"Sion" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 507.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acción e efecto de supervisar.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acción e efecto de suprimir.
-
-
Acción e efecto de suspender.
-
-
Dispersión metastable dun sólido nun líquido dunha maneira practicamente uniforme.
-
suspensión de bario /
Suspensión dun sal de bario que se usa en radioloxía como medio de contraste para encher vísceras baleiras, como o estómago e os intestinos, e facer despois radiografías para ver o relevo das paredes.
-
-
-
Aquilo con que está suspendida algunha cousa.
-
Dispositivo que se emprega para manter suspendido un elemento ou a parte móbil dun aparato de medición ou análogo.
-
Conxunto de elementos mecánicos, interpostos entre o chasis dun vehículo e as súas rodas ou os seus eixes, dotados da elasticidade necesaria para amortecer os golpes, as vibracións e as sacudidas producidas polas irregularidades do terreo. Distínguese a suspensión primaria (que nos automóbiles consiste no pneumático) e a suspensión secundaria, que pode ser de tipo mecánico, pneumático ou hidropneumático, segundo a elasticidade sexa proporcionada pola deformación mecánica dunha peza, a deformación dun recinto de caucho que contén aire a presión, ou ben a compresión dun pequeno volume de gas mediante o aceite dun circuíto hidráulico a presión.
-
suspensión de cardán
Dispositivo mecánico inventado polos chineses, pero que foi descrito por primeira vez en Occidente por Gerolamo Cardano. Consiste en tres aneis concéntricos, inseridos un dentro do outro, e articulados entre eles de maneira que cada un poida xirar arredor dun eixe perpendicular aos eixes de xiro dos outros dous. Permite manter inmobilizado o anel interior (ou externo) mentres que o externo (ou interno) pode adoptar calquera posición no espazo. Tamén permite facer xirar o anel exterior arredor de calquera eixe e transmitir o movemento de rotación ao anel interior, e viceversa. Esta propiedade ten aplicación na xunta universal.
-
-
-
...
-
-
-
-
Transmisión a distancia de imaxes en movemento e de sons por medio de ondas electromagnéticas ou ben de cable. O alemán P. G. Nipkow patentou un sistema electromecánico de TV en 1884, en que a cámara consistía nun disco rotatorio con buratos formando unha espiral que permitían iluminar sucesivamente pequenos elementos do obxeto. O sinal luminoso recollíase nun dispositivo feito de selenio en que se producía unha corrente variable coa intensidade da luz reflectida. Un receptor en sincronismo cun disco semellante e sincronizado co da cámara invertía o proceso e mostraba a imaxe. A velocidade de rotación do disco determinaba, neste caso, o número de tramas de imaxe transmitidas por segundo. O primeiro sistema de televisión apareceu en Inglaterra (1926) da man do escocés J. L. Baird, e consistía esencialmente no sistema de Nipkow, máis un amplificador, un transmisor e un receptor electrónicos. A BBC empregou o sistema electromecánico de Baird para transmitir a partir de 1926 imaxes de TV de...
-
Sistema de emisión de televisión en que o sinal se transporta ata o receptor ou a través de cable coaxial ou de fibra óptica. OBS: Tamén se coñece como televisión por cable.
-
televisor.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Cadea pública de televisión da Comunidade Autónoma de Galicia que comezou as súas emisións en probas o 24 de xullo de 1985, integrada na Compañía de Radio-Televisión de Galicia. A súa programación regular, integramente en galego, comezou o 29 de setembro de 1985 con 39 horas semanais, que en 2002 chegaron a 168 horas, a maior parte de produción propia. Emite para todo o territorio galego a través de catro centros emisores (Pedroso, A Bailadora, Domaio e Tomba), que incorporaron a tecnoloxía dixital en 2002. Foi a primeira canle autonómica que emitiu regularmente en vía satélite (1994), ademais de manter a súa propia canle vía satélite cara a América (1997). Recibiu o Trofeo Galeguidade no Mundo (1992) e o Premio Galicia de Comunicación (1997 e 2002).
-
VER O DETALLE DO TERMO
Cadea pública española de televisión de ámbito estatal que comezou a emitir o 28 de outubro de 1956, coas primeiras instalacións na Avenida de La Habana, en Madrid. A programación regular chegaba só a área de Madrid pero, a partir de 1960, foise ampliando ao resto do Estado. Ese mesmo ano comezaron as retransmisións a través de Eurovisión e a TV por satélite (1962). En 1965 TVE fixo probas para implantar a televisión en cor e comezou a emitir en UHF, unha canle que logo pasou a denominarse La 2 (1990). Establecida nos estudios de Prado del Rey (1972), ampliou a rede de centros territoriais de TVE, creáronse os Servicios Informativos (1967), implantouse o Teletexto (1985) e comezaron as retransmisións de Hispavisión de TVE para América (1994). Recibiu o Premio Galicia de Comunicación (1998), ademais de multitude de galardóns por destacados programas como “En Portada”, “Documentos TV” ou “Informe Semanal”.
-
-
Acción e efecto de tensar.
-
-
Integral de liña do vector intensidade de campo entre dous puntos dun campo eléctrico a través dun camiño determinado. Equivale á diferenza de potencial entre os dous puntos e representa o traballo efectuado por unha carga unitaria ao trasladarse dun punto a outro. A unidade de medida é o volt.
-
alta tensión
Tensión superior a 250 V, que está destinada ao transporte de enerxía eléctrica a través de liñas de alta tensión.
-
baixa tensión
Tensión inferior a 250 V que está destinada á distribución de enerxía eléctrica a particulares.
-
-
-
Presión que exerce un líquido ou un gas.
-
tensión de vapor
Presión que manifesta o vapor saturado dunha substancia en equilibrio coa fase líquida nun recinto pechado.
-
tensión de vapor de auga
Presión parcial que exerce o vapor de auga contido na atmosfera. O seu valor pode aumentar ata un límite (tensión máxima ou saturante) a partir do que o vapor de auga se condensa ata que o volume da porción que queda en forma gasosa non excede o que é compatible coa tensión saturante.
-
tensión superficial
Manifestación das forzas de cohesión moleculares dunha substancia líquida ou en disolución, na superficie de separación con outro medio, que tende a conferirlle a forma de mínima enerxía potencial.
-
-
...
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Difusión térmica ou de calor.
-
-
Acción e efecto de torcer ou torcerse.
-
-
Deformación que experimenta un corpo que está sometido a dúas parellas de forzas, unha das que pode ser a reacción da outra, e actúan en sentidos contrarios e en dous planos paralelos, de maneira que cada sección do corpo sofre unha rotación respecto á outra sección próxima.
-
ángulo de torsión
Ángulo que forma unha sección recta dunha árbore ou dun eixo con relación a outra sección análoga, cando se aplica á árbore un aparato ou un momento de torsión.
-
ensaio de torsión
Ensaio en que unha probeta se somete a un esforzo de torsión para determinar a resistencia.
-
-
Número de voltas que se dá nun fío ao fialo para evitar que as fibras se poñan unhas sobre outras. O sentido de torsión está definido mediante as letras S e Z. Cando se ve un fío vertical, coas espirais inclinadas igual ca a parte central da letra S, denomínase torsión S ou torsión dereita, e no caso contrario torsión Z ou torsión esquerda.
-
alor numérico, definido para cada punto dunha curva, que vale cero nas curvas planas e que expresa canto se separa a curva considerada dunha curva plana nun contorno do punto considerado.
-
-
-
Acción e efecto de transfundir.
-
Operación que consiste en facer pasar sangue ou algúns dos seus derivados (soro ou plasma) dun doador a un receptor, directa ou indirectamente, para tratar determinadas afeccións ou substituir sangue que se perdeu nunha hemorraxia. No caso dunha transfusión sanguínea hai que facer estudos previos do receptor e do doador, con tipificación de grupos e detección de aglutininas.
-
-
-
Acción e efecto de transgredir.
-
Expansión do mar en relación ás terras emerxidas, provocada pola epiroxénese, debida a un ascenso xeneralizado do nivel do mar ou por ambos os dous movementos á vez.
-
-
-
Acción e efecto de transmitir ou transmitirse.
-
Condutibilidade nerviosa.
-
Transferencia, contaxio ou comunicación das enfermidades ou das calidades hereditarias.
-
Paso ou transporte de información (sinais) entre dous puntos, por medio da enerxía eléctrica ou electromagnética, e a través dun medio, como é o caso dunha liña de transmisión. Distínguese entre transmisión analóxica, en que os sinais son transmitidos mediante multiplexación por división da frecuencia, e transmisión dixital, en que os sinais de natureza dixital se fan mediante multiplexación por división de tempo. Co fin de mellorar a calidade da transmisión, os sinais analóxicos son traducidos previamente a dixitais.
-
-
Comunicación do movemento dun órgano ou un elemento mecánico a outro.
-
Órgano ou conxunto de órganos que serven para comunicar o movemento dunha peza, un elemento mecánico ou varios deles, a outro ou outros. Pódense distinguir dous grupos, dependendo de que a peza ou elemento motor e o elemento movido estean separados e sexa posible variar a posición relativa dun respecto do outro (como é o caso das transmisións por poleas, correas ou cables sen fin) ou de que a distancia entre o elemento motor e o movido sexa pequena e invariable (como é o caso dos axustes, engrenaxes e articulacións).
-
Conxunto de todos os órganos e elementos mecánicos que contribúen á hora de transmitir o movemento do motor ás rodas motrices dun vehículo, e que no automóbil clásico son, por esta orde, o embrague, o cambio de marchas, a árbore de transmisión articulada, o diferencial e os semieixes.
-
transmisión hidrostática
Sistema de transmisión de enerxía que se basea no desprazamento dun fluído a presión (de 2 a 300 bares) e a baixa velocidade (de 5 a 8 m/s) nun circuíto pechado.
-
-
-
...
-
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Mutación no ADN que consiste na substitución dun par purina-pirimidina por un pirimidina-purina.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Tribunal con xurisdición en toda España creado en 1940 e suprimido en 1963, ao ser creado o Tribunal de Orden Público. Para erradicar tanto a masonaría como o comunismo, impuña penas durísimas de privación de liberdade e confiscaba os bens dos condenados.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que ten tres dimensións, alto, largo e longo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
ou Trilateral Organismo creado en 1973 baixo o pulo do financeiro e político estadounidense David Rockefeller, que agrupou uns 300 financeiros, políticos e intelectuais de EE UU, Europa Occidental e Xapón. Pretende sensibilizar os gobernos e os dirixentes sobre a necesidade de manter unhas sociedades abertas, derrubar as barreiras entre os países do oeste e os do leste e os países subdesenvolvidos, e redefinir o crecemento mundial dentro dun marco de economía de libre empresa onde os recursos e o ecosistema sexan respectados. Os seus membros son directivos de grandes empresas multinacionais, de asociacións patronais, de bancos internacionais, líderes de sindicatos moderados, políticos de relevo e responsables de grandes diarios e medios de difusión, todos cunha grande influencia política e económica.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Extensa rexión chá, denominada tamén chaira turánica, de Asia central, que se estende en dirección SO-NL, desde as cordilleiras de Koppeh Dāgh, ao S do Turkmenistán, ata a depresión de Turgaj, en Kazakhstán, a través de Uzbekistán. Está composta principalmente por desertos areosos e arxilosos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Depresión de Asia central, situada en Kazakhstán. Constitúe o límite N da depresión de Turan. Está regada polo Turgaj e polo ‘Ul’kajak.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que ten unha soa dimensión.
-
-
Tradución dun texto dun idioma orixinal a outro idioma, que é distinto do primeiro.
-
-
Adaptación dun filme a outra lingua distinta da orixinal en que se traduce o diálogo, que posteriormente será dobrado, co que se constitúe o guión falado. Tradúcese por medio da visualización do diálogo en forma de subtítulos, isto é, en versión subtitulada.
-
versión subtitulada
Adaptación dun filme conservando a audición da súa lingua orixinal e traducindo os diálogos, que aparecen na pantalla en forma de subtítulos.
-
-
-
Cada un dos diferentes xeitos de referir, de interpretar ou de presentar unha cousa.
-
Cada un dos estados dunha obra literaria ou artística que sufriu modificacións.
-
-
Cada unha das interpretacións dun tema artístico ou dunha composición musical.
-
Adaptación dunha obra literaria, dun feito histórico, social ou político ao cine, ao teatro, etc.
-
Operación manual que consiste en variar a presentación do feto para facilitar o parto.
-
...
-