"edito" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 74.

  • Persoa que redacta artigos editoriais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Empresa editorial italiana fundada en 1933 por Giulio Einaudi (Turín 1912 - 1999). Presidida por Roberto Cerati, conta con máis de 8.000 títulos diferentes no seu catálogo. Publica anualmente máis de 200 novidades. A súa liña editorial céntrase na literatura italiana e estranxeira, no ensaio literario e nos libros de temática histórica, filosófica, científica e económica, ademais de clásicos antigos e contemporáneos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Empresa fundada en Barcelona en 1860 polos irmáns Josep e Pau Espasa i Anguera co nome de Espasa Germans. Inicialmente, ademais de El Mundo Ilustrado, a súa actividade centrouse en publicacións en catalán e así editou o Dicionari de la llengua catalana (1864-1865), de Labérnia, e a Gramàtica catalana, de Bofarull e Blanc. En 1905 comezou a edición da Enciclopedia universal ilustrada europeo-americana, coñecida popularmente por Enciclopedia Espasa. A partir de 1908 continuaron o labor editorial os seus fillos Josep, Joan e Lluís Espasa i Escayola. En 1926, cando a Editorial Hijos de J. Espasa xa publicara 50 volumes da Enciclopedia Universal Ilustrada, produciuse a fusión con Calpe (Compañía Anónima de Librería y Publicaciones Españolas), fundada en 1911 en Madrid. Nese momento, converteuse nunha das principais editoriais de Europa, con proxección en Arxentina e México. Dende a súa constitución, Espasa-Calpe ten ao seu cargo a edición do Dicionario...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Crédito bancario concedido sobre a base de depósitos en eurodivisas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Empresa fundada en León arredor de 1960. Conta con máis de 4.000 títulos publicados e está formada por 16 empresas do mundo do libro: Aizkorri, Edicións Cadí, Ediciones Gaviota, Editorial Everest, E. Everest Andalucía, Everdidac Internacional e E. Everest Galicia, con sede na Coruña. A súa liña de traballo está orientada fundamentalmente á literatura infantil e xuvenil e ao material educativo. En lingua galega, as súas coleccións divídense en: “Montaña Encantada”, “Punto de Encontro”, “O meu mundo Disney”, “O Neno, a Nena e o Bau”, “Libros de texto” e “Material educativo”.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que está libre de atrancos.

    2. Que é áxil e eficaz para facer as cousas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Empresa editorial constituída en xullo de 1950 en Santiago de Compostela coa finalidade de revitalizar a cultura galega a través dos libros. O seu primeiro consello de administración estaba presidido por Ramón Otero Pedrayo, e xunto a el en diferentes cargos Manuel Gómez Román, F. Fernández del Riego, Xaime Isla Couto, Sebastián Martínez-Risco, Antonio Fernández López e Xesús Ferro Couselo. O seu primeiro director literario foi Ramón Piñeiro. A partir do 3 de novembro de 1950 comezaba a desenvolver o seu labor editorial en Vigo. Daquela os seus obxectivos principais eran: promover e coordinar os esforzos dos escritores para difundir a súa obra e seleccionar un plan de edicións adecuado á realidade literaria de Galicia. Deste xeito, tentábase crear unha biblioteca que abranguese unha multiplicidade de temas relacionados co país, como a natureza, a economía, a historia e, sobre todo, a literatura. Ademais, procurábase potenciar o número de traducións ao galego e promover unha serie de publicacións...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Empresa editorial establecida na Coruña que agrupa dous selos comerciais, Galinova e Fontel Edicións. O primeiro deles está especializado en libros de texto para Educación Primaria, Infantil, ESO e ciclos de Formación Profesional. Ademais, conta con manuais para a aprendizaxe de música en colexios e conservatorios, editados en galego e castelán. Coa marca de Fontel Edicións, ademais de libros de texto, publícanse métodos de lingua galega para adultos, a sección “Biblioteca Didáctica”, na que se inclúen textos dramáticos, e diversos manuais de consulta e libros de música popular.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Empresa editorial fundada en Friburgo de Brisgovia en 1801 por Bartholomäus Herder (1774-1839), especializada na edición de libros de teoloxía, filosofía e psicoloxía. En 1925 estableceu unha librería en Barcelona e en 1944 instalouse definitivamente como editorial, en que se editaron máis de 600 títulos diferentes. Desde 2002 conta cunha delegación en México para a difusión do libro en castelán por América.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que ou o que aínda non foi editado.

    2. Que é descoñecido ou aínda non foi descuberto.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Empresa editorial fundada en Pontevedra o 2 de abril de 1998. Desde un principio especializouse na edición de libros e contos infantís, caracterizados por unha coidada presentación e contidos novidosos. Presenta as coleccións: “Tras os montes”, “Demademora”, “Os contos do trasno”, “Biblioteca de Panteno”, “Maremar”, “Sondeconto”, “Minilibros para soñar”, “Seteleguas”, “Tiramillas” e “MAKAKIÑOS”. Entre outros galardóns, recibiu o Premio Nacional de Ilustración polas obras O coelliño branco (1999) e Onde perdeu Lúa a risa? (2001).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Editorial fundada en Barcelona en 1915 polo editor Georg Willy Pfleger e Josep Fornés i Vila. Propúñase poñer ao alcance do gran público obras científicas, técnicas e de divulgación, especialmente médicas. Cara ao ano 1920 estendeuse a América Latina. Déronlle nome, sobre todo, os manuais básicos da Biblioteca de Iniciación Cultural. Co tempo, a editorial converteuse nun grupo de empresas de edición e distribución en lingua castelá.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ES-TRAD;mso-fareast-language: Editorial Lar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Edito de Milán.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Edito que puxo fin ás Guerras de Relixión promulgado por Enrique IV de Francia o 13 de abril de 1598. Estableceu a liberdade de consciencia a todo o reino, a liberdade ampliada de culto, o usufruto para os hugonotes de todos os dereitos civís, a creación de cámaras especiais para garantir os dereitos establecidos e o xuramento de 200 prazas coa garantía e posto de seguridade. A súa revogación por parte de Luís XIV o 18 de outubro de 1685, deu lugar á revolta dos camisards (1702-1709).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Casa editorial que funcionou en Santiago de Compostela entre 1975 e 1977, anos en que editou textos significativos de autores como Manuel Lourenzo, Euloxio R. Ruibal ou Roberto Vidal Bolaño.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Empresa editorial fundada en Barcelona en 1950 por José M. Lara Hernández. Dedicada á novela en castelán, co tempo diversificou a súa produción para editar libros de consulta e enciclopedias, das que cómpre mencionar as versións en castelán da Grand Larousse Encyclopédique (1969-1972) e do Gran Ditionnaire Encyclopédique Larousse (1987-1990). En colaboración con De Agostini xestiona as editoras Espasa, Altaya, Seix Barral, Ariel, Destino, Minotauro, Booket e Crítica, así como as súas filiais en América Latina. Editor do xornal La Razón, participa en diversos medios de comunicación. Convoca anualmente o Premio Nadal (desde 1945), o Premio Planeta de novela en castelán (desde 1951) e o Premio Planeta Internacional para América Latina (desde 1991).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. de predicir.

    2. Que foi mencionado con anterioridade.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Grupo empresarial de comunicación creado tras a compra da Editorial Prensa Canaria en 1978. Inserido dentro do Grupo Moll, a corporación constituíuse a partir de cabeceiras franquistas, daquela con problemas económicos, e doutras de nova creación (La Opinión A Coruña, La Opinión de Granada), que conformaron unha rede de 19 cabeceiras locais e rexionais, algunhas delas líderes nas súas provincias (La Nueva España, Levante ou Faro de Vigo) e unha de carácter deportivo (Super Deporte). O grupo tamén opera en Portugal (A Capital e O Comércio de Porto), mantén intereses no mundo editorial (Alba Editorial) e posúe varias frecuencias radiofónicas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Compensación monetaria ocasionada pola perda de dispoñibilidade dun capital durante un período de tempo determinado.

    VER O DETALLE DO TERMO