"RCA" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 608.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xefe dun nomós ou provincia no antigo Exipto. Ao principio era un simple funcionario da coroa que se encargaba de manter as canles, censar os rabaños e cobrar as taxas, pero a situación mudou a partir da dinastía V, época en que o cargo se converteu en hereditario. Ao final da dinastía VI iniciouse o fraccionamento do país, que desembocou no Primeiro Período Intermedio (2182-2040 a C), a idade de ouro dos nomarcas, cando se independizaron da coroa. Esta situación prolongouse en parte durante as dinastías XI e XII, ata o reinado de Sesostris III. Durante o Segundo Período Intermedio (1786-1567 a C), época igualmente de fragmentación territorial, parece documentarse a existencia dalgún nomarca, como tamén durante as dinastías XXII e XXIII (945-730 a C), cando a división do Delta favoreceu de novo a aparición de gobernadores semiindependentes.
-
PUBLICACIÓNS
Publicación editada en Negreira a partir de 1971. Voceiro do consello interparroquial de Cáritas e do Centro Comarcal do Desenvolvemento Comunitario de Negreira, desde as súas páxinas abordou os problemas económicos e sociais dos membros da parroquia desde un punto de vista cristián-progresista e de compromiso con Galicia.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Política e psicóloga. Foi deputada nas Cortes por Ourense polo PSdeG-PSOE entre a III e a VI lexislaturas (1986-2000) e senadora pola mesma cidade na VII lexislatura (2000-2004). Pertenceu á comisión executiva galega do PSdeG-PSOE e foi coordinadora provincial do partido en Ourense.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Rei de Dinamarca (1376-1387) e de Noruega (1380-1387), fillo de Haakon VI de Noruega e de Margarida I de Dinamarca. Sucedeu o seu avó Valdemar IV Atterdag no trono de Dinamarca e o seu pai no trono de Noruega, pero foi a súa nai quen gobernou no seu nome como rexente.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Cada un dos individuos que compoñen unha oligarquía.
-
ARQUIPELAGOS
Arquipélago da Antártida, constituído por catro illas desérticas e algúns escollos rochosos, situado a 1.350 km de Tierra del Fuego (622 km2). Dispútano Inglaterra, que as consideran unha dependencia das illas Malvinas, e Arxentina, que mantén nel un observatorio meteorolóxico.
VER O DETALLE DO TERMO -
ILLAS
Arquipélago situado ao N de Escocia, Reino Unido, que constitúe unha rexión administrativa (975 km2; 19.245 h [2001]). A súa capital é Kirkwall (7.615 h [2001]). Está situado ante as costas de Caithness, das que o separa o Pentland Firth. Presenta un relevo case plano, sobre todo na illa Mainland e está constituído basicamente por gres avermellado e por materiais semellantes aos do N de Escocia. O principal recurso económico é a gandaría bovina.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Andrea di Cione.
-
GALICIA
Comarca situada no centro-N da Comunidade Autónoma de Galicia e no centro da provincia da Coruña. Limita ao N coas comarcas de Bergantiños (concello da Laracha), A Coruña (concellos de Culleredo, Carral e Abegondo) e Betanzos (concellos de Cesuras e Curtis), ao L coas de Betanzos (concello de Vilasantar) e Arzúa (concello de Boimorto), ao S coas de Arzúa (concellos de Boimorto, Arzúa e O Pino) e Santiago (concello de Santiago de Compostela) e ao O coas de Santiago (concello de Val do Dubra), Xallas (concello de Santa Comba) e Bergantiños (concellos de Coristanco e Carballo). Abrangue unha superficie de 754,7 km2en que acolle unha poboación de 37.752 h (2001), distribuída entre os concellos de Cerceda (110,9 km2; 5.390 h), Frades (81,7 km2; 3.006 h), Mesía (106,8 km2; 3.296 h), Ordes (157,3 km2; 11.963 h), Oroso (72,1 km2; 5.530 h), Tordoia (124,5 km2; 4.847 h) e Trazo (101,4 km2; 3.720 h). Trátase dunha...
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Comarca situada no N da Comunidade Autónoma de Galicia e da provincia da Coruña. Limita ao N co Océano Atlántico, ao S coas comarcas de Ferrol (concellos de Moeche e As Somozas) e do Eume (concello das Pontes de García Rodríguez), ao L coa comarca da Mariña Occidental (concellos do Vicedo e Ourol) e ao O de novo coa comarca de Ferrol (concellos de Cedeira e Valdoviño) e co Océano Atlántico. Abrangue unha superficie de 391,7 km2en que acolle unha poboación de 16.454 (2001), distribuída entre os concellos de Cariño (46,8 km2e 4.844 h), Cerdido (52,7 km2e 1.568 h), Mañón (82,2 km2e 1.870 h) e Ortigueira (210 km2e 8.172 h). O espazo comarcal sitúase na parte setentrional da provincia con dúas vilas de relativa importancia, Ortigueira e Cariño, aínda que recae en maior medida en Ortigueira.
VER O DETALLE DO TERMO
Xeografía física
Desde o punto de vista xeomorfolóxico está dividida en varias unidades aínda que a súa complexidade é moito... -
GALICIA
Comarca situada no S da Comunidade Autónoma de Galicia e no N da provincia do mesmo nome. Limita ao N coas comarcas de Chantada (concello de Carballedo) e Terra de Lemos (concellos de Pantón e Sober), ao L coas de Terra de Caldelas (concello de Parada de Sil) e Allariz-Maceda (concellos de Xunqueira de Espadanedo, Maceda e Paderne de Allariz), ao S coas comarcas de Allariz-Maceda (concellos de Allariz), Terra de Celanova (concellos da Merca e Cartelle) e O Ribeiro (concello de Castrelo de Miño), e ao O coas comarcas do Ribeiro (concello de Cenlle) e O Carballiño (concellos de Punxín, Maside e San Cristovo de Cea). Abrangue unha superficie de 623,1 km2en que acolle unha poboación de 141.513 h (2001), distribuída entre os concellos de Amoeiro (39,7 km2; 2.298 h), Barbadás (30,2 km2; 6.768 h), Coles (38,1 km2; 3.171 h), Esgos (37,8 km2; 1.294 h), Nogueira de Ramuín (98,3 km2; 2.531 h), Ourense (84,5 km2; 107.510 h),...
VER O DETALLE DO TERMO -
-
herba da ferradura.
-
1 tarrelo.
-
-
MUNICIPIOS
Municipio de Mallorca e capital das Illes Balears, situado no extremo das abas da serra da Tramuntana (333.801 h [2001]). É sede do Consell Insular de Mallorca e do bispado de Mallorca. O seu núcleo urbano está composto pola cidade antiga, arredor da que se dispuxeron o ensanche e novos núcleos periféricos edificados a partir da década de 1970. A poboación activa dedícase basicamente ás actividades terciarias e secundarias, mentres que o sector primario é minoritario e está adicado aos cultivos herbáceos e ás froiteiras de secaño. A industria relacionada co turismo, como a construción, as industrias do metal, da madeira e alimentarias, está en expansión. É un dos centros turísticos máis destacados do Mediterráneo. Foi un municipio romano fundado por Quinto Cecilio Metelo tras a súa vitoria sobre os habitantes das illas (123-122 a C) e poboado con parte dos colonos romanos de Iberia que o acompañaban. Os vándalos ocupárono tras a morte de Valentiniano III (455) e foi reconquistado polos...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Muller gorda e de aspecto descoidado que actúa con preguiza.
-
GALICIA
Comarca situada no SO da Comunidade Autónoma de Galicia, no SL da provincia de Pontevedra, que se estende polo extremo meridional das montañas da Dorsal Occidental Galega, na cabeceira do Tea, no val do río Deva e no tramo oriental do Miño pontevedrés. Limita ao N coa comarca de Vigo (Fornelos de Montes) e O Ribeiro (Avión), ao L coa do Ribeiro (Melón e Cortegada) e Terra de Celanova (Pontedeva e Padrenda), ao S con Portugal, e ao O ca do Condado (Mondariz, Salvaterra de Miño e As Neves). Abrangue unha superficie de 333,6 km2en que acolle unha poboación de 17.356 h (2001) distribuída nos concellos de Arbo (43,3 km2; 3.742 h), A Cañiza (107,5 km2; 7.194 h), Covelo (125,3 km2; 3.743 h) e Crecente (57,5 km2; 2.677 h). A capitalidade comarcal é a vila da Cañiza, principal centro comercial e de servizos, beneficiado por ser o principal nó de comunicacións do extremo SL pontevedrés e pola grande accesibilidade respecto a Portugal, Ourense...
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Cada unha das tres divindades latinas do destino identificadas coas moiras gregas. OBS: Adoita escribirse en maiúscula.
-
Personificación poética da morte. OBS: Adoita escribirse en maiúscula.
-
-
-
-
Cada un dos epónimos que, na tradición sacerdotal do Pentateuco, forman as dúas xenealoxías de dez nomes que van desde a creación ao diluvio e deste a Abrahán; sobre todo Abrahán, o seu fillo Isaac, o fillo deste Xacob, e os fillos deste, epónimos das doce tribos de Israel.
-
Título dado antigamente aos bispos das cinco sés máis importantes do Imperio Romano e que se outorga aos xefes das igrexas orientais e honorificamente a algúns bispos da Igrexa Católica. Comezou a utilizarse a partir do Concilio de Calcedonia (451), en que foron organizados definitivamente os cinco patriarcados de Roma, Alexandría, Antioquía, Constantinopla e Xerusalén. As xurisdicións e dereitos sobre os territorios asignados, quedaron codificados na lexislación de Xustiniano, pero xa anteriormente (325) os bispos de Roma, Antioquía e Alexandría exercían as funcións sen ter o título. Co monofisismo instaurouse un dobre patriarca en Alexandría e Antioquía, e con ocasión do monotelismo os maronitas fundaron un propio. A independencia das diversas igrexas ortodoxas fixo que o título fose dado a algúns dos seus líderes. Dentro do catolicismo e desde os últimos séculos, a cabeza de cada un dos ritos recibiu de Roma a dignidade patriarcal con algúns poderes. No rito latino o título considérase...
-
-
Persoa que pola súa autoridade ou sabedoría goza dunha grande autoridade moral ou de veneración.
-
-
-
-
Dignidade ou cargo de patriarca.
-
Época e duración do goberno dun patriarca.
-
Territorio sometido á xurisdición dun patriarca. O Concilio de Nicea (325) recoñeceu a tripla xurisdición de Roma sobre Italia, de Alexandría sobre Exipto e Libia, e de Antioquía sobre Asia Menor. O Concilio de Calcedonia (451) sostivo a Palestina en Antioquía para confiala ao patriarcado de Xerusalén e deu ao patriarcado de Constantinopla a xurisdición sobre Asia, Tracia e o Ponto, e así organizou a cristiandade na pentarquía. Os límites actuais dos patriarcados corresponden aínda aos antigos, se ben as diversas escisións crearon un desdobramento de xurisdicións en cada unha das antigas sés patriarcais.
-
-
Sistema político-xurídico segundo o que os fillos entran a formar parte do grupo ao que pertence o pai e toman nomes, dereitos e poderes que transmiten ao descendente ou descendentes máis inmediatos e directos en liña masculina.
-
-
-
Relativo ou pertencente ao patriarca ou ao patriarcado.
-
Que goberna ou exerce a súa autoridade con benevolencia e sinxeleza.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Dolmen situado en Cerqueda (Malpica de Bergantiños). Está constituído por unha cámara poligonal de case 2 m de diámetro, da que se conservan seis lousas chantadas e inclinadas cara ao interior, unha tampa moi grosa fracturada e caída sobre a cámara, e un corredor difícil de identificar e orientado cara ao leste.