"ALE" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 2433.

  • PERSOEIRO

    Político xamaicano. En 1938 fundou o Sindicato Industrial Bustamante e, en 1943, o conservador Partido Laborista de Xamaica. Foi ministro de Comunicacións de 1943 a 1953 e, durante o goberno autónomo, primeiro ministro entre 1953 e 1955; en 1962, trala independencia da illa, volveu ser primeiro ministro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Químico ruso. Foi discípulo de Charles Wurtz, profesor de química orgánica en Kazan’. Definiu o concepto da estrutura química, o que permitiu chegar ao concepto de isomería. A aplicación destes principios levouno a descubrir os alcois terciarios. Traballou tamén sobre a determinación de pesos atómicos e complexos inorgánicos. Publicou a Introdution à l’étude complète de la chimie organique (Introdución ao estudo completo da química orgánica, 1864).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo do barallete, xerga dos afiadores e paraugueiros que corresponde á voz ‘ponte’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Liñaxe que leva como armas, en campo de goles, dúas cabezas de lobo ao natural, arrincadas, postas en faixa e pingando sangue.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao cabaleiro.

    2. Pertencente á cabalería considerada como un sistema.

    3. Que ten un talante nobre e distinguido.

    4. Relatos protagonizados por un cabaleiro, o chamado “cabaleiro andante”, que leva a cabo unha serie de fazañas, que tiveron a súa época de esplendor entre os séculos XII e XVI. O xurdimento deste tipo de narracións está ligado á eclosión da literatura cabaleiresca que tivo lugar durante o renacemento do s XII e que formaría parte do nacemento do xénero do roman. Foi precisamente na segunda metade dese século cando o champañés Chrétien de Troyes compuxo os seus cinco romans de ambiente artúrico, que se consideran as obras fundacionais da novela cabaleiresca: Erec et Enide (Erec e Enide), Cligès, Le chevalier au lion (Yvain ou O cabaleiro do león), Le chevalier à la charrette (Lanzarote ou O cabaleiro da carreta) e Le conte du Graal (Perceval ou O conto do graal). Foi Chrétien quen definiu o tipo do cabaleiro errante e solitario, que abandona a corte en busca de aventuras coas que mellorar no seu heroísmo cabaleiresco e conseguir...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Home que vai a cabalo.

    2. Home que se comporta con educación e cortesía.

    3. Termo de cortesía equivalente a señor.

      1. Membro dun grupo social que se caracterizaba pola participación en combates a cabalo. En Atenas era, segundo a Constitución de Solón no s VI a C, un cidadán de segunda clase. Na sociedade romana os cabaleiros formaban a orde ecuestre, a clase social de máis categoría despois da senatorial. Para formar parte desta orde o único requisito era posuír un mínimo de 400.000 sestercios, polo que podían acceder a ela persoas de orixe humilde ou indíxenas romanizados das provincias. Na época medieval estableceuse, dende o s VIII, a preponderancia do combatente a cabalo. O xinete posuidor dun cabalo e de armas necesitaba unha longa preparación para adquirir o dominio no manexo do animal e das armas. Xurdiu así a conveniencia de dispoñer de combatentes profesionais, unidos tamén por un contrato de fidelidade. Durante o Imperio Carolinxio recibiron bens territoriais concedidos polo príncipe ou polos señores, coa obriga principal de servir coas armas ao señor. O acceso á categoría de cabaleiro limitábase...

      2. Membro dunha orde militar.

      3. Membro dunha orde civil.

      4. armar cabaleiro

        Cerimonia pola que se lle impón a alguén a dignidade de cabaleiro.

      5. cabaleiro andante

        Cabaleiro medieval que, caracterizado polo seu espírito de aventura, buscaba empresas individuais, difíciles e xeralmente xustas. Os novelistas dos ss XII-XV convertérono no personaxe principal das súas producións e outorgáronlle calidades físicas e morais caracterizadas pola gallardía e virilidade, que se fixaron como modelo a seguir. Nos ss XIV e XV, os cabaleiros que existían dedicábanse a imitar os personaxes novelescos.

      6. cabaleiro de fortuna

        Cabaleiro aventureiro que vai polo mundo buscando riqueza e fama.

      7. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Apelido que ten a súa orixe nun alcume de dignidade ou profesional. Aínda que a partir do s XI esta voz se considerou un título nobre, durante a Idade Media un cabaleiro tamén era quen loitaba co seu cabalo e tiña posibilidades para mantelo, ou quen pertencía a unha orde de cabalería. O máis probable é que o apelido actual arrinque do título que posuirían os individuos aos que se lles aplicou; con todo, non se pode descartar a posibilidade de que, nalgunha ocasión, este apelido teña orixe toponímica, xa que existen varios lugares na nosa comunidade así chamados. Neste último caso o nome do topónimo pode remitir á presenza no lugar de persoas que ostentaban o título de cabaleiro, pero tamén se podería explicar pola existencia de pedras encabalgadas (superpostas) que, ás veces, constitúen dolmens. Proceda este apelido dun alcume ou dun topónimo, a súa etimoloxía está no latín caballu ‘cabalo’ + sufixo -ariu. Documéntase baixo forma latina e moderna desde principios do s...

    2. Liñaxe que leva como armas, en campo de prata, unha árbore de sinople; bordo de ouro con oito cabezas de serpe de sinople. Outros traen en campo de ouro, tres montañas de sinople.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que é educado e cortés no seu comportamento.

    2. Que é nobre e distinguido na súa forma de ser.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Xornalista. Comezou o seu labor periodístico na emisora da Cope en Vigo, en Radio Pontevedra e Radio Vigo. Traballou tamén na prensa escrita, concretamente como delegado de Faro de Vigo en Santiago, dende onde pasou a El Correo Gallego e, finalmente, a El Ideal Gallego. No período 1986-1996 foi redactor xefe e subdirector da TVG. Volvería á radio, nomeado como director de informativos da Radio Galega; posteriormente foi director de TVE en Galicia, director rexional da emisora Cope en Galicia e director da Radio Galega.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Médico psiquiatra. Estudiou medicina en Santiago de Compostela, onde se licenciou en 1942. Discípulo de Pérez Villamil, foi profesor de medicina legal e de psiquiatría na facultade de Medicina de Santiago de Compostela. No ano 1953 doutorouse na Universidad de Madrid coa tese La Psiquiatría en la medicina popular gallega. En 1959 obtivo a praza de director-médico do Sanatorio Psiquiátrico de Toén, facendo deste centro a escola oficiosa da maioría dos especialistas de Galicia. Enlazou coas correntes da nova psiquiatría que difundiu por Galicia como continuador da obra de Pérez Villamil e converteuse na principal referencia da psiquiatría moderna en Galicia. En 1970 abandonou a docencia universitaria. Entre as súas múltiples iniciativas destacou, a principios dos anos setenta, o seu documento de reforma de hospitais psiquiátricos de Galicia, un primeiro plan para transformar os dispositivos psiquiátricos das deputacións galegas. O seu prestixio internacional levouno a visitar as...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Deseñador e empresario. Coñecido como Gene Cabaleiro, logo dunha etapa como futbolista, iniciou a súa andaina profesional como deseñador e empresario nos anos sesenta, cando fundou cos irmáns Regojo a empresa Atir, dedicada á comercialización e fabricación de pantalóns de vestir. En 1968 comezou a súa traxectoria profesional en solitario, ao adquirlles aos irmáns Regojo a súa participación na empresa. En 1974, fundou en Vigo a empresa D’aq e a marca comercial D’aquino que produciu todo tipo de prendas para home e, posteriormente, especializouse en roupa de espectáculo e fantasía. Nos anos oitenta os seus deseños acadaron o seu máximo apoxeo e comercializáronse en Europa, nos EE UU e nos países árabes. Considerado como un gran creador e un gran técnico no uso das cores e dos tecidos, intérpretes como Elton John ou Miles Davids, entre outros, empregaron o seu vestiario. Inaugurou comercios propios en París, Anveres, Colonia, Saint Tropez, Vigo ou Eivissa. Recibiu numerosas mencións e condecoracións...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte da serra do Xistral, que marca o límite entre as parroquias de Silán (concello de Muras) e O Cadramón (concello de O Valadouro). A súa máxima cota está a 925 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • evar unha persoa ás costas ou sobre os ombros.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • RIOS

    Río afluente do Lérez pola esquerda. Nace a 570 m de altitude na parroquia de Corredoira, concello de Cotobade. O seu curso adopta unha dirección S-N coa que penetra na parroquia de Sacos primeiro, e no concello de Cerdedo despois, en concreto pola parroquia de Pedre, na que desemboca.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Tordoia baixo a advocación de san Xulián, onde se atopa a capital municipal, a aldea da Pontepedra.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Forma plural correspondente ao apelido Cabaleiro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Situado na parroquia de Cabaleiros (Tordoia), popularmente se coñece co nome de Pedra Moura. Conserva parte da mámoa e ten planta poligonal, formada por sete chantas, todas elas imbricadas, e a tampa. A cámara ten unhas dimensións aproximadas de 3,10 m no eixe N-S e 2,70 m no L-O; así mesmo a súa altura é de 1,70 m. A tampa, sostida por seis chantas, está fracturada; as súas dimensións son 4 x 3,40 m e ten un grosor considerable. Non se teñen noticias de achados no seu interior e non foi escavada polo de agora. Pola forma e magnitude desta mámoa pertence ao Megalitismo de apoxeo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos cabaleiros.

    2. Que ten un comportamento cortés, galante e educado.

    3. Que posúe nobreza e distinción no seu carácter.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Animal que se utiliza para montar ou para carga.

      1. Institución militar que constituía unha das divisións (ordo militiae) da sociedade medieval europea, integrada orixinariamente polos guerreiros que combatían a cabalo e defendían as terras cristiás fronte ás invasións de bárbaros e musulmáns, dende o s VIII, constituíndo un grupo heteroxéneo de xinetes adestrados armados pesadamente e carentes de ideais elevados. Foi a Igrexa a encargada de proporcionarlles uns ideais que permitisen canalizar a súa forza, empregando cerimonias e fórmulas inspiradas en diferentes sacramentos ata constituír un ritual polo que se accedía á cabalería. Orixinariamente estaba aberta a todos os homes libres cristiáns dispostos a loitar en defensa da Igrexa, do seu señor e da xustiza. Supúñase que o aspirante a cabaleiro, un soldado que destacase pola súa valentía e fidelidade ou un membro do grupo de fideles dalgún gran señor, dispuña dos medios suficientes para mercar e manter o cabalo e mais o armamento. Ata o s XII o neófito podía ser armado...

      2. novelas de cabalerías

        novelas cabaleirescas.

      1. Preeminencia da que goza un cabaleiro.

      2. Prácticas ou accións dos cabaleiros.

      3. Exercicio ou acto de destreza propio dun cabaleiro para dirixir os cabalos, manexar as armas e demais exercicios de cabaleiro.

    2. Conxunto de dependentes que coidan unha cabalería.

      1. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Elemento de construción composto por dúas vertentes ou aquel formado por unha peza horizontal apoiada en dous pés.

    2. Utensilio que consiste xeralmente nun pao apoiado de forma horizontal en catro patas diverxentes, que serve de soporte para diversos usos, entre eles, formar provisionalmente unha mesa, un banco, etc.

    3. Armazón de madeira sobre a que se improvisa unha estada.

    4. Figura de entremés, chamada tamén cabaliño de cartón. Formada por un grupo de homes ou de nenos que van dentro dunha carcasa de cartón en forma de cabalo, sen patas, cunha faldra amodo de aditamento que fai de galdrapa. Ten un buraco nas costas por onde a sosteñen. Fan danzas e movementos distintos, todos eles coordinados; a miúdo marcan o ritmo con axóuxeres, fustas e contan co acompañamento de frautíns e tamborís. Xa se mencionaban no s XV, e parece ser que formaban parte dun entremés de loita de cabaleiros cristiáns contra mouros ou turcos.

    5. Bordo de lousas ou tellas no que conflúen as dúas partes dun tellado.

    6. Monllos de canas de millo dispostos en forma de pirámide.

    7. Estrutura xiratoria de madeira sobre a que se colga a gramalleira nalgunhas cociñas das casas rurais.

    8. Armazón sobre a que se coloca a madeira para serrar.

    9. Peza do muíño de madeira que xira para levantar a moa.

    10. Poldro no que se daba tormento.

    11. ...

    VER O DETALLE DO TERMO