"ARE" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 1669.

  • GALICIA

    Poeta, ensaísta e teórico da literatura. Profesor titular de Literatura española na Universidade de Vigo, publicou o poemario Memorial de exilio (1994), recompilación de textos escritos nos anos setenta e realizou as antoloxías poéticas O mar na poesía galega (1985), Poetisas galegas do século XX (1987) e América na poesía galega (1993).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Humanista. Foi catedrático de Gramática na Universidade de Santiago de Compostela e, probablemente, abriu un estudo en Ourense onde tivo como discípulos os poetas Arrojo, Cuquejo e Rojo. En 1565 trasladouse a Lisboa onde puido impartir clases na Universidade de Coimbra. Publicou varias obras en prosa e en verso escritas en latín e asinadas co pseudónimo de Cadalvalus Gravius Calydonis Tydensis. En 1568 publicouse en Lisboa un tomo que incluía catro cadernos con varias das súas obras: Caderno I que recolle Triumphalis tumulus, Epitaphium, dous Encomiasticon carmen e De platano extempore carmen; Caderno II que recolle Branchyologia, Monocolon encomiasticonque carmen e dous Distrophon carmen; Caderno III que recolle Monocolon encomiasticonque carmen e Poeticae comendatio; e Caderno IV que recolle o poema Pithyografia. Ademais escribiu: De obitu et apotheosi invitis. Joan III Lusitaniae et Algarbiorum regis...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Emisora radiofónica im-plantada no ámbito estatal que iniciou as súas emisións en 1958 cando a Dirección General del Secretariado Nacional de la Comisión Episcopal de Cine, Radio y Televisión e os representantes das distintas dioceses españolas e das diferentes emisoras parroquiais, acordaron transformar a súa estrutura local e crear unha cadea de radiodifusión nacional. As emisoras pioneiras foron Radio Vida, chamada posteriormente Radio Popular de Sevilla, e Radio Popular de València. Un ano máis tarde nacían Radio Popular de Burgos, de Lleida, de Pamplona, de León e de Zaragoza, ata completar a cifra de 43 emisoras de Onda Media, 67 de Frecuencia Modulada e 49 de Cadena 100. En 1981, por imperativos legais, adoptou o nome de Radio Popular SA-Cadena de Ondas Populares. En febreiro de 1983, baixo a dirección xeral de José Andrés Hernández, ex-director de Radio Popular de Vigo, iniciou unha programación baseada na emisión de magazines, boletíns informativos, debates, coloquios...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Actor cinematográfico. Comezou a traballar no teatro en compañías de afeccionados, ata que foi contratado por Adolfo Marsillach para debutar no filme El frente infinito (1956) de Pedro Lazaga. Especialista en papeis secundarios, interpretou a distintos personaxes en Distrito quinto (1957), Tristana (1970), El viaje a ninguna parte (1986) e Licántropo (1996). Participou tamén nalgunha produción estranxeira como Doctor Zhivago (1965) e Profession: Reporter (Profesión: Reporteiro, 1975). En 1960 foi premiado no Festival de Valladolid polo seu papel en El inocente, de Josep Maria Forn.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Gres calcario, cimentado por carbonato cálcico.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Profesional que nun bar, nun restaurante ou noutro establecemento hostaleiro atende os consumidores.

      2. Persoa encargada da limpeza e coidado dos cuartos en hoteis, barcos ou coches-cama dos trens.

      3. camareiro de piso

        Profesional hostaleiro que ten como misión a limpeza e preparación das dependencias de uso común en hoteis, residencias e similares.

      1. Oficial palatino que na Idade Media estaba ao servizo da cámara real, na que se gardaba o tesouro, as xoias, os mobles e as vestimentas reais. Máis tarde, o cargo comportou a recepción e distribución de ingresos reais e acabou quedando restrinxido ao servicio particular do soberano.

      2. Dama, pertencente á alta nobreza, que antigamente prestaba servicios na cámara da raíña.

      1. Eclesiástico encargado nos mosteiros e nas grandes igrexas do fornecemento e coidado dos vestidos para os monxes ou cóengos; ás veces encargábase tamén dos cuartos, función que nos grandes mosteiros estaba encomendada ao cubiculario. Considerábase oficio maior e dignidade eclesiástica.

      2. Muller que ten ao seu cargo o coidado e vestido das imaxes nunha confraría ou nunha irmandade relixiosa.

    1. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Toledo, Castela-A Mancha, situado ao NO da cidade de Toledo e ao O do Guadarrama (2.143 h [1996]). Situado nun val, a agricultura coa produción de cereais, legumes, viño e oliveiras, e a gandería lanar son a base da súa economía.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Cámara pequena dun barco que se usa como comedor.

    2. Compartimento dun buque de guerra onde se aloxan os infantes de mariña.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Fotógrafa inglesa de orixe escocesa. Dedicouse á fotografía cun afán puramente recreativo. Aínda que a súa obra non está moi lograda tecnicamente, é un testemuño representativo da estética decadentista e prerrafaelista. Especializouse nos retratos románticos, tanto de personalidades famosas como de grupos alegóricos con protagonistas anónimos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Jaén, Andalucía, situado nos contrafortes de dúas elevacións montañosas, Sierra Mágina e Sierra Sur, e atravesado polo río Grande (2.291 h [1996]). O seu nome débese á existencia de pequenos campos de areas, orixinados polo transporte de sedimentos dos regatos da zona. Trátase dun núcleo importante de servicios, debido aos equipamentos e infraestruturas cos que conta. A agricultura ten importancia na época da oliva, cando lle dá emprego a un alto número de persoas. Nos últimos anos intentouse potenciar a produción de aceite de oliva e a fabricación de produtos cárnicos. Os primeiros asentamentos datan do Bronce. Da época romana consérvanse restos en Cañada de las Viñas. Os árabes construíron a fortaleza de Arenas, que xogou un papel importante como fronteira dos reinos de Granada e Castela. O núcleo actual de poboación ten a súa orixe na Real Cédula de Xoana a Tola, de 1508, na que se establecía que se debía repoboar a zona S da serra de Jaén. Destacan...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Autora, actriz e directora teatral. Colaborou coa Asociación Cultural Barriga Verde e co grupo de teatro Achádego. Mestra de profesión, as súas actividades vincúlanse co movemento de profesores de teatro e drama, Joven Teatro Joven, e cunha serie de iniciativas que pretendían unha maior presenza da actividade teatral na escola. Tamén organizou e impartiu cursos de iniciación ao teatro, mostras de teatro infantil e xuvenil e outras actividades relacionadas coa divulgación do feito teatral. Entre 1993 e 1998 coordinou a Aula de Teatro da Universidade de Santiago de Compostela no campus de Lugo. Dirixiu máis de trinta espectáculos no ámbito do teatro escolar, afeccionado e universitario, con textos de Antonio Buero Vallejo, Miguel de Cervantes, Alejandro Casona, José Luis Alonso de Santos, Plauto ou Thornton Wilder.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Humorista e xornalista. Traballou como guionista da TVG, sendo coñecido como Chichi Campos. En 1972 fundou, xunto con Xosé Díaz, Luís C. Esperante e Rosendo Díaz, o grupo Cómic do Castro. Con eles expuxo no Círculo Mercantil de Santiago en 1973 nun salón ao que tamén acudiron Xaquín Marín e Reimundo Patiño, e que percorreu moitas vilas e cidades galegas, amais de Madrid e Barcelona. Dirixiu ata 1974 a galería de arte Mestre Mateo da Coruña. Colaborou con diversos artigos e coa creación de viñetas nas publicacións periódicas A Voz do Pobo, Mundo Obrero, A Nosa Terra, La Voz de Galicia, El Ideal Gallego, Diario 16 de Galicia, El Progreso, La Región, Can sen Dono e a revista alemá Pardón. Actuou tamén como correspondente da revista de arte barcelonesa Batik. Participou igualmente na exposición de Arte Xove de Galicia (1973), na de 13 Artistas de Hoy (1974) e na Mostra Homenaxe a Castelao (1975).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Sociólogo. Profesor de socioloxía na Universidade de Santiago de Compostela, iniciouse en Economía e obtivo o Diplome d’Études Approfondies pola Université de Paris VIII (Vincennes). Destacado militante do PCG-PCE, ingresou posteriormente, na coalición IU. Publicou, entre outras obras: El laberinto de las autonomías y las castas periféricas dominantes, una introdución a la sociología electoral (1982), Análisis socio-económico de la Costa de la Muerte (1986), en colaboración con Pedro Arias Veiga, Las elecciones en Galicia, 1977-1997: de la hegemonía centrista a la competencia tripartidista (1998), Economistas, empresarios, intelectuales, periodistas, políticos, prelados y sus mercados macro y microsociales (1999).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cóengo santanderino. Estivo destinado nas catedrais de Lugo e Santiago de Compostela e dedicouse á investigación histórica de temas vinculados coa Igrexa lucense. A súa obra principal, a Colección diplomática, composta pola transcrición directa de documentos orixinais do arquivo da catedral de Lugo e do Arquivo Histórico Nacional xunto cunha toponimia da topografía, quedou inédita. Postumamente, apareceron La antigüedad de la Iglesia de Lugo e Los grandes pleitos de la Iglesia de Lugo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Avogado e economista. Estudiou na Escola de Comercio da Coruña, na Escuela Central Superior de Comercio de Madrid e na Universitat de Barcelona. Foi delegado do goberno na Bolsa libre de Barcelona, conselleiro do estado no Banco de España, director xeral de Banca e Bolsa e vicepresidente da delegación do goberno no Banco de Crédito Industrial. Publicou La intervención del Estado en la Bolsa libre e Historia menuda de un pueblo gallego. Exerceu tamén como membro correspondente da Real Academia Galega. Recibiu o Premio Pérez Lugín da asociación da prensa da Coruña en 1950 e a Cruz do Mérito Civil.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Libro da Biblia do Antigo Testamento dos cristiáns, que se conserva entre os escritos sapienciais tradicionalmente atribuídos ao Rei Salomón. Consiste nunha colección de oito poemas breves que cantan o amor humano a través do diálogo alternado entre o amado e a amada, un home e unha muller novos que se admiran, se aceptan e, finalmente, se unen, aínda que no texto non hai alusións explícitas á procreación nin aos lazos conxugais. O sentido directo do texto non ofrece ningún indicio de orixe relixiosa, pero interpretouse como unha alegoría do amor de Deus por Israel; posteriormente, para os cristiáns, de Cristo pola súa Igrexa e, desde a época medieval, do amor entre Cristo e a alma. Ademais do sentido alegórico, viuse no Cantar un sentido dramático baseado na forma dialogada de gran parte da obra e tamén unha reminiscencia de cultos pagáns da fertilidade procedentes do Oriente Medio. A obra tivo unha grande influencia na literatura mística cristiá, como por exemplo...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción de madeira en forma de andel ou banco, normalmente situada na cociña, onde se colocan os cántaros e outras vasillas de barro que se empregan en tarefas domésticas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Copla que se canta en voz baixa ou sen ter moi en conta a entoación.

    2. Frase ou dito que se repite a miúdo e que resulta molesto.

    VER O DETALLE DO TERMO