"Santa María" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 234.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Antiga igrexa parroquial situada en Vilasantar. Trátase dunha capela dependente de San Martiño de Armental. A súa decoración permite datala cara ao 1225 e construíuse nun lugar onde se conservan vestixios romanos. Consta dunha nave, cuberta cun teito de madeira, e unha ábsida rectangular con bóveda de canón apuntada, reforzada por un arco faixón de igual directriz que descansa en dous capiteis-ménsulas, un deles cunha decoración de entrelazados e bólas ornadas con leves incisións. O arco triunfal é apuntado e dobrado, a rosca menor apóiase en dúas semicolumnas de bases áticas e con capiteis decorados. O capitel esquerdo consta dunha orde de follas pegadas á cesta e rematadas en pomas, co contorno resaltado por unha liña de zigzag; na parte superior asoman outras follas que recordan as de crochet, curvadas nos extremos, e que parecen un rostro humano. No capitel meridional combínanse entrelazados adornados con liñas en zigzag, follas nervadas de perfil lobulado nos espacios intermedios,...
-
IGREXAS
Igrexa parroquial situada en Sarreaus. Foi sede da orde militar de Santiago, baixo a encomenda de Santa María de Barra. De orixe románica, a cabeceira reconstruíuse, segundo unha inscrición da ábsida, en 1707. O seu aspecto exterior é defensivo, con poucos vans e cunha torre campanario pegada á portada principal. Conserva un cáliz gótico e imaxes barrocas.
VER O DETALLE DO TERMO -
IGREXAS
Igrexa parroquial situada en Mazaricos. Trátase dun templo barroco de tres naves. No exterior, a ábsida refórzase con contrafortes. Na fachada destaca a situación da torre das campás, pegada ao muro sur; consta de dous corpos, o primeiro ten catro arcos de medio punto, mentres que o segundo presenta unha alternancia de ocos e de macizos, e remata nun pináculo con bóla. Sobre a porta principal ábrese unha fornela que acolle a imaxe da titular da mesma.
VER O DETALLE DO TERMO -
IGREXAS
Igrexa parroquial situada na Pontenova. Construíuse entre 1662 e 1664 segundo os planos do arquitecto e rexedor de Viveiro Diego Ibáñez Pacheco. Consta dunha nave dividida en tres tramos e con cuberta abovedada. No interior destaca a decoración pictórica das bóvedas de finais do s XVIII. No exterior destaca a portada renacentista formada por un arco de medio punto situado entre pilastras estriadas e cun frontón rematado con acroteras. A torre, pegada á fachada, está formada por catro corpos que rematan nun chapitel.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Antigo mosteiro situado en Santiago de Compostela. Fundado no s X por San Pedro de Mezonzo, foi reconstruído trala razzia de Almanzor. No 1106, Diego Xelmírez restaurouno e estableceu unha comunidade de monxas baixo a regra beneditina. A nova igrexa inaugurouse en 1129. A decadencia das peregrinacións a Compostela durante o s XV e o menor uso da ruta xacobea, que pasaba polo lugar do mosteiro, levaron á súa decadencia e desaparición ordenada polo Papa Sisto IV. Coñécese a composición da igrexa medieval por algunhas descricións tardías e polos restos arqueolóxicos atopados. Tratábase dun templo con planta basilical de tres naves e tres ábsidas, a central de maior tamaño, con cuberta abovedada e construído con perpiaños. No altar situábase un frontal de bronce dourado onde se veneraba a imaxe da Virxe da Cuncha. Do claustro gótico consérvanse catro tramos e o inicio do quinto do lenzo oeste e a parte meridional. A reforma monacal dos Reis Católicos trouxo como consecuencia o traslado da comunidade...
-
IGREXAS
Igrexa parroquial situada en Portomarín. Pertenceu á encomenda de San Xoán de Portomarín. Da primitiva igrexa románica de finais do s XII só se conserva a porta principal con dúas arquivoltas de medio punto peraltadas, a maior apoiada sobre un par de columnas acobadadas e rodeada dunha chambrana de billetes en axadrezado. Os capiteis substituíronse nunha reforma posterior e non se conserva o tímpano.
VER O DETALLE DO TERMO -
IGREXAS
Igrexa parroquial situada en Cortegada. Construíuse en 1898 en estilo neogótico, seguindo a traza de Daniel Vázquez Gulías. No interior destacan os retablos neogóticos. Financiouna o indiano Guillermo Álvarez Pérez.
VER O DETALLE DO TERMO -
IGREXAS
Igrexa parroquial situada en Silleda. De orixe medieval, pertenceu probablemente ao mosteiro de San Lourenzo de Carboeiro no ano 910. Do primitivo templo románico, construído a finais do s XII, só se conservan os muros laterais da nave: no lado sur destaca unha estreita fiestra e os canzorros, e no norte dúas seteiras e canzorros decorados cun carneiro, unha aguia, un can con dúas volutas e un home collendo os xeonllos, todo deteriorado. A igrexa reedificouse no s XVII, nun lugar próximo á súa situación orixinal.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Capela da catedral de Santiago de Compostela. Orixinariamente foi un mosteiro fundado polo bispo Sisnando en honor de santo Estevo, confirmado por Ordoño II (912). As posesións do mosteiro estendéronse ata o lugar de Pinario e no s X a advocación cambiou pola de san Martiño. Trala razzia de Almanzor, o arcebispo Pedro de Mezonzo reconstruíu o cenobio e levantouse unha igrexa de tipo asturiano, de planta basilical, con tres naves e unha gran capela rectangular á que posteriormente se lle engadiron outras dúas de distintas proporcións. As naves laterais tiñan un peche recto e tres tramos separados por piares rectangulares. A finais do s XI, ao construírse a catedral románica, os tramos máis occidentais das naves suprimíronse para edificar a capela de San Nicolao no transepto catedralicio. No s XIII, en época do arcebispo Xoán Arias, sufriu unha nova remodelación que lle outorgou o seu aspecto actual: os piares que separaban as naves substituíronse por columnas con capiteis vexetais que recordan...
-
IGREXAS
Igrexa parroquial situada en Bande. No exterior destaca a portada principal formada por un arco de medio punto rebaixado, unha fornela que acolle a imaxe da Inmaculada e o remate con pináculos. Fronte á igrexa hai un cruceiro no que destacan as representacións de Cristo crucificado e da Dolorosa.
VER O DETALLE DO TERMO -
IGREXAS
Igrexa parroquial situada en Sarria. De estilo románico, está datada na segunda metade do s XII. Consta dunha nave rectangular con cuberta de madeira a dúas augas e dunha ábsida cun tramo recto semicircular e cuberta abovedada.
VER O DETALLE DO TERMO -
IGREXAS
Igrexa parroquial situada na Merca. Construíuse no s XVIII en estilo barroco. Consta dunha nave, con cobertura de madeira, e dunha ábsida, cuberta con bóveda de crucería. No interior destaca o retablo maior neoclásico realizado no s XVIII. Na sancristía cómpre salientar un retablo barroco con columnas salomónicas e decoración vexetal do s XVII. No exterior destaca a torre feita no ano 1941, despois da destrución por causas naturais de parte da igrexa e da espadana que coroaba a fachada.
VER O DETALLE DO TERMO -
IGREXAS
Igrexa parroquial situada en Sandiás. De orixe románica, ampliouse no s XVII. No interior destaca o retablo maior barroco.
VER O DETALLE DO TERMO -
IGREXAS
Igrexa parroquial situada en Cartelle. Construída no s XVII, consta dunha nave con cuberta de madeira. Na fachada destaca a espadana dividida en dúas partes. No muro exterior consérvase unha ara romana cunha inscrición.
VER O DETALLE DO TERMO -
IGREXAS
Igrexa parroquial situada en San Cristovo de Cea. De estilo barroco, construírona os mestres de obras Pedro de Rivas de Rebordelo (1768-1770) e Pedro Vidal (1773-1787). Consta dunha nave rematada en pináculos cara ao exterior. No seu interior destaca o retablo de estilo rococó, cun Cristo e cun relevo da coroación da Virxe. Na fachada principal cómpre salientar as imaxes da Asunción e do Apóstolo Santiago peregrino.
VER O DETALLE DO TERMO -
IGREXAS
Igrexa parroquial situada nos Blancos. De orixe románica, engadíuselle unha cabeceira de planta cadrada no s XVI e, posteriormente, ampliouse cara ao oeste. No interior destacan as pinturas renacentistas do retablo maior elaboradas polo mestre do Sisto (1552), que representan escenas da vida da Virxe e as efixies do Emperador Carlos V e de Isabel de Portugal.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Texto galego do s XV conservado en dúas versións. Unha nun manuscrito do arquivo da catedral de Santiago (14 follas) e en dúas copias deste: manuscrito 1.228 da Biblioteca Nacional de Madrid (do XVI) e manuscrito 1.924 da Biblioteca Universitaria de Salamanca (do XVII). A outra nun manuscrito da Biblioteca Vaticana (do XVII). Ademais diso, en 1888 López Ferreiro citaba outros cinco manuscritos, actualmente de paradoiro descoñecido. A versión da Biblioteca Vaticana indica que se escribiu en 1444 e que a compuxo “Jan Rodriguez do Padron”, coincidindo cun códice que posuía A. Fernández Guerra, pero non hai fundamento para esta atribución. O códice de Santiago foi escrito en 1468 por Rui Vasques, clérigo de Chacín (Mazaricos). O autor tenta facer unha exaltación da igrexa de Iria, onde estivo o bispado antes do seu traslado para Santiago, e refírese aos bispos de Iria-Compostela desde os inicios ata os tempos de Diego Xelmírez. Para a elaboración do texto utilizou como fontes o Chronicon Iriense...
-
IGREXAS
Igrexa situada en Padrón. Foi parroquia ata que esta función recaeu no santuario da Nosa Señora da Escravitude. Conserva unha ábsida románica de finais do s XII, de planta rectangular e cuberta cunha bóveda de canón apuntada reforzada por un arco faixón da mesma directriz. Os capiteis das columnas nas que se apoian presentan follas sen apenas relevo, moi esquemáticas e rematadas en bólas. O arco triunfal é dobrado, a rosca exterior apóiase sobre os muros, mentres que a menor se asenta sobre un par de columnas entregadas de fustes curtos, bases áticas e capiteis con decoración vexetal. O do lado norte decórase cuns entrelazos anchos e moi pegados á cesta, rematados en pomas nos vértices. O capitel meridional amosa un rexistro de follas nervadas co eixe perlado e con turxescentes volutas na parte superior, e o cimacio decórase con palmetas. No exterior da ábsida destaca unha estreita ventá rematada por un arco de medio punto moldurado e asentado sobre columnas con bases áticas e capiteis...
VER O DETALLE DO TERMO -
IGREXAS
Igrexa parroquial situada en Oza dos Ríos. Está documentada por unha doazón do s X realizada por dona Paterna ao mosteiro de Cis. Os trazos decorativos e estruturais permiten datar a súa construción nos primeiros anos do s XIII. O templo presenta unha nave e unha ábsida de planta semicircular precedida dun tramo recto cunha bóveda de canón apuntada. Na capela ábrense tres fiestras con arcos de medio punto abucinadas e, sobre elas, servíndolle de arranque á bóveda apuntada, sitúase unha imposta con molduras. O arco triunfal é apuntado e dobrado, e a rosca menor descansa sobre un par de semicolumnas pegadas, situadas sobre bases áticas decoradas con follas, motivos xeométricos e sogas. Os capiteis amosan distinta ornamentación: o do lado norte presenta dúas grandes follas sen nervios que rematan en volutas das que penden pomas; e o meridional é unha variante do capitel de entrelazo. Nos muros da nave consérvanse pinturas do s XVI de estilo hispanoflamenco. O beiril está sostido por canzorros...
VER O DETALLE DO TERMO -
IGREXAS
Igrexa parroquial localizada en Cuntis. Coñecida tamén como San Xurxo de Cuntis, foi construída no s XVIII sobre unha antiga igrexa románica. Nos pés dun dos piares do interior figura unha inscrición na que data a primitiva construción en 1078. Esa primeira igrexa e a casa do abade Adaulfo foron doadas pola Raíña Urraca ao bispo Diego Xelmírez e ao cabido da igrexa de Santiago en 1116. Da construción barroca destacan as elevadas torres con balaustradas. Conserva perpiaños da primitiva igrexa románica incrustados nos muros. No interior cómpre salientar a imaxe de san Sebastián e un crucificado do obradoiro de Xosé Ferreiro. No adro hai sepulturas antigas e unha lápida sepulcral da Alta Idade Media.
VER O DETALLE DO TERMO