"ALE" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 2433.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente ás Illes Balears ou aos seus habitantes. SIN: 1balear.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Proceso de degradación dos espacios litorais por mor dunha acción antrópica irracional exercida sobre eles. Caracterízase especialmente por unha edificación masiva que, entre outras repercusións, altera as dinámicas naturais de alimentación das praias (eólicas e mariñas, principalmente) e, como consecuencia do incremento exponencial da poboación, provoca graves problemas de xestión dos residuos e das augas. Toma o nome das Illes Balears, afectadas dende a década de 1960 por un crecemento incontrolado da construción vinculado ao desenvolvemento do sector turístico. As paisaxes afectadas de balearización mostran a carón das praias torres de apartamentos e portos deportivos, formando un continuo urbano ao longo da costa.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Provincia española que comprende a totalidade do arquipélago das Balears e que constitúe unha comunidade autónoma (5.014 km2; 760.379 h [1996]). A súa capital é Palma de Mallorca. Está dividida en 5 partidos xudiciais e 65 municipios. En setembro de 1996 a provincia pasou a denominarse oficialmente Illes Balears.
-
ENTRADA LARGA
Comunidade autónoma do estado español que comprende o arquipélago balear, situado no Mediterráneo occidental (5.014 km2; 760.379 h [1996]). Correspóndese coa provincia homónima e está constituída polas illas de Mallorca (609.150 h), Menorca (67.009 h), Eivissa (78.867 h), Formentera (5.353 h), Cabrera (base militar e parque natural) e outras illas menores (Illa dels Conills, sa Dragonera, s’Espalmador, s’Espardell, Illa de l’Aire, Tagomago, Illa d’en Colom, etc).
VER O DETALLE DO TERMO
Xeografía física
O arquipélago balear aséntase sobre un zócolo submariño separado das costas peninsulares por un canal de máis de 1.000 m de profundidade. As illas teñen a súa orixe no xeosinclinal profundo onde se depositaron os materiais do Secundario e do Terciario. As Balears emerxeron no dobramento alpino estiriano. A emersión de Menorca foi, sen embargo, anterior á das outras illas, polo cal é a única na que afloran sedimentos paleozoicos (era Primaria). A historia xeolóxica das outras... -
VER O DETALLE DO TERMO
Poemario publicado por Luisa Castro Legazpi no ano 1988, polo que recibiu o accésit do VII Premio Esquío de poesía. O discurso poético caracterízase por un ton irreverente, que transgrede tanto a tradición da que procede como a propia materia poetizada, dentro dunha certa estética do malditismo na liña de Baudelaire, Artaud e Leopoldo María Panero. Sucédense os contrastes entre a cotidianeidade e o mito clásico, e a alternancia entre un rexistro expresivo coloquial e outro máis formalizado. Apréciase tamén o influxo das vangardas, das que toma a libre asociación de imaxes como técnica expresiva para enlazar argumentos. Estruturalmente dividida en catro partes (Derradeira viaxe en bicicleta de nevermore, Os ventres das baleas, Sete poemas sobre leóns e Preguntou insistentemente Isolda), a unidade da obra conséguese mediante o emprego dunha serie de constantes temáticas e formais na composición dos poemas, o que permite unha interpretación de conxunto....
-
VER O DETALLE DO TERMO
Cría de balea.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Apelido que ten a súa orixe nun alcume, derivado á súa vez da voz común balea (< lat balaena ou ballaena < gr ϕ άλαινα ‘balea’). O sentido deste alcume sería irónico e equivalería a ‘bo peixe’.
-
ENSEADAS
Enseada do litoral atlántico da parroquia de Laxe, no concello homónimo, situada ao S do Coído Arbaliño e ao O da vila de Laxe.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Relativo ou pertencente á balea ou á súa pesca.
-
Persoa que se dedica á pesca da balea.
-
-
Barco medieval de forma alongada e baixo de banda, semellante a unha balea, empregado como barco mercante e para actividades de piratería.
-
Barco construído ou adaptado para a pesca da balea. O primeiro construíuse no s XV. Era unha especie de barco dunhas 400 toneladas, cun casco moi resistente, que era capaz de cargar ata un total de sete baleas. Coa invención do canón lanzaarpóns xa se pode distinguir entre o barco-factoría e o baleeiro, o que provocou a desaparición do segundo. Na actualidade, os baleeiros teñen como única finalidade a de arponar a balea.
-
-
Embarcación menor que ten a popa tan afiada como a proa, propulsada a remo ou a vela, e neste último caso adoitaba aparellar velas ao tercio. Ao principio, e ata finais do século XIX, utilizouse para pescar baleas, pero na actualidade utilízase como embarcación auxiliar.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Lingua africana da familia nilo-sahariana e do grupo sudánico central. Conta con aproximadamente 250.000 falantes no Zaire.
-
-
Que non lle gusta traballar. SIN: folgazán, galbán, gandulo, lacazán, loubán, mamalón, moulón, nugallán, preguiceiro, preguizoso, vago.
-
Que ou quen se comporta con malicia e astucia. SIN: pillabán, pillo.
-
-
GALICIA
Concello da comarca da Fonsagrada, situado na provincia de Lugo ao L da Comunidade Autónoma de Galicia (43º 00’ 53’’ latitude N e 7º 14’ 13’’ lonxitude O). Limita ao N cos concellos de Pol e Ribeira de Piquín (comarca de Meira), ao O co de Castroverde (comarca de Lugo), ao S cos de Baralla e Becerreá (comarca dos Ancares) e ao L co da Fonsagrada, da comarca homónima. Abrangue unha superficie de 168,81 km2cunha poboación de 1.658 h (2007) distribuídos nas parroquias de A Braña, Córneas, Cubilledo, A Degolada, A Esperela, A Fontaneira, Fonteo, A Lastra, Librán, Martín, Pousada e Retizós. A capital é o lugar do Cádavo, na parroquia da Esperela. Situado a 142 km de distancia de Santiago de Compostela, a 24 km da Fonsagrada e a 32 km de Lugo, está adscrito ao partido xudicial da Fonsagrada e á diócese de Lugo.
VER O DETALLE DO TERMO
Xeografía física
O territorio do concello de Baleira atópase nunha área de dominio climático oceánico de montaña. Deste xeito os rexistros termopluviométricos... -
-
de baleirar.
-
Acción e efecto de baleirar.
-
Procedemento para a reprodución de esculturas ou relevos consistente en aplicar ao modelo xeso, escaiola, xelatina, silicona, etc, esperando a que endureza. Conséguese así un molde que permitirá obter copias do orixinal botando unha coada no seu interior.
-
Operación que consiste en facer imprimir parte ou a totalidade do contido dunha memoria coa finalidade de comprobar un programa e, eventualmente, poder corrixir os erros, ou mesmo como medida de precaución, para preservalos dun posible mal funcionamento da máquina.
-
-
-
Que ou quen baleira.
-
-
Artesán que baleiraba metais.
-
baleirador de cobre
Artesán especializado no baleirado de campás e morteiros ou canóns.
-
-
-
-
Deixar sen nada dentro algún receptáculo sacando o que contén. SIN: baldeirar, desocupar, librar.
-
Deixar baleiro un lugar facendo saír o que hai dentro ou abandonándoo. SIN: baldeirar, desaloxar, desocupar, evacuar.
-
Sacar algunha cousa dun receptáculo. SIN: desocupar, librar.
-
erter o contido dun recipiente.
-
Formar un obxecto deitando metal fundido ou calquera outra materia branda dentro dun molde baleiro.
-
Practicar un baleiro nun sólido.
-
Sacar datos dun escrito.
-
Quedar algunha cousa sen contido. SIN: baldeirarse.
-
Saír o contido dun recipiente na súa totalidade. SIN: baldeirarse.
-
Facerse unha cavidade no interior dalgunha cousa. SIN: baldeirarse.
-
...
-
-
-
Deixar sen nada dentro algún receptáculo sacando o que contén.
-
Deixar baleiro un lugar facendo saír o que hai dentro ou abandonándoo.
-
Sacar algunha cousa dun receptáculo.
-
Verter o contido dun recipiente.
-
Formar un obxecto deitando metal fundido ou calquera outra materia branda dentro dun molde baleiro.
-
Practicar un baleiro nun sólido.
-
Sacar datos dun escrito.
-
Quedar algunha cousa sen contido.
-
Saír o contido dun recipiente na súa totalidade.
-
Facerse unha cavidade no interior dalgunha cousa.
-
...
-
-
-
Que non ten contido.
-
Que non ten xente ou habitantes.
-
Que carece de interese ou fundamento.
-
Que presenta algunha carencia. OBS: Sempre se emprega con complemento.
-
Receptáculo ou lugar que non ten o seu espazo ocupado, especialmente polo que está destinado a conter.
-
Aplícase á femia do gando que non está preñada.
-
Sentimento experimentado pola ausencia dunha persoa ou carencia dunha cousa.
-
Dentro dun sólido, espazo non ocupado pola materia.
-
Lugar de gran profundidade ou visto desde unha considerable altura onde non se rexistran corpos sólidos.
-
Rexión bilateral do abdome, situada entre o hipocondrio e a fosa ilíaca.
-
...
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Apelido de significación escura que puido ter a súa orixe nun alcume probablemente de orixe toponímica, xa que na época medieval se rexistra dentro da cadea onomástica funcionando como alcume e tamén como topónimo indicador de procedencia ou residencia. Con todo, actualmente non se atesta ningún topónimo con este nome.
-
-
Relativo a aqueles cetáceos da familia da balea.
-
Mamífero da familia dos balénidos.
-
Familia de mamíferos cetáceos da suborde dos misticetos que comprenden diversas especies de baleas. Son animais de grandes dimensións, coas barbas longas e flexibles e as primeiras vértebras cervicais fusionadas, coñecidos coa denominación de baleas verdadeiras. A diferenza dos balenoptéridos, carecen de aleta dorsal e de pregaduras baixo o pescozo. Os xéneros principais son Balaena, Eubalaena e Megaptera.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Semellante ás baleas.