"qu" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 4475.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Entidade bancaria domiciliada en Barcelona e constituída no 1978. Está composta por sociedades de xestión de fondos de investimento, distribución de accións, leasing e financiamentos entre outros.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Entidade bancaria creada en Madrid no 1870 baixo a denominación de Urquijo, Ortueta y Arenzana. No ano 1918 adoptou a estrutura e a denominación actuais. Foi o primeiro banco industrial do estado español. Participou na promoción dunhas 300 empresas. No 1982 o Banco Hispano Americano tomou o control da entidade e fusionouna ao pouco tempo con outro banco industrial (Bankunión), constituíndo así o Banco Urquijo-Unión. No 1988 pasou a estar baixo o control da Banca March.
-
GALICIA
Historiador e teólogo. Licenciado en Sagrada Teoloxía pola Universidad Pontificia de Salamanca e doutor en Xeografía e Historia pola Universidade de Santiago de Compostela é profesor de Xeografía e Historia. Colaborador en distintas revistas e xornais (Cuadernos de Estudios Gallegos, Encrucillada, Boletín Auriense, etc), publicou, entre outras, as obras: Basilio Álvarez redentor del agro gallego (1987), Inventario de protocolos notariales 1405-1902 (1998), Posesos e endemoniados (1998), San Pedro de Bande: orixe e evolución da parroquia (1998) e La Diócesis de Ourense: evolución histórica, santoral orensano y parroquias de la ciudad (1999). En 1981 foi nomeado director do Arquivo Histórico Diocesano da diocese de Ourense, é membro da subcomisión para a conservación do Patrimonio Artístico e Documental da Igrexa de Galicia (1992-1997) e do Instituto P. Sarmiento de Estudios Gallegos na sección de Etnografía.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Realizador, fotógrafo e operador de cine e televisión. Participou no GAC (Grupo Amateur de Cine), que realizaba algunhas curtametraxes a principios dos sesenta. En 1964, xunto con Gonzalo Anaya Santos e Ezequiel Méndez Vidal, directivos do cineclub santiagués do Sindicato Español Universitario (SEU), fundou o Equipo 64 a través do que realizou un documental sobre a cidade e outro sobre o Camiño de Santiago. Banet exerceu como autor da fotografía e colaborou, así mesmo, no guión. Formouse na Escuela Oficial de Cine en Madrid para logo ampliar coñecementos de fotografía en Bélxica e Francia. Na década dos setenta foi operador en O cadaleito (1976), obra de curtametraxe en 35 mm de E. R. Baixeras. Traballou para o centro galego da TVE, sendo tamén impulsor da Videoteca de Galicia, integrada no Arquivo da Imaxe de Galicia. Ademais realiza vídeos e programas para a Televisión...
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Economista auditor e político. Foi concelleiro socialista en Vigo, director xeral de Vivenda e Solo da Xunta de Galicia e director do Instituto Galego de Vivenda e Solo da consellería de Ordenación do Territorio e Obras Públicas. Así mesmo, foi parlamentario autonómico socialista. Ocupou o cargo de director financeiro nunha empresa viguesa do metal e director financeiro de Feve (2004-2005). Dende 2005 a 2009 foi Director Xeral de Transportes.
VER O DETALLE DO TERMO
-
VER O DETALLE DO TERMO
Organismo financeiro francés nacionalizado no 1946 que cumpre as funcións de banco central do estado francés. Foi fundado no ano 1800 en París, por iniciativa do goberno e cun capital totalmente privado; realizaba ao mesmo tempo as funcións de banco comercial e banco emisor. No 1803 obtivo o monopolio de emisión para París. Logo dun período de consolidación, no 1848, foille outorgado o privilexio e o monopolio de emisión sobre todo o estado francés. No 1946 foi estatalizado, e as accións privadas foron convertidas en débitos. Regula o mercado do ouro e das divisas.
-
-
Propietario ou directivo dun negocio de banca ou aquel que realiza operacións bancarias.
-
Ata o s XIX, mercador que tiña como profesión o préstamo de cartos. A función de mediadores nos pagamentos, estaba reservada, sen embargo, aos cambiadores. Non é ata finais do s XIX cando os bancos privados reúnen estas dúas funcións.
-
En certos xogos de azar, a persoa que posúe a banca.
-
-
-
Asento pequeno, de tres ou catro pés, sen respaldo e de pouca altura que serve para sentarse ou apoiar os pés.
-
Muro dunha fortificación protexido por un paramento e que permite disparar aos soldados.
-
-
-
Comida na que concorren un gran número de persoas para agasallar a alguén ou para celebrar algún acontecemento. SIN: ágape (cult), convite.
-
Comida moi abundante. SIN: comedela, bandullada (col).
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
ou Banquete Democrático de Conxo Xantar celebrado o 2 de marzo de 1856 na carballeira do antigo mosteiro de Conxo (Santiago de Compostela). Os seus organizadores, Eduardo Pondal, Aurelio Aguirre e Luís Rodríguez Seoane, buscaban promover unha xuntanza interclasista na que estivesen presentes estudiantes e artesáns; entre outros estudiantes asistiron Luís Rodríguez Seoane, Víctor Salustio Alvarado, Gaspar Rodríguez Alvarado, Valentín Moreno e os irmáns Camino. Asistiron ao acto un patrono e dous individuos de cada oficio invitados polos estudiantes de Santiago de Compostela, que serviron a mesa. Os mozos que participaron nesta reunión, herdeiros da primeira xeración galeguista de 1846, encabezaban a nova xeración que acostumaba a reunirse no Liceo da Mocidade de Santiago. Non obstante , malia a exaltación da identidade galega, a idea central dos brindes foi a inxustiza e as diferencias de clase, contra as que se rebelaban reivindicando a dignidade do traballador, aínda...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xuntanza político-literaria que tivo lugar en Santiago de Compostela a comezos do 1881. O seu protagonista foi Eduardo Pondal coa lectura dunha composición que pouco despois publicou La Ilustración Gallega y Asturiana. Nesta xuntanza non se reiteraba a demanda política e social do brinde do 1856 no Banquete de Conxo, senón que só destacaba o contido ético.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Diálogo de Platón. Na controvertida cronoloxía das obras de Platón, O banquete é unha das obras máis solidamente asignadas ao seu período de madureza, cando xa tiña concibida e estruturada a súa teoría das ideas, e antes da etapa de revisión crítica e da exposición dos problemas internos. O banquete aborda esta doutrina desde unha visión psicolóxica. Contén unha serie de discursos de diversos personaxes do século de Pericles e de Sócrates. O tema central é o amor, a busca erótica dunha beleza que se anhela. Para satisfacer este devezo, cómpre dirixilo á beleza en si mesma ou á beleza ideal, fonte de calquera outra beleza. Establécese o antecedente no que se concitan o hedonismo, a arte culinaria e a conversa como caracterizadores deste tipo de reunións. Influíu no platonismo do Renacemento.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Masa de xeo que se forma por conxelación da auga superficial no litoral dos océanos polares.
-
PERSOEIRO
Compositor. Foi bautizado o 20.3.1642 na igrexa parroquial de Santiago de Puente la Reina (Navarra), onde, probablemente como neno de coro, foi discípulo de Simón Huarte Arrizabalaga, mestre de capela de Bilbao. En 1680 exerceu en Madrid como mestre da capela do convento da Encarnación de Madrid. Estudiou composición cun dos mellores mestres da España da época, Matías Ruíz, e converteuse en frade da orde da Santísima Trindade. Foi nomeado mestre de capela da Catedral de Santiago de Compostela e recibido como mestre o 31.8.1680, pero non puido tomar posesión da súa praza ata o 10.5.1681. Xubilouse o 1 de agosto de 1710. Como compositor é sen dúbida un dos maiores representantes do Barroco musical español e, certamente, o maior de Galicia. O seu estilo é o característico concertante, que mellor define a esencia musical do Barroco, baseado no contrapunto de concierto e na policoralidade, que nas súas obras poden chegar ata os cinco coros. A escritura é vogal e cando aparecen...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político e militar. De familia de militares, alcanzou o cargo de xeneral. Combateu contra os araucanos (1862) e tivo o mando das tropas chilenas na guerra con Perú. Renunciou ao cargo de Presidente da República ofrecido polo partido conservador. Neutral durante a Guerra Civil (1891), ocupou a presidencia de Chile durante uns días trala renuncia de José Manuel Balmaceda.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
ariante gráfica de Vaqueiro, apelido que ten a súa orixe nun alcume profesional. Este alcume, que é un derivado de vaca
-
Liñaxe orixinaria de Pontevedra, entroncada cos Malvar.
-
-
GALICIA
Pintor e dourador. En 1668 por encargo da confraría da Nosa Señora da Concepción realizou traballos de pintura e dourado no retablo da Inmaculada, situado no lado do Evanxeo da capela maior da igrexa conventual de San Francisco de Betanzos.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintora de orixe galega. Estudiou Maxisterio e Belas Artes na Universidad Nacional de la Plata, aínda que se formou no taller de Jorge Demirguian. Foi profesora na Universidad Nacional de la Plata e axudante de cátedra na facultade de Arte da Universidad de Río Cuarto. Realizou exposicións, entre outros países, na Arxentina, Brasil, Italia e Grecia, e tamén en Galicia.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Nome comercial da resina fenólica termoendurecible, obtida na polimerización do fenol e formaldehido. O seu procedemento de obtención foi desenvolvido por A. Baeyer, e adaptado a escala industrial por L. H. Baekeland. Foi empregada como illante, pero estivo desprazada polo policloruro de vinilo.
-
PERSOEIRO
Político e escritor. Presidente de Ecuador de 1916 ata 1920, ocupou o cargo de modo interino trala dimisión de Larrea Alba en 1931. Fundador da revista Guayaquil, foi escritor de novelas simbólicas como Titania (1892), El señor Penco (1895), Tierra adentro, la novela de un viaje (1898) e Sonata en prosa (1901). Cultivou tamén a poesía con títulos como El último adiós (1898), Anhelos y temores (1899).
VER O DETALLE DO TERMO