"To" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 13838.

  • Experimento efectuado en 1927 por C. J. Davisson e L. H. Germer que serviu para demostrar que as partículas de materia, baixo determinadas condicións, presentan un movemento ondulatorio. Ao bombardear un cristal de níquel cun feixe de electróns, observouse na placa receptora que os electróns resultaban difractados pola rede cristalina; este fenómeno significou a comprobación experimental da hipótese De Broglie.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade do estado de Ohio, EE UU, drenado polo río Great Miami, que serve de unión coa rexión dos Grandes Lagos (182.040 h [1990]). É un importante núcleo industrial especializado na produción de maquinaria eléctrica e aeronáutica. É o centro de subministracións electrónicas de Defensa e sede do centro de intelixencia artificial. O sector dos transportes ocupa unha quinta parte dos traballadores, o resto dos sectores son moi variados, e neles destacan a elaboración de papel, pinturas e bicicletas. Nesta cidade asinouse o 21 de novembro de 1995 o Acordo Marco Xeral de Paz, coñecido como Acordos de Dayton.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acordo Marco Xeral de Paz, que se celebrou en Dayton (Ohio) baixo o patrocinio do presidente dos EE UU, William Clinton, e do secretario de Estado dos EE UU, Warren Christoper, entre os presidentes de Bosnia, Croacia e a República Federal de Iugoslavia. Foi asinado o 21 de novembro de 1995, e rubricado en París o 14 de decembro de 1995 polos presidentes Alija Izetbegović (Bosnia), Slobodan Milošević (República Federal de Iugoslavia) e Franjo Tudjman (Croacia). No tratado recollíase a creación dun Estado bosnio unificado no territorio de Bosnia-Herzegovina, con dúas entidades diferentes: a Federación de Bosnia-Herzegovina (establecida sobre o 51% do territorio de Bosnia) e a República Serbia (49% do territorio). Estableceuse a celebración de eleccións libres e democráticas, baixo supervisión da OSCE, e a cidade de Sarajevo reunificouse baixo o control da Federación de Bosnia-Herzegovina. A Forza de Protección das Nacións Unidas (UNPROFOR) foi substituída pola Forza de Implementación...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Realizador de cine norteamericano. Denunciou, cos seus documentais de montaxe, diversos aspectos da política do seu país, como o maccarthismo, a Guerra de Vietnam, o ex-presidente Nixon ou o FBI.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Expresión latina que significa ‘de feito’ e que en dereito indica a “posición ou situación de feito”, en contraposición á “situación de dereito” (de iure). Designa, habitualmente, o poder tomado pola forza, en substitución do emanado da aplicación do dereito.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Forma castelá correspondente ao apelido galego Da Torre.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Actor e director cinematográfico e teatral italiano. Comezou a súa carreira como actor de teatro en 1923 da man de Tatiana Paulova, actriz ucraína establecida en Italia trala Revolución de Outubro. Entre 1930 -ano no que crea unha compañía propia xunto coa súa primeira muller, Giuditta Rissoni- e 1945, participou en diversos espectáculos creados a partir de autores como Luigi Pirandello, John Priestley ou George Bernard Shaw, ou pertencentes ao xénero musical e da revista. En 1946 interpretou a Fígaro no espectáculo Matrimonio di Figaro (As vodas de Fígaro), que dirixiu Luchino Visconti. Rematada a guerra, centrou a súa carreira na realización cinematográfica. Iniciouse no cine facendo pequenos papeis secundarios. Entre 1949 e 1952 foi un dos representantes máis importantes do neorrealismo. Na súa faceta de realizador asinou filmes como Ladri di biciclette (Ladrón de bicicletas, 1948); Miracolo a Milano (Milagre en Milán, 1950), premiado no Festival de Cannes...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Revista literaria quincenal fundada e dirixida por César G. Seco Romero, que comezou a súa edición en Mondoñedo en maio de 1904. Cesou en febreiro de 1910 trala morte do seu fundador e director. No ano 1907 modificou a súa portada para titularse Mondoñedo e fíxose decenal; a partir de 1910 converteuse en periódica e saíu os martes e os venres. Incluía a sección “Cousas d’aldea”, asinada por Rosendo de Padornelo, pseudónimo de Antonio Noriega Varela. Deste mesmo autor inclúense varios poemas e o conto “Vai torta!”.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Actor cinematográfico norteamericano. Estudiou interpretación na Wilfred Academy of Hair and Beauty Cultura e iniciouse no cine con pequenos papeis, como o que protagonizou na película One Flew Over the Cuckoo’s Nest (Alguén voou sobre o niño do cuco, 1975). Outros traballos seus como actor son: Romancing the Stone (Tralo corazón verde, 1984); The Jewel of the Nile (A xoia do Nilo, 1985); Throw Momma From the Train (Guinda a mamá do tren, 1987), da que tamén é o director; The War of the Roses (A guerra dos Rose, 1989), película que tamén dirixiu; Batman’s Returns (Batman volve, 1992); Matilda (1995), outra das súas producións; ou Heist (2001).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente á acción de deambular.

    2. Corredor que rodea o presbiterio ou capela maior dalgunhas igrexas pola parte de atrás. Xurdiu na arquitectura románica como consecuencia da prolongación das naves laterais e servía de lugar de paso para as procesións de peregrinos que se dirixían ao altar maior ou á cripta. A el ábrense capelas de forma radial.

    3. Espacio ou nave que circunda o núcleo dos edificios de plano central.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xornalista, sindicalista e escritor. Emigrou a Uruguay onde traballou como chofer e taxista, e foi un dos fundadores da Confederación Americana de Chóferes. Entre 1929 e 1959 dedicouse ao xornalismo, dirixiu El Auto Uruguayo, revista do centro de protección de choferes, e o seu propio programa radiofónico. Membro fundador do Centro Ourensán de Montevideo, chegou á súa presidencia. Colaborou en xornais como Tierra y Libertad ou Solidaridad, e foi o autor de El gran parto: trece niños de lana se escarban la nariz (1948), Cerco violado (1958) e Ciempiés (1965).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • debilitación.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Cantidade ou obriga que se debe.

      1. Anotación que se fai no debe dunha conta.

      2. Conxunto de cantidades anotadas no debe dunha conta.

      3. débito bancario

        Totalidade de débedas do sistema bancario nun período determinado. Deriva dos cheques que os clientes do banco emiten contra os seus depósitos, tanto primarios coma derivados.

      1. Cantidade de líquido ou gas expulsado por un órgano por unidade de tempo.

      2. débito cardíaco

        olume de sangue impulsado por un ventrículo durante un minuto. Nos adultos e en estado de repouso, é de 4-5 l/min.

      3. débito urinario

        olume de ouriños excretados polo sistema urinario en 24 horas. Nunha persoa adulta é de 2 l.

    2. Cantidade de auga que pasa pola sección dun curso fluvial por unidade de tempo.

    3. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Apelido de orixe toponímica ou patronímica. A maioría dos apelidos Brito e Debrito proceden de Portugal, onde é frecuente o topónimo Brito, pero tamén algúns deles poden ter a súa orixe no topónimo galego ou no nome de pía Brito, coa preposición de indicadora do lugar de procedencia, residencia ou nacemento do individuo ao que se lle aplicou na súa orixe. Brito é, ademais, un dos personaxes da historiografía mítica galega: o cuarto fillo de Galo ou Gall (fillo de Brigo) e de Celt (filla de Artai ou Arteigo).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Sindicalista e político norteamericano. Traballou no ferrocarril como condutor de locomotoras e oficinista. En 1885 foi elixido congresista para o Parlamento de Indiana e converteuse en secretario e tesoureiro da Brotherhood of Locomotive Firemen (1880-1893). Fundou a American Railway Union (ARU, 1893) que acadou un alto número de afiliados. Encarcerado con falsos cargos durante unha folga contra a compañía Western Roads, descubriu o socialismo e, trala saída do cárcere, fundou o Social Democratic Party (Partido Social Democrático, SDP) no 1897. Presentouse ás eleccións presidenciais por primeira vez en 1900 e volveu tentalo en 1904, 1908, 1912 e 1921, anos nos que mellorou os resultados. No 1905 fundou, xunto con outros líderes sindicais, a Industrial Workers of the World (IWW), que naceu coa vontade de opoñerse aos sindicatos conservadores e de unir os traballadores do mundo nunha revolución marxista. Durante a Primeira Guerra Mundial opúxose ao servizo militar obrigatorio e foi encarcerado...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Debilitamento da atracción entre ións dunha disolución ocasionado pola formación, ao redor de cada ión, dunha atmosfera ou pantalla de ións de signo contrario.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción ou efecto de decaer.

    2. Estado da persoa ou cousa decaída.

    3. Transformación na estrutura interna de certos núcleos que pode estar provocada pola interacción con outras partículas (principalmente α ou β) e que recibe, neste caso, o nome de reacción nuclear. Este fenómeno vai acompañado a miúdo pola emisión de radiación electromagnética.

    4. Paso dun átomo ou dunha molécula dun estado excitado a un estado de menor enerxía sen que se produza emisión de radiación electromagnética

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Substancia moi potente, similar ao curare, que actúa como relaxante da musculatura esquelética. Unha dose de 0,003 g por vía endovenosa produce no home unha parálise muscular total.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción e efecto de decampar.

    VER O DETALLE DO TERMO