"RSA" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 131.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Conxunto de serras que atravesan en dirección practicamente meridiana (NNL-SSO) o centro do territorio da Comunidade Autónoma de Galicia. De N a S, dende a punta de Estaca de Bares ata o Faro de Avión, sucédense a serra da Coriscada, a serra da Faladoira, a serra da Loba, o cordal de Montouto, a serra da Cova da Serpe, a serra do Careón, a serra do Farelo, a serra do Faro, os montes do Testeiro, a serra do Suído e a serra do Faro de Avión. Erguidas sobre materiais predominantemente precámbricos e paleozoicos, intensamente afectados polo dobramento herciniano, as máximas altitudes rexístranse no sector meridional cos 1.187 m do monte Faro, na serra homónima, e os 1.154 m do Faro de Avión.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Obra publicada por Ir Indo Edicións desde o ano 1999 e que continúa unha importante traxectoria da editorial a prol da cultura galega. Ademais do editor Bieito Ledo Cabido e do director Xosé A. Perozo, o equipo que elabora a EGU está composto por 28 redactores, todos eles licenciados cunha formación específica en lexicografía, bioloxía, historia, antropoloxía, arte, xeografía, literatura, música, etc; 59 asesores, expertos nos principais eidos de coñecemento, que documentan o labor dos redactores, e máis de 500 colaboradores, especialistas nas diferentes disciplinas, xunto cos profesionais da fotografía, edición, maquetación, deseño e gráficos, informática e cartografía. Á parte da calidade da edición (encadernación de guaflex, impresión en cuadricromía, maquetación moderna), cómpre destacar as características da EGU, que inclúe 30.000 ilustracións en cor (con cadros sinópticos, gráficos, táboas, etc), 200.000 entradas e unha cartografía actualizada das 53 comarcas administrativas galegas...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Pequena composición poética, formada por unha única estrofa de entre 8 e 16 versos, normalmente heptasílabos, ou por coplas de arte menor, real ou mixta. Probablemente teña a súa orixe na poesía provenzal, lingua na que esparsa significa ‘cobra solta’. Non obstante , trátase dunha composición típica da lírica dos cancioneiros, frecuente en recompilacións, como o Cancionero General de Hernando del Castillo ou o Cancioneiro Geral de Garcia de Resende. Aínda que o termo non apareza no Cancionero de Baena, si se rexistran algúns poemas que poden considerarse anuncios desta forma poética que terá o seu maior esplendor na segunda metade do s XV. A diferenza da cantiga e do vilancete, a esparsa non retoma versos alleos que glosa despois; é unha composición autónoma e independente, considerada como a precursora do madrigal e do epigrama. O asunto tratado nas esparsas é, maioritariamente, o amoroso, con especial predilección pola coita ou expresión da tristeza e melancolía que provoca a pena ou...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aplícase ao arco ou bóveda que presenta un extradorso regular.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Reforzar un paramento pola súa parte posterior.
-
-
-
Xénero dramático breve, de contido cómico e esquemático. Desenvolveuse como xénero a partir das actuacións dos xograres durante o s XIII, e consolidouse en Francia no s XV, onde destaca La Farce de Maître Pàthelin. En Italia colleu elementos da commedia dell’arte e tivo moita difusión no Véneto, coas obras de Angelo Beolco (s XVI) e o seu seguidor, Andrea Calmo. En Nápoles adoptou uns trazos característicos (farsa napolitana), e Pietro Antonio Caracciolo (s XVI) foi o principal representante. Noutros países este xénero apareceu menos delimitado e confundiuse, pola forma e a temática, coa comedia. Relegada por esta, a farsa rexurdiu a finais do s XVIII baixo a denominación de comedia-proverbio ou de come-dia-parada. O xénero revitalizouse no s XX con diversas variantes e cultivadores (Crommelynck, Valle-Inclán, Ionesco, Beckett). No teatro galego destacan as farsas Laudamuco señor de ningures, de Roberto Vidal Bolaño, Proceso en Jacobusland,...
-
farsa musical
ariedade da ópera bufa de pequenas dimensións e de tema a miúdo inverosímil ou grotesco, satírico ou erótico. Cultivouse en Inglaterra (ballad farse), en Francia e, sobre todo, en Italia nos ss XVIII e XIX. Destacan as farsas de Rossini (La cambiale di matrimonio, 1810; Il signor Bruschino, 1813) e Donizetti (Il campanello di notte, 1836).
-
-
Enredo ou trampa que se fai para aparentar, ocultar ou enganar a alguén.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acción burlesca.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Poema épico-histórico latino, en hexámetros, de Marco Anneo Lucano. De grande elaboración retórica, describe a guerra civil entre César e Pompeio. Componse de 10 libros, pero parece que Lucano pensaba escribir outros dous máis e finalizar o poema coa morte de César. Pénsase que foi composto en dous períodos distintos: os 3 primeiros libros, centrados nos comezos da guerra civil (dun xeito relativamente favorable a César), serían escritos antes do seu enfrontamento con Nerón, e os 7 restantes, de tendencia republicana, publicaríanse postumamente. O título orixinario da obra era Belli civilis libri decem, pero con posterioridade recibiu o nome de Pharsalia (‘Grecia’), cidade onde tivo lugar a batalla en que César venceu o seu inimigo. É unha obra anticlásica e innovadora (vinculada ao movemento estoico), xa que desde o comezo intenta renovar a épica e impor un novo estilo rompendo coas convencións do xénero que estaban fixadas desde Homero e Virxilio. Tense debatido se o...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Combate entre Xulio César e Cneo Pompeio durante a Guerra Civil que tivo lugar o 9 de agosto do 48 a C en Tesalia. As tropas de Pompeio, compostas por 11 lexións e un corpo de cabalería formado por 7.000 xinetes, foron derrotados polas oito lexións de veteranos que dirixía César apoiadas por un corpo de cabalería de 1.000 xinetes.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertence a Farsalia, antiga cidade de Grecia.
-
-
Persoa que se dedicaba profesionalmente a representar farsas.
-
Que ou quen finxe sentimentos, opinións ou accións que pretende facer pasar por verdadeiras para enganar.
-
-
GALICIA
Pintor. Formouse na Real Academia de San Fernando de Madrid e foi mestre do Rei Carlos de Portugal. Cultivou a paisaxe, próxima ao realismo de C. de Haes, o retrato, baseado no debuxo e no que captaba a psicoloxía das personaxes, e a pintura de historia. Da súa obra, destacan María Pita, Defensa de Lugo, Confurco, Na eira e Mariña. A súa obra está presente, por exemplo, na Real Academia de Bellas Artes Nuestra Señora del Rosario e na Deputación da Coruña.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor, debuxante e gravador. As súas primeiras obras, acuarelas, paisaxes á augada, retratos e gravados, mostraron xa o interese pola luz. As súas últimas obras, entre outras Los hijos del pintor en el salón japonés (1874), achéganse ao impresionismo pola captación da luz e da pincelada solta.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Economista. Foi profesor nas universidades de California e Berkeley. Recibiu o Premio Nobel de Economía (1994), compartido con J. Nash e R. Selten, pola súa análise do equilibrio na teoría dos xogos non cooperativos.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Antiga cidade de Irán, situada a uns 15 km ao N de Nínive, construída por Sargon II de Asiria (721 a C - 705 a C) como capital do seu reino. Escavada pola expedición francesa de Paul-Émile Botta a mediados do s XIX, descubríronse os monumentos que integraban Dūr-Šarrukīn. Posteriormente o Oriental Institute de Chicago realizou novas escavacións (1929-1934).
-
VER O DETALLE DO TERMO
(Vladimir 1854 - Moscova 1900) Neurólogo ruso. Describiu a polineurite de orixe alcohólica que leva o seu nome.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Conxunto de trastornos mentais asociados a unha polineurite e que consisten en amnesia anterógrada, desorientación e tendencia á cofabulación e perda da memoria. O alcoholismo é a miúdo a causa determinante.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Antiga cidade de Babilonia, correspondente á actual Senkere. Constituída no IV milenio a C, foi capital dun reino que, xunto co de Isin, tivo un gran poder en Mesopotamia meridional entre 1960 e 1735 a C. Caeu despois baixo o dominio da dinastía babilónica de Hammurabi.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Grupo lácteo creado en Vigo, co nome de Lacto Agrícola Rodríguez SA, en 1947 e dedicado ao envasado de leite e á comercialización de produtos derivados. Na decáda de 1950 converteuse no primeiro grupo lácteo galego e estivo formado polas empresas Arjeriz, Vega de Oro, Central Lechera de Pontevedra e Industrias Lácteas Agrupadas. En 1991 adquiriuno Union Laitière Normande (ULN) a través da súa filial española Iberlat que, á súa vez, se fusionou con Central Lechera Asturiana en 1997.
-
-
Acción e efecto de malversar.
-
Delito contra a propiedade pública que poden realizar as autoridades ou funcionarios que gardan os efectos públicos ao seu cargo. O funcionario pode cometer este delito coa subtracción activa ou co consentimento para que outro o realice, coa utilización dos bens públicos para uso propio ou diferente ao que son destinados.
-