"Fer" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 2007.

  • PUBLICACIÓNS

    Publicación bilingüe aparecida na Coruña a partir de setembro de 1982 e subtitulada “Boletín de información musical”. Editada por RUADA SA, incluíu artigos dedicados á música pop, á clásica e de vangarda, e formas tradicionais e populares. Dividiuse nas seccións: “Editorial”, “Entrevistas”, “Noticias breves” e “Novedades discográficas”. Contou coa colaboración de Xavier Vázquez, Margarita Soto, Aurea Sánchez e Moncho Varela. Distribúese gratuitamente entre os conservatorios de música, as agrupacións culturais e musicais, os profesores de música, as tendas discográficas, os centros galegos no exterior e os medios de comunicación.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Mestre gaiteiro. Estudiou filoloxía clásica na Universidade de Santiago de Compostela. Compoñente de diversas formacións musicais tradicionais e folks, integrou o grupo Baila na criba (1992-1997) co que acadou diversos premios. Mestre gaiteiro do Real Coro Toxos e Froles de Ferrol, foi director entre 1992 e 1999 das súas seccións instrumentais, da Escola de Instrumentos Tradicionais e da Banda de Gaitas Terra de Trasancos, que fundou en 1994. Así mesmo, foi presidente da Federación Galega de Bandas de Gaitas (1994-2000) e director dende 1998 da Escola Municipal de Gaitas e Percusión e da Banda de Gaitas do Concello de Xinzo de Limia e da Banda de Gaitas do Concello de Celanova. En 1999 fundou a Asociación Cultural Ardóbriga e a Banda de Gaitas Cidade de Ferrol, da que é director; colaborou co gaiteiro José Ángel Hevia en dous traballos discográficos; e dende xaneiro de 2002 dirixe a Banda de Gaitas de Candás. Escribiu diversos traballos sobre música popular, etnografía e historia, entre...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Congreso dos estados alemáns celebrado en Dresden entre o 23 de decembro de 1850 e o 15 de maio de 1851. Convocárono Austria e Prusia co fin de reorganizar a Confederación Xermánica despois da Revolución de 1848. Significou o fracaso da política do príncipe austríaco Schwarzenberg, ao negarse Prusia á entrada de Austria no Zollverein, e supuxo o retorno ao estatuto de 1815.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que se reproduce por medio de froitos en drupa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Conferencia que tivo lugar entre agosto e outubro de 1944 co fin de organizar a seguridade internacional ao rematar a Segunda Guerra Mundial. Presidida polo secretario de Estado dos EE UU, Stettinius, contou coa participación de delegados británicos, norteamericanos, soviéticos e chineses. Estableceu a necesidade dun Consello de Seguridade, un Consello Económico e Social e un Tribunal Internacional de Xustiza. O proxecto debateuse na Conferencia de San Francisco e serviu de base para a Carta das Nacións Unidas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade de Escocia, Reino Unido, na rexión de Dumfries e Galloway, preto do estreito de Forth (58.000 h [1991]). É importante a súa industria téxtil, que lle dá emprego a preto da metade da poboación. Tamén destacan as industrias alimentarias, as fundicións de bronce e ferro, así como as pequenas fábricas de xabón e porcelana. Antiga residencia dos reis de Escocia, do seu patrimonio cultural cómpre salientar as ruínas da abadía beneditina fundada por Malcolm III Canmore.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arquitecto francés. Discípulo de Viollet-le-Duc, foi o arquitecto da Exposition Universelle de 1889, na que construíu a Galerie des Machines. Entre as súas obras destacan as galerías do Muséum d’Histoire Naturalle de París (1881). En 1869 obtivo o Prix de Rome.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación de periodicidade quincenal que apareceu en Ferrol en 1915.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Revista aparecida en Ferrol a partir de 1854 e que cesou ao ano seguinte. Vinculada á Mariña, contou coa colaboración de Xosé Canalejas, director da mesma, Xoán A. Lacaci e Montero Aróstegui, entre outros. Iniciou unha segunda época de edición o 5 de marzo de 1864 que levaba como subtítulo “Periódico independiente”. Dende 1866 modificou o seu subtítulo polo de “Periódico de ciencias y literatura”. Dirixido por Francisco Suárez García, saía tres veces á semana. Imprimiuse nos obradoiros tipográficos de Nicasio Taxonera. Incluíu artigos de información xeral e composicións literarias.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Epidemia de encefalite que se caracterizaba porque os afectados quedaban durmidos con facilidade e padecían náuseas, cefaleas e febre. Estendeuse por Europa despois da Primeira Guerra Mundial e desapareceu despois de 1920. Tamén se coñece co nome de encefalite letárxica.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. biosfera.

    2. Espacio ao redor dunha estrela no que as condicións físicas non son incompatibles co desenvolvemento ou a existencia da vida tal e como se coñece na Terra.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Empresa editorial creada na Estrada en 1999. Fundada e dirixida por Manuel Núñez, editor do xornal Dezactualidade dende o ano 1992, encárgase da edición da colección de textos teatrais A Pinguela, uns cadernos dirixidos a escolares.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que conduce cara a fóra.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Formación de burbullas gasosas no interior dun líquido que saen á superficie e estoupan sen necesidade de aplicación de calor. Este fenómeno prodúcese polo desprendemento de gas disolto no líquido ou ben pola formación deste por reacción química.

      2. Fenómeno que ten lugar na solidificación do aceiro por mor das burbullas de gas, sobre todo de dióxido de carbono, que quedan atrapadas en forma de poros.

    1. Estado de inquietude ou de grande exaltación ou excitación que presenta unha persoa ou colectividade.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Que está en efervescencia.

      2. Aplícase á bebida que contén anhídrido carbónico na súa masa. Este anhídrido carbónico pode ser de orixe natural (augas minerais), procedente dunha fermentación alcohólica (champaña, sidra, etc) ou producido por reacción in situ, en auga potable, da mestura dun ácido orgánico (tartárico, cítrico, etc) e dun sal carbónico (bicarbonato sódico e de litio ou carbonato de magnesio, en xeral).

      1. Que produce efervescencia.

      2. Aplícase ao medicamento que, ao estar en contacto coa auga, produce efervescencia. Prepárase engadíndolle ao medicamento unha mestura de carbonato ácido de sodio e ácido cítrico ou tartárico.

    1. Que produce ou se encontra nun estado de grande excitación ou exaltación.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Matemático. Investigou a teoría dos números, as funcións elípticas e os determinantes. Descubriu o criterio de irredutibilidade que leva o seu nome.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Avogado e político. Licenciouse en Dereito pola Universidad de Madrid. Foi xefe do gabinete técnico do ministerio de Información e Turismo e, como membro do Partido Popular, foi deputado do Congreso por Castelló de la Plana desde a segunda á quinta lexislatura (1982-1996) e senador electo desde a sexta lexislatura (1996), encargado da presidencia da comisión de Asuntos Exteriores. Membro fundador e director da revista Familia española, escribiu, entre outras obras, Información y política (1964) e La vocación política (1974).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Empresa constituída en 1973, con capital maioritario do antigo Instituto Nacional de Industria (INI). Fusionouse con Ercros en 1989, polo que se creou a filial Fesa-Enfersa, que en 1992 declarou suspensión de pagos por problemas de liquidez. En marzo de 1995 Villar Mir, a través de empresa inmobiliaria Espacio, comprou Fesa, co que naceu a continuación Fertiberia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Pintor. Formou parte na Coruña dos grupos La Galga e Atlántica. Comezou cultivando a abstracción para despois decantarse pola figuración. Os seus óleos e acuarelas mostran paisaxes, figuras e bodegóns que recollen as vivencias das súas viaxes realizadas por Europa e o Norte de África. A súa pintura é vitalista e colorista, e destaca polo tratamento da luz que, dende un punto de vista contemporáneo, retoma as características nadas no impresionismo e no fauvismo. En 1988 realizou murais para diversos colexios públicos por encargo da Xunta de Galicia. Realizou exposicións en cidades como A Coruña, Santiago de Compostela, Monforte de Lemos, Ferrol, Vigo, Madrid ou Barcelona. Dende 1980 participou nas exposicións de Arte-Postal e, entre outras mostras, no Feito Plástico Galego (Vigo, 1981), Homenaxe a Picasso (A Coruña, 1981), RELLIGAT/ASSEMBLING (Barcelona, 1982), Homenaxe a Luís Seoane (A Coruña, 1984), Bienal Internacional de Poesía Visual y Experimental (Ciudad de México, 1985), Bienal de...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome que se lle daba antigamente ao núcleo da Terra. Tamén recibiu os nomes de barisfera ou nife.

    VER O DETALLE DO TERMO