"XT" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 245.
-
PERSOEIRO
Actor e director inglés. Formouse na English Stage Company e no Royal Court Theatre, onde adquiriu relevancia a partir das súas escenificacións de textos de Arnold Wesker como The Kitchen (A cociña, 1959) ou The Old Ones (Os vellos, 1972), onde a expresión xestual e o movemento dos actores adquiren especial importancia. Entre 1963 e 1966 foi director asociado do National Theatre de Londres, invitado por Laurence Olivier, onde dirixiu un Othello, co propio Olivier no papel protagonista. Nesa época iniciou a súa colaboración co dramaturgo Peter Shaffer, co que realizou os espectáculos The Royal Hunt of The Sun (A gran caza do Sol, 1964), sobre a destrución do Imperio Inca, Equus (1973) ou Amadeus (1979). Entre 1974 e 1981 traballou en Broadway, ao tempo que se ocupaba de dirixir a produción da Metropolitan Opera House de Nova York. En 1989 presentou no West End londinense un dos seus últimos traballos, Madame Butterfly, a partir...
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Aplícase ao escudo dividido por unha liña paralela ao seu lado dereito e situada a un terzo do seu ancho.
-
Aplícase á peza ou figura acompañada doutra ou doutras á súa dereita.
-
Aplícase ao pau colocado máis á dereita da súa situación habitual dentro do escudo.
-
Aplícase ao casco que mira para o flanco dereito.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Inclinación espontánea a usar preferentemente as extremidades e o ollo dereitos nos movementos voluntarios.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Polisacárido de alto peso molecular formado por unidades de dextrosa. Prodúceno xeralmente as bacterias do xénero Leuconostoc e Streptococcus. Emprégase para dar viscosidade a algúns líquidos como o viño ou o leite, no tratamento de hemorraxias e tamén en cromatografía, como material de empaquetado das columnas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que ou quen emprega a man dereita con maior preferencia.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Polisacárido intermedio resultante da hidrólise do amidón a maltosa polo enzima amilasa. As dextrinas son substancias sólidas solubles en auga e insolubles en alcohol e éter, de cor tostada e amorfas. As súas disolucións son dextroxiras. Obtense na industria quentando o amidón con ácidos diluídos, e ten diversos usos como espesante, adhesivo ou substituto da lactosa.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Proceso mediante o que se obteñen dextrinas a partir do amidón.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Transformar amidóns en dextrinas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Forma prefixada de orixe latina que se emprega na composición de palabras co significado de ‘dereito’.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Posición anómala do corazón, situado á dereita e non á esquerda do tórax. Pode ser conxénita ou adquirida.
-
-
Relativo e pertencente á dextrocardia.
-
Que padece dextrocardia.
-
-
-
-
Aplícase ao movemento de rotación que, respecto do observador, xira no sentido das agullas do reloxo, cara á dereita.
-
Aplícase á hélice que, respecto a un observador colocado paralelamente ao eixo desta, avanza de esquerda a dereita (hélice directa).
-
-
Que rube helicoidalmente, a miúdo de dereita a esquerda, mirando desde fóra.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
glicosa.
-
-
Aplícase a aquela substancia que desvía o plano de luz polarizada cara á dereita no sentido das agullas do reloxo. Por convención, aceptouse representalo coa forma (+).
-
-
Aplícase á escritura que vai de esquerda a dereita, como a grega e a latina.
-
Aplícase á escritura inclinada cara á dereita, en oposición á sinistroxira.
-
-
Aplícase ao brazo que se dirixe do lado dereito do escudo cara ao esquerdo e mostra o cóbado.
-
-
PERSOEIRO
Político. Estudiou nas universidades de Columbia e Wisconsin. Traballou no Banco Interamericano de Desarrollo nos anos sesenta e foi alcalde de Quito (1970-1978). Presidiu o Banco Ecuatoriano Nacional de la Vivienda y Junta Nacional de la Vivienda. En 1992 accedeu á presidencia de Ecuador á fronte da Unión Republicana (UR). Emprendeu un programa económico neoliberal e austero, afrontou un conflito armado con Perú no Alto Amazonas e viuse afectado polo escándalo da apropiación de fondos do vicepresidente Alberto Dahik. Participou no IX Cumio do Grupo de Río (4 e 5 de setembro de 1995), onde os presidentes do hemisferio definiron o establecemento dunha área de libre comercio común para o 2005. En 1998 foi elixido deputado nacional.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Produción cinematográfica estadounidense realizada en 1982. Foi dirixida por Steven Spielberg e interpretada por Henry Thomas, Drew Barrymore, Dee Wallace e Peter Coyote. É unha historia de amizade entre un rapaz e un extraterrestre que destaca polo tratamento da imaxe e os seus efectos especiais, polos que gañou catro Oscar nas categorías técnicas. No ano 2002, Steven Spielberg estreou de novo a película con algunhas melloras técnicas e un par de escenas inéditas.
-
PERSOEIRO
Historiador inglés. Educado en Eton, doutorouse en Historia pola University of Cambridge (1952). Foi profesor do Trinity College de Cambridge, do King’s College da University of London, do Institute for Advanced Study de Princeton e da University of Oxford, da que foi regius professor entre 1990 e 1997. Especializouse en historia moderna europea, con especial atención á historia de España dos ss XVI e XVII. Destacan as súas Imperial Spain, 1469-1716 (España Imperial, 1469-1716, 1963), The Old World and the New, 1492-1650 (O vello mundo e o novo, 1492-1650, 1970), The Count-Duke of Olivares (O conde duque de Olivares, 1986) e The Hispanic World (O mundo hispánico, 1991). Recibiu, entre outros galardóns, o de doutor honoris causa polas universidades de Barcelona, Autónoma de Madrid, València, Lleida, Xénova, Portsmouth, Warwick e Brown; os premios Wolfson de Historia (1986), o Elio Antonio de Nebrija (1993), o Príncipe...
VER O DETALLE DO TERMO -
SEMANARIOS
Semanario aparecido en Vigo en abril de 1997. Subtitúlase “El Periódico de las Comunidades Españolas en el Mundo”. Editado e dirixido por Francisco Gómez Soto, diríxese fundamentalmente aos emigrantes españois residentes en Europa, Australia e América. Distribúese entre as máis de 3.000 asociacións españolas que hai no mundo, que totalizan máis dun millón de socios. Cun espírito informativo plural, inclúe contidos de actualidade, sobre todo referentes á emigración, datos sobre bolsas, axudas e fundacións. Ademais, tenta reflectir a realidade das devanditas asociacións con reportaxes sobre os actos que se desenvolven nas casas rexionais e nos distintos países.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Estado psíquico en que o individuo se sente fóra de si e do mundo circundante, a causa dun sentimento de entusiasmo, admiración ou alegría.
-
Estado da alma en que o individuo se sente transportado fóra de si e unido á divindade. Xeralmente vai acompañado de diminución da sensibilidade e da mobilidade.
-
-
Denominación coa que se designa, nun rexistro coloquial, a droga de deseño 3,4-metilendioximetanfetamina.
-
éxtase líquido
Denominación coa que se designa, nun rexistro coloquial, a droga composta por gammahidroxibutirato.
-
-
-
-
Causar éxtase.
-
Sentir éxtase.
-