"Muni" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 199.

  • Organización fundada en 1947 baixo o nome de Comisión do Pacífico Sur, que tomou a súa nova denominación en 1998. Os seus membros fundadores foron os gobernos que administraban territorios no Pacífico: Australia, EE UU, Francia, Nova Zelanda, Países Baixos e Reino Unido. Ampliouse posteriormente a 27 estados coa inclusión de Samoa Americana, as Illas Cook, os Estados Federados da Micronesia (FSM), a República de Fixi, a Polinesia Francesa, Guam, a República de Kiribati, as illas Marshall, a República de Nauru, Niue, as Illas Marianas do Norte (CNMI), a República de Palau, Papúa Nova Guinea, as illas Pitcairn, Samoa, as illas Solomon, Tokelau, o reino de Tonga, Tuvalu, a República de Vanuatu e os territorios franceses de ultramar de Wallis e Futuna. Os seus órganos de goberno son a Conferencia do Pacífico Sur, o Comité dos representantes do Goberno e da Administración e a Secretaría, con sede en Nouméa (Nova Caledonia). O seu obxectivo é o desenvolvemento socioeconómico e cultural dos países...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organización internacional fundada en 1996 e integrada por Portugal, Angola, Guiné-Bissau, Cabo Verde, Moçambique, São Tomé e Príncipe e Brasil. Os seus fins son a promoción da lingua portuguesa e a cooperación cultural, social, científica e xurídico-institucional entre os países membros. Pretende tamén a constitución dunha plataforma común internacional nos organismos aos que pertencen os seus membros. Os seus órganos de goberno son a Conferência de Chefes de Estado e de Governo, o Conselho de Ministros, o Comité de Concertação Permanente e o Secretariado Executivo. A presidencia rota cada doce meses, mentres que o secretario executivo e o secretario executivo adxunto se renovan cada dous anos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organismo económico fundado en 1983, que agrupa diversos países de África Central, coa finalidade de promover a integración económica da zona e elevar o seu nivel de vida. Para conseguir estes obxectivos puxo en práctica unha serie de medidas, como a creación dun fondo de desenvolvemento, a unión bancaria ou a progresiva eliminación de impostos aduaneiros entre os estados membros. A finais dos anos noventa, a organización conformábana os países de Burundi, Camerún, Chad, Congo, Gabón, Guinea Ecuatorial, Rwanda, São Tomé e Príncipe, a República Centroafricana e a República Democrática do Congo; ademais, Angola tiña estatuto de país observador.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organismo económico internacional creado en 1975 en Lagos (Nixeria) e constituído por nove estados francófonos (Burkina Faso, Benin, Costa de Marfil, Guinea, Mali, Mauritania, Níxer, Senegal e Togo), dous de fala portuguesa (Guiné-Bissau e Cabo Verde) e cinco de fala inglesa (Gambia, Ghana, Liberia, Nixeria e Serra Leona). O seu obxectivo é promover o desenvolvemento económico, social e cultural, e actuar como mediador nos conflitos que poidan xurdir nos estados membros.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organismo de carácter económico fundado o 16 de marzo de 1994 en Ndjamena (Chad), como complemento da unión monetaria (BEAC) e da unión aduaneira e económica de África Central (UDEAC). A CEMAC é o resultado da unión de dous organismos anteriores: a unión económica de África Central (UEAC) e a unión monetaria de África Central (UMAC). Está formada por seis países de África Central, Camerún, República Centroafricana, Congo, Gabón, Guinea Ecuatorial e Chad. Presenta como obxectivos principais o establecemento dunha unión cada vez maior entre os pobos dos estados membros, a promoción dos mercados nacionais mediante a eliminación das trabas ao comercio intercomunitario, a coordinación de programas de desenvolvemento industrial e de programas de solidariedade con aqueles países da rexión menos favorecidos e a creación dun verdadeiro mercado común africano. A CEMAC organízase arredor dun órgano supremo -a Conferencia de Xefes de Estado-, e unha serie de órganos menores, que son os que preparan...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organización internacional creada en aplicación do Tratado de Roma, asinado o 25 de marzo de 1957 por Bélxica, Francia, os Países Baixos, a República Federal de Alemaña, Italia e Luxemburgo, que pretendía establecer unha unión aduaneira e un mercado común, elaborar unha política conxunta para a agricultura, para o movemento de man de obra e os transportes, e fundar institucións comúns para o desenvolvemento económico. O Tratado de Roma entrou en vigor o 1 de xaneiro de 1958 e contemplaba tamén a fundación da EURATOM. En 1973 incorporouse Dinamarca, Irlanda e o Reino Unido; en 1981, Grecia; e, en 1986, España e Portugal. O 1 de novembro de 1993, coa entrada en vigor do Tratado de Maastricht, a CEE converteuse en Unión Europea (UE), na que se integraron Austria, Suecia e Finlandia en 1995.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organización europea creada en aplicación do Tratado de Roma, asinado o 25 de marzo de 1957 por Bélxica, Francia, os Países Baixos, a República Federal de Alemaña, Italia e Luxemburgo. Con sede en Bruxelas, comezou a funcionar en 1958. Os seus obxectivos concretáronse no establecemento dun mercado común de produtos nucleares e no desenvolvemento das industrias de aplicacións pacíficas da enerxía nuclear. Son membros todos os estados adheridos á Comunidade Económica Europea.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organización económica internacional fundada en París en 1951 por acordo dos gobernos da República Federal de Alemaña, Bélxica, Francia, Italia, Luxemburgo e os Países Baixos. O texto institucional comezou a súa vixencia en 1952, cunha duración de 50 anos, e co obxectivo de acadar a integración económica no sector do carbón e do aceiro. A súa dirección está formada por unha serie de persoas que se elixen cada seis anos con sede en Luxemburgo. Son membros todos os estados adheridos á Comunidade Económica Europea.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organización fundada en 1992 que promove a cooperación entre os seus membros co fin de crear un mercado común entre eles. Está formada por Angola, Bostwana, a República Democrática do Congo, Lesotho, Malawi, Illa Mauricio, Moçambique, Namibia, Seychelles, República Sudafricana, Swazilandia, Tanzania, Zambia e Zimbabwe. Os seus órganos de goberno son a Conferencia de xefes de estado ou de goberno, o Consello de ministros e a Secretaría, con sede en Gaborone.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Revolta que tivo lugar no Reino de Castela entre 1520 e 1521, motivada pola crise experimentada trala morte de Isabel a Católica (1504) e pola decepción provocada nos primeiros meses do reinado de Carlos I. Desde 1504, o equilibrio conseguido en Castela polos Reis Católicos viuse ameazado desde diversas posicións. No aspecto económico, influíron as malas colleitas e as epidemias, que se desenvolvían desde principios de século, e as variacións de prezos no período comprendido entre 1510 e 1521. Ademais, os pequenos industriais e comerciantes das cidades interiores, como Cuenca, Toledo e Segovia, reclamaron, fronte aos exportadores de la e os comerciantes de Sevilla e Burgos, unha política económica proteccionista. Desde o punto de vista político, a morte de Fernando o Católico (1516) abriu un período de crise, latente desde 1504. O seu sucesor, o príncipe Carlos de Gante, neto dos Reis Católicos, residía en Flandres e non chegou a Castela ata o outono de 1517. En 1516 a...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación editada a partir de abril de 1998 na Coruña e fundada polo grupo Radio, Gestión y Publicidad S L (RGP). Coordinárona inicialmente Carlos M. Suárez González, Sofía Reyes e Olga Muñoz. Dirixida por Juan Madera, conta coa colaboración de Susana Evangelista, Beatriz Quintero, Silvia Tasende e Manuel Núñez, entre outros. Contén información xeral de carácter económico sobre Galicia e os países americanos, especialmente a relativa a Mercosur e ás Expogalicias celebradas en Bos Aires, Montevideo e São Paulo. Á parte, inclúe novas de actualidade, entrevistas, artigos de opinión e unha sección dedicada a reportaxes especiais. Durante 1999 editouse en castelán e portugués, debido á organización de Expogalicia en São Paulo, mentres que os números correspondentes ao ano 2001 se centran nos sectores económicos de Galicia. Difúndese gratuitamente entre os concellos e empresas de Galicia, nas embaixadas e nos centros galegos do exterior, e nas empresas galegas que teñen intereses económicos...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Conxunto de organizacións creadas entre os países de Europa para acadar a integración progresiva das súas economías. Especialmente, alúdese ás Comunidades Europeas a partir de 1965 (con efectividade desde 1967), cando se crearon unhas institucións comúns entre a Comunidade Económica Europea, a Comunidade Europea do Carbón e do Aceiro e a Comunidade Europea de Enerxía Atómica. Os estados membros iniciais foron Bélxica, Francia, Italia, Luxemburgo, a República Federal de Alemaña e os Países Baixos; posteriormente, integráronse outros estados europeos. Desde a entrada en vigor da Unión Europea (1993), as Comunidades Europeas constitúen un dos seus piares.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción de comungar.

      1. Recepción do sacramento da Eucaristía. Ten sentido pleno dentro da misa e fóra dela reservouse primeiro aos enfermos (testemuño de Xustino, s II) e aos presos (segundo as actas dos mártires desde o s III). Antigamente, os fieis participaban da Eucaristía co pan e co viño consagrados, práctica que aínda está vixente nas igrexas orientais e que o foi tamén en Occidente ata o s XII. O Concilio de Constanza (1415) prohibiu aos leigos comungar coas dúas especies. A Reforma protestante (luteranos e calvinistas) restableceu o seu uso, feito que provocou unha ríxida reacción do Concilio de Trento. Posteriormente, o Concilio Vaticano II restaurou o costume primitivo.

      2. Parte da misa na que participan no sacramento da Eucaristía o presbítero e os leigos.

      3. canto de comuñón

        Canto propio do momento da comuñón na Eucaristía.

      4. comuñón dos santos

        Expresión formulada no Símbolo dos Apóstolos, que tamén se podería traducir por comuñón nas cousas santas, feito que subliña o sentido universal da participación na vida de Deus de todos os membros da Igrexa.

      5. comuñón espiritual

        Práctica piadosa consistente nun acto interior de fe e de pregaria eucarística que se fai en lugar da comuñón, cando non se pode recibir o sacramento.

      6. comuñón pascual

        Precepto imposto a todos os fieis cristiáns no IV Concilio de Letrán (1215), polo que se lles obriga a recibir o sacramento da Eucaristía cando menos unha vez ao ano e en caso de padeceren unha doenza grave.

      7. primeira comuñón

        Recepción da Eucaristía por primeira vez na vida. Adoita revestirse dunha certa solemnidade ata o punto de converterse nun acto social. As igrexas de Oriente conservan o costume de dar a comuñón, mesmo aos nenos, no momento do bautismo.

      1. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Partido carlista que, durante a Segunda República, agrupaba as tendencias ortodoxa, integrista e tradicionalista do carlismo. Desenvolveu diversas estratexias políticas, entre elas, formar un grupo no Congreso cos nacionalistas vascos, aínda que tiñan proxectos políticos opostos, crear a coalición política TYRE (Tradicionalistas y Renovación Española) co partido monárquico afonsino Renovación Española, e, finalmente, achegarse ás posturas cercanas ao derrocamento da República. Durante a Guerra Civil organizou os requetés en Navarra e Catalunya, e en 1937 foi un dos integrantes de Falange Española Tradicionalista y de las JONS.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Doutrina que, co emprego do materialismo histórico como ferramenta analítica, postula as condicións de emancipación do proletariado e a súa concreción nun sistema social novo que, baseado na propiedade colectiva dos medios de produción, implica o fin da explotación do home polo home (a sociedade sen clases) e a desaparición dos estados coercitivos. Tanto Marx e Engels como os teóricos posteriores, manifestaron a necesidade de elaborar unha teoría de análise rigorosa da realidade social para desenvolver unha práctica revolucionaria, polo que defenderon a necesaria coherencia entre marxismo, materialismo histórico e comunismo.
      Fundamentos teóricos do comunismo

      De Platón ao socialismo utópico: primeiras propostas igualitarias
      Tense atribuído a Platón a primeira exposición do ideal comunista. Non obstante , na República, xunto co Político ou as Leis un dos libros no que expón a súa teoría política, mostra como a cidade...

    2. Etapa da política económica do goberno bolxevique que seguiu ao período de capitalismo de Estado desde 1918 ata 1929. Deu paso á chamada Nova Política Económica ou NEP, a causa da dislocación económica que se produciu. Entre as súas realizacións cómpre sinalar a nacionalización total da produción, a supresión do mercado organizado e a instauración dun monopolio estatal, a centralización total da xestión industrial, a instauración do traballo obrigatorio e a militarización en certos sectores.

    3. Corrente e principio económico do anarquismo, coñecida tamén como anarquismo comunista ou anarcocomunismo, que combate todo tipo de propiedade, tanto privada como colectiva. Diferénciase do colectivismo polo seu desexo de que no socialismo cada persoa reciba segundo as súas necesidades (e non segundo o seu traballo), sen máis limitación ca a do desenvolvemento da economía, e que pide a cada persoa as máximas contribucións segundo as súas limitacións físicas e morais. Xurdiu ao redor dos últimos congresos da Primeira Internacional. Entre 1877 e 1882 impúxose dentro do anarquismo pola evolución de boa parte dos que ata entón eran colectivistas. En 1877, o Arbeiter Zeitung de Berna elaborou uns estatutos dun Partido Anarquista Comunista de Lingua Alemana. En 1880, o congreso da Federación do Jura declarouse abertamente anarcocomunista. No Estado español, unha corrente minoritaria da Federación de Traballadores da Rexión Española seguiu esta orientación, especialmente en Andalucía....

    4. Modo de produción rexido pola apropiación comunal do traballo excedente. Caracterízase pola inexistencia de clases e estados (o que implica a ausencia da política), polo que a articulación da sociedade se establece entre os niveis económico e ideolóxico. O concepto, establecido por Marx e Engels, en oposición ao comunismo, foi analizado por antropólogos marxistas posteriores, como Dupré, Meillassoux, Rey, Terray ou Testart.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao comunismo.

    2. Que ou quen é partidario do comunismo ou membro dun partido desta ideoloxía.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Que é da comunidade.

      2. Que pertence á Unión Europea.

    1. Movemento arquitectónico baseado na colaboración de arquitectos e futuros habitantes das vivendas e dos barrios que se van construír. Entre os proxectos levados a cabo destacan a remodelación da cidade de Boloña e o Lewishan Self-Building Housing (Londres, 1977-1980) de Walter Segal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Movemento intelectual desenvolvido fundamentalmente na década dos oitenta nos EE UU que supón unha crítica frontal ao liberalismo. Os partidarios do comunitarismo coinciden na defensa dunha noción positiva de liberdade; sen embargo, coexisten dúas tendencias opostas en relación coas solucións propostas para resolver a situación: por un lado, aquela que busca a revitalización da sociedade a través da redefinición da familia, a localidade ou a relixión; e, por outro, aquela de carácter máis político que propugna a creación de verdadeiras democracias participativas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Empresa de servicios integrais de comunicación creada en Vigo en 1998 e que comezou a súa actividade o 26 de xaneiro de 1999. Fundada polos irmáns Portela, conseguiu a licenza da Comisión del Mercado de Telecomunicaciones (CMT) para prestar servicios de telefonía básica ás pymes con voz e RDSI. En marzo do ano 2000 pasou a formar parte da multinacional Grapes e a partir de xuño de 2001 foi vendida á compañía portuguesa Oni por 12.600 millóns de pesetas, o que significa o terceiro maior investimento realizado nunha compañía viguesa por parte do empresariado portugués.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ou quen oculta a súa condición comunista.

    VER O DETALLE DO TERMO