"RC" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 2791.

  • PERSOEIRO

    Químico. Exerceu como profesor de Química Orgánica na Escola Superior de Farmacia. Foi pioneiro no descubrimento de procesos de síntese de substancias orgánicas independentemente dos seres vivos. Tamén investigou a calor desprendida ou absorbida nas reaccións químicas, o que o levou, ao mesmo tempo que Julius Thomsen, a enunciar o principio chamado Thomsen-Berthelot. Foi, amais, o creador da bomba calorimétrica e descubriu novos métodos para as medicións termoquímicas. Escribiu, entre outras obras, Leçons sur les principes sucrés (Leccións sobre os principais azucres, 1862).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xornal gratuíto de periodicidade mensual editado pola Asociación de Comerciantes e Empresarios de Betanzos (Acebe), distribuído en Betanzos e na comarca das Mariñas. Apareceu o 1.11.1992 e ten unha tirada de 15.000 exemplares. Galeguizou a súa cabeceira no ano 1997 e escribíronse en galego a maior parte das súas informacións (90%). Conta con máis de vinte colaboradores entre xornalistas, historiadores, fotógrafos, debuxantes e filólogos. Entre as súas seccións, amais dalgúns artigos de opinión, destacan: “Praza do Campo”, con información local, “Información xuvenil”, “Tendencias”, coas últimas novidades discográficas, “Verbas”, coas novas achegas da literatura galega, “Deportes”, “Motor”, “Saúde”, “Historia” e “Asociado”, na que se inclúe unha entrevista con algún comerciante da vila.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que consiste en dous círculos, que forma dous círculos ou que interveñen dous círculos, referido á determinación dunha posición ou á xeración dunha curva.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Cronista e poeta polaco. Escribiu Kronika wszystkiego świata (Crónica do mundo enteiro, 1551), primeira crónica en lingua polaca.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ás biercanderáceas.

    2. Fungo da familia das biercanderáceas.

    3. Familia de fungos da orde das poliporais, de cogomelos de carne crebadiza e desprovistos de pé. En Galicia son comúns os xéneros Bjerkandera, Piptoporus e Postia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xornalista e narrador norteamericano. É autor de contos nos que, seguindo un modelo humorístico como o de Mark Twain, chega a miúdo ao cinismo e ao sarcasmo. Publicou Tales of soldiers and civilians (Contos de soldados e civís, 1891) e Fantastic fables (Fábulas fantásticas, 1899).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de bifurcarse.

    2. Punto no que algo (camiño, vía férrea, etc) se bifurca.

    3. No contexto das ecuacións non lineais, situación na que, para un valor crítico dun parámetro λ que nelas figura, cambia o número ou a estrutura das solucións. Este valor crítico de λ recibe o nome de punto de bifurcación. Os fenómenos de bifurcación teñen un papel importante nos casos de empenamento de barras ou placas delgadas, cambio de réxime no movemento dos fluídos e cinética das reaccións químicas, entre outros.

    4. Fenómeno lingüístico que provoca, por evolución histórica, que unha forma adquira dous ou máis sentidos diferentes. Xeralmente estes sentidos se relacionan, polo menos por oposición, como por exemplo loitar con eles (‘no seu favor’, ‘contra eles’). Loxicamente, a distancia pode ser maior ou, pola contra, moi imprecisa.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. de bifurcarse.

    2. Que ten forma de forca de dúas puntas.

      1. Aplícase á peza ou figura que ten algunhas ou todas as extremidades escindidas en dous ramais, formando unha recta ou unha curva.

      2. Aplícase ao rabo dun animal, xeralmente dun león, dividido en dúas borlas en aspa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Dividirse algunha cousa en dúas ramas, brazos ou direccións.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de algas mariñas da clase das feofíceas. No Atlántico, en costas protexidas no litoral inferior, é común a especie B. bifurcata. Os talos son cilíndricos, de ata 30 cm de lonxitude e 4 mm de diámetro, de cor castaña clara e ramificados de xeito dicotómico nun único plano, con áxilas arredondadas; están rematados en receptáculos, máis anchos e de ata 8 cm de lonxitude, e adhírense ao substrato mediante pequenos discos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Circuíto microelectrónico realizado sobre unha capa de polímero que se grava e que se dopa, despois de estar depositada sobre un soporte illante, cunha técnica semellante ás que se empregan para fabricar os circuítos integrados. O material condutor -certas proteínas naturais ou artificiais- presenta unha gran variedade de propiedades respecto dos tradicionais semicondutores. As dimensións dos elementos destes circuítos permiten unha integración a escala xigantesca (Giant Scale Integration, GSI), e velocidades de transmisión da información da orde de cen veces maior ca a acadada nos circuítos VLSI.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Metabolito normal que pode indicar a existencia dunha patoloxía ou situación tóxica, en caso de presentarse en cantidades anormais nun fluído corporal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arqueólogo. Especializouse na Arqueoloxía exipcia e foi un destacado orientalista. En 1861 foi nomeado conservador do British Museum e en 1870 fundou a Society of Biblical Archaeology.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Enxeñeiro. Foi cofundador da empresa automobilística La Hispano Suíza. Inventou e patentou diversos motores de aviación.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acoirazado alemán. Entrou en servizo na primavera de 1941 co fin de obstaculizar o tránsito marítimo aliado no Océano Atlántico. Foi afundido polos ingleses o 27 de maio dese mesmo ano.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ARQUIPELAGOS

    Arquipélago de Papua Nova Guinea, no Pacífico, ao NL da illa de Nova Guinea e ao redor do mar de Bismark (53.000 km2). Está formado polas illas de Lavongai, Nova Bretaña, Nova Irlanda, Dyaul, Lolobau, Tingwon, as illas do Almirantado e de asa San Matías, Long Island e Umboi. Situadas en latitudes ecuatoriais (1°-7° de latitude S), están cubertas de bosques. As producións principais son a copra, o cacao e a nácara. A cidade principal é Rabaul. Colonia alemá dende 1884, en 1919, trala Primeira Guerra Mundial, pasou a ser administrada por Australia. En 1949, estando baixo administración australiana, o arquipélago foi incorporado a Papua Nova Guinea, que accedeu á independencia en 1975.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Área marítima interior do Océano Pacífico que se estende ao NL da illa da Nova Guinea e está pechado polas illas do arquipélago de Bismarck: a Nova Bretaña polo S e SL, a Nova Irlanda polo NL, as San Matías polo N e as illas do Almirantado polo O.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político prusiano, artífice da unidade alemana. Nacido nunha familia de junkern (nobreza latifundista), estudiou en Berlín e en Göttingen. Ingresou na administración prusiana en 1835. En 1847 foi deputado no primeiro Landtag (Parlamento) xeral de Prusia. Extremadamente conservador, pediu a creación dun banco de crédito agrario e defendeu a represión do movemento revolucionario de 1848. Mostrouse realista e calculador cando Austria impuxo a Prusia a renuncia a unha primeira forma de unidade nacional alemá (Olmütz, 1850). Entre 1851 e 1859 foi conselleiro da embaixada de Prusia na Dieta de Frankfurt, onde avogou pola causa de Prusia e da unidade alemá contra a hexemonía de Viena, coa axuda de Rusia e da Francia de Napoleón III. Entre 1859 e 1862 foi embaixador prusiano en San Petersburgo e en 1862 en París. Nese mesmo ano chegou a primeiro ministro e ministro de Asuntos Exteriores de Guillerme I de Prusia. En 1864 logrou, grazas á colaboración de Austria, que Dinamarca cedese...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Ensaísta e crítica literaria. Profesora de Literatura Galega na Facultade de Humanidades de Lugo da Universidade de Santiago de Compostela. Formou parte do movemento feminista galego dende os seus comezos nos anos setenta e coordina, xunto con Claudio Rodríguez Fer, a publicación libertaria Unión Libre. Cadernos de vida e culturas. Publicou Conversas con Carballo Calero (1989), Carballo Calero: política e cultura (1991), e fixo, en colaboración con Rodríguez Fer, as edicións de Con pólvora e magnolias de X. L. Méndez Ferrín (1989) e de Os eidos de Uxío Novoneyra (1990). Como ensaísta ocupouse especialmente da problemática feminista e libertaria, combinando a temática galega coa universal, e como crítica tratou en particular as relacións entre xénero sexual e literatura, sendo pioneira en Galicia destes estudios. Nesta liña publicou os libros: Literatura galega da muller (1991), Escritoras galegas (1992), Libros...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Historiador agostiño da literatura castelá. A súa obra máis importante é La literatura española en el siglo XIX (1891-1894), onde tamén estudia a literatura galega en catro capítulos dende a época medieval ata os autores do Álbum de la Caridad (1862).

    VER O DETALLE DO TERMO