"Ondo" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 187.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Fondo complementario da Comunidade Económica Europea dedicado a proxectos que contribúan a acadar os obxectivos fixados no Tratado da Unión Europea, nos sectores de medio ambiente e das redes transeuropeas de infraestruturas de transporte e nos estados membros cun produto nacional bruto inferior ao 90% da media comunitaria. O seu fin é fomentar a cohesión económica e social e a solidariedade entre os estados membros.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Instrumento de financiamento que o goberno español emprega para axudar a aquelas rexións menos avanzadas. O diñeiro pertence aos orzamentos do Estado (hai un 35% de investimento público) e aplícase por medio das diferentes comunidades autónomas, excluídas as de maior renda por habitante. Regúlase pola Lei de Financiamento das Comunidades Autónomas (LOFCA) e pola Lei 29/1990 do Fondo de Compensación Interterritorial e a súa configuración estableceuse polo Acordo de Política Fiscal e Financeira (1992).
-
VER O DETALLE DO TERMO
Editorial fundada en México o 13 de setembro de 1943 e asociada ao Banco Nacional Hipotecario y de Obras Públicas. Posteriormente, ligouse ao Banco de México e logo ao goberno estatal. As súas dúas primeiras obras foron El dólar de prata (1944), de W. P. Shea, e Karl Marx (1944), de H. J. Laski. Malia que naceu coa pretensión de publicar obras relacionadas coa economía, co tempo ampliou a súa actividade cara ás humanidades e as ciencias sociais. En 1984 celebrou o seu cincuenta aniversario coa publicación de El libro de los seres imaginarios, de J. L. Borges. Con máis de tres mil títulos editados e máis de dúas mil cincocentas reimpresións, a súa tiraxe total supera os trinta e cinco millóns de libros. Edita a revista La Gaceta e colabora asiduamente coa UNESCO.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Entidade de dereito público con personalidade xurídica propia, que ten por obxecto facer fronte ás situacións de crise nas entidades de depósito. Ao seu patrimonio contribúen o Banco de España e a banca privada co fin de garantirlles aos depositarios e contacorrentistas o importe, ata unha determinada cantidade, dos depósitos constituídos nos establecementos dos bancos adheridos ao sistema.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Órgano autónomo estatal dependente do ministerio de Traballo e Asuntos Sociais que ten como finalidade asegurarlle ao traballador o pagamento, en caso de insolvencia do empresario, de certas cantidades que acredita en concepto de salarios ou de indemnización derivados do contrato de traballo extinguido. Nútrese das cotizacións obrigatorias dos empresarios.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Organismo comunitario de cooperación financeira creado polo Tratado de Roma (1957) para axudar os países en vías de desenvolvemento mediante subvencións e préstamos especiais. Está administrado pola Comisión que responde da súa xestión ante o Parlamento e o Consello comunitarios.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Fondo estrutural comunitario que se creou en 1975 para corrixir os desequilibrios rexionais existentes entre as diversas zonas da comunidade, como o predomino agrario, os cambios industriais ou o subemprego. Actuou sobre todo para reconverter as rexións máis atrasadas e zonas industriais en declive.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Fondo estrutural comunitario que se creou para o financiamento da Política Agraria Común (PAC). Ten dúas seccións: a Sección Garantía, que financia os gastos comunitarios orixinados pola política de prezos e mercados agrícolas; e a Sección Orientación, que administra os fondos destinados a políticas estruturais e ten por obxecto a consolidación e evolución das estruturas agrarias.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Organismo económico das Nacións Unidas creado en 1944 na Conferencia de Bretton Woods. Tiña por obxecto promover a cooperación monetaria e o comercio internacional e facilitar axudas aos países membros que lles permitan equilibrar as súas balanzas de pagos. Os seus membros participan cunha cota anual, que determina o seu número de votos e a proporción da que poden dispoñer dos recursos totais. Desde 1968 emite os dereitos especiais de xiro, unidade de conta utilizada no comercio internacional. Os seus órganos directivos son a Xunta de Gobernadores, autoridade máxima, composta polos ministros de facenda ou gobernadores/presidentes dos bancos centrais dos 184 países membros (2002), o Comité Monetario e Financeiro Internacional e o Directorio Executivo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Organismo con sede en Morges, cantón suízo de Vaud, que se creou en 1961 para a defensa da natureza e dos animais, sobre todo para previr a extinción das especies vexetais e animais ou dos recursos industriais.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Fondo estrutural comunitario que ten por obxecto aumentar e mellorar as oportunidades de emprego e a mobilidade profesional e xeográfica dos traballadores. Instaurouse tres anos despois do Tratado de Roma.
-
-
Parte máis fonda de algo. Na tradición oral recóllense ditos como: “Onde un quita e nunca pon logo chegará ao fondón.”
-
Pouso ou sedimento que se acumula no fondo dun recipiente.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Construción situada en Cirio (Pol). Ten planta rectangular e dúas alturas. Na fachada posterior conserva unha solaina. Ten unha cheminea con pombal e un reloxo de sol cunha inscrición de 1856. Conserva unha capela no interior da vivenda.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Organismo comunitario que se encarga do financiamento dos investimentos que programa e xestiona a Comisión Europea. Ten como obxectivo a consolidación do principio de solidariedade entre os estados membros, o desenvolvemento harmonioso da comunidade e a superación dos problemas de adaptación ao mercado interior. As súas accións diríxense cara a política agrícola común, as áreas atrasadas, as zonas industriais en declive, o emprego xuvenil e o paro. Dentro deste organismo están o Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER), o Fondo Europeo de Organización e Garantía Agrícola (FEOGA) e o Fondo Social Europeo (FSE).
-
VER O DETALLE DO TERMO
Principio que establece que a distancia entre os núcleos dos átomos dunha molécula non cambia ao producirse unha transición electrónica cando as moléculas absorben enerxía. Foi descuberto en 1926 por J. Franck en colaboración con E.V. Condon.
-
-
Calidade de frondoso.
-
Conxunto de follas e pólas dunha planta que forman espesura.
-
Lugar frondoso.
-
-
-
Aplícase á árbore ou á planta que ten moitas follas ou pólas.
-
Aplícase ao bosque, á arboreda ou ao terreo con abundancia de árbores e vexetación.
-
-
PERSOEIRO
Historiador. Entre as súas obras destaca Historia eclesiástica de España (1851) e Historia de las sociedades secretas antiguas y modernas en España y especialmente de la francmasonería (1874-1882). Foi membro do Colegio de Abogados de Madrid (1844), da Real Academia de la Historia e da Real Academia de las Ciencias Morales y Políticas.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Giovanni da Verona.
-
PERSOEIRO
Pintor e arquitecto italiano. Formouse con Cimabue no estilo bizantino imperante en Italia no s XIII. A súa arte representa unha ruptura coa estilización da arte bizantina ao introducir un novo ideal de realidade mediante a renovación dos conceptos de espazo e da figura. Parece que participou na decoración da basílica superior de Asís, iniciada por Cimabue, e na execución dos frescos das Historias de san Francisco. En Padua realizou os frescos da capela da Arena ou dos Scrovegni (1305-1306) e, en Florencia, os frescos das capelas Bardi e Peruzzina Santa Croce e o Cristo de Santa Maria Novella (1295-1297). Traballou tamén en Roma na antiga basílica de San Pedro e en Nápoles, onde foi pintor da corte de Roberto de Anjou. En 1334 nomeárono mestre maior das obras da catedral de Santa Maria del Fiori en Florencia, onde comezou a construción do campanile. Traballou coa axuda de moitos colaboradores e a súa obra influíu sobre a maioría dos pintores florentinos e sieneses...
VER O DETALLE DO TERMO