"EAT" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 257.

  • Revista que reapareceu no ano 1988, para comezar unha segunda andaina despois da publicación do Boletín de información teatral da Escola Dramática Galega. Nesta época é anual e conta coa colaboración de Anxos Cuña Bóveda, Carlos Morgade, Julio Cardoso e Maribel Álvarez. Introduce dúas novidades importantes, por un lado, os artigos sobre teatro como “Teatro, colonialismo e identidade cultural” de Enrique Buenaventura ou “O teatro galego na encrucillada” de Anxos Cuña. Por outro lado, tamén cobre a información sobre as actividades dos grupos portugueses. A terceira etapa iniciouse no ano 1991 co título de Información teatral. Revista galega de teatro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación monolingüe en galego que naceu en Vigo no ano 1983 e que se publicou en diferentes etapas. Nun comezo estivo dirixida por Antón Lampareira e tivo unha periodicidade bimensual. Entre os primeiros colaboradores contou con Manuel Vázquez, X. M. Pazos, Xaime Aguiar, Francisco Pillado, Manuel F. Vieites, Margarita Galiana Rodríguez e X. M. Vázquez. A intención do colectivo que editaba esta publicación era loitar pola normalización teatral en Galicia. Incluía entrevistas con persoeiros do teatro como Yayo H. Rúas, César Anxo Lombera ou Manuel Lourenzo, xunto con información sobre os grupos e as súas montaxes, amais de artigos como o de Mikhail Tsareu. Tamén posuía outras dúas seccións dedicadas á información teatral e á bibliografía. No segundo número prestouse especial atención á estrea dunha obra de Woyzeck, o primeiro espectáculo do Centro Dramático Galego.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Grupo fundado en 1961 en Nova York por Peter Schumann. Desde os seus inicios o grupo adoptou unha posición fondamente crítica fronte a unha sociedade dominada pola guerra, o consumismo e a perda de identidade. Os seus espectáculos, realizados en rúas e parques, construíanse a partir de grandes monecos que lembraban a iconografía relixiosa, coa capacidade suxestiva das imaxes que estes provocaban e coa renuncia á narratividade. Entre as súas propostas, sempre provocadoras e heterodoxas, hai que sinalar A Man Says Goodbye to his Mother (Un home di adeus a súa nai, 1968), The Cry of the People for Meat (O berro da xente pola carne, 1969) ou The Domestic Resurrection Circus (O circo da resurreción doméstica, 1970). A principios da década dos setenta o grupo disolveuse inda que parte dos seus integrantes volveron reunirse para realizar funcións ou propostas concretas como a Anti-Bicentennial (1975), espectáculo presentado na Universidade de California que...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Teoría da posta en escena baseada, fundamentalmente, no principio de estrañamento ou distanciación, principio polo que Brecht propuña un teatro antiilusionista, capaz de provocar no espectador unha mirada e un posicionamento crítico diante da historia que contemplaba. Entre os elementos máis significativos dese teatro épico cómpre salientar a ruptura da estrutura dramática clásica para construír unha trama que se estrutura en pequenas escenas sen nexos de continuidade, o uso da música e de cancións para provocar rupturas ou presentar elementos e feitos que provoquen a recepción reflexiva do espectador, a escolla dunha estética realista marcadamente antinaturalista e a formulación práctica dunha teoría da interpretación que recolleu no seu Pequeno órganon para o teatro (1949). Cámbiase a dimensión espectacular pechada e pasiva do teatro aristotélico, burgués ou paternalista por outra especular que reenvía ao espectador a súa propia imaxe de xeito activo e aberto....

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Grupo de Teatro escolar creado en 1970 por Xosé Redondo no Colexio Anxo da Guarda, na Coruña, que desenvolveu unha intensa actividade ata mediados da década dos oitenta. A súa traxectoria, marcada por máis de quince espectáculos, constitúe un exemplo da vizosidade do teatro escolar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Revista teatral aparecida no ano 1995, publicada pola editorial Elsinor Teatro de Oleiros. Nos seus créditos aparecen as mesmas persoas que na desaparecida colección dos Cadernos da Escola Dramática Galega: Francisco Pillado Mayor como director, Manuel Lourenzo como coordinador e Xoán M. López Eirís como administrador e como responsable do deseño P. A. Estévez. Esta nova revista alcanzou o número nove (1996) cando desapareceu, e os títulos publicados son: no ano 1995, O perfil do crepúsculo, de Manuel Lourenzo; Memoria acerca da dramática galega, de Galo Salinas (traducido por Laura Tato); O teléfono, de Joan Cavalle (traducido por Antonio Molexón); La Galiciana. Zarzuela en gallego y en un acto de Xoán da Cova Gómez (edición de Anxo Gómez Sánchez e Mercedes Queixas Zas);. No ano 1996 apareceron Teatro-minuto, de Xesús Pisón; O leitor de Goethe, de Paulino Pereiro; A ola de caldo e O gato e a lúa, de W. B....

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Compañía de teatro chicano fundada por Luís Váldez nos EE UU en 1965, como grupo de apoio ás folgas dos traballadores agrícolas. Un dos seus primeiros espectáculos, Las dos caras del patroncito, estreado en 1965, amosaba a súa orientación comunitaria e reivindicativa, tradición que continuarían con novas propostas de traballos de investigación arredor da cultura precolombina como El baile de los gigantes, baseado no libro maia Popol Vuh.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Grupo teatral dependente, nun principio, da Sociedade Cultural e Recreativa Liceo de Noia. Fundado por Xosé Agrelo Hermo en 1973, puxo en escena obras de Blanco Amor (Romance de Micomicón e Adhelala, 1973), Álvaro de las Casas (Pancho de Rábade, 1974), Leandro Carré (Rexurdimento, 1974) e do propio Agrelo Hermo, que exerceu como director dos espectáculos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Compañía profesional de teatro creada en 1966 en Bogotá por Santiago García. Os seus traballos destacan polo compromiso coa realidade sociopolítica de América Latina e coa causa dos máis desfavorecidos, en liña co movemento de teatro popular latinoamericano. Cos espectáculos Guadalupe años cincuenta (1976) e Los diez días que estremecieron al mundo (1978), recibiron o Premio Casa de las Américas neses mesmos anos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Grupo teatral pertencente a un instituto de Ferrol, dirixido por Eva Campo e fundado en 1977. Foi un dos moitos grupos de teatro escolar galego que apareceron a mediados dos setenta. Desenvolveu sempre unha intensa actividade cultural e un importante labor no eido da normalización lingüística. Entre os seus espectáculos cómpre destacar Romance de Micomicón e Adhelala de Blanco Amor (1978), Entremés famoso sobre a pesca do río Miño de G. Feixó (1979) ou Os vellos non deben de namorarse de Castelao (1980).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Compañía profesional de teatro creada por Manuel Guede Oliva. Entre 1982 e 1985 realizou diversos espectáculos, todos eles dirixidos por Manuel Guede, que transitan entre a denuncia política e unha crecente mestura de linguaxes escénicas: Samuel e Abraham (1982), a partir dun texto de V. Haïm; Anunciación da virxe Traamunda todo por detrás (1983), versión libre dunha peza de M. Martínez Mediero; A culpa é da poltrona (1983), versión dunha obra de F. Karinthy; Esto non é serio, señores (1984), con retallos de Karl Valentin, e Ollo ao piollo, King-Kong (1985), coprodución realizada co Centro Dramático Galego a partir de diversos materiais do debuxante de banda deseñada Lauzier. A compañía creou en Ourense a Sala de Teatro Caritel, nuns locais cedidos polo ministerio de Cultura, onde presentan os seus espectáculos ademais de programar traballos doutras compañías.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Compañía fundada no ano 1992 en Narón, que se mantivo como afeccionada ata o ano 1995, no que se pasa ao campo profesional. Entre os seus espectáculos, caracterizados por ser de creación colectiva, destacan: O paxaro bobo? (1992), Limpos e cosidos (1992), Xoga, xogando (1993), A hora de Evaristo Freire (I Premio no Certame Teatro Xuventude 93); Os trasnos da biblioteca (1994); Sursum corda (1995); Chopi e Peco (1996); Cento voando (1997); Desjraciados (1998); Os Palleiros. Desjraciados (1999) e Oh! Que facer cando xa sei quen son? (1999).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CONDADOS

    Condado da provincia de Leinster, Irlanda, ao SL da illa (896 km2; 40.616 h [1996]). A súa capital é Ceatharlach, na beira do río Barrow (11.502 h [1986]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Grupo teatral fundado na Universidade Laboral de Ourense pola profesora Ánxeles Cuña no ano 1977. Unha das maiores novidades deste grupo foi a integración do traballo de alumnos e profesores que participaban por igual en labores técnicos, de produción ou de interpretación. Ata o ano 1989 denominouse Escolásticos Feroches e, a partir de 1990, adoptou o nome de Tarumba. Entre as montaxes realizadas destacan Asamblea xeral, de P. Enciso e Lauro Olmo (1978); O principiño, de S. Exupéry (1979); A cantante calva, de E. Ionesco (1990); Exercicios de estilo, de R. Queneau (1994); e O maleficio da bolboreta e Así que pasen cinco anos, ambas de F. García Lorca (1996).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organización do Tratado Central.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Plataforma creada en Ribadavia (1974-1976) que aglutinou o grupo Antroido, de Santiago de Compostela; Auriense, de Ourense; Avantar, do Carballiño; Candea, de Noia; O Facho e Teatro Circo, da Coruña; Francisco Lanza, de Ribadeo; Martin Codax e Rosalía de Castro, de Vigo; e Valle-Inclán, de Lugo. Entre os obxectivos desta iniciativa estaban, segundo M. Lourenzo e F. Pillado, un uso exclusivo do galego, o entendemento da función social do teatro, a consecución duns niveis artísticos dignos, a descentralización, a profesionalización e o desenvolvemento dunhas infraestruturas teatrais. Esta plataforma sería un dos alicerces para a formación en 1977 da efémera Asemblea do Teatro Galego.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Centro fundado no ano 1997 e dirixido por Mar Nogueira. Ten como obxectivos a reconstrución histórica de todas as actividades e espectáculos que realiza o IGAEM, a conservación do material e a creación dunha base documental. Entre as súas actividades tamén está a formación dunha biblioteca especializada de teatro, música e danza, destinada a arquivar tanto material escrito como gráfico e mesmo elementos visuais, como maquetas ou carteis.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Grupo teatral dependente do Centro Cultural Recreativo e Deportivo da mesma vila, no concello de Fene. Fundouse en 1976 e foi dirixido por Celestino Ledo. Puxo en escena espectáculos baseados en contos de Castelao, pezas de E. Blanco Amor, Manuel Lourenzo, Bertolt Brecht e do propio director do grupo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Asociación teatral creada en Madrid arredor de 1933 por Pura Ucelay e María Martínez Sierra, integrantes da Asociación Feminina de Cultura Cívica. O club naceu co obxectivo de promover a posta en escena de La zapatera prodigiosa de Federico García Lorca, pero ao pouco tempo o colectivo decidiu iniciar unha andaina en solitario e desenvolver un interesante programa orientado á renovación da escena madrileña, con Lorca como director de escena. Entre os espectáculos máis celebrados figura Peribáñez, a partir da obra de Lope de Vega, Peribáñez y el Comendador de Ocaña, e tamén hai que destacar os traballos preparatorios do espectáculo Así que pasen cinco años, sobre un texto do propio García Lorca, proposta que non se estreou.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Teatro Colón.

    VER O DETALLE DO TERMO