"Rita" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 231.

  • Dióxido de estaño, de fórmula SnO2. Presenta cristais tetragonais, fráxiles, opacos, de cor parda ou negra. Adopta diversas formas segundo a orixe: bipiramidal en pegmatitas, prismático en filóns hidrotermais ou pneumatolíticos. Ten dureza 6-7 e peso específico 6,9. É o único mineral empregado para a obtención do estaño.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escultora. Bolseira da Fundação Calouste Gulbenkian, estudiou en París. Realizou esculturas de carácter neofigurativo e abstracto. Entre as súas obras destacan o Monumento ao Emigrante, en Santa Apolónia, e o Monumento de Taipa en Macau.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arqueólogo, historiador e crítico da arte. Discípulo de Pere Bosch i Gimpera, foi catedrático de Historia da Universitat Autònoma de Barcelona, na que ocupou o cargo de secretario entre 1933 e 1939, e catedrático de Historia Universal na Universitat de Barcelona en 1942. Fundou e dirixiu o Museo de Tossa en 1935 e foi conservador do Museu Arqueològic de Barcelona entre 1931 e 1950. Na súa obra La cultura del vaso campaniforme: su origen y su extensión en Europa (1928), analiza o fenómeno campaniforme dende unha óptica europea. Outras obras súas son Cronología del vaso campaniforme en la Península Ibérica (1943) e José María Sert (1947).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escritora. Filla de María Tareixa da Cruz de Castro e Abadía, unha fidalga solteira vinculada á casa de Arretén, e do sacerdote Xosé Martínez Viojo, fíxose cargo dela a súa madriña María Francisca Martínez. Pasou a súa nenez na aldea do Castro de Ortoño ao coidado da familia do pai e está documentado que viviu coa nai en Padrón en 1842 e, desde 1850, en Santiago de Compostela, lugar no que pasou a súa mocidade e ao que volveu con posterioridade, como ocorreu con Padrón e coas Torres de Hermida en Lestrove, outro dos seus lugares de residencia temporal. No medio rural adquiriu desde nena as bases do coñecemento da cultura tradicional galega que impregnou toda a súa creación; situou nas beiras do Sar, abertas ao mar da ría de Arousa, a toponimia esencial do seu mundo creativo, o seu locus amoenus da felicidade tida e perdida e o seu amado territorio da dor que se reconcentrou nos núcleos urbanos de Padrón e Compostela ou se estendeu ao mar de Muxía e Fisterra. A Galicia rural, caracterizada...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • clorarxirita.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Silicato hidratado de cerio, con calcio ou ferro, de fórmula Ce3H(Ca,Fe)[(SiO4)3·H2O], que pode ter ións de Ce substituídos por La, Dy e Al. Preséntase en masas informes e compactas de cor parda grisácea ou vermella.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor. Da súa produción cómpre salientar Ciresarii (1956), Pasiuni (1964), Trilogia înalb (1966-1969) e Adîncimi (1974).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cinsa volcánica consolidada por aglutinación dos seus elementos, en medio aéreo ou acuoso, ata adquirir unha certa cohesión e, ás veces, xistosidade. É branca ou gris, de gran moi fino e polo xeral exfoliable. A miúdo presenta impresións vexetais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Compoñente semibrillante que se distingue na análise microscópica do carbón de pedra.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Primeira das tres calidades esixidas ao orador, xunto co ornato e o decoro. Implica a comprensibilidade do discurso, que se obtén, no nivel da inventio e da dispositio, mediante a coherencia e a concatenación lóxica das ideas, e no da elocutio, a través dunha enunciación lingüística transparente, que garanta a comprensión do receptor tanto no plano das palabras e períodos como na estruturación total do discurso.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cloruro de prata, de fórmula AgCl. Cristaliza no sistema regular formando pequenos cubos ou masas córneas de plasticidade semellante á cera. De cor branca en estado fresco, é extremadamente sensible á luz, que a colorea cunha tonalidade gris, violeta e negra. Ten dureza 2,5 e peso específico 5,55. Tamén se chama cerarxirita.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome baixo o que se agrupa un certo número de minerais, de fórmula xeral A6[(OH)8(Al,Si)4O10], onde A pode ser magnesio, ferro, manganeso, etc, relacionados co grupo das micas. Está formada por tetraedros de SiO4 enlazados entre eles en forma de hexágonos sobre un plano. A súa composición química é extraordinariamente variable debido a que estas capas de tetraedros están ligadas por outras capas de brucita e hidrarxilita e, ademais, teñen unha gran facilidade para admitir toda clase de átomos na súa estrutura. As cloritas fórmanse a partir das micas a temperaturas pouco elevadas. Neste grupo encóntranse dous subgrupos: as ortocloritas e as leptocloritas; estas últimas teñen a propiedade de perder auga a pouca temperatura.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Provincia situada ao O de Canadá, entre as Montañas Rochosas e o Océano Pacífico (947.800 km2; 3.933.300 h [1986]). A súa capital é Victoria (71.228 h [1996]). Todo o seu territorio está ocupado por montañas e ten un clima oceánico, con temperaturas suaves. A poboación concéntrase na costa, en Victoria e Vancouver, as dúas cidades máis importantes. A lingua oficial é o inglés. Os principais recursos económicos son a explotación forestal e as súas industrias derivadas. Tamén son importantes a pesca, a minería e a metalurxia. No sector primario destaca a gandería, xa que a práctica agrícola resulta difícil debido ao terreo montañoso. A costa explorárona desde o s XVI os españois (Juan de Luca e Juan Pérez) e os ingleses (Cook e Vancouver). O británico Mackenzie iniciou en 1793 a exploración do interior, continuada pola Compañía do Noroeste, que se fusionou en 1821 coa Compañía da Baía de Hudson. En 1886, a illa de Vancouver uniuse á Columbia Británica e constituíu a provincia deste...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político, matemático, filósofo e pedagogo francés, marqués de Condorcet. Xunto co seu mestre D’Alambert e con Voltaire, relacionouse con Turgot, quen lle facilitou o cargo de inspector xeral da moeda (1774-1776). Como economista, foi partidario do imposto progresivo. A súa hipótese sobre as decisións colectivas, coñecida como efecto Condorcet, e sobre a súa inconsistencia, aplicada ás votacións, recolleuna a moderna politicoloxía. En 1791 foi nomeado deputado pola asemblea lexislativa de París e asumiu a súa presidencia en 1792. Ese mesmo ano presentou o informe sobre Organisation générale de l’instrution publique (Organización xeral da instrución pública), que se converteu en horizonte da política educativa republicana e que acadou unha considerable resonancia en España, tanto no momento da aprobación da Constitución de 1812 como nas medidas subseguintes ditadas en 1813. Propugnou o control da natalidade, a elevación cultural da muller e a coeducación. Defendía que a...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aluminosilicato de aluminio, manganeso e ferro, de fórmula Al3(Mg,Fe)2 Si5AlO18. Cristaliza no sistema rómbico e pertence á subclase dos ciclosilicatos, aínda que é pouco frecuente en forma de cristal. Xeralmente aparece en forma de grans irregulares ou en masas. Ten unha dureza de 7 e unha densidade de 2,55-2,75. As cores máis características son o azul ou o violáceo, pero tamén pode ser incoloro, gris, amarelo ou marrón claro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escultora. Licenciada en Pedagoxía pola Universidade de Santiago de Compostela, estudiou na Escola de Artes e Oficios Mestre Mateo da mesma cidade. A súa obra evolucionou dende o figurativismo ata a abstracción.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Óxido de cobre, de fórmula Cu2O. Cristaliza no sistema regular en cristais normalmente octaédricos. Tamén se presenta en forma fibrosa ou granular. Ten unha dureza de 3,5-4 e unha densidade de 6,1. A cor é vermella e ás veces case negra. Altérase facilmente e está na zona de oxidación dos depósitos de cobre, normalmente asociada con cobre, malaquita, azurita, calcosina, óxidos de ferro e arxilas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Silicato de boro e calcio. Cristaliza no sistema rómbico, con cristais prismáticos. Pertence ao grupo dos plaxioclases. Mineral pouco frecuente, pode ser incoloro, branco, amarelo ou castaño, e ten unha dureza de 7,0 -7,5 e unha densidade de 2,9 -3,0.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Prolongación arboriforme do protoplasma das células nerviosas, que pode ser única ou múltiple. Aumenta considerablemente a superficie receptiva da célula nerviosa e intervén nos procesos de transmisión dos impulsos nerviosos. As dentritas son tamén o aparato receptor das neuronas, e a elas chegan os sinais eléctricos, dende os receptores ou outras células nerviosas, ata o corpo neuronal.

      1. Figura de forma arborescente producida nun mineral pola acción de algo alleo.

      2. Agregado cristalino de forma arborescente.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Epopea bizantina que describe as xestas do heroe Basilio Digenís, chamado Digenís Akritas, e as loitas dos defensores das fronteiras ( ἄ κραι) do Imperio Bizantino contra os invasores árabes, persas, sarracenos e turcos. Parece que Digenís Akritas foi un personaxe histórico que morreu nunha batalla durante o s VIII. Conta a tradición que o seu pai, un Emir sarraceno convertido ao cristianismo, casou cunha princesa da Capadocia, filla dun xeneral bizantino; por esta razón, o heroe, froito de dúas razas e relixións, foi educado conforme aos ideais heroicos do seu tempo (cazador, guerreiro e atleta) e converteuse nun afoutado guerreiro e en prototipo de heroe grego medieval. Composto, aproximadamente, a mediados do s X, este relato épico estivo moi influenciado pola poesía grega máis antiga, con influencias orientais, e ten a súa orixe nos cantos populares akríticos estendidos por diversas rexións gregas. A versión oral do poema foi cantada durante séculos por músicos...

    VER O DETALLE DO TERMO