"RAM" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 1337.

    1. Arte de escribir obras teatrais.

    2. Xénero dramático.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao teatro, especialmente ao drama.

    2. Que é capaz de interesar e conmover vivamente.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Lista de personaxes que se sitúa ao comezo das edicións de textos teatrais. En ocasións, os nomes van seguidos dunha breve caracterización descritivo-narrativa na que se reflicte a visión que o autor ten dos personaxes para orientar o xuízo do lector. Pode engadirse tamén a mención dos actores que representaron por primeira vez a obra, así como a data, teatro e cidade na que tivo lugar a estrea. A orde na que se dispoñen, o seu número, os nomes, o sexo, a idade, etc, adiantan información para a comprensión da peza. Por extensión, alude aos personaxes dunha obra narrativa ou dramática.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Calidade de dramático.

    2. Atmosfera desagradable que rodea a determinadas situacións.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Adaptación xenérica pola que un texto narrativo se transforma nun texto dramático. O proceso remóntase ás primeiras manifestacións teatrais: a traxedia clásica grega parte dos temas da tradición mítico-épica. Desde entón, a narrativa converteuse en fonte habitual de argumentos, de xeito que son frecuentes as adaptacións teatrais de novelas de éxito. A principal dificultade está no axuste temporal do relato ás convencións escénicas. O teatro clásico desenvolve as súas accións nun presente atemporal e, polo tanto, non admite as anacronías, nin os xogos temporais de duración e frecuencia característicos do modo narrativo. Igualmente, carece de recursos para impoñer o punto de vista dun personaxe sobre os demais. Todo o texto debe pasarse ao estilo directo e facer avanzar a trama a través dos diálogos dos personaxes. No teatro contemporáneo, dramaturgos como Bertolt Brecht, Arthur Miller ou Thornton Wilder subverteron as regras clásicas do teatro e incorporaron elementos propios da novela,...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Adaptar unha obra literaria para a súa representación dramática.

    2. Esaxerar o carácter conflitivo dun acontecemento da vida real facéndoo máis tráxico do que é.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Autor de obras de teatro. O termo comezou a usarse a partir do s XVIII no lugar de poeta, que se aplicou durante os ss XVI e XVII aos creadores, mentres que autor se reservaba para o director da compañía teatral, encargado da contratación e preparación de actores, e da selección dos textos. En 1787 Jean-François Marmontel denominou a William Shakespeare “o gran modelo dos dramaturgos”. Desde a década dos sesenta do s XX, xurdiu como unha nova figura que conxuga as funcións do autor español do Século de Ouro, co dramaturg alemán: ocúpase da selección do texto, do seu estudio e adaptación á posta en escena, da supervisión dos ensaios, e do seguimento da montaxe da representación.

    2. Persoa que se dedica á dramaturxia.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Termo que, na súa concepción clásica, designa a arte de compoñer ou escribir obras dramáticas, a partir do coñecemento e do dominio dunha serie de principios e técnicas específicas. Considérase que a primeira dramaturxia de Occidente foi a Poética de Aristóteles. A partir da publicación da obra de G. E. Lessing, Hamburgische Dramaturgie (A dramaturxia de Hamburgo, 1768), comezou a diferenciarse entre o Dramatiker, ou escritor de textos dramáticos, e o Dramaturg, que se adoita traducir como dramaturxista, unha especie de mediador entre o texto e o espectáculo que traballa ao servizo do director de escena e que prepara os textos para a súa realización escénica. A dramaturxia aparece definida como unha especie de preescritura escénica integrada por unha serie de formulacións teóricas, por un conxunto de estratexias, aplicacións metodolóxicas e técnicas, e por un numeroso grupo de prácticas, que teñen como obxectivo deseñar un espectáculo virtual definindo todos os...

    2. Conxunto de traballos encamiñados a converter un texto, dramático ou non, en espectáculo teatral.

    3. Materia ensinada nas escolas de arte dramática que pretende dar unha visión unitaria do feito teatral desde o punto de vista teórico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Persoa responsable da realización da dramaturxia dun espectáculo, é dicir, dun deseño virtual que se vai concretando, axustando e modificando durante os ensaios e o período de realización da produción. Neste proceso tamén pode intervir como un integrante máis do equipo artístico ou como unha especie de ollo crítico que se sitúa no exterior da creación. En moitas ocasións, o dramaturxista tamén realiza traballos de investigación en relación cun autor, cunha obra, cun movemento artístico, literario ou teatral, selecciona posibles textos para futuras producións e asume a responsabilidade de traducir ou adaptar os textos literarios ou non literarios que se utilizan nun espectáculo concreto; e o seu labor sempre se realiza en colaboración cos outros integrantes do equipo artístico (produtor, iluminador, escenógrafo, músicos, xastres, etc), baixo a supervisión do director. Desde finais do s XIX a figura do dramaturxista cobra especial relevancia nos teatros de Alemaña, desde onde se vai estender...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital do fylke de Buskerud, Noruega, ao SO de Oslo (52.888 h [1996]). A base da súa economía é a industria metalúrxica, o sector téxtil e o comercio. Nos últimos anos tivo un especial desenvolvemento a industria do plástico. Ademais, é un importante exportador de madeira, granito e papel.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Ideónimo empregado para designar unha obra teatral ou, por extensión, un filme.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Meninxe máis externa e grosa das tres que envolven o encéfalo e a medula espiñal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Corpo ou parte máis interna do tronco dunha árbore constituída polo xilema vello, formado por células mortas incapaces de conducir auga e sólidos, que se foi impregnando de aceites, resinas, taninos, gomas e outras substancias que lle proporcionan dureza e coloración escura.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Militar e político portugués. Entre 1958 e 1974 ocupou diversos cargos militares nas colonias (India, Macau, Moçambique, Guinea e Angola). Entre 1974 e 1975 foi director de programas e presidente do consello de administración na Rádio Televisão Portuguesa (RTP). Cando caeu o réxime salazarista (1974), contribuíu a dominar o intento revolucionario de novembro de 1975. Foi nomeado xefe do Estado Maior do Exército (1975-1976) e xefe do Estado Maior das Forças Armadas (1976-1981). Foi elixido presidente da República en 1976, cargo para o que foi reelixido en 1980, a pesar dos seus enfrontamentos cos sucesivos xefes do goberno. Cara ao final do seu mandato presidencial (1985), promoveu o nacemento do Partido Renovador Democrático (PRD), que pasou a ser a terceira forza política do país nas eleccións lexislativas de 1985 e que presidiu entre 1986 e 1987. Desde 1986 foi membro vitalicio do Consello de Estado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Rexistro gráfico, nunha pantalla de raios catódicos, da imaxe que se obtén por ecocardiografía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Rexistro gráfico nunha pantalla de raios catódicos da imaxe que se obtén por ecoencefalografía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Militar e político. Loitou na Guerra da Independencia e durante o reinado de Fernando VII foi ministro da Guerra (1814-1815 e 1817-1819). Despois da revolta de Riego (1820), exiliouse e dedicouse a organizar a resistencia ao réxime liberal. En 1823 entrou en España cos Cen Mil Fillos de San Luís e presidiu a Junta Provisional de Oiartzun.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Emprégase en sentido ponderativo para indicar gran cantidade.

    2. Indica dúbida e estrañeza.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Rexistro gráfico que representa a actividade do músculo cardíaco. Obtense por medio do electrocardiógrafo, mediante electrodos situados sobre determinadas zonas da superficie corporal do paciente, principalmente nos brazos, nas pernas e no tórax. Consta dunha serie de ondas que se designan, de xeito sucesivo, coas letras P, Q, R, S, T e U, que representan cambios na polaridade das células das cavidades do corazón, aurículas e ventrículos. O electrocardiograma permite analizar e estudar a orixe dos latidos cardíacos, a frecuencia e o ritmo dos mesmos. Os cambios que se producen no patrón normal poden indicar irregularidades ou patoloxías. O primeiro electrocardiograma humano realizouse no ano 1887.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Rexistro gráfico da actividade eléctrica do cerebro que se constitúe por oscilacións complexas e irregulares, e son o resultado da suma integrada das variacións eléctricas das neuronas, especialmente, das oscilacións do potencial de repouso da súa membrana e dos potenciais de acción. Os rexistros obtéñense mediante electrodos que se colocan no cranio e permiten o diagnóstico da epilepsia, de tumores, da dexeneración cerebral ou doutro tipo de lesións.

    VER O DETALLE DO TERMO