"ISM" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 1586.

  • Corrente lingüística inspirada na obra de Leonard Bloomfield, que se desenvolve entre os anos 30 e 50 do s XX nos EE UU, en reacción contra as gramáticas mentalistas e as ideas de Edward Sapir e Benjamin Lee Whorf. Parte do principio de que os elementos dunha lingua non co-ocorren de xeito arbitrario, senón de acordo con determinadas relacións. Aínda que esta era unha constatación moi antiga, non fora obxecto de método ata a chegada do distribucionalismo. Esta corrente teórica desenvólvese nunha gramática norteamericana marcada por unha cativa representación das tendencias filolóxica, histórica ou comparativa, e polo interese nas linguas amerindias, nunha situación oral non-codificada. Así, a lingüística da época presenta conexións coa antropoloxía e cunha psicoloxía condutista que, en tanto ciencia natural, evita a introspección e favorece as análises obxectivas. Neste contexto, a lingüística deberá dedicarse a describir os elementos dunha lingua a partir da súa aptitude (posibilidade...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Técnica e método pictórico que obtén os efectos cromáticos mediante a aplicación de pequenos trazos ou puntos, e non con empastes e mesturas da cor. O efecto de mestura das cores prodúcese ao observar o cadro a unha certa distancia. Acádase entón unha maior luminosidade e brillo. O seu desenvolvemento foi obra de Seurat e dos neoimpresionistas que preferiron este termo ao de puntillismo, empregado pola crítica e pola historia da arte.

    2. Movemento pictórico italiano que se estendeu entre a derradeira década do s XIX e a primeira do s XX. Versión do neoimpresionismo francés, foi unha das fontes do futurismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Condición de divo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Postura ideolóxica que defende a implantación do divorcio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Doutrina cristolóxica dos primeiros tempos da Igrexa que lle atribuía á persoa de Xesucristo un corpo aparente e negábaselle toda realidade á súa vida humana. Apareceu a finais da idade apostólica e difundiuse nos primeiros anos do s II, como intento de explicar racionalmente a encarnación e a paixón de Cristo desde o dualismo espiritualista gnóstico. Esta corrente de pensamento non chegou a organizarse nin a constituír un grupo sectario, pero manifestouse no transcurso dos séculos baixo diversas formas: valentinianos e marcionitas (ss II e III), monofisitas (s VI) e cátaros (s XI). Foi condenada como herexía no Concilio de Calcedonia de 451.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Corrente cinematográfica que presta un especial interese polo xénero documental.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sistema musical ideado por Arnold Schönberg na década dos anos vinte do s XX, que consiste en estruturar cada obra musical sobre unha serie de doce sons, as notas da escala cromática, presentados nun só golpe e nunha orde determinada polo compositor. Significa a disolución do sistema tonal clásico e rexeita as leis que rexían a tonalidade e mais a harmonía. A serie pode ofrecer catro modalidades: orixinal, retrógrada, invertida e retrógada invertida. Os principais compositores dodecafónicos foron o propio Schönberg, A. Berg, E. Krenek e A. Webern.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Calidade de dogmático.

      2. Actitude e procedemento que se adopta nos máis diversos campos, desde os filosóficos e relixiosos ata os políticos, que consiste no establecemento dunhas premisas dogmáticas, entendidas como axiomas e non demostradas racionalmente.

    1. Posición epistemolóxica cunha ilimitada confianza na razón que presupón unha coincidencia absoluta entre subxectividade e obxectividade no acto do coñecemento. Este modo de pensamento traballa con fórmulas e conceptos invariables, sen ter en conta as condicións de lugar e tempo, e omite polo tanto o principio que afirma o carácter concreto da verdade. Kant denominou dogmática a filosofía racionalista dende Descartes ata Christian Wolff e contrapúxoa ao seu criticismo. Na filosofía moderna, o dogmatismo está vinculado ás concepcións antidialécticas que negan as ideas da variabilidade e do desenvolvemento do mundo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Herexía estendida entre a Igrexa norteafricana durante o s IV. Apareceu pola oposición dalgúns dos bispos de Numidia ao nomeamento de Ceciliano como bispo de Cartago, pois foi consagrado por Fiz de Aptonga, considerado como un dos “traidores” que colaboraron con Diocleciano. Consecuentemente, xurdiu o cisma cando se formou un concilio de setenta bispos de Numidia, que depuxeron a Ceciliano e o substituíron por Maiorino. No 315 Donato foi elixido sucesor de Maiorino e a herexía estendeuse, mentres os donatistas perseguiron os católicos e destruíron os seus templos. A súa doutrina sostiña que a Igrexa visible estaba formada unicamente polos xustos e santos, e que os sacramentos carecen de validez se son administrados por un ministro indigno. O donatismo adquiriu tamén un matiz de loita social cando os campesiños, sometidos a pesadas cargas contributivas e vexacións, tomaron o partido donatista e saquearon as facendas e vivendas dos cristiáns ricos. A Donato sucedeuno Parminiano, entre o 355...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Conxunto de características e calidades dun donxoán.

    2. Condición de donxóan.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Calidade de doutrinario.

    2. Sistema político que profesaba o compromiso entre o poder real e a soberanía popular a comezos do s XIX. Difundiuse en Francia a partir de 1815, onde se pretendía establecer un goberno constitucional cunha concepción intermedia entre a liberdade e a autoridade, entre a monarquía e o réxime representativo. As doutrinas españolas durante o reinado de Isabel II e Afonso XII defenderon a propiedade privada, a primacía da orde pública e o respecto ás clases dirixentes.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Calidade de dramático.

    2. Atmosfera desagradable que rodea a determinadas situacións.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Ungüento composto de cera, colonia, aceite e esencias que se empregaba como depilatorio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Institución de carácter relixioso que existiu nos pobos celtas das Illas Británicas e da antiga Galia Transalpina. Algúns estudiosos sosteñen que os celtas herdaron a tradición dos pobos autóctonos de Irlanda e Gran Bretaña. Outros opinan que os romanos a coñeceron canda a conquista das Galias por Xulio César. O seu declive veu dado polas invasións dos pobos xermanos e pola introdución progresiva do cristianismo. Ao redor do s V formáronse ordes de druídas centradas máis no cultivo das artes ca en perpetuar a antiga relixión. Segundo a posición xerárquica que ocupasen dentro do grupo, os seus membros dedicábanse á literatura (bardos), á música (ovatos), aos estudios do carácter céltico ou ás belas artes; e reservábaselles o coñecemento dos misterios das distintas ciencias aos que ocupaban a posición máis relevante. A figura do mago Merlín, recollida en diversas obras da materia de Bretaña, encarna en boa medida a sabedoría dos antigos druídas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. dualidade.

    2. Concepción cosmolóxica segundo a cal o Universo está baixo o dominio de dous principios orixinarios, antagónicos e irredutibles entre si. Son manifestacións de dualismo: o zoroastrismo persa, o maniqueísmo, o gnosticismo e o catarismo.

    3. Doutrina que considera que o Universo e o home están constituídos por dous elementos en certa maneira independentes e irredutibles entre si (como o espírito e a materia ou a alma e o corpo). O termo introduciuno C. Wolff, quen o aplicou á dualidade cartesiana (materia e espírito) e o opuxo ao monismo.

    4. Teoría elaborada a comezos do s XIX por Jöns Jakob Berzelius que afirma que os compostos están constituídos por unha parte electricamente positiva e outra electricamente negativa, que determinan o seu grao de estabilidade. Esta interpretación identifica a afinidade química coa polaridade eléctrica, pero, posteriormente, abandonouse esta teoría e a investigación centrouse no estudio do enlace químico.

    5. Teoría que postula a relación directa bidireccional entre as formas lingüísticas e as entidades que denotan.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Movemento dos ebionitas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Actitude ecléctica.

    2. Teoría que consiste en extraer diferentes principios de varias doutrinas de pensamento para fusionalas nun sistema único, e para recuperar de cada unha delas o máis positivo. É unha actitude de oposición ao dogmatismo e ao radicalismo, ao reivindicar a tolerancia e o diálogo entre posturas distintas. Valorouse de diferentes maneiras ao longo da historia da filosofía. Cicerón foi un dos pensadores eclécticos clásicos. Esta corrente colleu pulo durante a introdución do cristianismo na filosofía ao asimilar algúns autores cristiáns os sistemas filosóficos de Platón e Aristóteles. Deste xeito, son actitudes eclécticas as filosofías de santo Agostiño de Hipona e san Tomé de Aquino. No Renacemento, a escolástica do fin do medievo tentou asimilar as actitudes eclécticas dos sistemas filosóficos gregos.

    3. Tendencia arquitectónica desenvolvida no s XIX que mestura diversos elementos estilísticos. Foi favorecida polas prospeccións arqueolóxicas e a publicación das primeiras historias universais ilustradas de arquitectura. Relacionada co historicismo na súa inspiración nos estilos do pasado, aproveitou os avances tecnolóxicos da arquitectura do ferro e integrou no marco arquitectónico as demais artes, especialmente a escultura. Foi o estilo empregado na construción de edificios institucionais, como deputacións, concellos e ministerios, e tamén en estacións, mercados, teatros, casinos, bancos e entidades culturais. O edificio máis representativo foi a Ópera de París (1861-1874) de Charles Garnier. En España adaptárono, nalgunha das súas obras, L. Doménech, A. Gaudí, J. Puig i Cadaflach, E. Rodríguez Ayuso, E. Rogent e R. Velázquez Bosco, entre outros. En Galicia cómpre salientar a obra de F. Domínguez Coumes-Gay e A. Rodríguez Sesmero.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Movemento social progresista que actúa en favor dunha transformación radical do modelo de desenvolvemento, para garantir de forma equitativa a satisfacción das necesidades básicas das xeracións actuais, sen comprometer a capacidade das xeracións futuras para garantiren as súas. O movemento ecoloxista posúe unha dobre dimensión. É un movemento socio-político e, ao mesmo tempo, socio-cultural. Trátase dun movemento socio-político na medida en que procura influír no proceso de toma de decisións do poder político. As organizacións ecoloxistas son apartidarias, independentes dos partidos, mais non apolíticas, aínda que algúns partidos verdes asumen en gran medida o pensamento ecoloxista. Tamén é un movemento socio-cultural que difunde valores, crenzas, actitudes e cosmovisións contraditorias coas hexemónicas da sociedade actual. Tenta estender estilos de vida cotiá compatibles coa sustentabilidade e a equidade. Procura crear e profundizar a conciencia ecolóxica da sociedade civil, en particular...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Desviación no tratamento ou na interpretación dos feitos sociais, caracterizada pola importancia determinante que se lles dá aos aspectos económicos da situación.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Modalidade de turismo, ambientalmente responsable, que consiste en viaxar ou visitar áreas naturais sen alteralas, co fin de gozar, apreciar e estudar os atractivos naturais, que se poida localizar a través dun proceso que promova a conservación, cun baixo impacto ambiental e cultural, e que propicie un compromiso activo e socioeconomicamente benéfico para as poboacións locais.

    VER O DETALLE DO TERMO