"To" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 13838.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Fenómeno provocado pola conexión voluntaria ou accidental de dous puntos dun circuíto, entre os que hai unha diferenza de potencial, mediante un condutor de impedancia moi pequena. Caracterízase polo paso dunha corrente de intensidade moi elevada a través do condutor, que produce unha gran cantidade de calor. Para protexerse contra os curtocircuítos empréganse diversos dispositivos, coma fusibles, disxuntores ou relés térmicos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Grao de separación dunha distribución de probabilidades á normal máis próxima a ela, é dicir, grao de convexidade ou achatamento da curva representativa dunha distribución estatística. A curtose β2 mídese, polo xeral, mediante a expresión β2=µ4/µ22, na que µ2 e µ4 son os momentos de orde 2 e 4, respectivamente. Para unha distribución normal β2,3, de xeito que, correntemente, se toma como medida da curtose o termo K= β2 -3. Se K>0 a distribución é leptocúrtica, se K=0 é mesocúrtica e se K<0 é platicúrtica.
-
-
Parte máis elevada dun monte.
-
Parte superior dalgunha cosa que teña forma cónica.
-
Parte superior e posterior da cabeza onde nace o pelo en distintas direccións.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Liñaxe natural de Monforte de Lemos. Trae como armas, en campo de azul, un monte de sinople coa cima en forma cónica. Relaciónanse tamén con esta caste os apelidos Acuratado, Coruteira, Curuteiro e Curutos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Curuto.
-
VER O DETALLE DO TERMO
-
Importe das cargas necesarias para a adquisición ou produción dun ben ou servicio. Distínguese entre custo fixo e variable. O primeiro refírese ao custo dos factores fixos que interveñen no proceso produtivo, como o capital ou a maquinaria. E aínda que, a longo prazo, todos os custos son variables, enténdense como pertencentes a esta clase só os gastos debidos a factores produtivos que, nun curto prazo, varían a súa valoración dependendo da produción.
-
custo da vida
Gastos precisos nun determinado momento para manter un certo nivel de vida. Para medilo emprégase un índice que é a expresión sintética dos prezos dos bens considerados básicos. O termo empregado para maior precisión do que representa é o Indice de Prezos ao Consumo (IPC).
-
custo de transferencia
Nos procesos de provisión, gastos debidos á compra e traslado das materias primas ao lugar de transformación e produción. Na distribución, gastos de transporte do produto ata o lugar no que se realiza a venda.
-
custo fixo
Custo independente do volume de produción.
-
custo inicial
Custo que, por definición, é inevitable xa que abrangue os investimentos nos equipos precisos para o inicio do proceso produtivo.
-
custo marxinal [CMA]
Custo adicional que resulta dun pequeno aumento na produción. O aumento da produción adicional, en relación co aumento marxinal do custo, determina a elasticidade da curva de custos medios.
-
custo medio [CM]
Custo por unidade de produto, resultado do cociente do custo total polo número de unidades producidas.
-
custo social
Custo global que ten para a sociedade calquera forma de actividade económica. Por exemplo, a contaminación atmosférica ou dunha corrente de agua a causa da produción ou dun exceso de tránsito, son custos que non se reflicten nos prezos dos bens producidos.
-
custo variable
Custo que varía segundo a cantidade producida.
-
...
-
-
-
Acción e efecto de custodiar.
-
Peza de ourivería onde está exposto o Santísimo Sacramento á veneración pública. Apareceu no s XII coa instauración da festa do Corpus Christi, para poder presentarlle ao pobo de xeito ostensible a Sagrada Forma no ostensorio. Construída en ouro, prata e metais preciosos en forma dun pequeno templo, de sol, de torre ou dun sepulcro. As máis numerosas teñen forma de pequenos templos ou teñen varios pisos. Entre as pezas conservadas en Galicia destacan a de Antonio de Arfe, en forma de torre, e a de Figueroa e Vega, as dúas na catedral de Santiago de Compostela.
-
Agregado dalgúns conventos que non chega a formar provincia en certas ordes mendicantes, como a de san Francisco.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Proporcionar a vixilancia e os coidados necesarios a alguén ou a algo para que non lle pase nada.
-
-
-
Que ou quen custodia.
-
anxo custodio
Anxo da garda.
-
-
Superior dunha custodia.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que custa moito.
-
LOCALIDADES
Localidade do Veneto, Italia, onde tiveron lugar dúas batallas con vitoria austríaca durante o movemento de unificación e independencia de Italia. Na primeira, en xullo de 1848, as tropas do xeneral Radetzky derrotaron o Rei Carlos Alberte de Sardeña. Na segunda, en xuño de 1866, o arquiduque Alberte de Austria derrotou as forzas do rei de Italia, Víctor Manuel II.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Enxeñeiro de minas. Profesor na Escola de Minas, foi inspector xeral de minas e sucedeu a Casiano del Prado na dirección das minas de Almadén. Publicou, entre outras obras, Memoria sobre las minas de estaño situadas en las provincias de Pontevedra y Orense (1847).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de fungos da familia das agaricáceas. Presentan cogomelos a xeito de sombreiro de ata 5 cm de diámetro, de cor ocre ou acastañada amarelada, con láminas densas e brancas que se tornan ocres ao madurecer; o pé ten a mesma cor ca o sombreiro e presenta un anel no terzo superior que continúa nunha cuberta escamosa. En Galicia está presente a especie C. amianthinum debaixo de piñeiros e queiroas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de fentos perennes, da familia das atiriáceas, de rizoma curto con páleas anchas de cor acastañada, indusios ovados unidos pola marxe á folla que protexe os soros circulares; frondes glabras, de menos de 40 cm de altura, e bipinnadas de xeito simétrico. En Galicia están presentes, en ambientes húmidos e sombrizos, as especies C. dickieana, C. fragilis e C. viridula.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de algas pardas, da familia das cistoseiráceas, con aspecto de mata, de máis de 15 cm de lonxitude, formado por talos de consistencia coriácea con aerocistes. No infralitoral e en cubetas do litoral inferior da costa galega están presentes as especies: C. fibrosa, que acada os 150 cm; e C. tamariscifolia, de ata 60 cm, con iridiscencia azulada baixo a auga.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de peixes da familia dos zeidos ao que pertence o sanmartiño rosado.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Liñaxe principesca lituana establecida en Polonia, iniciada por un fillo do primeiro gran duque de Lituania, Guedymin I (morto en 1341). O príncipe Alexandre Czartoryski (1510-1570) contribuíu á unión entre Lituania e Polonia. O príncipe Federico Miguel Czartoryski (1696-1775), starosta de Gradzik e Luck, foi vicechanceler (1724) e gran chanceler (1752) de Lituania; o seu neto, o príncipe Adán Casimiro Czartoryski (1734-1823), gran starosta de Podolia e mariscal de campo imperial, pretendeu o trono polaco en 1763; e o seu fillo, o xeneral e príncipe Adán Jerzy Czartoryski (1776-1861), duque de Klewan e Zukow, foi ministro de Instrución Pública do Tsar Alexandre I de Rusia (1807) e reitor da Universidade de Vilna (1804-1824). Trala revolución polaca foi presidente do goberno provisional de Varsovia (1831).
-
PERSOEIRO
Político austríaco, conde Czernin von und zu Chudenitz. Embaixador en Bucarest (1913-1914), intentou que Romanía entrase na Primeira Guerra Mundial a favor dos estados centrais. En 1916 foi nomeado ministro de Asuntos Exteriores. Aconsellou o Emperador Carlos I unha paz por separado cos aliados, sen abandonar a alianza alemana. En 1918 dimitiu do seu cargo.
VER O DETALLE DO TERMO -
CAPITAIS
Capital do voivodato homónimo, Polonia, situada nos contrafortes do Xura de Cracovia, sobre o curso alto do Warta (258.100 h [1997]). Desenvolveuse ao redor do convento paulino Jasna Gora, fundado en 1382. A imaxe da Virxe Negra, á que se lle atribúen numerosos milagres, venérase neste santuario convertido nun dos principais centros de peregrinación de Europa oriental.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
oivodato de Polonia (6.182 km2; 780.300 h [estim 1998]). A capital é Częstochowa.