"RG" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 2188.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Reunión da Igrexa católica celebrada na cidade de Burgos en 1136. Entre as decisións que adoptou destaca a excomuñón de Guillerme Seguín, líder da revolta dos burgueses composteláns contra o arcebispo Diego Xelmírez.
-
GALICIA
Artista plástica. Licenciada en Belas Artes pola facultade de Pontevedra (1996), ampliou estudos en Londres. Realizou unha obra de carácter antropomórfico, onde o corpo se converteu no soporte conceptual dunhas reflexións que, a través do estímulo e do acto de agochar a vista, viaxan á vida real. Participou en exposicións individuais e colectivas en Galicia e no estranxeiro, entre as que destacan a 8th Exhibition of Prints in Kanagawa, Xapón (1993), e a 2nd Exhibition of European Exchanges, na Knights Gallery de Londres (1993).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor estadounidense. Estudiou pintura e música. Nas súas obras pitóricas mestura o debuxo coas palabras e os temas figurativos cos abstractos.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Georgios Kondylis.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Unión de provincias arxentinas, agás Bos Aires, que se agruparon entre os anos 1852 e 1861. Naceu tralo enfrontamento entre Juan Manuel de Rosas, gobernador de Bos Aires, e o xeneral Urquizo, gobernador de Entre Ríos. En 1853, o Congreso de Santa Fe dotouna dunha Constitución e elixiu a Urquizo presidente. Bos Aires incorporouse trala Batalla de Cepeda (1859); sen embargo, a vitoria de Bos Aires en Pavón (1861) provocou a disolución da Confederación.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Organización empresarial española fundada en xuño de 1977 trala disolución doutras tres entidades: Confederación Empresarial Española, Confederación General de Empresarios e Agrupación Empresarial Independiente. O seu principal obxectivo é representar os empresarios e defender os seus intereses fronte aos demais axentes sociais e á propia Administración. Integra máis dun millón de empresas a través de 2.000 asociacións de base e 170 organizacións territoriais e sectoriais, entre as que destaca a CEPYME, organización de pequenos e medianos empresarios que se incorporou á CEOE en 1980. O seu primeiro presidente foi Carlos Ferrer Salat, que desempeñou o cargo entre 1977 e 1984. José María Cuevas substituíuno o 23 de maio de 1984. A CEOE contribuíu á transición política española como voceira dos intereses dos empresarios. Nesta liña inscríbese a petición que presentou ás Cortes constituíntes en xuño de 1978, na que solicitaba o recoñecemento expreso ao sistema de libre mercado no texto constitucional....
-
VER O DETALLE DO TERMO
Organización sindical constituída en Londres (1949) e formada polos sindicatos disidentes da Federación Sindical Mundial, que a acusaban de estar controlada polos comunistas. Con sede en Bruxelas, o seu Congreso reúnese cada catro anos. Posúe un Fondo Internacional de Solidariedade (FIS) destinado á axuda dos países subdesenvolvidos ou afectados por desastres naturais ou réximes represivos. Conta con 215 organizacións en 145 países, cun total de 125 millóns de afiliados. Na súa estrutura distínguense tres grandes organizacións rexionais: a ORAP, para Asia e o Pacífico; a ORAP, que se ocupa de África; e a ORIT, que actúa en América. A nivel internacional, a CIOSL coopera coa Organización Internacional do Traballo e ten status de organismo consultivo diante do Consello Económico e Social da ONU e doutros organismos como a Unesco. Mantén, ademais, estreitos vínculos coa CES e cos Secretarios Profesionais Internacionais, que congregan os sindicatos nacionais dunha profesión ou industria a nivel...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Federación sindical estadounidense que xurdiu en 1935 como unha escisión da American Federation of Labor (AFL). En 1955 fusionouse de novo coa AFL e deu lugar á American Federation of Labor and Congress of Industrial Organizations (AFL-CIO).
-
PERSOEIRO
Escritor alemán. Dirixiu a revista Die Gesellschaft, que agrupou os naturalistas alemáns, e escribiu novelas sobre Múnic, como Was die Isar rauscht (Aquilo que Isar murmura, 1887).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Dominicano e arcebispo de Marburgo. Inocencio III enviouno á cruzada contra os albixenses e Gregorio IX nomeouno inquisidor en Alemaña, onde perseguiu os cátaros e os valdenses. Morreu asasinado.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Organización dos países produtores de cobre fundada en 1960. Malia controlar máis do 50% da produción mundial, non conseguiu fixar nin unha política común nin un prezo do cobre no mercado internacional.
-
PERSOEIRO
Arqueólogo francés. Conservador xefe das antigüidades orientais do Musée du Louvre (1928), participou en campañas arqueolóxicas en Sūsah e Ṣ aydā (Sidón). Director da Encyclopédie d’archéologie orientale (Enciclopedia de arqueoloxía oriental, 1914-1957), foi autor, entre outras obras, de La civilisation assyro-babylonienne (A civilización asirio-babilónica, 1922), La civilisation phénicienne (A civilización fenicia, 1926) e Manuel d’archéologie orientale (Manual de arqueoloxía oriental, 1914-1957).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Partido político catalán. Naceu tras unha xuntanza clandestina en Montserrat o 17 de novembro de 1974, na que participaron diferentes representantes do nacionalismo catalán procedentes, entre outros, dos sectores sindicais, profesionais, culturais e universitarios. O comunicado final recolleu catro puntos básicos: democracia, sentido social, nacionalismo e europeísmo. O 3 de decembro de 1976 converteuse en partido político e Jordi Pujol i Soley foi nomeado secretario xeral. O 23 de febreiro de 1977 incribiuse no rexistro de asociacións políticas e en xuño do mesmo ano participou nas primeiras eleccións xerais da democracia na candidatura do Pacte Democràtic per Catalunya. En 1978 integrouse en CDC o partido Esquerra Democràtica per Catalunya, e Ramón Trias i Fargas converteuse no presidente da CDC, cargo que ocupou ata 1989. O 19 de setembro de 1978 formou, xunto con Unió Democràtica de Catalunya (UDC), a coalición electoral Convergència i Unió (CiU), vencedora nas eleccións autonómicas...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Coalición electoral formada por Convergència Democràtica de Catalunya (CDC) e Unió Democràtica de Catalunya (UDC) o 19 de setembro de 1978. Dende as eleccións municipais de 1979 son a primeira forza política a nivel municipal en Catalunya e, dende as eleccións autonómicas de 1980, gobernan na Generalitat de Catalunya con Jordi Pujol i Soley como presidente. Está presente no Congreso de los Diputados e no Senado dende 1979 e estableceu pactos de goberno co Partido Socialista Obrero Español (PSOE, 1993-1996) e co Partido Popular (PP, 1996-2000). Participan no Parlamento europeo dende 1987. O 31 de marzo de 2001, os consellos nacionais de CDC e UDC aprobaron o protocolo de bases para a Federació de Convergència i Unió, e o 27 de abril de 2001, as delegacións encargadas do mesmo asinaron o acordo, co que iniciaron o camiño para a constitución da futura federación. En xullo de 1998, CiU asinou co Bloque Nacionalista Galego (BNG) e co Partido Nacionalista Vasco (PNV) a Declaración de Barcelona,...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Colectivo de organizacións autónomas de mulleres de ámbito local creado por iniciativa da AGM en 1981, na que participaron as AGM de Santiago de Compostela, Ourense e Ferrol, as asembleas de mulleres de Arousa, A Coruña e Pontevedra, e a Coordinadora Feminista de Vigo. A CNOF comezou a publicación da revista Andaina, e levou adiante campañas en defensa do dereito ao aborto libre, contra as agresións ás mulleres, polo dereito ao traballo e contra a discriminación, polo dereito a unha sexualidade libre e elixida, etc. Combinou diferentes xeitos de actuación, desde a realización pública de abortos ilegais, autoinculpacións e asesoramento a mulleres, ata diversas campañas de denuncia, mobilización e sensibilización social sobre estes temas. En 1984 organizou os II Encontros Feministas de Galicia, celebrados en Vigo, e en 1987 participou nas Xornadas Contra as Agresións, celebradas en Santiago de Compostela e organizadas pola Coordinadora Estatal de Organizaciones Feministas (CEOF).
-
-
Camiño ou terreo que presentan unha pendente moi pronunciada.
-
Pequeno outeiro que sobresae nunha chaira.
-
Canle pola que baixa unha corrente de auga.
-
Camiño estreito e fondo, que discorre entre valos altos.
-
Burato nunha rocha ou depresión nun terreo, que se enche de auga cando chove.
-
-
-
Poza que se forma de maneira natural ou artificial na canle dos ríos para introducir os feixes de liño que, somerxidos na auga e con pedras enriba, serán empregados máis tarde no proceso de elaboración do tecido.
-
Burato que se forma nunha rocha ou depresión dun terreo, que se enche de auga cando chove.
-
-
Poza na que se recolle e garda a auga para regar.
-
Rego que transporta esa auga.
-
-
Terreo que está encharcado.
-
Canle pola que baixa unha corrente de auga.
-
Camiño estreito e fondo que se estende por terreo irregular e entre valados altos.
-
-
PARROQUIA
Parroquia baixo a advocación de san Xoán que dá nome ao concello do Corgo.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Concello da comarca e da provincia de Lugo, situado no L da Comunidade Autónoma de Galicia. Limita ao N cos concellos de Lugo e Castroverde (comarca de Lugo), ao L co de Baralla (Os Ancares), ao S cos de Láncara e O Páramo (Sarria), e ao O con Guntín e Lugo (os dous da comarca de Lugo). Abrangue unha superficie de 157,3 km 2 cunha poboación de 4.095 h (2007) distribuída entre as parroquias de Abragán, Adai, O Alto, Anseán, Arxemil, Bergazo, Cabreiros, Campelo, Camposo, Castrillón, Cela, Cerceda, Chamoso, O Corgo, Escoureda, Farnadeiros, Folgosa, Fonteita, Franqueán, Gomeán, Lapío, Laxosa, Maceda, Marei, Paradela, Pedrafita, Piñeiro, Queizán, Quinte, Sabarei, San Bartolomeu de Chamoso, San Cosme de Manán, Santa María de Manán, Santo André de Chamoso, Santo Estevo de Farnadeiros, Santo Estevo de Folgosa, Segovia e Vilachá. A capital municipal é o lugar do Corgo, na parroquia homónima, situado a 42° 56’ de latitude N e 7° 25’ de lonxitude O, 121 km ao L de Santiago de Compostela...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Pazo dos Valcárcel.