"To" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 13838.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Organismo cultural do Centro Gallego de Bos Aires. Conta cunha biblioteca de máis de 20.000 volumes e un coro polifónico. Organiza conferencias, cursos gratuítos de lingua galega, historia, arte e xeografía de Galicia e edita libros e discos de temática galega, ademais de manter o programa radiofónico Galicia en América.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Organismo constituído en 1970 que integrou servicios preexistentes, como o Servicio Nacional de Información Documental y Bibliográfica, o Depósito Legal e a Comisión Nacional de Planificación y Coordinación Bibliográfica. Ocupábase da realización da bibliografía en curso de todas as publicacións en lingua española. Pasou a depender da Biblioteca Nacional (1985) e realiza o control e cuantificación da produción bibliográfica do Estado mediante a elaboración da Bibliografía Española, coa clasificación e a catalogación de todas as obras impresas en España, e da asignación do número internacional das publicacións períodicas International Standard Serials Number (ISSN).
-
VER O DETALLE DO TERMO
Institución portuguesa creada en 1992 coa finalidade de promover a lingua e a cultura portuguesas no exterior. Sucedeu o Instituto de Cultura e Língua Portuguesa (ICALP) e depende do Ministerio dos Negócios Estrangeiros. En coordinación con outras institucións do Estado, asegura a orientación, coordinación e execución da política cultural externa de Portugal. En 1998 inaugurouse a delegación de Vigo, situada na Casa Arines, cedida polo concello de Vigo e a Xunta de Galicia ao Estado portugués. Ten biblioteca, centro multimedia e sala de exposicións. En 2001 inaugurouse o Centro de Língua Portuguesa em Barcelona (UAB).
-
VER O DETALLE DO TERMO
Organismo oficial creado en España en 1991 para promover o ensino do castelán e a difusión da cultura hispánica. Ten dúas sedes centrais, en Madrid e Alcalá de Henares, lugar de nacemento de Miguel de Cervantes Saavedra, e posúe centros en Europa, África, América e Asia.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Corporación académica fundada en Santiago de Compostela en maio de 1971 ao abeiro da Lei Xeral de Educación (1970), que prevía o estudo das linguas vernáculas, e do artigo 2º dos Estatutos Provisorios da Universidade de Santiago de Compostela. Os seus antecedentes datan de 1966 cando o profesor Constantino García González tomou posesión da primeira cátedra de Filoloxía Románica da Universidade de Santiago e posteriormente pasou a dirixir na facultade de Filosofía e Letras o departamento de Filoloxía Románica. Neste departamento comezaron as diversas investigacións sobre a lingua galega, especialmente, a recollida de material lingüístico en todo o territorio de fala galega. O ILG creouse principalmente para promover o estudo científico da lingua galega e promocionar e divulgar a súa proxección social. Constantino García dirixiuno desde xullo de 1971 ata outubro de 1990, ano en que foi nomeado director en funcións Antón Santamarina. Desde a súa fundación o seu persoal científico investigador...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Centro de investigación e observación astrofísica, resultado dun acordo internacional entre sete países. Está situado no Teide, na Universidad de La Laguna e en Roque de los Muchachos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Organismo creado pola LOXSE (1990) que ten a misión de realizar a avaliación xeral do sistema educativo. Debe ademais elaborar os sistemas de avaliación adecuados aos diferentes niveis e tipos de ensino, sistemas de avaliación de centros, estudios e investigacións sobre a avaliación e calidade e, en xeral, asesoramento ás administracións educativas, nacional e autonómica, sobre a mellora cualitativa das institucións e do sistema no seu conxunto.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Centro que creou o Ministerio de Educación e Ciencia ao abeiro do Decreto 1678/1969, do 24 de xullo, en que se establece como funcións específicas dos ICEs a formación pedagóxica dos universitarios, a investigación activa no dominio das ciencias da educación e o servizo de asesoramento técnico en educación. A Lei Xeral de Educación de 1970 asumiu por completo e reforzou as funcións dos ICEs, como centros universitarios de investigación e especialización. A Orde Ministerial, do 14 de xullo de 1971, aclarou e clasificou as actividades docentes dos ICEs ao centralas en cursos de obtención dos certificados de aptitude pedagóxica para o exercicio da docencia, cursos de perfeccionamento do profesorado en exercicio e outras actividades complementarias. Os ICEs coordináronse a través do Centro Nacional de Investigaciones para el Desarrollo de la Educación (CENIDE), que foi suprimido en 1974 e continuou co seu labor o Instituto Nacional de Ciencias de la Educación (INCIE). Os primeiros ICEs comezaron...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Institución española creada en 1979, dependente do Ministerio de Asuntos Exteriores, que se ocupa de tarefas de cooperación entre España e os países iberoamericanos. Funciona a través de comisións mixtas que traballan con programas derivados dos Cumios Iberoamericanos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Organismo constituído por decreto do 8 de decembro de 1937. Con sede en Madrid, depende do ministerio de Educación e Cultura. Está formado polo conxunto de académicos das reais academias Española, de Historia, Bellas Artes de San Fernando, Ciencias Exactas, Físicas y Naturales, Ciencias Morales y Políticas, Nacional de Medicina, Jurisprudencia y Legislación e Nacional de Farmacia, reunidas en corporación estatal. As súas actividades diríxense á celebración de ciclos de conferencias, cursos de terceiro ciclo e publicacións especializadas. Dende 1986 son academias asociadas a Real Academia Galega de Belas Artes de Nosa Señora do Rosario e a Real Academia de Medicina de Galicia.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Fundación Pedro Barrié de la Maza.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Entidade cultural constituída formalmente en 1944, aínda que se acordou a súa creación en 1943, en Santiago de Compostela. Adscrito ao Centro Superior de Investigaciones Científicas, naceu baixo o Franquismo en substitución do Seminario de Estudos Galegos (1923-1936) e recolleu parte dos seus fondos, espoliados e depositados na Universidade de Santiago de Compostela. Desde a súa fundación acolleuse á patrocinio e maxisterio de frei Martín Sarmiento. Tivo a súa primeira sede na rúa Nova e en 1946 trasladouse á antiga librería do Colexio Fonseca para, posteriormente, instalarse no Hospital de San Roque. O seu primeiro director foi Francisco Javier Sánchez Cantón e desde 1994 diríxeo Eduardo Pardo de Guevara y Valdés. No momento da súa creación estaba constituído en dez seccións: Xeografía, Prehistoria, Historia, Arqueoloxía, Arte, Filoloxía, Literatura, Etnografía e Folclore, Estudios compostelanos e Peregrinacións, e Bibliografía e Publicacións. Despois de diversas modificacións organízase...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Entidade cultural xurdida en Ourense en 1972 baixo o patrocinio da Deputación Provincial de Ourense. Os seus fins fundacionais foron o fomento e a promoción dos estudios locais e provinciais. O seu primeiro director foi Emilio Duro Peña e o seu secretario. Logo de publicar diversos libros, desapareceu a comezos da década de 1980.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Entidade cultural dependente da Fundación Provigo y su Área. Edita o Boletín do Instituto de Estudios Vigueses e monografías.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Instituto con sede en Vigo e dependente do CSIC creado en 1951. Desde a súa fundación ata 1978 actuou como laboratorio pertencente ao Instituto de Investigacións Pesqueiras de Barcelona. Neste ano independizouse e adoptou o nome de Instituto de Investigacións Pesqueiras de Vigo; a denominación actual recíbea en 1986. Os seus traballos de investigación céntranse fundamentalmente no campo da oceanografía das rías e das plataformas galegas, bioloxía e semicultivo de bivalvos (mexillón, berberecho, etc), bioloxía e pesca dos peixes peláxicos (sardiña, xurelo, etc), conservación de produtos mariños ou o impacto ambiental.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Institución cubana na que, por iniciativa de Xosé Neira Vilas, se creou a Sección Gallega o 15 de decembro de 1969. Dirixida por X. Neira Vilas durante 22 anos, desenvolveu un intenso labor de investigación e recompilación das achegas da emigración galega na illa e converteuse nun dos máis importantes fondos bibliográficos galegos de América.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Organismo creado en 1932 polo goberno republicano para aplicar a Lei de Bases da Reforma Agraria. Este organismo recibía as terras expropiadas segundo esta lei e organizaba a distribución entre os campesiños, que podían decidir o réxime de explotación.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Organismo autónomo do Estado fundado en 1914 polo profesor Odón de Buen. O seu ámbito de estudio, recollido no Real Decreto, céntrase nas condicións físicas, químicas e biolóxicas dos mares que bañan o litoral galego coas súas aplicacións aos problemas pesqueiros. Administrativamente dependeu do Ministerio de Instrución Pública e Belas Artes (1914), Fomento (1928), Mariña (1932), Comercio (1963), Transportes e Comunicacións (1977), Agricultura, Pesca e Alimentación (1980); desde o ano 2000 pertence ao Ministerio de Ciencia e Tecnoloxía. Conta con varias dependencias situadas en Madrid (a central), Vigo, A Coruña, Gijón, Santander, Canarias, Málaga, Murcia e Illes Balears. O centro de Vigo creouse en 1936 e dedícase principalmente a temas de biotecnoloxía pesqueira e contaminación mariña; e o centro da Coruña foi creado en 1968 e traballa fundamentalmente nos cultivos e explotacións de moluscos, dinámica de poboacións de peixes, sobre todo túnidos, ecoloxía do plancto e comunidades bentónicas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Entidade que se encarga de establecer estándares nas novas tecnoloxías relacionadas coas telecomunicacións para que se poidan empregar sen problemas en todos os países europeos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Organismo autónomo creado pola Xunta de Galicia (1988) encargado da execución da política da vivenda, solo residencial e empresarial, en coordinación coa Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda. Ten como finalidade controlar a utilización do solo en beneficio do interese xeral e garantir os dereitos constitucionais de residencia digna. Entre as súas funcións destacan a promoción e xestión de plans aprobados desde a Consellería, a realización de estudios sobre oferta e demanda de vivendas e solo, a promoción pública de vivendas de protección oficial e a fixación do réxime de uso, o fomento da mellora e rehabilitación de vivenda rural, a promoción de cooperativas para a construción ou o estudo de novas tecnoloxías e a inspección e control de calidade na edificación.