"ASP" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 232.

    1. Introducir nos pulmóns, a través da boca ou do nariz, o aire exterior.

    2. Introducir nos pulmóns, polo nariz ou pola boca, un gas ou unha substancia disolta no aire, o mesmo tempo que se respira.

    3. Poñer alguén os medios para a obtención dalgunha cousa.

    4. Pronunciar un son cun ruído gutural debido á expulsión do aire a través da glote aberta.

    5. Desprazar un fluído mediante a depresión creada por unha bomba, un ventilador, unha turbina, un motor alternativo, etc, para obter un caudal continuo deste fluído, ou para recoller ou transportar, vehiculados por aquel, outros fluídos ou sólidos de pouco peso respecto á forza de aspiración.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente á aspiración.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Marca rexistrada coa que se comercializou dende o ano 1898 o ácido acetilsalicílico.

    2. Calquera analxésico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de peixes da familia dos tríglidos ao que pertence o berete e o escacho.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Ausencia de bazo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Fento da familia das aspleniáceas

    2. Familia de fentos que engloba os xéneros Asplenium, Ceterach, Phyllitis e Pleurosorus.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Fento da orde das aspleniais.

    2. Orde de fentos da clase das filicópsidas á que pertence a familia das aspleniáceas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de fentos da familia das aspleniáceas, de rizoma curto e recto, frondes xeralmente divididas e soros protexidos por un indusio. Coñécense máis de 700 especies, das que están presentes en Galicia un mínimo de sete, entre as que destacan: A. adiantum-nigrum e Asplenium billoti en valados e rochas de todo o país e A. marinum en paredes de pedra do litoral. Algunhas especies empréganse como ornamentais e outras como medicinais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arquitecto. Estudiou na Escola Técnica e na Academia de Artes de Estocolmo. Indiferente ao Funcionalismo europeo, realizou unha arquitectura romántica, de raíces clásicas. Non obstante, na exposición de Estocolmo de 1930 esmiuzou, no seu pavillón, a linguaxe figurativa estendida por Europa polo Racionalismo, independizándoa da súa volumetría, da súa estereotomía cubista e da ideoloxía mecánica e mecanicista. A súa influencia en Europa foi inmensa, sobre todo en Inglaterra. A súa arquitectura é unha invitación á modestia e á antirretórica. As obras máis importantes do seu período romántico son a escola de Karishamn (1912), a capela do Bosque e o cine de Skandia, en Estocolmo (1922-1923), cunha clara decoración neoclásica, a tumba do príncipe Bernadotte e o proxecto primitivo (1921) para a biblioteca municipal de Estocolmo. A partir de 1930, entrou nunha etapa renovadora, que seguiu co almacén Bredberg (1933-1935), co laboratorio bacteriolóxico estatal de Estocolmo (1933-1937) e que culminou...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta sueco. Comezou escribindo poesía amorosa e elexíaca, que evolucionou cara a un humanismo cristián.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Procedemento continuo de desfibración da madeira, inventado polo enxeñeiro sueco Arne Asplund en 1931, baseado no feito de que a temperaturas suficientemente elevadas (165-200°C) a lamela intercalar que liga as fibras celulósicas abrándase bastante para que estas se poidan separar mecanicamente. A pasta obtida emprégase para taboleiros de fibra, táboas illantes, filtros de saturación, etc.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Moeda de prata cuñada en Trebisonda polos emperadores bizantinos da dinastía Comneo, dende Manuel I ata Aleixo IV (ss XIII-XV).

    2. Moeda de prata que circulou en Rodas dende o s XIV, cuñada pola Orde de San Xoán de Xerusalén.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Institución creada na Coruña en 1963 e declarada de utilidade pública en 1970. Pertencente á Federación Española de Asociaciones Protectoras de Subnormales, estivo presidida ao longo dos seus case trinta anos de pervivencia por Xaquín Menéndez-Ponte. Entre os seus obxectivos, cómpre citar: a promoción, protección e integración social e laboral do minusválido físico e psíquico, así como o mantemento do Centro de Educación Especial Nuestra Señora de Lourdes dedicado á atención de rapaces e mozos (entre seis e dezaoito anos) deficientes mentais, tanto dende o ámbito médico como pedagóxico ou lúdico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome popular grego do río Akhelōos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xesuíta, profesor de Humanidades e Filosofía Moral. É autor de obras de marcado carácter teolóxico como Institución y guía de la juventud (1593), Del estado religioso (1593), Del estado de las viudas y doncellas (1597) ou Del gobierno de la familia (1598). A súa obra máis célebre, Doctrina cristiana, imprimiuse por primeira vez en 1597, acadando máis de 600 edicións (con pequenas variantes no título e no contido) e traducións no transcurso do tempo; en Galicia apareceron varias edicións deste Catecismo en diferentes vilas (Viveiro, Ourense ou Santiago de Compostela). O Astete foi utilizado como cartilla para a aprendizaxe da doutrina cristiá e tamén como libro de lectura nas escolas, aínda que esta non era a súa finalidade. A vixencia desta obra mantense tal e como evidencian as edicións dos últimos anos e o libro titulado Tesoro del catequista: el “Astete” explicado, puesto al día y en todo confirmado (1997).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Médico e anatomista. Describiu as glándulas mucosas da vulva (glándula de Bartholin) e o conduto excretor máis grande das glándulas sublinguais (conduto de Bartholin).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Naturalista suízo. Profesor de Botánica e de Anatomía, pode ser considerado un precursor de Linneo, xa que no seu Prodomus theatri botanici (1623) elaborou unha clasificación das plantas, designadas con dous nomes (xenérico e específico), baseada nas súas afinidades naturais. Como anatomista creou unha nomenclatura dos músculos moi empregada. Escribiu tamén Phytopinax (1596).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escultor e pintor manierista. Estudiou en Roma, onde foi axudante de Vasari na Chancelería. Á súa volta a España, traballou xunto a Juan Español no cadeirado da Catedral de Santiago e esculpiu o retablo maior da catedral de Astorga, a súa obra máis importante como escultor. En 1562 entrou ao servizo de Filipe II como pintor de Corte e comezou a decoración dos palacios reais de Madrid e do Pardo. O seu coñecemento das tendencias italianas do seu momento, proporcionáronlle unha gran reputación entre os seus contemporáneos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Constructor italiano de violíns, tamén chamado Gasparo de Saló. Instalou o seu obradoiro en Brescia. Está considerado un dos creadores da forma actual do instrumento. Deste creador son famosas, sobre todo, as violas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xurista e historiador suízo. Participou nas loitas políticas entre os cantóns da federación. Presidente do gran consello de Zúric, a causa de presións políticas, provocadas pola súa obra Psychologische Studien über Staat und Kirche (Estudios psicolóxicos sobre o estado e a igrexa, 1844), dimitiu e trasladouse a Múnic en 1847. Desde 1861 ocupou a cátedra de Dereito Constitucional en Heidelberg. Continuador do pensamento de Savigny, foi un dos fundadores do Instituto de Dereito Internacional de Gante en 1873. A súa obra fundamental é Allgemeines Staatsrecht (Cuestións xerais sobre dereito público, 1851-1852).

    VER O DETALLE DO TERMO