unha declaración formal do Dereito polo que se rexía o suxeito en cuestión, en función da súa nacionalidade. A súa importancia radicou en proporcionar coherencia a unha tradición xurídica diversa e permitir, polo tanto, a organización do reino.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Produción cinematográfica francesa realizada en 1992. Foi dirixida por Claude Sauet e interpretada por Daniel Auteuil, Emmanuelle Béart, André Dussolier e Elizabeth Bourguine. É a historia de Stéphane e Maxime, dous prestixiosos luthiers con moita habilidade no seu traballo. Os dous comparten a profesión e unha prolongada amizade. A irrupción dunha fermosa violinista na vida de Maxime ameaza con rachar a relación dos dous amigos, tanto no eido profesional coma no persoal. O director desta película creou unha galería de personaxes moi variados e complexos que sosteñen toda a trama argumental.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Mercador francés. Mestre das moedas (1435), ministro de Finanzas (1440) e conselleiro (1442) de Carlos VII. En 1432 iniciou o comercio con Oriente desde Montpellier e Marseille. Dispuxo dunha flota e alternou o valioso intercambio con Oriente, sobre todo de especias, con outras actividades comerciais. Acredor do rei e dos cortesáns, e envexado polas súas riquezas, foi acusado de diversos delitos que levaron á súa detención en 1451. En 1453 foi condenado ao pagamento dunha gran cantidade de diñeiro e confiscáronlle os seus bens; por esta razón, fuxiu de Francia e refuxiouse preto do papa, que lle confiou o mando dunha escuadra contra os turcos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Suborganización económica continental do Consello Económico e Social da ONU creada en 1947, con sede en Xenebra. Os seus obxectivos son o fortalecemento das relacións económicas e o estudo dos problemas económicos e tecnolóxicos de Europa. Desde o ano 1990 asumiu, como tarefa primordial, a integración dos estados ex-comunistas de Europa na economía europea e mundial, e a súa transición á economía de mercado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Órgano executivo da Unión Europea que personifica e defende os seus intereses xerais. A súa orixe está nos primitivos tratados da CEE, a CEEA e a CECA, ata que en 1965 o Tratado de Bruxelas unificou a Comisión para as tres comunidades. Componse de vinte membros, os comisarios, designados polos gobernos dos estados membros e investidos polo Parlamento europeo e por un mandato renovable de cinco anos. A distribución dos comisarios por cada Estado determínase de maneira que cada Estado membro estea representado por un nacional, polo menos, e nunca por máis de dous. As súas funcións principais son as de garda dos tratados comunitarios, velando polo cumprimento da legalidade comunitaria; a instrumentación das políticas comunitarias, a través da execución dos orzamentos comunitarios e a administración dos fondos estruturais; a representación da Unión no exterior, ante terceiros estados; a organización de conferencias internacionais; e o impulso da actividade comunitaria en xeral, a través da...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Órgano con carácter consultivo creado polo Tratado da Unión Europea e asinado en Maastricht o 7 de febreiro de 1992. Está composto por representantes das colectividades rexionais e locais dos quince estados membros da UE. Os seus compoñentes son nomeados polos membros do Consello Europeo, por catro anos e por unanimidade. O Comité das Rexións pode ser consultado polo Consello ou pola Comisión Europea en materias de educación, xuventude, cultura, saúde pública, redes transeuropeas e cohesión económica e social. Tamén pode emitir un ditame por propia iniciativa cando se considera que están en xogo intereses rexionais específicos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organismo internacional creado en Londres en 1850 por políticos exiliados de toda Europa a consecuencia dos feitos revolucionarios de 1848-1849. Estaba liderado polo italiano Giuseppe Mazzini, o francés Ledru-Rollin, o alemán Struve e o húngaro Kossuth. A súa finalidade era conseguir a liberación das nacionalidades oprimidas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organización internacional creada en aplicación do Tratado de Roma, asinado o 25 de marzo de 1957 por Bélxica, Francia, os Países Baixos, a República Federal de Alemaña, Italia e Luxemburgo, que pretendía establecer unha unión aduaneira e un mercado común, elaborar unha política conxunta para a agricultura, para o movemento de man de obra e os transportes, e fundar institucións comúns para o desenvolvemento económico. O Tratado de Roma entrou en vigor o 1 de xaneiro de 1958 e contemplaba tamén a fundación da EURATOM. En 1973 incorporouse Dinamarca, Irlanda e o Reino Unido; en 1981, Grecia; e, en 1986, España e Portugal. O 1 de novembro de 1993, coa entrada en vigor do Tratado de Maastricht, a CEE converteuse en Unión Europea (UE), na que se integraron Austria, Suecia e Finlandia en 1995.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organización europea creada en aplicación do Tratado de Roma, asinado o 25 de marzo de 1957 por Bélxica, Francia, os Países Baixos, a República Federal de Alemaña, Italia e Luxemburgo. Con sede en Bruxelas, comezou a funcionar en 1958. Os seus obxectivos concretáronse no establecemento dun mercado común de produtos nucleares e no desenvolvemento das industrias de aplicacións pacíficas da enerxía nuclear. Son membros todos os estados adheridos á Comunidade Económica Europea.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organización económica internacional fundada en París en 1951 por acordo dos gobernos da República Federal de Alemaña, Bélxica, Francia, Italia, Luxemburgo e os Países Baixos. O texto institucional comezou a súa vixencia en 1952, cunha duración de 50 anos, e co obxectivo de acadar a integración económica no sector do carbón e do aceiro. A súa dirección está formada por unha serie de persoas que se elixen cada seis anos con sede en Luxemburgo. Son membros todos os estados adheridos á Comunidade Económica Europea.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Conxunto de organizacións creadas entre os países de Europa para acadar a integración progresiva das súas economías. Especialmente, alúdese ás Comunidades Europeas a partir de 1965 (con efectividade desde 1967), cando se crearon unhas institucións comúns entre a Comunidade Económica Europea, a Comunidade Europea do Carbón e do Aceiro e a Comunidade Europea de Enerxía Atómica. Os estados membros iniciais foron Bélxica, Francia, Italia, Luxemburgo, a República Federal de Alemaña e os Países Baixos; posteriormente, integráronse outros estados europeos. Desde a entrada en vigor da Unión Europea (1993), as Comunidades Europeas constitúen un dos seus piares.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organización sindical constituída en 1973 en Bruxelas por iniciativa da Confederación Internacional de Sindicatos Libres (CISL). O seu obxectivo é defender os intereses dos traballadores europeos, en particular ante as institucións europeas (UE e EFTA). A súa estrutura interna está formada polo Congreso, elixido por catro anos e que se ocupa do nomeamento do secretario xeral, das dúas secretarías xerais deputadas e do presidente; polo Comité Executivo, que se reúne catro veces ao ano cos representantes de todos os afiliados e elixe as delegacións que negocian coas organizacións de empresarios europeos; polo Comité Directivo, que ten a responsabilidade de continuar as decisións do Comité Executivo no tempo que media entre as súas sesións; polo Secretariado, que se ocupa de seguir a evolución das actividades da Confederación de manter as relacións coas institucións europeas e coas organizacións de empresarios; e polo secretario xeral, que actúa como voceiro. En outubro de 1998, a Confederación...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organización constituída en 1985 en Barcelona a iniciativa das VI xornadas internacionais do Centre Internacional Escarré per a les Minories Ètniques i Nacionals (1981). Agrupa movementos nacionalistas, políticos, culturais e sindicais das nacións sen Estado de Europa coa finalidade de potenciar a Europa das nacións como alternativa á Europa dos estados.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ES-TRAD;mso-fareast-language: Organización para a Seguridade e Cooperación Europea.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organismo internacional creado en 1949, con sede en Estrasburgo, para fomentar o progreso social e económico e a realización dos ideais e principios dunha Europa unida. Tamén se ocupa da defensa e do desenvolvemento dos dereitos do home e das liberdades fundamentais. Foron membros fundadores Bélxica, Dinamarca, Francia, Reino Unido, Irlanda, Italia, Luxemburgo, Holanda, Noruega e Suecia. Posteriormente, integráronse Grecia e Turquía (1949), Islandia (1950), a República Federal Alemana (1951; en 1990 incluíuse tamén a antiga República Democrática Alemana), Austria (1956), Chipre (1961), Suíza (1963), Malta (1965), Portugal (1976), España (1977), Liechtenstein (1978), San Marino (1988) e Finlandia (1989). Trala caída do pano de aceiro e o derrubamento da URSS, ingresaron Hungría (1990), Polonia (1991), Bulgaria (1992), Estonia, Lituania, Eslovenia, Eslovaquia, a República Checa e Romanía (1993), Letonia, Albania, Moldavia, Macedonia e Ucraína (1995), Rusia e Croacia (1996) e Xeorxia (1999)....

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organización Europea para a Investigación Nuclear.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ENTRADA LARGA

    Copa de Europa de Baloncesto
    En 1957, a International Basketball Federation puxo en marcha un campionato europeo para clubs campións de liga a imaxe do de fútbol. En 1988, o baloncesto situouse na vangarda da modificación do sistema de competición, coa celebración das semifinais e final nunha mesma sede e a partido único, en datas consecutivas (final a catro ou final four); tamén foi pioneiro na apertura da máxima competición a máis equipos, e non estritamente os campións das ligas nacionais, medida que adoptou a partir da tempada 1991-1992, e que deu lugar a que dende entón a Copa de Europa se denomine Liga Europea. Na tempada 2000-2001 produciuse unha escisión no baloncesto europeo, que supuxo a celebración de dúas competicións paralelas: a Suproliga, organizada pola FIBA e que continuou co sistema de final a catro, e a Euroliga, organizada polos clubs das principais ligas (entre elas a italiana e a española), na que as eliminatorias finais se disputan...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de algas da familia das deleseriáceas, caracterizadas por ter talos con veas ou nervaduras moi patentes. Destaca a especie C. ramosa, de ata 15 cm de lonxitude e de cor avermellada ou apardazada, que vive fixa ao substrato por medio dun disco basal en fendas de rochas ou sobre outras algas do xénero Laminaria nos niveis mesolitoral inferior e infralitoral.

    VER O DETALLE DO TERMO