"Ea" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 3634.

    1. Termo inglés que antigamente se empregaba para referirse a un adorno musical. Co tempo foi aplicado ao tipo de música basicamente rítmica xurdida en Inglaterra a comezos dos anos sesenta, con grandes influencias do rythm and blues. Foron os seus máximos expoñentes The Beatles e The Rolling Stones. Na terminoloxía de jazz, derivou como sinónimo do swing.

    2. Etiqueta que identifica a un grupo de escritores norteamericanos composto fundamentalmente por novelistas e poetas, nacido en 1950 e que persistiu ata os anos sesenta. Encabezados polo poeta Allen Ginsberg, voceiro do movemento, toman o termo beat do argot dos músicos negros. A xeración beat naceu nos anos corenta da amizade dalgúns mozos da Universidade de Columbia  e do seu trío principal: Allen Ginsberg, Jack Kerouac e William S. Burroughs, que escribiron as obras máis representativas do movemento, respectivamente: Howl and other poems (Ouveos e outros poemas, 1956), On the road (No camiño, 1957), e The naked lunch (O almorzo nu, 1959). Identificáronse polo rexeitamento do conformismo e por unha dispoñibilidade total para lanzarse ás máis desaforadas aventuras e ás experiencias máis radicais. Coñeceron a prisión e o hospital psiquiátrico, probaron multitude de drogas, e leron a Nietzsche, Freud, Lautréamont, Spengler e Blake, e textos gnósticos...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Trazo que posúe unha persoa que se considera moi piadosa.

    2. Calidade da persoa que simula unha falsa devoción.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Lugar onde viven as beatas en comunidade.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Declaración solemne coa que o Papa afirma que unha determinada persoa, morta con fama de santidade, é digna de ser venerada publicamente. Constitúe a penúltima fase do proceso de canonización e a persoa beatificada recibe o nome de beato.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • de beatificar.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Declarar o Sumo Pontífice beato a alguén.

    2. Proclamar venerable ou respectable algo, exaltar unha condición ou unha virtude.

    3. Facer feliz ou benaventurado a alguén.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo á beatitude.

    2. Que produce benaventuranza ou placidez a alguén.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Superlativo de beato, que adoita aplicarse á Virxe María como Nai de Deus e ao Papa como o seu representante na Terra.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Benaventuranza ou consumación definitiva do home na visión de Deus, na resurrección da carne e na comuñón dos santos.

    2. Título honorífico dado ao Santo Padre e aos bispos; está reservado para os patriarcas das igrexas orientais.

    3. Felicidade ou goze perfecto e eterno.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Grupo instrumental e vogal inglés formado en Liverpool (1956), integrado por John Lennon (1940 - Nova York 1980), guitarra rítmica; Paul McCartney (1942), baixo eléctrico; George Harrison (1943), guitarra solista; e Ringo Star (1940), batería. O seu primeiro disco como The Beatles data de 1962. Considerado o grupo máis importante de toda a pop music, foi o iniciador do fenómeno beat. Partindo da base rítmica do rock, as súas melodías seguen unha evolución constante, con influxos do rythm and blues, do rock e do blues progresivo. Posteriormente adoptaron melodías orientais, ata inclinarse cara a un eclecticismo que favoreceu o influxo internacional da súa música. Interviñeron en diversas películas. En 1970 o grupo disolveuse. Na súa discografía destacan: Love me do (1962), Please please me (1963) e Sergeant Pepper’s lonely hearts club band (1967).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Aplícase ao movemento subcultural ou contracultural xurdido nos EE UU durante a década dos sesenta, caracterizado polo rexeitamento da sociedade de consumo occidental e cunha concepción moi libre da sexualidade e das drogas. Algúns autores literarios fanse voceiros do movemento e dan orixe á literatura beat. O movemento hippy, consecuencia en certo modo do beatnik, foi, dalgún xeito, o seu sucesor durante a década dos setenta.

    2. Individuo que participa no movemento beatnik.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Persoa beatificada pola Igrexa Católica.

    2. Persoa moi devota, que frecuenta moito as igrexas e os lugares de devoción, que ten unha enorme vocación relixiosa.

    3. Persoa que leva hábito de relixioso sen vivir en comunidade nin seguir unha regra determinada, ou que vive retirada sen pertencer a unha comunidade relixiosa.

    4. Benaventurado ou feliz.

    5. Que finxe unha devoción ou un comportamento que non ten. OBS: Úsase a miúdo con connotacións despectivas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Monxe. No ano 776 compilou o Comentario á Apocalipse en doce libros de san Xoán, coñecido co nome de Beatus. Interveu na controversia do adopcionismo e, xuntamente co bispo Eterio de Orma, escribiu un libro contra o bispo de Toledo titulado Liber adversus Elipandum (786) e intercambiou correspondencia con Alcuíno sobre este asunto. Posiblemente foi autor dalgúns himnos introducidos máis tarde na liturxia visigótica. Ten veneración de santo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Fotógrafo, debuxante, decorador teatral e escritor. É autor de numerosos libros como Cecil Beaton’s scrapbook (O álbum de Cecil Beaton) e The face of the world (A faciana do mundo). Realizou unha serie de retratos de grandes persoeiros da vida política e cultural de Inglaterra, Francia e EE UU. Traballou como fotógrafo para a revista Vogue a partir de 1928, e dende 1937 como fotógrafo oficial de casa real británica. Forma parte da nobreza británica (sir) dende 1972.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Empresa alimentaria norteamericana fundada en Chicago (Illinois) en 1924 co nome de Beatrice Creamery Company, modificado polo actual no ano 1946. Destaca especialmente no campo dos produtos lácteos e na fabricación de artigos de pel (Samsonite). En España participa na Conservera Campofrío S A (Burgos) e na fábrica de xeados Marisa, que comprou en 1979. En 1990 foi absorbida por Conagra Avicultura S A.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Prenome feminino procedente do latín Beatrix, feminino de *beator ‘a que fai feliz’, derivado de beare ‘facer feliz’. Santa Beatriz (s III-IV), romana de nacemento, foi martirizada durante a persecución de Diocleciano (303). O nome de Beatriz gozou de popularidade en toda a Península Ibérica durante os séculos XIII, XIV e XV; sen embargo, a súa difusión veu por vía culta dende finais da Idade Media e sobre todo no s XIX, por mor da sona adquirida pola Beatriz da Divina Comedia de Dante, símbolo da tripla encarnación da beleza, a inocencia e o amor. A forma hipocorística deste nome é Bea.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Raíña de Hungría, filla de Fernando I de Nápoles e de Isabel de Chiaromonte. Casada no 1475 con Matías I de Hungría foi acusada da súa morte e desterrada, volveu a Nápoles.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Duquesa de Milán (1494-1497), filla de Hércules I de Este (familia principesca italiana), duque de Ferrara, e de Eleanora de Aragón. Casada (1491) con Luís María Sforza (Ludovico o Moro), duque de Bari. Foi un arquetipo de princesa do Renacemento: brillou pola súa intelixencia, fasto e refinamento.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Raíña de Castela (1383-1390), única filla de Fernando I e Leonor Telles, reis de Portugal. Casou con Xoán I de Castela no ano 1383. Ese mesmo ano, logo da morte de Fernando I de Portugal, Beatriz e Xoán foron proclamados reis de Portugal; sen embargo, a este feito opúxose o mestre de Avis (despois Xoán I de Portugal), quen trala vitoria na Batalla de Aljubarrota (1385) decidiu ao seu favor no conflito dinástico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Raíña dos Países Baixos (1980), filla da Raíña Xuliana I e do príncipe Bernardo de Lippe-Biesterfeld. Dende 1966 está casada co diplomático alemán Claus von Amsberg, co que tivo tres fillos: Guillerme, Xoán Frisón e Constantino.

    VER O DETALLE DO TERMO